A mañá empezaba chuviosa e con gran parte dos OEA´s competindo no Duatlon de Poio (pronto haberá cronica, supoño). Mentres os que aqui quedamos, decidimos facer o primeiro simulacro da marcha en pelotón, por ali apareceron Jose, Juan, Suso G, Andrés, e dous rapaces mais que se estan acostumbrando pouco a pouco a acompañarnos Sergio e Javier. Arrancamos e tivemos a "honra" de que o noso presidente Óscar nos salise ó paso na gasolinera para coñecer o recorrido da marcha.
Con ritmo lento e charlando fómonos adentrando no recorrido. Nada máis empezar xa nos demos conta de que o dia iba a ser moi duro pois o terreo estaba moi blando e enlamado. En canto os camiños empezaron a picar cara arriba (que é bastante pronto, por certo) a dureza acentuabase con camiños moi cheos de auga e por momentos impracticables. Asi pouco a pouco e sufrindo moito chegamos as primeiras baixadas do día con ganas de probar as trialeras que limparamos os días pasados. Decir que quedaron impresionantes con zonas rápidas, zonas máis tecnicas,... en fin unha gozada.
En plena baixada abandonounos Suso que rompeu o cambio con un pau (esperamos que chegases sen mais novidades). Os outros seis continuamos ata a zona donde estará situado o avituallamento e fixemos o propio antes de comenzar a subida larga da nosa marcha. O ascenso realizamolo nunhas condicioóns moi adversas pois pegaba moito o aire de e empezou a tronar. Toda unha odisea. Unha vez no alto e despois de reagrupsrnos tiramonos cara abaixo para seguir estreando as nosas baixadas e asi chegamos a Macedos, vendo que non daba tempo para nada máis, baixamos por carretera baixo unha gran choiva.De ali cada un para a súa casa a secarse e abrigarse ben.
Aproveito desde aqui para desexarlle unha pronta recuperación a Martín dos seus compañeiros OEA´s. Un abrazo.
UN SAÚDO
4 comentarios:
bueno e resumindo, que tal quedaron esas baixadas?? o Presidente que dixo?? E o resto?? jejej
noraboa pola cronica ,espero q opresi dis futara ,ainda q lle gusta mais baixar q subir
boa cronica andresss!!! ahora a mallar as trialeras! jajaj
Cheguei gracias a Isiña que veu por min a aldea do Rubial, e bueno a bici xa esta reparada e mañan probamola facendo a ruta da quedada
femenina (por si algun se apunta pasaremos por bertamirans a eso das 16:30 e subimos a Brion para grabar o trak enteiro).
Demasiados paos no monte.
Martin recuperate pronto e moito animo.
Publicar un comentario