martes, 13 de diciembre de 2011

MURALLA

Un domingo máis reunidos na plaza das tetas; un feixe de OEAS máis un invitado novo (amigo de Manuel ó Informático) coa pretensión de ir a muralla no menor tempo posible para non rematar como sempre as 3 da tarde. O día non acompañaba orballando con niebla.
Tiramos cara o Rubial para rodealo para ir por Macedos entre risas e charloteo o ritmo ia en aumento, algún sustillo nas baixadas e a tirar para arriba polo asfalto cara a a carretera de Augas Santas a Padrón (MV).
Unha vez encarado o camiño que nos levaría dende Rois ata o monte o grupo rompese en dous co abuelo, José, Panchito e Pato marcando o ritmo, Sergio e Ito en modo persecución seguidos de Carlos e o resto do grupo máis relaxado por atrás. Chegamos o pé do monte Juan, Panchito, Ito e Pato. E despois de valorar a opción de esperar ou ir subindo, decantámonos pola 2ª opción xa que facia frio e había unha niebla tremenda que non se via a 2 metros. Comenzamos o ascenso chegando por parellas forzando o máximo por un lado (JUAN/PANCHITO) (ITO/PATO); Unha vez arriba aparece Carlitos forzando para non ser alcanzado por un ciclista de outro equipo. Detrás aparece Andrés loitando con 2 foraneos máis e logo a conta gotas o resto do pelotón. O tres rapaces que se encontraron na subida eran de Roxos que nos comentaron que xa sairan con nos algún domingo (pertencen a un clube ciclista de rianxo ). Merenda, mirando uns para os outros xa que a néboa non deixaba ver outra cousa. E ben arrimadiños que facía frio.
Arrancamos cara abaixo, os do club foráneo únense na volta casa dando mostras de bos baixadores na baixada do monte. Tiramos ata Urdilde como fuegos e logo gran premio de Rañaloga, tapitas de lomo con patacas na de Pepe Rey e como Pepes para a casa.