Perfil da maratón |
Este fin de semana, aparte da festa do cabalo de Brión, as bombas da novena, o tempo cativo, e demais historias, 7 OEA´S (Andrés, Carlos T., Carlos, Ito, Pato, Adrián e un servidor) fomos á marca de Laracha, dos nosos amigos do Laracha en Dúas Rodas.
Preparados para a saída |
Furgoneta cargada de bikes, cortesía de Ito. Saímos as 7:00 a.m. da praza das tetas. Coche de Pato cargado de chavalada. Saímos con todo listo e dispostos a dalo todo. Paramos a tomar café polo camiño, e logo xa directos ó campo de futbol para coller as bicis e dirixirnos ó punto de saída, a zona do instituto. Todo ben organizado e sen grandes dificultades recollemos o dorsal, chip e ala a pedalear. Algo que nos molou foi o tema bombas jejejeje.
Empezamos a pedalear e a pesar de que non tiña porqué, houbo algún que outro atasco, pero nada grave, salvo os parvos de sempre, que estás parado facendo cola para pasar amodo polo barro e pasan a toda leche enchéndote de lama...PARVOS (mais tarde rompeu a cadena e quedou tirado coma o escombro jejej) Os primeiros km facíanse moi levadeiros, pistas en bo estado, subidas tendidas, peeeeeeroooo, todo o bo acábase e empezou o jodido. As costas eran super técnicas, con pedras, barro, auga, un % de pendiente exagerado...e así continuamente en moitas subidas da ruta. Os máis valentes atrevíanse a "intentar" subilas pero case ninguén o conseguía. Pouco a pouco os km pasaban e o terreo, ainda que duro, moi moi chulo. Chegamos ó primeiro avituallamiento con fame e aínda estabamos no km 16... Esperamos por Adrián que viña un pouco mais atrasado e continuamos. Houbo unha baixada moi chula que disfrutamos como enanos, buf, que gozada baixar todos xuntos, pista ancha...peeeeerooooo, de novo a subir, que tortura. Entre tanto, íbase creando un pique sano entre Carlos e Andrés, moi atento este ó km 50, onde íba atacar Carlos jejeje
Os km seguían aumentando e mais do mesmo, menos llaneo, había de todo. Arriba, abaixo, vaia montaña rusa...Segundo avituallamiento, (risazas), xuntamonos todos menos Adrián e Carlos T. Ós pouco km o gran dilema: seguimos pola mediana? collemos a larga? Adri e Taboada colleron a de 46 km e o resto, como non nos viamos cheos, á larga de 61 km. Andrés, Ito e o que escribe nun grupo e Pato e Carlos mais atrás- As bicicletas comezaban a sonar raro (falta de aceite) e os corpos xa non estaban para moitos trotes pero bueno..... Este último tramo de ruta, 20 km, foron para min, moi bonitos, pola beira de ríos, tramos sen rodar casi, entre a natureza...Precioso. E ademais deron moito xogo jajjajaja. Despois do último avituallamiento e a falta de 10 km para o final, logo de ir en grupeta tirando, marcando ritmo, adiantando...vai o carallo do Ito e nunha desas maniobras súas de cadena cruzada plas, rompea e ala....e aínda por encima se eslabón rápido para poñerlle. Durante 10´largos arreglamos o problema e xa nos pasara todo o mundo, incluso pato que estaba tocado. Arrancamos de novo para rematar. No momento en que chegamos a onde Pato (que nos pasara mentras arranxábamos a cadea), o tipo estaba tirado na carretera, delao dun remolque de tractor ali intentando estirar...taba o tipo acalambrao jejeje. E neso que xa apareceu o o quad que cerraba a ruta. Éramos os últimos como siempre jejeje.
Moralmente xa empezaba a cansar a cousa...e tiñamos moitas ganas de ramatar peeero aquí non acaba a cousa. A 4 km da meta, Ito rompe cadena e non pode arreglar entón axudado polo quad chega a meta...jijijijjiji (por eso nos tempos pon que entrou antes ca nós) e a 2 km do final, Andrés, nun movemento impreciso caueu ó río jajajjaja, como se puxo o tipo ehhh, cuiiidao, e a carallada foi que xusto ó caer doulle un tirón tremendo e aínda por encima o pe non lle saía do pedal...vaia show...
Finalmente rematamos xuntos a ruta e moi satisfeitos con todo e todos. Incluso con nós mesmos. Duchámonos en auga quente, lavamos bikes e a COMEEEEER. Que rica estaba a comida, todooo, e ben merecida que a tiñamos ehh jeje
Ruta fantástica e que volveremos e recomendamos á xente que lle gusteo MTB en estado puro que volva para o ano que eso é outra historia....Amigos de Laracha...Xa vos devolveremos a dureza na nosa marcha...en abril jejejje.
"El éxito es hijo seguro de la perseverancia y firmeza en el trabajo" ||| JoRy |||| Saúdos
4 comentarios:
Pues la ruta muy dura, muchisimas subidas duras y aun por encima muy tecnicas, pero la verdad que el equipo esta muy bien fisicamente porque a mi parecer nos defendimos muy bien. Pero dura si que fue,
ya no me acordaba de hacer tanta subidas juntas, llegue al final, no cansado pero aburrido de tantos kilometros de monte y tantas subidas. Lo que no quita que la ruta tenia lo suyo, estaba muy trabajada y muy bonita, como para repetir.La caida de andres no la vi, pero tal como llego a junto nuestra y como estaba la bici tuvo que ser espectacular, la bici tenia barro, barro y mas barro. Un buen dia de ciclismo del duro de verdad
Si a ruta foi durilla, Subidas moi duras pero baixadas preciosas! xD. E a organizacion perfecta todo perfecto e mais si e rodeado de OEA´S jaja... Un buen dia de ciclismo BTT. A coidarse!
Un bo resume dun gran dia de mountain bike.
A ruta unha animalada sen un segundo de descanso, senón era para arriba, era para abaixo a toda leche. so se paraba nos avituallamentos, unha pasada... A min sobraronme uns kilometros, exactsmente dous: menudo leñazo (desos que nos ves vir hasta que estas por encima da bici), ainda hoxe me doe a perna do calambrazo... e das risas dos "compañeiros".
jaja que bien lo pasais amigos!!! para la proxima hacer videos que ya seria lo mas, Andres tienes suerte que la subida al faro es en asfalto jaja ...
Publicar un comentario