miércoles, 29 de septiembre de 2010

- II EDICIÓN DA EXTREM OEA 9 PICOS -


- II EDICIÓN DA EXTREM OEA 9 PICOS -



Despois de cambiar a data un par de veces por fin temos a definitiva. Será este domingo 10/10/2010. Esta ruta que preparamos os OEA´S trátase dunha gran aventura que supón un reto para quen participe.

Non está federada, nin marcada, nin nada senon que é como unha ruta mais de domingo ainda que con moitos mais kilómetros.

A idea é a seguinte: normalmente as saídas do club teñen por destino diferentes picos da redonda do Val da Mahía e do Sar enton do que se trata ese día e de ir de pico en pico, un total de 9 por esta orde =>
  1. Torres de Altamira
  2. Rubial
  3. Pico do Muralla
  4. Santiaguiño (Padrón)
  5. Antenas do Escala (Meda)
  6. Alto da Picaraña (Zona de Lampai)
  7. Pedroso (Santiago)
  8. Mercuto (Ameixenda)
  9. San Marcos (Ames)
Non sabemos a distancia total pero pensamos que salen sobre 150 km. A saída sería ás 8 da mañá (PUNTUALIDADE POR FAVOR) da praza das Tetas (praza da Mahia de Bertamiráns) quedando ás 7:30 para entrega de dorsales, desayuno, etc. (para darlle algo de importancia ó tema)

Está invitada toda a xente que queira pero cas seguintes condicións:
  1. Cada un debe levar o seu propio avituallamiento e comida, ainda que se intentará deixar un coche para meter a comida e así non cargar con tanto peso.
  2. Cada un debe levar o material normal dunha saída de btt.
  3. Calqueira caida ou dano é responsabilidade do afectado.
  4. Deberemos ir todos xuntos esperando e reagrupandonos xa que o recorrido non está marcado e son moitos kilómetros.
  5. Uso obligatorio do casco.
  6. Se hai xente que se ve con forzas e pensa rematala pode levar luces para acabala xa que o día acaba sobre as 20:30 e non acabamos a esa hora....
  7. ...

E non sei que mais.....calquera dúbida pois poñédela nos comentarios igual que si estades interesados en vir con nos....

E NON VOS PREOCUPEDES POLA DUREZA...Iremos todos xuntos e esperandonos uns polos outros...e cando un queira marchar indicaraselle e punto.

Un abrazo a todos

12 comentarios:

Oscarito dijo...

buenas, todo en orden salvo dúas cousas...

1º, o de "intentar" deixar un coche, penso que debería quedar claro de antemán, porque non é o mismo que cada un leve un tapper con comida e o meta no coche que se vaia a levar a un punto concreto (moito máis comodo) que coller e encher a mochila de barritas, platanos e demáis, que moitos non estan/estamos acostumbrados a levar 3-4kg de peso na espalda todo o día. Entón a miña idea e procurar un coche/furgoneta/tres-rodas e o domingo que cada un traia o seu xantar pola mañan e o meta no coche. Deixase ali en Bertamiráns, e a eso da hora do xantar, quen se preste voluntario (non sei se kiko falaba algo de ir él) levao a un punto acordado e a comer. E unha idea, decide vos como podemos facer. Tamen podemos preparar uns bocadillos pa todos e fuera, como vexades.

2º O de quedar as 7:30 pa saír ás 8 xa sabemos como é: a xente vai aparecer ás 8, pa desayunar, dorsales e caralladas e salimos ás 9 menos algo. Eu digo de quedar máis cedo. É un dia especial e por roubarlle á cama hora e media máis do normal tampouco pasa nada, xa que esa media horiña ou máis que aforremos vainos vir de perlas para problemas (pinchazos, averías, posibles pérdidas, comer máis tranquilos...) E para muestra un botón: o dia da crono, non tiñamos presa, pero entre que apareceron os oeas e a xente que non está acostumbrada a vir e dorsales e tal e cual... retrasámonos unha animalada. O dito, e o que penso eh, despois como vexamos todos.

dabiz dijo...

de acuerdo con Oscarito, pero yo me caigo de la prueba, toca currar, es lo que llamamos guardia :(

JoRy dijo...

eu tamén decia de quedar cedo, non hai problema....pero xa se sabe como é a xente...(Incluome as veces eh...)pero eso... que debemos sair as 8. Haxa xente ou no...

Polo do coche quen se presta voluntario???

carlos dijo...

Mirasteis la prevision tiempo para el fin de semana, sobre todo el domingo da viento y agua, no se si seria conveniente hablarlo.

JoRy dijo...

eu digo de facela igual...pero weno ahi despois xa cada un....e que despois empeza a pasar fechas e fechas...e xa ta todo montado....sei que jode pero weno...non sei...eu tamén xon medio tolo para adiante e...xa sabedes jejeje

eu vou....

Suso dijo...

A verdade e que pinta moi mal.

Oscarito dijo...

eu vou domingo, lunes, martes ou po próximo domingo... jejej

no a ver en serio, a min dame igual, pero que pasa si para o seguinte tamen chove? pero tamén entendo que estar 12 horas mollado, ca mochila empapada, si paramos a arreglar calquer pinchazo enfriamos... é PESTOSO!

o dito, a min jodeme bastante, non tou vendo moita predisposición a facela... non sei se é porque andamos algo vagos... e é pasadomañan. veña a ver si vos animades a falar algo do tema porque...

JoRy dijo...

a fecha é esta. Se por calquer motivo non se fai ou hai xente que non vai pola chuvia pois ala cada un, é respetable como calquer domingo ainda que bueno sempre da gusto facer as cousas para a xente e que respondan...e se chove pois chouveu...se estamos moi mollados e ta a cousa moi jodida pois paramos pero a fecha non vai cambiarse porque xa non hai fechas e os dias xa se notan...asique...

Eu comprometome a todo, xa o sabedes, pero tamén gusta ter algo de rspuesta home...veña...jejeje joder....non me jodades e non sexades mariconas OEA`S

Esperámosvos as 7:30 na praza das tetas con todo o que temos preparado para os participantes.

Un saúdo e ahí queda eso. E non rajedes moito de min eh¡¡¡ jajaja

Kiko dijo...

eu sechove non poidosair x culpa da frida pois non a poido mollar intentarei baixar co coche e se tedes comida levovola ,avisademe

JoRy dijo...

bueno.....despois de ver a predicción do tempo para domingo....solo podo decir que igual rectificar é de sabios.....e xa vin que vai estar moi jodida a cousa en canto á chuvia....

Pois eso...que non me tomedes a mal que ás veces insista un pouco e me poña pesado...e con boa intención xa sabedes jejeje

osesfolaarros dijo...

INTENTAREMOS QUE O PRÓXIMO DOMINGO 10 DE OCTUBRE SE POIDA CELEBRAR A EXTREM

SEGUIREMOS INFORMANDO

osesfolaarros dijo...

Seguimos adiante ca extrem¡¡¡¡ De momento non hai cambios en nada