martes, 8 de febrero de 2011

DUATHLON CROSS DE CANDEÁN


"genial pero fatal"
O día comezaba ás 7 da mañá, dirección Vigo ó alto do monte Vixiador. Montamos as bicis no coche de Suso e Isa e arrancamos. Da praza saimos Oscarito, Isa, Suso, Alberto, Antón e o que escribe. Rumbo posto o camiño de ida faise sen maiores incidencias e comentando cousiñas sobre a carreira. Chegamos á liña de meta e veso moi bo ambiente, a verdade e que estaba todo moi chulo. A zona de recollida de dorsais non era das mellores e formouse algo de cola pero bueno, ó final xa tiñamos os dorsais. Montamos bicis e levamolas para o box. Aquí Oscarito iba concienciándose para facer ben as transicións pero......jejeje

Queda media hora e comezamos a quentar. Carreiras por aquí, trote por alá, progresións...etc etc. Moi boas impresións para os compoñentes do club. O día era perfecto e o circuito tamén. 5 minutos e saída.


A verdade e que estabamos alí todos apretados....e estaba claro que os codazos non iban a faltar....e así foi, bocina de saída e codazos para todos para poder coller os mellores sitios e ir atopando un bo sitio na carreira. Primeiros metros algo caóticos pero ben, xa ibamos collendo os nosos postos. Todos fixemos unha boa carreira dentro das nossas posibilidades e aparte Antón e Alberto que iban na cabeceira da carreira anton de 1º. Mákina¡¡
Completamos as 2 voltas ó circuito é viña a primeira transición. Nervios. Cada un buscamos a nosa bici...algún tivo algún problema para atopala...jejejejeje mételle un gps neno. xD Deixamos zapatillas poñemos casco e botas mtb collemos burra e arrancamos a correr, un chimpo e a pedalear 20 km. Aquí comezaba o bo dos OEA´S. O circuito era moi bonito pero tamén duro. Tiña uns sendeiros que facían as delicias de todos. En cabeza voaban...mentras o resto ibamos aguantando como podiamos. Trazado mooooi rompepernas continuo sube baixa que acababa con un. Primeira volta sen incidencias. Paso por meta a primeira vez e Suso alí coma un campeón animando¡¡¡¡ SI SEÑOR¡¡ a bandeira OEA esta dando os seus frutos ehh xD GRACIAS SUSOO. Bueno eso primeir paso por meta e a por a segunda volta....Avanzo un par de km e atopome a Alberto parado e jodido. pinchazo no gemelo e abandona...que putadon...Eu aproveito para dar algo de aire na roda dianteira e continúo, tomo gel e pedaleo con ganas e sentindome xenial, adiantando a xente nas subidas e nas baixadas ata que nunha trialera baixando saiome da trazada limpa para adiantar a un e boom....reventon da cuberta dianteira por unha rajada...perdo todo o líquido e aire no momento e a carreira remata para este OEA.

Por outra parte Oscarito vai tirando e sen problemas. Isa como unha campiona vai remontando algún posto na bici.

Chega o momento da segunda transición. Oscarito chega ca bici e ten algunha pena confusión ña hora de deixala...cousas do cansancio pero finalmente deixa a bici pon os tenis e a correr o ultimo sector que moi heroicamente remata co gran aplauso dos OEA´S Suso, Alberto e Jory.

Algo mais atras Isa que despois dunha boa transición se dispón a facer o último sector. Sufreu moitísimo nesta carreira pero como unha heroína remata a proba acompañada os últimos metros polos OEA´S. Cruza línea de meta e felicitacións.

Ó rematar intercambiamos comentarios sobre a carreira mentras comemos alguns cachiños dunha tarta riquísima e collemos a bolsa do deportista con alguns agasallos.

Logo de descansar un ratiño imos para a entrega de trofeos. Alí Isa recolleu o seu segundo trofeo que a acredita como subcampiona veterán da carreira de Candeán. MOITAS FELICIDADES CAMPIONA.

Ó rematar poñemos rumbo a Bertamiráns. Uns con boa cara e outros algo decepcionados pero as carrerias son así. Sempre hai xente que te anima. Nesta carreria foi unha pasada ver ña xente animarte nas beiras do camiño, iso agradécese e en xeral a organización do evento estivo bastante ben.


Un saúdo e para a semana máis, esta vez en Maside (Ourense).

10 comentarios:

FPTRUEDAS dijo...

felicidades chavales, estais que lo rompeis, lo que teneis es que dedicaros a los raid, a demas ya teneis la parte femenia del equipo, y como siempre consigue podio los demas subireis de nivel gracias a ella

alfonso dijo...

Felicidades a todos os duatletas, en especial a Isa polo seu segundo posto. Felicidades campeona

Antón Ruanova dijo...

Si si, algún cachiño de tarta dis.. canta claro, puxémonos as botas con esa delicia! jaja
Na próxima terás máis sorte Jorge. Un abrazo

Oscarito dijo...

bueno... o dito, queda mellorar as transicions! xDD (ou poñerlle un cono delao do meu box)

polo resto dia perfecto, boa compaña, bo ambiente, mágoa dos retirados, mais poderán resarcirse no vindeiro compromiso co duatlón-cross.

a ver se poñen algunha fotiño por ahi, que deben tar chulas! un abrazo a todos, boa cronica amigo!

JoRy dijo...

Bueno ahora solo queda pensar no de Maside e logo no último de Poio. Os que queirades ir poñedevos en contacto conmigo antes do domingo para que vos faga a inscrición de acordo???

SALUDOS

Isa dijo...

Eu de momento intentarei acabar o de Maside, e despois xa veremos!!!
Espero que haxa afluencia masiva de Esfolas este fin de semana, para iniciarse no duatlón....ou volvechesvos atrás?????

JoRy dijo...

Van para o próximo. En Poio. Para este non se inscribiron a tempo enton nada....

osesfolaarros dijo...

SABADO | 15:30 | LIMPEZA RUTA OEA |

quén está disponible para ir?? Eu podo pero sen desbrozadora. Iriamos limpar e arreglar unha trialera e arreglar outra.

APUNTADEVOS:

- Jorge
- ...

FPTRUEDAS dijo...

en un principio, si no hay novedad contar conmigo

JoRy dijo...

SABADO | 15:30 | LIMPEZA RUTA OEA |

Iriamos limpar e arreglar unha trialera e arreglar outra.

APUNTADEVOS:

- Jorge
- Fernando
-