martes, 30 de noviembre de 2010

CENA DE NADAL OEA

Hola amig@s, como sabedes, e é tradición nestas fechas, os Oea's facemos a tradicional Cea de Nadal, e esperamos vervos a todos alí. Será, o Domingo día 5 (o 6 é festivo) no San Clodio sobre as 10:15 para estar por alí.



Menú:

Langostinos
Churrasco, criollos
Patacas, ensalada, etc
Chuleta ou entrecot
Postre a elegir
Chupitos

Bebidas: todo o que se queira, cerveza, viños (viños bos eh! non se foi ó cativo...), etc...

Por suposto, todo será a rodar, podese comer carne ata rebentar, e beber tamen ata que se queira, sin privarnos de nada.

Precio: 30€


Porfavor, non vos vou pedir que adiantedes a pasta, que xa todos somos maiorciños pa decir que se imos imos, asi que sólo apuntadevos nos comentarios. Pa calquer cousa chamademe (Oscarito) e xa nos imos vendo...


Nota: como tamen é tradicional, tase facendo o video con todas as cousas e historias do ano, pero o encargado é Jory e tamos a ver si lle da tempo (...), a idea era facer a proyeccion un dia independiente e con tempo no seu garaxe, pero para ese dia non sabemos se vai ser posible. De todos xeitos non vos preocupedes, que antes de fin de ano, algo haberá!

Un saludo OEAS!!!

domingo, 28 de noviembre de 2010

A cabeza non paaaaraaa!

Vaia domingo... frío frío e máis frío, sin chuvia, que era de agradecer, pero co monte mollao, típico destas fechas. Pero alí estábamos nas tetiñas ás 9:30 José, Fernando, Kiko, Andrés, Xulio e Oscarito que escribe. Despois de poñernos un pouco ó dia, e de abrigarnos ben, xa que o termómetro rondaba entre -1 e 0 grados, arrancamos, destino primeira parte da ruta hasta Pedre.

Non vou a decir nada, porque de momento queremos dictaminar secreto de sumario de por donde imos, pero os camiños... dan de si.. carallo si dan! as costas sobre todo. Nada, rodamos, vimos a obra de arte das cabras... que malladiño quedou o monte, así da gusto! disfrutamos das vistas entre a nevoa, e sube sube xa tamos en Macedos. Atacamos o Rubial por donde nós sabemos, e coronamos tamen donde nós sabemos. Paradita tecnica para avituallarse e oteamos o horizonte para intentar darlle unha volta de rosca ó asunto.

E baixamos para o outro lado, collendo un desvio secreto que eu non conocía, e encaramos a trialera super-técnica que tamos facendo. E eso xa... é fariña doutra saqueta. Iremos por partes. 100 metros antes de chegar á entrada da trialera, vai andrés e cae para o lado que ten mais barranco o asunto. Nada, deitouse un pouco, algo tocao do tobillo, pero foron mais risas que susto. E claro, unha vez chegados ó proyecto de trialera, Xulio viu aquelo... e como di el, "tiroulle" e xa viu fallos e movilizou a toda a cuadrilla para remover monte e poñela chula. E vaia si quedou chula... José deleitounos con outro invento del, as espinilleras para toxo, version 1.0 feitas por el, e a prueba de todo... jajaja


Dalle "o pro" unhas pasadas, e animanos ó resto a baixar. Vou eu primeiro porque a cabeza non para. e claro, parei, pero cain da bici... vaia hostia, collin por donde non era e xa se sabe... xDD pero nada, cain blandiño e "solo" deixei blanca unha pedra da trialera ca pintura da bike... ó final acabeina baixando e todo. Pero esto é unha anecdotilla comparado co que nos iba a mostrar Kiko ás 12:32 do 28/11/2010 nalgún monte de cuyo nombre no quiero acordarme...

