Mañá fría e con pouca afluencia de OEA´S na praza das tetas; a elite no duatlón de Beariz; F.T.P. en carretera; arrancamos 3 OEA´S (José + Kiko + Ito) máis os santiagueses (Carlos + Marcos) e os Bastabalenses (Carlos & O da Orbea (non me acordo do nome)); Despois dos tipicos vaciles pola bici naranxa prestada (que si era de Repsol, que onde tiña as bombonas de butano... )voltiña por cantarana para coller o paseo do rio bastante limpo por certo. Pedaleando ata chegar a subida do Santiaguiño na carretera que vai de Padrón a Rois. A subida un suplicio, moi desfeita pola acción da auga... xa o din os vellos non hai coma o viño que auga o único que fai e desfacer os camiños, que razón teñen.
Está claro que este tipo de subidas tan desfeitas non son o terreo idóneo para as bicis rixidas (que llo digan as miñas cachas). Avitullamento no merendeiro do Santiaguiño, cun soliño que se agradecía. Da gusto ver a xóvenes promesas como o Carlos de Bastavales a ilusión coa que toma as saídas. Esperemos vernos moitísimas máis veces.
Descenso ata Extramundi, esta baixada non deixa de impresionar a tod@s e volta para casa polo campo de golf de Rois. En Bastabales despedimos os dous rapaces e seguimos ata os Anxeles onde despedimos os Picheleiros (Carlos & Marcos). Lavado de burras na gasolineira e faltounos unhas tapiñas... pero polas presas... quedan anotadas para o próximo Domingo.
Particularmente para min foi un dos días que máis desfrutei da bici (supoño que tería algo que ver a situación... case un mes sen sair, pero desfrutei como un anano, si señor).
Sen máis e como din os xuveniles, saúdame sempre.
6 comentarios:
Moi boa crónica... supoño que sería Ito o artista... xDD fallouche o detalle de etiquetar ben, pero bueno, xa o puliremos.
Polo resto, de puta madre que vos animarades a saír, asi me gusta, e facer crónica! a ver se alguen sube unha fotiño e xa ta completa. Tamen me gusta ainda moito mais que veña con nos xente que lle guste o monte e o pedal. Tamos creando unha generación de amantes do MTB jajajaja
veña un saludoooo
si señor¡¡¡ Moi boa crónica. Así me gusta que non decaia o espirito OEA. Pouco a pouco imos tendo xente nova e que lle gusta moito o monte polo que eu sei..jejje
Imos ter boa canteira. Pouco a pouco iremos avanzando e creando cousiñas. Un saúdo a todos¡¡
felicidades por la cronica, pero sobre todo por la salida, despues de todo el mal rollo m e produce satisfacion vilver a verte por estas lides
Moi boa crónica Ito!!
E si, espero que nos vexamos máis domigos así (con un chisquiño máis de calor estaría ben) jeje
Un saúdo a tod@s!!
boa cronica si señor
Publicar un comentario