"Outro monte máis coronado polos Esfola Arrós"
|
Perfil da etapa |
Domingo 24 de abril, todo acabou xa...o estrés da marcha pasou, os corpos descansaron, a semana santa serviulle a algún para entrenar para o Soplao, Peregrinos e demais, foi unha semana atípica na que houbo moita bicicleta e que mellor forma de rematala que quedar un domingo máis nas Tetas para ir de ruta. Máis que na praza xa quedamos no New York....jejeje e temos que ter coidado que xa están empezando a colonizar outros clubes....OJO¡¡ jejejjee (de bo rollo eh).
Bueno o dito, un servidor tiña ganas de recorrer montes e lugares diferentes, unha ruta wapa para pasalo ben. Reunión con José para propoñerlle destino Embalse do Tambre. Acepta e arrancamos Brión arriba ata as Torres. Decir que nos xuntamos unha boa tropilla con algún que outro amigo novo (Jesús) e Fran que xa veu algunha vez máis con nos. O dito, camiño das Torres para logo descender ata Pontemaceira e enganchar o camiño de Fisterra. Dito e feito. Descenso que xa a máis de un lle facía apretar os frenos jejeje.
Logo de entrar xa en territorio Peregrino a cabeza non para....e claro vendo o chulo que está o recorrido do camiño entre Andrés e mais eu decidimos comentarlle a José se imos ata o Alto da Pena, onde están os eólicos, chamámolo e decimoslle: - Olle Jose e se imos....., e dinos - ó Alto da Pena? . Joder esto de ter telepatía OEA é a ostiaaa jajajaja. E nada alá imos. Decir que o camiño está chulisimo, cheo de sendeiros entre árbores, baixadiñas....de todo.
O grupo iba bastante xunto e bourando entre uns e outros, cas caralladas de sempre, que si sube o sillín, que si baixa o sillín, que si non cruces a cedena.....chamase platoo almendraoooo bueno, as de siempre con risas aseguradas jajajajja.
Xa na base do monte decidimos tirar para os eólicos. SORPRESA DE LA JORNADA: a uns 3 km de coronar, mais ou menos, dígolle a Andrés: -bloquea e atacamos, meu dito meu feito, alá imos. Primeiras rampas en pie e empezamos a pasar xente, non hai respostas por parte do resto de corredores, Andrés vese forte e continúa. Colle roda e acércoo ata o cruce da pista de terra onde eu volvo atrás e él continúa a súa particular pelea por coronar de primeiro. Por atrás a xente vai subindo trankiliña e observando as maravillosas vistas que había. Ó final Andrés chega arriba campeón e vese un pouco máis forte para o Soplao. A seguir así amigo.
|
Alto da Pena |
Logo de coronar e das clases de Cultura Xeral vendo os penedos, trámonos monte abaixo literalmente con José de Sherpa ainda que sólo o seguiron os medio tolos e os novatos ajajajja xa sabemos como é. o resto por camiño bo. A baixada increíble, super rápida ata o punto de facer que o meu disco de adiante se puxera case ó roxo vivo, flipante a sensación de quedar sen frenos e ver o disco así, que pasada.
Dende aquí directos para a casa pasando por Negreira onde nos cruzamos con Pato e Fer que viñan de andar en carretera. Nós subimos polo camiño ata Castiñeiro de Lobo e de alí tirámonos hacia Covas. Bó descenso ainda que bastante roto. Aquí como aínda non caera ninguén e con 45 km nas pernas decidimos subir ata Aldea Nova e facer o gran descenso. Arriesgamos o xusto xa que hai un cartel que pon " Tramo de concentración de accidentes" ajajajjaja. E nada, de aquí para a taberna directos, a tomar as tapitas.
Gustoume moito a ruta e penso que ó resto tamén. O próximo domingo a ver que facedes...INNOVADE HOME¡¡¡
Un saúdo
...jorge...
P.D. 1: O próximo fin de semana 3 OEA´S imos a Ponferrada ós 101 peregrinos, xa vos traeremos un recordo. jejeje
P.D. 2: O sábado pola tarde MARCHA EN LOUSAME. Hai xente que vai a ir. Ángel, Juan, José, etc etc etc. Se queredes ir falade conmigo antes de mércores para apuntarvos conxuntamente.
P.D. 2: XOVES 28, ÁS 21:30 REUNIÓN NO AMERICANS PARA TRATAR TEMAS DA MARCHA E ANALIZAR TODO.