Kiko: Esperade, que eu tamen lle tiro á zona esa
Xulio: Claro joder, si non ten nada, eu colloa pola pedra e salto, pero vos pasade polo lado e xa ta!
Oscarito & Cia: uiiii mira que eso aboia moito eh... ten cuidao!
K: a cabeza non para ahi vou!
X: pero non mires pa pedra eh! que ainda vas ir pa ela!
K: non oh, xa eu baixo, que sei por donde é

...............

E xa imaginades o final da historia... tanto mirar para a pedra, que acabou collendo un pedrolo descomunal pola parte mais alta, pero non solo eso, senon que cando viu que iba inexpujnablemente cara el, deuselle por desenganchar os automáticos e facer un invertido, e baixar toda esa altura ca roda de adiante e absorver todo o impacto ca zona prostática. A nosa cara era un poema, a del? un cuadro... pero aterrizou mais ou menos ben, ahora "solo" queda frenar. Fai ó mítico jesucristo, solta as mans do manillar e abreas en modo "abrazo del oso" e encarámase a un feixe de eucaliptos cativos que habia por ahi, e quedou encaramao, perdendose entre o monte... Non sei como describilo, pero ta de cheo nos 10 momentos que mais me rin na miña vida... jajajaja todos tabamos polo chan escarallandonos (eso si, sabíamos que non fora moito porque fora a pouca velocidad).

E nada, despois de ver o burato de 3x3 metros que abriu, volveu a intentalo cun par de webos e baixouna ben, é todo un campeón si señor. Fer tamén se animou mentres Andres mais José tomabano con calma e buscaban trazados menos bravos. Remítome ás palabras de Andres: "quero ver eu a algun OEA baixando por aqui..." jajajaja

Seguimos de trialeras, e mais trialeras, tirandolle a todas e chegamos a camiño coñecido. Despois xa seguimos tirando para casa que era tarde, e meténdonos por unha baixada nova para min, na conocía, e iba Andres diante, Fer segundo e eu detrás de Fer sin margen de maniobra... O caso foi que taba no medio un toxazo do país a altura da cara, e Andres esquívao, Fer dalle pa diante... e como se de un muelle se tratase, veu cara min a toda hostia, deume na cara, cerrei os ollos e hasta aquí puedo leer.

Sen vista, revirouseme o manillar nunha pedra ou algo asi, saltei porriba da bici (todo esto a 25-30 por hora) e fun arrastro uns 5 metros, dando con todo o lateral polo chan, pedras, etc. Quedei jodido alí no chan tocandome a ver que me doía. Case me pasa Kiko por encima. pero axudarnome a incorporarme todos os amigos e xa fixen parte: Rodilla, cadera, e cara como un colador sangrando polo toxo bravo, pero a cara solo é chapa. Ahora mismo e despois de poñerlle hielo, doeme bastante a cadera e a rodilla, a ver se vou ó medio mañan si me empeora. Pero cunha sonrisa na cara eh! jajajaja tp tou tan mal!

Parada para lavar as bikes na gasolinerae e tiramos xuntos para casa. A ruta vai collendo forma, as trialeras, o contorno global, todo... eso si, ultimamente apañamos algunha en cada salida, como se nota que o inverno saca o mellor e o peor do monte... jajajaj

Enga, un abrazo OEAS! A cabeza nooonnn paaaaaraaa! e pronto saberedes máis do tema da ceniña do domingo, que xa está ahi!

Oscarito ---


lunes, 22 de noviembre de 2010

PREPARACIÓN RUTA OEA 2011

"....fumeo como unha pota de caldo fervendo maaachoooo"


Pois o percorrido do ano que ven comeza a coller forma.....e vaia forma....Eran as 9 da mañá e caeu unha chuvieira que fixo que alguns quedaran na casa e outros tiñan a chuvieira eles. Xuntámonos 7 valentes e arrancamos cun rumbo mais ou menos fijo para buscar camiños da nosa próxima marcha.

