martes, 29 de mayo de 2012

ANTENAS PICARAÑA

Boas chavalada e corcería, como vai eso? Espero que ben. Eu aquí estou, dándolle á tecla cando podo para contarvos así por encima o que fixemos o domingo pasado, que por certo vaia día de chuvia...pfff. 

Pola mañán salimos do New York, uns cuantos: Joyero, Andrés, Necho, Adrián, un acompañante, Ito, Juan mais eu. Segundo o calendario tocaba ir á zona de Portomouro pero por consenso dixemos de ir ata as Antenas do Scala. Arrancamos e eu alí cheguei ca nova cámara de video que adquirín, a go pro. O día non era o mellor para probala peero.... ejjeje Antes de sair a familia Mosquera dounos a súa bendición para que todo nos fora ben ajjaja

Dirección Picaraña pola beira do río, pistas de bugallido, e ala chegamos. Nun punto xa escoitamos a Adrián surar en arameo...jejej o tiiiiipo xa pinchara. COMPRA TUBELESS HOMEEE¡¡¡ Bueno o dito, alí á chuvia paramos e arranxou o pinchazo. Seguimos e a idea era subir antenas da Picaraña e logo pasar para as antenas do Scala por Lampai. Así foi, subimos o primeiro pinchiño e xa os ánimos estaban algo de baixón debido sobre todo ó día e continuamos. Xa non coronamos e tiramos para o alto de Lampai. Alí tivemos un pequeno dilema de camiños, que si por este que xa o conocemos...este da dereita que xa nos leva directos....ó final collimos o que non conocíamos e alaa¡¡ bici ó lombo e a subir unha trialera de cantos rodados jaja. A espalda de Juan resentiuse neste punto ehhh xD

Xa cas forzas mermadas e unha vez no alto de Lampai unha mente privilegiada propuxo non ir as antenas pero facer a segunda parte da ruta dos do Monte Bravo ata as Galanas, e así foi. Bos camiños, zonas rápidas, algún que outro pique...jejejee chegamos ós pisos sen complicacións ainda que a zona da autopista.....xa non está tan limpa ehh.... A todo esto eu grabando coa cámara diferentes tramos pero púxena na cabeza e dios...xa me estaba cagando en todolos santos, que incomoda¡¡¡ 

Dende alí enganchamos camiño de Santiago de forma inversa para volver cara Osebe, e en Osebe collemos gaseoducto. Andrés aquí sufriu un pouco mais da conta...a rígida molalle pero non a sabe dominar nin levar ajajja e aparte o día anterior tivo certos compromisos que non veñen ó caso pero que mermaron a súa capacidade física. 

Xa para rematar fomos cara a gasolinera onde nos demos un baño todos e nos deixamos limpios como patenas, as bicis e nos jejej e con visita do noso presidente que estaba por alí de paso. Algúns foron para casa e joyero, Necho e eu fomos tomarlle as tapitas ó NY. Ali barullamos e colleunos un pouco o frío xunto con Pato, que chegou de paisano. 

E sen mais un día normalucho de BTT. Os videos por culpa da chuvia non se ven moito que digamos ajajjaja pero bueno calidade haina ehh, pronto lle sacaremos mais partidoo. Un abrazooo 

