Perfil etapa Ons - Tambre |
Hola muy buenas a tod@s. Como vai eso? Nós por aquí andamos, volvendo a escribir sobre unha nova ruta. Este domingo tocoulle o turno á zona de Ons e as ribeiras do Tambre bordeando toda a presa de Barrié de la maza.
Na praza das Tetas xuntámonos sobre 11 bikers dispostos a pedalear uns cantos km. Arrancamos dirección Rañalonga, encabezados por Sherpa Pato coñecendo Brión polo interior, polos seus arrabaldes jeje. Arriba en Rañalonga o seguinte punto de parada era Ons. A chuvia xa fixera acto de presencia e personalmente qué gusto ver por fin chuvia e camiños embarrados....Os camiños para chegar ata Ons eran rápido e xa dou pe a que o noso rodador Pato fixera das súas, seguido de preto polos cadetes...Unha vez en Ons tiramos cara o camiño que tantas ganas lle tiñamos...qué pasada. Entre carballos, estreito, e rápido. Juan á cabeza e o resto detras desfrutamos dun sendeiro que nos quitou a todos unha sonrisa de orella a orella....Xa na ponte de Ons comezaba a aventura. A intención era bordear a presa polos camiños que hai acondicionados e limpos e sempre intentando ir á dereita para non perder de vista a cola do embalse. É unha zona moi moi bonita, toda cerrada de vexetación, bo firme....e qué pasada ver o embalse tan baixo....nunca tan pouco auga levara eh...Ata se vían as construccións antigas das pesqueiras no fondo de todo...Según Sergio foran os castores jajaja.
O camiño era un continuo sube e baixa pero era un pracer pedalear por ali...Ás veces chegábamos a algún punto onde había bastante indecisión pero para eso esta a hemeroteca de Sherpa Pato que rápidamente nos decía o camiño a coller. De vez en cando non se lle facía caso....(o gps fállalle a veces jejeje) e como nos equivocáramos xa tíñamos que escoitar o run run de "xa volo decía eeeeuuu" jajaja.
Pouco a pouco os km e a mañán iba pasando. Chegados a un punto cerca dunha aldea Andrés e Javi (cuñao de Panchito) decidiron arrancar e abandonar o grupo por motivos...nós continuábamos ca nosa intentona de chegar á presa do Tambre pero chegou un punto que a cousa se volveu moi dificil...Os camiños acabñabanse e non había forma de enlazar, ou polo menos nós non sabíamos, enton decidimos desviarnos cara a igrexa da Luaña e enganchar cuns camiños xa conocidos que nos levarían cara Vioxo e de volta á zona baixa de Urdilde. Aquí enganchamos partes moi chulas de sendeiros e decidimos baixar por onde van os cabalos hacia Boullón. Vaia camiños máis bonitos e cerrados e rápidos e técnicos...e.....BUFFF qué gozada hai que volver rápido.
E nada finalmente mollados coma pitos xa pasamos de tapitas e de todo que o frío apretaba e tampouco era plan de enfermar digo eu....E nada....Unha boa mañán de mtb coma o de sempre. Ruta moi recomendable e con tramos verdadeiramente bonitos.
O próximo domingo iremos á marcha btt val da mahía de Ames. Seremos unha boa tropa de OEA´S polos montes de Ames. Alí nos veremos. Abraazooo a tod@s.
Vistas da cola da presa do Tambre |
"El éxito es hijo seguro de la perseverancia y firmeza en el trabajo" ||| JoRy |||| Saúdos