lunes, 24 de mayo de 2010

LOS 10.000 DEL SOPLAO Y LOS OEA

"corre corre, que xa caerás de maduro"


-"Aquí estamos, en Cabezón de la Sal, os OEA´S dispostos a facer os 10.000 do Soplao¡¡ pero agora tiramos para Santillana del Mar a beber unhas sidriñas jeje" Pato BBC


INTEGRANTES DA EXPEDICIÓN Ó SOPLAO:

Dabiz (claro vencedor con merecido premio) FINALIZADO
Alberto (sempre ahí) FINALIZADO
Suso (fortaleza mental) FINALIZADO
Pekeno (ánimo, intentouse) CASI FINALIZADO
Oscarito (compañeiro de fatigas) FINALIZADO
Angel (non é de temperaturas fuertes) CASI FINALIZADO
Juan (ó final caeron de maduros jeje) FINALIZADO
Pato (escapado¡) FINALIZADO
Fernando (compañeiro) FINALIZADO
Carlos (ganador de retos, perdedor de apostas jejeje)
FINALIZADO
Jorge (impresionado e moi feliz)
FINALIZADO
Susana (a disfrutar da zona)
Cármen (tamén a disfrutar)




Ola amigos oea e demais lectores. Pois si, aquí estamos, de volta do inferno, e foi literalmente un inferno polo calor que fixo, iso foi o peor de todo. Con barro será duro pero con sol......
En fin, intentarei facer unha crónica para tódolos públicos para que así os mais atareados non poñan escusas de que si a crónica e moi larga, que si tal que si cual....jeje

Saímos de Bertamirans ás 11 da maña mais ou menos, destino Cabezón de la Sal. Cargamos as bicicletas con un pouco de retraso. O camiño de ida foi tranquilo. Paramos a comer en Luarca. Algúns probamos as fabes outros algo mais livianiño. Demos un paseo polo aparcamento para estirar as pernas e baixar a comida e continuamos. Polo camiño ibamos entretidos cos coches que pasaban e tamén cos muñecos das obras...aínda que algúns non eran muñecos e reaccionaban jeje.
Chegamos a Cabezón. Vaia ambiente...nunca tanta xente vira rodeando unha marcha...Todo perfectamente organizado. Case sen colas para recoller os dorsais e eso que eramos 3700 persoas. Recollémolo dorsal e tiramos cara a pousada onde nos hospedariamos ainda que de paso fomos a coñecer Santillana del Mar, moi fermosa por certo. Alí quitámonos unhas fotos e demos un paseo polas súas calles coma un equipo todos uniformados. Tomamos unha botelliñas de sidra e arrancamos para o hotel a instalarnos e cenar.
Unha vez na pousada xa nos relaxamos. Era moi chula. Distribuímonos por habitacións e preparámonos para a cena. Cenamos algo (lixeiriño.....) e tomamos unha cremitas ata que o dono da pousada nos mandou durmir.
Durmimos como poidemos e ó día seguinte ás 6 da maña estábamos desayunando, moi completo por certo. Chegou o momento, arrancamos para Cabezón xa que estabamos a uns 10 km e tomamos posicións na liña de saída. Estaba todo cheo de xente. impresionante ver ós 3000 ciclistas....foi moito....Traca de petardos e veña¡¡ ala vamos. Os OEA´S como sempre ó seu ritmo, aínda que desta vez igual foi un pouco lenta demais jeje. nos primeiros km houbo moitas caidas, unha pena que a xente saia tan tola....Xente polas cunetas que daba pena velas, algún co brazo roto...outro a nariz fracturada., cascos rotos.... a verdade e que moi jodido, pero bueno a nos non nos pasou nada de nada, eso era o importante.
O tempo ia pasando e apareceron os primeiros montes importantes. O primeiro sería o Soplao. A subida era como subir ás Antenas mais ou menos....cunhas vistas moi chulas das serpientes que os participantes facían polos camiños. O sol petaba xa a estas horas unha barbaridade. Repoñemos líquidos no avituallamento do alto do Soplao e comeza a baixada, moi chula por certo, que nos levaría de camiño ó monte Aa. Sempre que pasábamos por algunha aldea ou pobo eso era impresionante, todos a animar, a aplaudir, a darche o que quixeras....de todo¡¡ impresionante.
A subida do monte Aa foi a mais empinada con rampas de un 25 % bastante longas e que facían ir atrancado de todo casi. Algo que nos chamo a atención foi que moita xente á mínima xa bota pe a terra e ala....Despois da subida descenso e preparándonos para o fuerte do Soplao: O Moral, Cruz de Fuentes e de novo o Moral. Foron os mais duros de todos. Picos de 1000 e 1300 metros que estabas subindo durante 2 horas seguidas a 7 ou 8 por hora.....Un sufrimento. Antes de subir o Moral tocaba o avituallamento grande onde comemos e descansamos un pouco. Non nos chegaban as mans para carrexar tanta comida...Logo dun merecido descanso arrancamos, dicir que Dabiz, Pato, Suso e Angel xa iban diante. Arrancamos a subida do Moral cada un ó seu ritmo. A calor era insoportable ás duas da tarde...había moita xente que se tiraba nas beiras a descansar, outros andando....e neso que xa vemos ós primeiros baixar. Foi incrible ver como pasaban...sobre todo os dous primeiros. Unha autentica animalada. bufff e a nos aínda nos quedaban case 80 km...en fin...seguimos co noso e nada despois de subir tocaba baixar de novo volver a subir o monte mais largo. Uns 15 km de subida infernal...Arriba no avituallamento repuxemos forzas e líquidos. Nunca tanto na miña vida bebera....bufff. A baixada hasta subir de novo o Moral impresionante....mimahhh 72 km/h de máxima. Curvas chulisimas unha detrás da outra como as das subidas a puertos. E por fín a última subida. O moral de novo pero esta vez pola outra cara. Que suplicio....Aquí estaba xa o punto de corte e donde moita xente se retiraba. Nos continuamos todos salvo o pekeno que se retirou na primeira subida ó soplao e Angel que se retirou na subida de Cruz de Fuentes. O resto reagrupamonos arriba do Moral para facer a ultima baixada a tope e todos xuntos entrar na meta de Cabezón de la Sal onde nos esperaban o resto de OEA´S e unha cantidade de xente enorme....A entrada triunfal cas bicicletas en alto¡¡