JORY

lunes, 21 de mayo de 2012

ONS- EMBALSE DO TAMBRE

Como sempre as nove e media xuntamonos un puñado de oeas (Sergio, Carlos T., Adrián, Angel, Carlos Paz, Panchito, Kiko, Andres) e unironse a nos Manolo Toimil e o  amigo dos juveniles (non me acordo do nome), e cando estabamos para marchar chegou Juan na furgona, esperamos que se prepara e arrancamos camiño do embalse do Tambre. Despois de 3 km, a altura de Castrigo empeza a larga lista de baixas do día, primeiro Sergio con problemas mecánicos e sen que nos deramos conta xa non estaba, pouco despois Carlos T. que lle perdeu aire o amortiguador e foi para casa a hinchalo. Fomos tirando cara brión e o pouco Adrián que debeu de ter remoredementos de conciencia  marchou para acompañar a Carlos, con el levouse o seu amigo...
Os que quedamos fomos tirando cara Ons pero esta vez subindo primeiro as Torres en sentido inverso da baixada da primeira marcha OEA, desde ali camiño de Rañalonga para logo facer as pistas rápidas que levan a  Ons. Aqui Kiko dounos o susto da xornada o meterse un osti...., deses que marcan epoca. Despois de perder o control da bici e ir pola cuneta un cacho sen  conseguir traer a bici a pista marcouse un recto que acabou saindo por encima da bici e quedando deitado no medio dunha silveira (pena de foto, jaaja) sacámolo de entre as silvas e despois dun lavado dos arañazos no pilón decide marchar para casa un pouco contusionado (nada de importancia) e con el Toimil para acompañalo.
A partir de aqui e xa solo 5 ciclistas facemos a ruta completa polo beira do  Tambre,  con cuidadiño (sobre todo Juan ainda dolorido do seu último contratempo)  pois non queriamos ter máis baixas no dia. Ainda houbo tempo para unha rotura de cadena de Panchito para rematar o día.
Desde aqui descenso pola baixada dos cabalos e parada obligada na de Pepe Rey, tapitas e canda un para a súa casa que facia moito frío.

un saudo

XC ARTEIXO


Bueno amigos, como sabedes o xoves Jory e eu fomos comepetir a Arteixo. A cousa empezou sobre a 1 do mediodía, vehiculo oficial OEA listo e arrancamos, eso si, botanto gasoil jaja
Bueno chegada a arteixo, subimos o monte e aparcamos.
Montamos as nosas monturas e alá imos botarlle un ollo o circuito. Primeira impresión, empezase nunha baixada bastante complicada e logo un repeitazo que non viña a nada e a seguir baixando. Logo desta baixada toda viña a subidiña, rotisima, chea de pedras grandisimas, para doble! Seguimos subindo ata unha subida algo mais rodadora e rápida que desencadenaba noutra baixada de lousas grandísimas cheas de  areilla que che poñia os pelos de punta. Logo desta baixada chegaba o fuerte un repeitazo duns 100 metros de morder manillar non, de morder o puente da horquilla, MIMA!!


Logo viña unha baixada mais rapida tipo llaneo e chegada a meta. Ainda non eran horas e quedaba moito, asique Jorge decideu deitarse un pouquiño na C15 que non lle chegou o sono da noite anterior jaja Pasado este tempo empezamos a quentar, as ansias por empezar xa se notaban... Preparados na liña de saída cando escoito dende adiante que me din “Taboada non caias!!!” jaja Vale consello escoitado e a concentrarse..
Piiiiiiiiiiiiiiiiiii sona o pitido e ala vamos! Merda non daba enganchado o pedal, pero cando enganchou veña a sprint! Chego a primeira baixada cos ultimos e cando empezamos a subir...Ostiá, estou 3º!! Pois nah, vamos a manternos aquí. Empezamos a subir o 1º a un ritmo alto, pero eu a roda do 2º que levaba un ritmo axeitado a min. Contra o final pasame un como unha bala, pero eu concentrado no de diante. Entramos na segunda baixada e logo no repeitazo grande... Eu pensando para min “ben ben seguimos a roda”. Acabamos o repeito e nese intre era o momento de deixalo alí, fagolle arrancada en llano con baixada despois, e empezo a separarme del, volvia a estar 3º. Pero cando me dispoño a coller unha das últimas curvas cara a meta sinto que o líquido do neumatico empeza a salir... Merda merda merda ahora nooon! Pero nada, desllantei e ensarillouseme todo na llanta... outra máis...

Chego a meta ca bici na man e gardoa na C15 e vou para o circuito animar a Jorge.
Poñome na primeira baixada, cando pasa a primeira vez ben, pero cando pasa a segunda... enganchoulle o acople nun pino e saleu lanzao por riba da bici, VAIA OSTIÓN! Pero Jory é Jory e levantouse como un fuego e veña outra vez. Decir que pese a que foi as ultimas voltas a nada do 3º non dou conseguido collelo pero nada, está fuerte e para a próxima papao!!
Bueno e así nos foi a nós en Arteixo !!
Abrazoo!

