lunes, 17 de mayo de 2010

IX MARCHA BTT Concello de Porto do Son

Qué vistas!


Bueno bueno bueno, pois coa resaca de Ponferrada nas pernas, decidímonos uns cuantos (José, Jorge, Angel, Alberto e Oscarito que escribe) a facela. Tiñalle ganas porque é un monte alto e a zona ten boas vistas, e pa ir de relax un sábado á tardiña non se me ocurre nada mellor para mover as pernas.

Poñemos rumbo cara o Son algo apurados de tempo, pero alí tamén se manejaba bastante pachorra. Montamos as bicis, dorsales, camisetas de regalo (puntazo, están guapísimas, por 10€ de inscripción...). Entre pitos e flautas arrancamos as 16:30 e con 42km por facer. O perfil parecía que era todo subida e despois todo baixada, pero nada de eso.

Empezamos con 11km por camiños cerradiños de carreiro estreito, unha gozada, rapidos, dos que molan, nin subida nin baixada, algunha parte técnica, algún cabalo no medio do camiño atravesado... o normal vamos jeje. Alberto e Angel xa se perderon alí delao da playa... para donde mirarían...
Alberto tanteando

E chegamos ó tramo libre. Desorganización total. O avituallamiento algo pronto, casi co postre na barriga, non daba entrado, pero papouse, que quedaba moita subida. Puderon haber montado todo o tinglado ó lado do pabellón, que tiñan un sitio cojonudo, pero foron encaixonar todo na entrada ó monte. En fin... os que quixeron disputar o tramo libre como jorgito non puideron adiantar, todo dios a empuxóns, e solo un sitio limpo para subir os 2.5km que quedaban ata a meta. Outros coma min salimos de últimos relajados e disfrutando do dia, que non tiña ganas de dar moito pedal. De todas todas subimos como tiros ese primeiro cacho para deixar os 7.5km que quedaban a un ritmo cochinero total.

José acalorado...

A subida... pa enmarcar... todos mais ou menos xuntos e de historias e con vistas de fondo... qué vistas! de momento a ruta estaba prometendo moito, e cada km era de un firme diferente, non aburría nada. Chegamos arriba, a 720metros de altitud, totalmente descansaos, e creo que foi peor, porque botamos 10 minutos no avituallamiento comendo pastelitos como uns cabróns. Había fruta, powerade, bollería... un 10, a verda e que si señor. O momento gracioso chegou ca idea de meter cartóns debaixo do mallot para que non nos pillara os archiconocidos vientos gélidos do atlántico. O invento funcionaba, facía aire pero tabamos quentes, o que si, e que non podíamos doblarnos pero bueno, non todo vai ser gloria jajaja.


A parella sempre armándoas un pouco...

Rodeamos toda a base militar de arriba, pos uns camiños trialeros e moi técnicos (xulio iba a ter un orgasmo por alí) e imos dar a unhas pistas, e mais baixada, e así ata rodear todo o monte. Unha auténtica chulada de ruta. Ahora si, tal como digo ounha cousa digo outra, e vaia merda de marcar os camiños. Non se pode desviar a xente por sitios que baixas a 40km/h e nin marcar o desvío. Según lin no foro, foi algunha persoa que lle quitou as indicacións por pura maldad, pero non é excusa, tiveron toda a mañan para ir facela e revisar que todo estivera ben. Non houbo ninguen que non se perdera durante toda a ruta. Perdímonos 3 veces mais ou menos, e era un incordio non poder ir cómodo ó ter que tar pendiente de todos os cruces.

A todo esto, José pinchou arriba pero rápido o arreglou co manitas que é el. Seguimos baixando e baixando, houbo baixada para aburrir, e iba chegar o que para min molou mais, que foron unhas trialeras cerradas rapidísimas e con moito peralte, para baixar a muerte. Unha vez xa estábamos todas na falda do monte, foi llanear un pouco e xa tabamos (casi todo por monte) na entrada á zona do pabellón.

Angel está quedando nos osos!

Empaquetamos as bicis nos coches, e a papar pinchos! ibamos pa chucharnos pero ó final entre quinto e quinto de cerveza e churrasco liámonos e xa fomos cheirando a can mollado. Todo moi ben montado, iban sacando comida pouco a pouco. Sorteos e entrega de trofeos, no tramo libre nas categorías casi todo ganaron os Aforcados. E despois de compartir impresións con mais bikers arrancamos de novo para Bertamiráns, logo dun paseo de tarde con sabor a verán.

Conclusión: "Sólo" fallou o tema do marcado do trazado. Sorte que solo eramos 100, porque non quero pensar en 500 personas perdidas polo monte adiante, donde non había unha indicación. Un aplauso para a organización polas fotos, pinchos, avituallamientos...

Calificación:
Recorrido: 7 sobre 10
Avituallamientos: 8
Señalización: 2
Baixadas: 7
Organización: 6
Media: 6 (non refleja o que mola a marcha eh! para o ano se podo repito, que por 10€ un sobresaliente!)


Un abrazo!! --- Oscarito ---

3 comentarios:

osesfolaarros dijo...

si, seino, igual e de flipao facer o da puntuación, pero a min mólame e a todas as que vaia vounas puntuar, pa facer un ranking! enga, un saludo!

PD: algún non deu chegado onte domingo á casa? a cousa prometía... jaja

JoRy dijo...

boa crónica, boas fotos e boa compañía. Vou facer a crónica de domingo. xa pos ti as fotos ok?

A verda e que a ruta moi chula pero o de siempre...algo de desorganización e a señalización pésima¡
Espero que melloren para o ano e a ver se me decido a ir por ali.

Un saludo.

Queda pouco para o SOPLAOOOOOOOOO¡¡¡¡

dabiz dijo...

buena cronica señor informatico, y como se nota la experiencia organizando marchas jaja aqui quitandole punta a todo jaja