Unha vez acabado pois tomamos o platiño de pasta que nos ofreceron e despois fomos para a pousada para ducharnos e cear. Na cena comentamos todos un pouco que tal nos fora e tal Estabamos rebentados pero aínda así os tres toliños: Dabiz, Oscarito e Jory arrancamos de marcha para Cabezón. E non estivo nada mal.

Á maña seguinte arrancamos de volta cunha satisfacción de ter conseguido o obxectivo do ano. Comemos en Mondoñedo e chegamos a Bertamiráns a eso das 5 e media cunhas cariñas.......jejej

Pois esto foi o que dou de si o Soplao 2010. Espero repetir e que sexa con mais OEA´S xa que esto e unha animalada¡¡¡

PD: sei que esta bastante resumido pero algúns detalles xa iran aparecendo nos comentarios. E as fotos pois que as vaian pasando ou qe as poñan xa na entrada.

Un saudo a todos e NORABOA a todos.

...jorge...

16 comentarios:

Oscarito dijo...

moi ben resumida si señor, que non se queixe a xente! eso si, habería tantos detalles de risas que necesitaríamos 20 folios pa poñelos todos... o caso e que hai que vivilos, contados non son o mesmo! ahora toca xuntar todo o material m ultimedia ke verá a luz nestes dias... unha aperta!

txus dijo...

noraboa a todos, poñedesm o dentes larguissisisimos, ainda q nn sei eu si estaria preparado para semejante tute. desde logo q o perfil da ruta impresiona a kalkera, de novo noraboa. veña un saludo.

FPTRUEDAS dijo...

resumido, resumido, resumido, como te quedaras mas corto, solo escribirias el titulo, pero la verdad que fue un placer el disfrutar del dia con vosotros, desde el principio hasta el final fue un dia de gran compañerismo y sobre todo con grandes carcajadas, pero que moña tenian en Venta Vieja, pero los chavales nos indicaban bien y nos animaban mejor
gran, gran pero que gran fin de semana

alfonso dijo...

