martes, 17 de abril de 2012

PASOU O DÍA PASOU A ROMERÍA



15 de abril de 2012, outro domingo de abril para enmarcar na breve historia dos OEA´S. Esta entrada fagoa coa intención de agradecer de algunha forma a implicación de todos os que fixeron posible este III edición da MARCHA OEA en Brión. 

Os dous anos anteriores fixo un tempo espléndido, o sol lucía con forza, o monte estaba seco, calorciño xa na subida...este ano chuvia, frío, barro e alí estabamos todos dispostos a pasar un bo día de ciclismo de montaña. Por un lado os colaboradores e xente que estivo nos cruces mirando pola seguridade de todolos asistentes, tanto protección civil, policía local, axudantes e amigos, fotografos, etc. Polo outro os case 300 bikers que dende toda Galicia se achegaron ata Brión para sufrir no "noso" monte, o monte OEA, o RUBIAL. Nunca deixará de sorprendernos ca cantidade de camiños, sendeiros, trialeras, subidas, baixadas que nos pode chegar a ofrecer. Para gustos colores pero penso que o recorrido de este ano foi un dos máis logrados das tres edicións e divertido tamén gracias ó barrillo das trialeras. En referencia ó trazado decir que houbo algún que outro sabotaxe de sinais na parte alta do monte, logo do avituallamiento grande, o que ocasionou que algun biker se perdera; dende a organización queremos pedir desculpas e invitámolos a que se están interesados se poñan en contacto co club e facemos de novo a ruta. 


Pese a que o recorrido estaba bastante perigoso, non tivemos que facer un uso excesivo dos servicios médicos e tan so houbo unha caída que precisou atención médica e traslado ó centro sanitario. Foi un membro do club, Roi, e podemos decir que xa está recuperándose do forte golpe que levou no bazo. 

Xa no pavillón descubrimos que o famoso photocall, que pensabamos que igual non facía moita gracia, foi todo un éxito e a xente riuse moito e todos os que remataron a ruta teñen a súa foto disponible nos diferentes enlaces a fotografías da marcha. (POÑEREMOS ENLACES NA WEB OEA)


Sen mais dar as gracias unha vez mais a tódolos asistentes e a todo o mundo que fixo posible un ano mais que a MARCHA OEA se levara a cabo. 

Tende por seguro que para o ano, a IV edición dará que falar jejeje. UN ABRAZO A TODOS E A TODAS¡¡¡ 

P.D: acéptanse críticas¡¡¡ 

4 comentarios:

When I Go dijo...

Tudo perfeito. Com sempre os OEA CC estiveram 10/10 na organização e recepção. Uma marcha imperdível. Até 2013.

osesfolaarros dijo...

GRACIAS COMPAÑEIROS¡¡¡

Antonio dijo...

Fun a unhas cantas marchas, pero e a primeira vez que non hai atasco o comezar, noraboa un 10. Do resto todo perfecto tamén, como o ano pasado, tanto a sinalización, como os avituallamentos, ou o trazado da marcha... E para o ano a seguir igual. Un saudo.

dabiz dijo...

felicidades familia, el trabajo da sus frutos, ahora a pensar en la IV edicion, a cabessa non para!!