Kdd Femenina das Bolboretas Para os máis despistados. As Bolboretas son a parte femenina por decilo dalgunha maneira dos de " Laracha en duas Rodas". E dito sexa de paso que o grupo formouse a raiz da nosa I Kdd femenina oea, que lle metemos o gusanillo no corpo.
Cando cheguei a Laracha as 9:00 da mañán facía un frio que pelaba, pero pouco a pouco entre que empezou a sair o sol, e o chegar o resto das participantes o ambiente empezou a coller temperatura.
Eran cerca das dez cando un grupo de "Bolboretas", "Karacolas" e algunha que outra especie máis (entre elas unha OEA), e rodeadas de un montón de escolta masculina, saiamos a rodar. De Laracha cruzamos cara Caión en donde tivemos o avituallamento, moi completo por certo (tiñamos ata caña de herbas e crema de orujo, jeje..), e de alí cara Baldaio, todo pola costa. A ruta foi impresionante de bonita, claro que con ese mar e esas paisaxes...que podo decir. O día estaba espectacular para rodar pola costa, e estabamos pasando unha mañá estupenda. Cando saimos de Baldaio empezou a parte dura, unha subida larga co sol de cheo e que empezou a pasar factura as que non están afeitas a tantos km en bici, pero que tan pronto recuperaron o alento xa se esquenceron dela. A chegada a Laracha tiña o marcador con 36,8 Km. Unha ducha quente e a comer. Xa se falara de antemán reservar para comer todos xuntos e así foi, unha comida con unha larga sobremesa..... Gracias as Bolboretas e os de Laracha en Duas Rodas por un día fantastico e por xuntarnos a todas de novo.
PD: O monte estaba cheo de cazadores, pero non había ningún coñecido, jejeje........
10 comentarios:
moi ben Isa! boa crónica! asi me gusta, os OEAS cada bifurcámonos todos os weekends, pero non paramos de pedalear. Alcohol no avituallamento? para o ano vou! xD
Esperamos contar con elas para a nosa KDD o 11 de marzo¡¡¡ :) E os homes xa saben...Ou veñen de acompañante femenina ou.....NADA EHHH jajajjajaj que nos conocemos... jijiji.
ABRAZOOS BOLBORETAS DENDE OS OEA´S :)
jeje los cazadores conocidos se rajaron, dudaron seriamente de su potencial armamentistico y decidieron dejar la jornada de caza para otro dia y por montes mas proximos y conocidos, se prepara la emboscada jaja ... no se si me entiendes ... jajaja
Boa crónica Isa! Coidate! Salúdos para todos!
Buena crónica Isa, la ruta estupenda y la compañía mejor.
Un saludo y en especial para todas y todos los participantes y por supuesto para las Bolboretas como organizadoras y anfitrionas del evento.
Moi boa crónica, moi boa a compañía de Isa, un encanto de muller .Grazas a todos e a todas pola boa mañá de deporte e amizade
Un día muy divertido y una experiencia inolvidable !!!!
Era mi primera kedada Femenina y me lo pasé muy muy bien!!!
nen@s revisad el correo, tema ropa, asuntos a confirmar, abrazo.
Gracias.
Agora a traballar duro para facer unha II Kdd femenina Oea para marzo e xuntar a todo este grupo tan majo de novo, e a todas as que se animen a vir.
Publicar un comentario