Noraboa a todos os que conseguistes finalizar e tamen a quenes o intentaron, porque eu por experiencia sei o duro que e sobre todo con calor e un verdadeiro inferno, tal como pon o cartel de recibimento da entada a cabezon de la sal ( bienvenidos al infierno del norte) e que e realmente dura pero non imposible, sinto por angel e rodrigo para o ano voltarase aintentar malo sea que non se consiga. un saudo a todos

Pekeno Saltamontes dijo...

moi boa Jory!solo un apunte
retireime no Moral non no Solpao jejeje quitasme meritos cabrito!
POis si un finde moi chulo ainda que a retirada amarga moito
pero oxe xa ca cabeza fria (e nunca mellor dito) vexo as cousas diferentes.
un saudo OEA`S!un pracer compartir convosco momentos tan bos como o de: "vaia lupas tes macho!" ca que ainda cando o lembro me parto as cachas

Andrés dijo...

felicidades campeóns !!!! merecedes todos o miña máxima admiración

dabiz dijo...

jaja resumida resumida jaja Jory a mi me puedes enviar la version extendida, es que me gusta leer sabes? jaja
que mezcla mas extraña la del sufrimiento y la del placer por haber superado un reto mas, y como dice PS,ahora con la cabeza fria solo pienso en volver para el año y hacerlo mejor ... somos lo mas OEA´s!!!!

dabiz dijo...

PD:me teneis que perdonar pero el "premio" como dice jory no lo podre poner en la vitrina jajaja ... lo que pasa en Cabezon de la Sal, se queda en Cabezon de la Sal jajaja

manuel dijo...

Hola OEAS, a cronica ben,e a compañia mellor ainda que na ruta fun só a vosa captura,paseino moi ben sufrindo e admirando os grandes paixases,e esa gran xente animando en todos os pobos e en todos os montes,para o ano repetir e cantos mais mellor.Un saudo

angel dijo...

Hola compañeros pase un fin de semana inovidable , nos reimos un monton. Otra cosa fue la marcha,
quede muy dececionado por tener que retirarme por los calambres , y mas encontrandome bien de fuerzas , el calor de derritio , cuando acabe me dige non volvo mais , pero como dice pequeno con la cabeza fria ahora ya tengo ganas de que llegue la siguiente , y poder rematarla y disfutar de los paisages y gentes de eses pueblos .
ahora me queda es remate la quebrantahuesos , asi que tengo que seguir entrenado y lo mejor es que no quede asqueado de la bici.
un saludo compañeiros.

angel dijo...

Jory ya te podias estender un poquito mas con la cronica , auque muy bien resumida.
un saludo

Alberto dijo...

si señor gran finde! esta marcha creo que está entre as burradas máis grandes que fixen nunca...a ver a próxima, seguiremos rizando o rizo jeje

JoRy dijo...

sodes a ostia. Ahora que resumin pedides que fora mais extenso....jejejej en fin OEA´S en estado puro.

Eu solo digo que estou orgulloso de min e de vos por pasar este finde inolvidable.

AHORA A POR OUTRA¡¡

Oscarito dijo...

jejeje tranqui angel que para o ano falo sobrado. A min tamen me viñeron pensamientos de abandono cando me deron as arcadas esas pero aguantei e fun indo a mellor.

Pois para o ano non sei se repetir eh! non porque non mole, senón porque son cartiños (para un estudiante) e tamen estaría ben probar outros retos diferentes non?
Saberémolo para o ano.

Ahora tamen toca disfrutar dalgunha marchiña pola zona e de diazas de sol en carretera. unha aperta!

Juan dijo...

hola a todos,creo que sobre o soplao non queda moito mais que decir,solo que esa dureza extrema,e ese sufrimento infinito,vense compensados con creces cando entras na meta e eres aplaudido por centos de persoas como si foras o primeiro.resumido nunha palabra INOLVIDABLE. vemonos.

Kiko dijo...

a cronica esta ben se resumes malo se te estendes peor non hai dios q vos entenda miña mais sincera noraboaa tod@s