lunes, 24 de octubre de 2011

ONS - TAMBRE

Perfil etapa Ons - Tambre
Hola muy buenas a tod@s. Como vai eso? Nós por aquí andamos, volvendo a escribir sobre unha nova ruta. Este domingo tocoulle o turno á zona de Ons e as ribeiras do Tambre  bordeando toda a presa de Barrié de la maza. 

Na praza das Tetas xuntámonos sobre 11 bikers dispostos a pedalear uns cantos km. Arrancamos dirección Rañalonga, encabezados por Sherpa Pato coñecendo Brión polo interior, polos seus arrabaldes jeje. Arriba en Rañalonga o seguinte punto de parada era Ons. A chuvia xa fixera acto de presencia e personalmente qué gusto ver por fin chuvia e camiños embarrados....Os camiños para chegar ata Ons eran rápido e xa dou pe a que o noso rodador Pato fixera das súas, seguido de preto polos cadetes...Unha vez en Ons tiramos cara o camiño que tantas ganas lle tiñamos...qué pasada. Entre carballos, estreito, e rápido. Juan á cabeza e o resto detras desfrutamos dun sendeiro que nos quitou a todos unha sonrisa de orella a orella....Xa na ponte de Ons comezaba a aventura. A intención era bordear a presa polos camiños que hai acondicionados e limpos e sempre intentando ir á dereita para non perder de vista a cola do embalse. É unha zona moi moi bonita, toda cerrada de vexetación, bo firme....e qué pasada ver o embalse tan baixo....nunca tan pouco auga levara eh...Ata se vían as construccións antigas das pesqueiras no fondo de todo...Según Sergio foran os castores jajaja. 

O camiño era un continuo sube e baixa pero era un pracer pedalear por ali...Ás veces chegábamos a algún punto onde había bastante indecisión pero para eso esta a hemeroteca de Sherpa Pato que rápidamente nos decía o camiño a coller. De vez en cando non se lle facía caso....(o gps fállalle a veces jejeje) e como nos equivocáramos xa tíñamos que escoitar o run run de "xa volo decía eeeeuuu" jajaja. 

Pouco a pouco os km e a mañán iba pasando. Chegados a un punto cerca dunha aldea Andrés e Javi (cuñao de Panchito) decidiron arrancar e abandonar o grupo por motivos...nós continuábamos ca nosa intentona de chegar á presa do Tambre pero chegou un punto que a cousa se volveu moi dificil...Os camiños acabñabanse e non había forma de enlazar, ou polo menos nós non sabíamos, enton decidimos desviarnos cara a igrexa da Luaña e enganchar cuns camiños xa conocidos que nos levarían cara Vioxo e de volta á zona baixa de Urdilde. Aquí enganchamos partes moi chulas de sendeiros e decidimos baixar por onde van os cabalos hacia Boullón. Vaia camiños máis bonitos e cerrados e rápidos e técnicos...e.....BUFFF qué gozada hai que volver rápido. 

E nada finalmente mollados coma pitos xa pasamos de tapitas e de todo que o frío apretaba e tampouco era plan de enfermar digo eu....E nada....Unha boa mañán de mtb coma o de sempre. Ruta moi recomendable e  con tramos verdadeiramente bonitos. 

O próximo domingo iremos á marcha btt val da mahía de Ames. Seremos unha boa tropa de OEA´S polos montes de Ames. Alí nos veremos. Abraazooo a tod@s. 

Vistas da cola da presa do Tambre


"El éxito es hijo seguro de la perseverancia y firmeza en el trabajo"  |||  JoRy ||||  Saúdos

9 comentarios:

Kiko dijo...

cronica chula, ,alguns estivemos na pedestre de ames .o dia non acompañou moito pero sa se sabe ,somos OEAS .personalmente contento co mue tempo 33minutos 10 segundos ainda q o final hubo molladura .o dia non tuvo mal.posdata eu non bou a marcha ,pois vou a pedestre de santiago.saudos a tod@s

Isa dijo...

Jo, que ruta máis chula! Bordeando o meu territorio(como che volva a oir algo de arrabaldos, cobras, jeje..). Espero poder ir cando volvades e enseñovos algun camiño...

osesfolaarros dijo...

Claro que tiñas que vir Isa....jejej que xa nos abandonastes os domingos ou que? jeje

A verdade e que deixounos moi bo sabor de boca esa ruta. a todos.

Isa dijo...

Abandonarvos? Nin de coña!
Se souberas o mono que teño de bici...

Oscarito dijo...

moi bien, asi me gusta, rozando camiños. eu tou moi baixo como quedou reflejado no meu puesto na pedestre, e ahora parezco Robocop andando... jajajaj pero bueno, hay que darlle!

Este domingo estaremos moitos efectivos en Ames pasandoo ben, a ver se todo sale como é debido... un abrizo!

Anónimo dijo...

Moi boa mañan en bici ca mellor compañia! Coidadevos!! Salúdos!

Andrés dijo...

Pois a min esto da chuvia non me acaba de convencer... eu levo mellor o soliño e o calor, pero é o que toca para unha temporadiña (haberá que acostumbrarse). Polo resto unha ruta que esta quedando moi chula e con moito por descubrir aínda.
Vémonos domingo na ruta do val da mahia.
Saúdos oeas y demas chavalada!!!

osesfolaarros dijo...

Buenos días. Respecto á marcha deste domingo ata o de agora teño apuntados os seguintes OEA´S:

1-Panchito
2-Jory
3-Sergio
4-Carlos T.
5-Adrián
6-Andrés
7-Juán
8-José
9-Oscarito
10-Carlos D.
11-Dabiz
12-Xulio
13-Presidente
14-Necho
15-.....

Mañá vou facer o pago e inscribirvos asique a xente que falte e queira ir que me avise, imos ser unha boa tropa, lástima que non haxa prémio ó club mais numeroso jejeje

osesfolaarros dijo...

Buenos días. Respecto á marcha deste domingo ata o de agora teño apuntados os seguintes OEA´S:

1-Panchito
2-Jory
3-Sergio
4-Carlos T.
5-Adrián
6-Andrés
7-Juán
8-José
9-Oscarito
10-Carlos D.
11-Dabiz
12-Xulio
13-Presidente
14-Necho
15-Ángel
16-Ito
17-...