"Buscando, buscando..."
O día comezaba frío na praza das Tetas pero alí estabamos os e as OEA´S preparados para buscar algúns camiños para a marcha OEA 2011. Despedimos a Ito que marchaba en carretera e nos collemos rumbo Pedregal para tirar por Brión momento no que nos alcanzaba Fernando.
A idea era clara e xa dende agora vos adiantamos que este ano o G.P. de Rañalonga estará presente na marcha. José era o noso Sherpa e unha vez lle dixemos a onde queríamos ir ala fomos, directos. Algúns camiños xa os conociamos pero outros non e hai que decir que estaban moi chulos, e como principio da ruta perfectos, pero bueno ainda queda moito.
Cómo non, hoxe que empezaba a tempada de caza...., xa nos atopamos con uns que nos dixeron:
-uuuyyyyy por aquí tedes perigo ehhh..... (é o que nos queda....)
Logo continuamos e xa estabamos en Pedre. (Aquí abandonounos Andrés que iba probar o ferrari do seu fillo...) Dende alí xa levábamos un bo sabor de boca pero claro...despois de ver as pedras que están no Rubial dixemos...e porqué non subimos ata alí para buscar algún camiño...?? e nada ala fomos. Aproveitamos para tomar algún piscolabis e xa directamente baixamos de novo cara Macedos e enganchar cos camiños da autovía que están realmen
te chulos e onde a nosa OEA Isiña...tivo un pequeno contratempo pero que se quedou en nada. Continuamos e xa tiramos directamente para a de Pepe King a ver se había algo de xamón...jeje e como sempre, non defraudou.
Descansados e refrixerados, arrancamos para casiña non sen antes pasar algúns OEA´S pola praza de Chavían a ver o Ferrari que trae toliñas ás nenas jejeje. Vaia piloto está feito este Andrés JR (todo genética ajaja). Alí o deixamos e nos tamén marchamos para casa cun bo sabor de boca e cos deberes ben feitos. Seguiremos buscando. Este ano a marcha intentaremos que non deixe indiferente a ninguén...e bueno...eso é todo. 1 saúdo a tod@s.
...jorge...
11 comentarios:
cando poda subo as fotos¡¡
A mañan moi boa e polo menos algúns imos saíndo...hoxe fomos 10 e moi ben. Creo que acertamos con Rañalonga e.....xDDD
Que bonita salida, tanto pola ruta como a compañía.
O contratempo xa está solucionado con un par de tititas je,je...
Mañan moi chula e divertida.Temos que mirar de comprar uns chalecos antibalas en lugar dos reflectantes....... que xa comenzou a caza.
"Andresito" cando lle prestas o FERRARI os mozos solteiros do club?
pinta bien este año la marcha, solo pensar en el gran premio de rañalongo, se me ponen los pelos de punta lo que disfrutara la gente. parece que empieza el entusiasmo otra vez con nuestra marcha.Intentare deciros estos dias ya, algo de la ropa, un saludo
qué decir... la marcha pinta bien, a ver si este año mejoramos un poquito :P todo dios a usar google-earth para buscar caminos... jajajaj
Isa,deixote con estos e xa te me escarallas... non vou poder deixarte sola con eles. jajaja
Foi unha mañán de bastante proveito pois fixemos un bo traballo para a marcha e xa van quedando cousas claras
amig@s mios.
Quen vai ir á marcha de CAMBRE?? Este próximo domingo 24
En principio apuntados xa:
-ANGEL
-JORGE
-...
Contade conmigo para a marcha de Cambre, xa estou inscrita.
Andres, acababanme de decir que iamos a tomar as tapas e as cañitas, como queres que me concentre nas pedras....
ola amig@s, eu apunteime á carreira de bertamiráns, q sempre fai ilusión competir na casa.
Para os que queiran apuntarse:
Email: inscricionsFGAsantiago@gmail.com
Prazo: ata as 14:00 h do día 22 de outubro
Datos: nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, club e nº de licenza federativa (se procede).
En principio que eu sepa estamos confirmados oscarito máis eu, que sexa dito de paso intentaremos deixar o nome dos oea's ben alto!!
pois espero que corrades cos solores do club ehh é dicir. Co maillot do club¡¡ jejeje
Un saudo
eu correría cos colores do club, pero vou a pasar de deixalo en verguenza... e mais que nada, pq me tira do sobaquillo bastante... xDDD enga, a ver se vides a animar algo eh! coidarse
Publicar un comentario