A mañá pintaba ben e a verdá e que non choveu moito e estivo cojonuda para a btt. Subimos ata macedos case e logo xa empezou o bonito do día. José como no en estado puro ejejje facendonos sudar pero andando.
Os camiños que vimos e fixemos moi chulos. Meteusenos nos cornos unha trialera e alá fomos....no día de mañá pode quedar moi bonita....pero hai que retocala e seguir para abaixo. Rememoramos a baixada do ano pasado con algunha variante pero que gozada¡¡ facía tempo que non disfrutabamos tanto enriba da bici. Andrés atrapou ajajaja pero sen consecuencias ainda que case chamamos despois á ambulancia que lle saleu un bulto na rodilla xD.




Logo atrapou tamén Juan por un problema ca comunicación pero bueno aproveitou para lavarse e todo sen consecuencia....jejeje a caída na auga e suave e refrescante.

De camiño xa á subida fuerte do día fixemos a parada para comer e logo a subida. SUBIDAZA¡¡¡ que a xente entrene, solo decimos eso. É preciosa pero tamen é dura para que nos vamos a engañar jejje. Pero ahí está lo bonitooo. Xa nos imos vendo.

Unha vez arriba algúns con prisa arrancaron xa directos, outros baixamos o Rubial a tope e disfrutando o xusto. Resumindo....Moi boa mañán, adiantamos choio, vimos camiños moi bonitos e pasámolo de medo. Ahora a seguir por outro tramiño e xa vai collendo forma a cousa.

PD: Kiko...Andrés jodeute desta vez eh.....ajajjaja e ángel non quedou tirado coma o escombroooo pero fumeaba coma unha pota de caldo fervendoo ajajajajjaja

Un saúdo¡¡¡¡¡ e mirade en noticias club¡¡¡¡ os prazos rematan¡. E durante a semana mirade os correos que posiblemente vos chegue algo.

Ahora si. Un saúdo.

...jorge...

viernes, 19 de noviembre de 2010

ATENCIÓN SOCIOS

Informamos que dende hoxe e ata o día 1 de decembro de 2010 estará na sede social do club a lista da roupa para que todo aquel que desexe pedir algunha prenda oficial OEA o poida facer.

O día 1 de decembro recollerase a lista para enviarlla ó fabricante. O tema dos cartos xa vos diremos como se fai.

RECORDADE QUE O 1 DE DECEMBRO DE 2010 TAMÉN REMATA O PRAZO PARA PAGAR A CUOTA DE SOCIO OEA, A LICENCIA FEDERATIVA E A APORTACIÓN VOLUNTARIA PARA A LOTERÍA DE NADAL. (+ info no apartado noticias club)

POR FAVOR CUMPLIDE OS PRAZOS PARA PODER TER AS COUSAS TODAS LISTAS PARA XANEIRO, QUE TODO LEVA O SEU TEMPO E TODOS DEBEMOS COLABORAR.

MOITAS GRACIAS.

CLUB CICLISTA OS ESFOLA ARRÓS.

*calquer dúbida ou suxestión osesfolaarros@gmail.com

martes, 16 de noviembre de 2010

Ás veces sería mellor quedar durmindo na cama...

...porque o que lle pasou ó artista en cuestión, xa non ten nombre! jajajaja. A mañan presentábase normal, non chovía pero amenazaba, e eu (oscarito) tiña o reló atrasao e xa cheguei tarde, pero non foi dificil dar cos Oeas, levaban ritmo fuertísimo... jajaja. Xa tabamos no tremo Angel, Juan, Kiko, Andres, Pato, José, Fernando, Suso, un chaval novo que non me presentaron debido ó meu retraso, e Oscarito que escribe. Desto que me dou conta que me falta a moza (jory)... chamoa, que se quedou durmido... vamos, sempre liándoas!



Perfil da Ruta do domingo... (vaia desnivel!!)


