O calendario de eventos OEA comezaba para este ano 2012. O Criterium OEA xa estaba aquí para poñer a prueba os motores diesel e gasolina dos asistentes que como siempre tivo representación de Cabras (Anxo e Miguel), do Club Ciclista Padronés (Manuel Ces) e dos OEA´S como no. Acudimos en masa como debe ser, xunto con Susoisa, con Isa, o seu can....e incluso algún Ultreia apareceu por ali a botar un ollo jeje
A mañá era fresquiña pero nin de coña facía tanto frió como os días anteriores. 09:30 HORA ZULÚ e desayunando no N.Y. para o que iba ser unha mañá apretando o collón, cada un contra o que podía. Arrancamos dirección San Marcos polos camiños de sempre, uns en bicicleta e outros por problemas de logística, en furgoneta e coche.
Unha vez en camiño o ambiente era distendido e de bo rollo. Incluso foi un día de probas para o noso Presidente, que fixo un bo test da epic 29´´. A ver como queda a cousa, pero houbo feeling jejeje. Seguindo co quecemento, afrontamos a subida ó monte San Marcos. Uns seguían co ritmo pausado, para non gastar forzas e outros lanzáronse á aventura e a quentar as perniñas.
Unha vez que estábamos arriba todos e todas preparamos a lista de inscritos e demos un pequeno repaso ás instruccións do criteriu para que todo o mundo soubese o que había. Voltas á un circuito de 1,23 km, as dúas primeiras non eliminaban e as seguintes, o último que pasaba pola línea de meta quedaba eliminado. Simple.
Preparados para a saída cada un collía a roda do seu posible contrincante, a rodar e a facer km´s. Decir que o circuito estaba perfecto. A subida rodadora e con espacio suficiente para adiantar, e a baixada, despois de dúas ou tres pasadas xa estaba cun carreiriño feito que permitía baixar algo máis seguro en cada volta. A idea de sempre do criterium era o de facer algo diferente e que servira para probarnos entre nós, e que cada un se exprimise todo o que puidera, e dou fe que todos fixemos un gran esforzo. Os postos mais retrasados estiveron ocupados por José, o Presi por pinchazo, Manuel, Pekeno, Miguel.... e entre eles deron as voltas que puideron e quixeron.
Logo en postos intermedios e con piques mais que interesantes estaría o duelo Pato, Andrés.... jejejeje e o de Suso Beis (M-30) co noso novo portento de M-50 Juaán¡¡. Cómo me gustaría estar vendo volta tras volta a estos dous. Suso tirando case sempre e Juan un oso moi duro de roer coméndolle a moral pouco a pouco ajjaja. Decir que ó final o m30 puido co m50.
E nas posicións de cabeza viñeron os vikingos a asaltar o criterium. Como cabecilla da expedición Anxo, que xa sabemos todos o pouco que lle gusta esto de competir e vir jodernos podiums jajja, e por outro lado Ces, ese home largo coma un día sen pan que foi chamado polo manager das cabras para vir asaltar o barco OEA. Os rivales estaban claros, e sólo nos quedaba dar voltas e voltas intentando controlar movementos do contrario e aguantar. ó principio todo iba perfectamente e intentei marcar un ritmo semi alto de carreira para ir cómodo, ó cal se acomodaron perfectamente e ese ritmo mantivose varias voltas ata que a nova montura pilotada por min, comezaba a dar fallos na transmisión. Primeiro o desviador, que non subía a plato e logo na seguinte volta a cadena xa me saltaba para fora do plato pequeno o que me fixo parar para colocala ata en duas ocasións (ó acabar daríame conta que a biela dereita se me afloxara). Está claro que esto condicionoume na carreira moralmente e físicamente, pero para nada son excusas. Intentei manter un ritmo alto para que Anxo non se me achegara e para intentar volver a ver diante a Ces pero xa era imposible e non me quedaba outra que felicitar ó campeón do Criterium de este ano. E ainda que os vikingos conseguiron asaltar o barco pois como bos anfitrions démoslle unha boa papatoria para que polo menos non digan que somos mala xente. jejejje
Ó finalizar veu o bo, a comida que lle metemos alí arriba con empanadas, pizzas e a bebida que tan ben nos sentou a todos e todas. Aparte de poder confraternizar e botar unhas risas comentando as xogadas do día. Disfrutando das dúas rodas e de xente que goza co mesmo ca nós.
Pois o dito, gracias por asistir un ano mais ó criterium OEA que esperamos fora do voso agrado e invitarvos á 4ª edición.
CLASIFICACIÓNS¡¡
1º Manuel Ces (Padronés)
2º Jory (OEA)
3º Anxo (As Cabras)
4º Suso Beis (OEA)
5º Juan (OEA)
6º C. Taboada (OEA)
7º Carlos D. (OEA)
8º Ángel Porto (OEA)
9º Manuel Pato (OEA)
10º Andrés (OEA)
11º Panchito (OEA)
12º Miguel (As Cabras)
13º Necho (OEA)
14º Sergio (OEA)
15º Pekeno (OEA)
16º Adrián (OEA)
17º Manuel V. (OEA)
18º Presidente (OEA)
19º José (OEA)
"El éxito es hijo seguro de la perseverancia y firmeza en el trabajo" ||| JoRy |||| Saúdos