Que si por un lado, que si por outro, que si hoxe temos que investigar a marcha pola parte de Macedos e todo aquelo... o final demos un pequeno rodeo para chegar ó bar taxi, e tomarlle o primeiro cafecito do dia, esperando por Jorge. Alá chega, e arrancamos todo bordeando a autovía da man de J.Furelos, e claro... pasa o que pasa, intentamos abrir camiños, rascamos un pouco as pernas, e decidimos seguir bordeando para poñer dirección Pedre. E chegou o maior remonte do día... bici ó lombo, e a trepar 100m pola parede aquela... pero qué risas!

Seguimos e claro, alí na entrada de pedre, que ten que pasa? que a autovía move moitos marcos, e por donde entrábamos taba medio cerrao... pero había un hueco por una especie de valo... vamos, que son medio metro de pedras do país para uns Oeas? pois vamos pasando un a un... primeiro bici despois animal, pasa Kiko e jory faille a broma de... "ai que te caes!" Pero pasou el... resbalou un pé... e canillazo que te criou!!! primeiro quixose facer o valentías, pero levantou o mallot... e vaia pelota de tenis tiña! Para a Casiña a poñerlle xeo e esperar a ambulancia! Conforme esperábamos... xa a cousa parecía mais controlada... e montarono na ambulancia (video para navidades... xD) e polo que sei a dia de hoxe ta ben, ainda non lle baixou o bulto pero non rompeu nada, foi unha hemorragia interna por romper algunha vena do golpe, pero doelle. E caeu o segundo cafecito do dia... e tocaba arrancar! qué pereza! hoxe o juvenil ta dando mais traballo que dios! xD uii... din Juan mais Andrés... que é ese sonido??? "diske hai campeonato gallego de enduro no rubial..." bueno pois haberá que ir a ver que tan facendo por alí! (non sabes? como os vellos cando lle pasa algo cerca das leiras que van alí a ver que se move jajaja)

Vimos algunha pasada a altura do primeiro desvío hacia a caseta indo polo asfalto, como sachan as cabronas! e tan facendo algun que outro camiño, haberá que ir botar un ollo... O caso, levabamos 10 min parados ali animando ó personal (algun de tanto que se quentaba ó vernos, xa quería atallar o monte...) e a rodilla de Pato empezou a pitar! (Prediction: Rain in 10 minits...) Bueno... pato! vai o carallo oh! que vai chover! bueeeeno.... E qué decir, eran 10 min despois, cando rompeu a chover... que meteu medo!!! qué sabio é! xDD


Retirada hacia Macedos... "e angel???" merda! perdeuse! nunca pode tar quieto! espero que chegaras ben, porque te chamamos e esperamos por ti un bo cacho ali despois pero nada, chovia moito e retirámonos, temos que poñerche un GPS!!! xD e despois qué decir... TOP SECRET: fixemos unha parte da marcha por un cacho de monte, e unha baixada chuliiiiiiiiiisiiiiima, qué gozada! piques entre todos (jodinte, andrés!) e despois volta para casa desde os Anxeles pasando pola gasolinera pa darlle un aclarado, que falta facía.


O final ainda se salvou o dia, que parecía perdido... e é que cada vez somos menos! temos a enfermería a tope! jajaja bueno, a ver se nos imos recuperando e volvendo con mais forza que nunca... si se me escapou algun detalle curioso avisademe! (e saludademe siempre). Un abrazo Oeas!

-- Oscarito

jueves, 11 de noviembre de 2010

ANTENAS

buenas .so q podo comentar do domingo ,e q saimos ,jose(guia) q ben o pasou ,fer ,pato ,dabiz ,ito , cinco q non lembro o nome mais eu (kiko) saida :da praza entorno as 9:40,camiño da picaraña polo rio sen antes dar un rodeo ,sa se sabe jose.unha vez na picaraña tocaba subir facendo unha parada pa qpato cambiase a camara q se tiña liquido q si non sa se sabe cousas de pato ,unha vez continuamos cara acumbre primeiros escarceos pero sa se sabe o monte pon a cada un no seu sitio arriba merenda e cotinuamos baisamos cara lampai sen novedades camiño da casa en osebe eu aparteime do grupo para ir polo camiño portugues hacia omilladoiro ,deixando o resto camiño de bertamirans ,eu chegui sen novedad espero q os demais tamn .:
PD :se alguen o quere poñer na paxi na ,o agradeceria pois ,eu non sei qse lle vai facer u. un saudo atod@s

KIKO.

lunes, 1 de noviembre de 2010

33ª PEDESTRE DE SANTIAGO, reto conseguido

Outro ano máis, outra vez que tocaba cumplir cos patrocinadores, e correr unha clásica a pé. E que mellor oportunidad que a Pedestre de Santiago... uns máis adestrados, outros menos, pero todos a rematamos dignamente. Unha semana antes tamen foi a de Ames, a que acudiron Alberto, Kiko, Martín e Oscarito, así que parece que Os Esfola-runners están pegando máis forte que nunca...

Quedaramos no Alba para o desayunito pertinente ás 8:30-8:45, e alí fomos chegando todos, uns máis perjudicados pola noite que outros, Dabiz e Oscarito tiveran que ir a cumplir con outro tipo de patrocinios a noite anterior a Ordes e casi non lles deu tempo nin a vestirse para ir correr. E unha vez comidos, arrancamos a cuadrilla OEA: Andrés, Carlos, Angel, Isa, Fernando, Ito, Kiko, Dabiz, Alberto, Martín e Oscarito que escribe.

Aparcamiento no Campus sur, por donde pasaría o trazado, non fora ser e tiveramos que retirarnos algúns... jejeje MENOS CUARTO! dios, que non chegamos! vamos correndo, bueno, trotando... ata Xoan-23, e alí nos topamos con Suso, que chegou in-extremis, e Carlos, que chegou xa co pistoletazo. Foto de rigor, risas e arrancamos (arrancamos... por decir algo, tardamos 5 minutos en pasar polo arco, xa se sabe, os OEAS tardamos en quentar os aceites).


E nada, imos correndo, o ambiente moi chulo pese a chuvia e pese a ir na cola do pelotón, que fomos cerrando varios minutos, pero cos ánimos da xente fomos animandonos pouco a pouco e cando nos quixemos dar conta xa tabamos llaneando e chegando a fontiñas. Que si mira para esa, que si ahora te mojo, jiji-jaja foron caendo os KM's, e xa tabamos subindo Rosalía de Castro para encarar o Campus, máis subida, baixada, e Galeras... vaia costaza! subimos, baixamos, Auditorio... e Vite... jeje, alguns picamonos pa darlle algo de vidilla á subida, e para acelerar o corazón, pero todos a subimos sin parar, xa arriba fomos reagrupandonos un pouco para encarar o final da carreira xuntos.

Ah! que se me olvidaba! No campus estaban os Esfolas Pato e Suso-G, cubrindo a noticia e animando, moitas gracias por vir a vernos, sempre axuda! xa mostraredes ese material para ilustrar a noticia!

Foi o mellor, todos armando jaleo, risas dos que animaban, moitisima xente polas calles, unha experiencia chula dificil de sentir no ciclismo por desgracia... e claro, entramos na meta xuntos, tempo de... 1 hora e 12 min, pero hai que lle descontar o que tardamos en arrancar e as paradas técnicas, que foron moitas jajajaja. Pero o tempo é o de menos, o bonito foi vivir este dia diferente. Cruzamos meta, bebemos, recollemos medallas, máis fotos, intercambiamos opinións e quedamos en ir para o NewYork a seguir comentando, que tabamos mollados coma pitiños. Seguimos alí de carallada e demos por concluída a mañan cas suas pertinentes tapitas! como no!

Temos que repetir para o ano, sin duda! Pato, ou quen tivera camara, a ver si podedes subir a algun lado as fotos ou pasalas, que Isa e Suso pasaronme un pen pero solo ten videos e para subir a este servidor é un cristo.

Un abrazo Oea's! (saludame siempre!)




video

--- Oscarito