Carlos!

martes, 15 de mayo de 2012

SUBIDA CASTRO BARBUDO

        Pues muy buenas a todos, dentro del fin de semana de variada actividad del club, en el cual había varios eventos a los cuales queríamos acudir o por lo menos tener alguna representacion, nos repartimos como pudimos. Uno de ellos fue la subida CASTRO BARBUDO. Alli nos fuimos  el presi, andres,kiko,angel,pato,necho, ito ,pancho,carlos avogado, carlos duro... La verdad que era una marcha en la cual tenemos grandes amigos, llevamos años acudiendo y no podiamos faltar. El tiempo inmejorable. Alli nos presentamos, la salida era a las 4, pero al final 4.30 mas o menos. Nosotros nos trasladamos cada unos por nuestra cuenta, teníamos las novedades de la test bike 29 de giant, gentileza de Bicis roca, y el estreno de Pata con la nueva epic 29. Salida y como siempre para no defraudar, los OEAS al final , cerrando el pelotón. La ruta muy diferente a la de otros años, ¡ como nos engañaron!, con lo confiados que ibamos que iba a ser un paseo, pero no. Para nuestra sorpresa el barro y agua fueron elementos presentes durante toda la ruta. Joder con el barro, ni en los Peregrinos hubo tanto ni de lejos. Ruta bonita, suficientemente dura, con sus subidas, piedras,y cruce de rios incluido con muuucha agua. Ahí teníamos  al presi de fotógrafo, chequeando quien pasaba y quien no. El terreno fué genial para probar las 29 , de lo cual yo quede encantado de su forma de rodar  en barro y la forma de subir por las piedras, no se pato, pero creo que estaba encantado con el comportamiento. Después de unas grandes y empinadas bajadas tuvimos un avituallamiento y luego de descansar, sacar fotos y charlar un poco, nos encaminados por caminos similares, barro,ramas,piedras y rios al tramo libre. Salida parada y cada uno a su ritmo. La subida no estaba rota como otros años, estaba bien para poder andar y adelantar sin problemas. La subimos todos por supuesto. llegada, lavado de bicis,duchas y churrasco  final. Algunos quedaron hasta el final, otros teníamos algo de prisa . Destacar el buen ambiente que se respira en tarragoña, ya que tenemos muchos conocidos, como unica pega los apelotonamientos durante gran parte de la marcha que no te dejaba andar libremente, haciendo parar continuamente, un saludo a todos

TROFEO XC GONDOMAR

Outra fin de semana mais, e xa van unhas cuantas, os Esfola Arrós volven á competición. Esta vez tocaba Gondomar. Circuito moi bonito, técnico, revirado, con saída en costa arriba....Tiña todos os ingredientes necesarios para ser un circuito duro, moii duro. 

Arrancamos ca chaparrita OEA (c-15), Carlos T. mais eu, logo de meter todo o tinglado na furgalla. Carpa, neverita, mesa de playa....etc etc. Menudo lio dios. O camiño pola autopista como de costumbre, sen novidades. Unha vez chegamos ó circuito fomos para o padock, si si, tiñamos sitio reservado para aparcar e montar a nosa carpa. Moi ben este detalle. Quitamos de moqueta, rodillo, material auxiliar e ala, a comer¡¡ como reis ali. jejeje

Perfil de tres voltas ó circuito.

Chegaba o momento de ir a ver o circuito, e as pequenas modificacións que tiña. Decir que estaba moi currado, pero tiña cada costiña....que lle tiraba do peito, pffff. Logo da volta de recoñecemento, chegaba o momento de prepararse de verdade. Monto rodillo e a pedalear para non perder calor no corpo, ainda que con 25º de temperatura.... pouco se perdía. O dito, pasaron 15 minutos e para a parrilla de saída. Alí esperamos 5 minutos máis, que si, xa sei que son 5 minutos e non parece nada pero fanse interminables....O caso e que desta vez puxéronnos bastante adiante e mezclados cos elite e buenno solo polo feito de estar ali metidos xa tiñamos que salir a fuego jejejeje. Salimos e bien¡¡ parece que imos ben posicionados, Magallanes escapase, normal, Nando, sale xenial e colocase diante miña e de Lucho Carretero. Intentamos seguir con bo ritmo para que Nando non se escape pero pff como vai. Lucho ponse diante miña e tira por min un pouco pero chegamos a unha trialera bastante inclinada na que él iba algo pasado e tivo que frenar para non caer, eu que iba a roda, tamén frenei e mesalín algo da trazada, e entre que volvo a coller a bici, monto e tal....Lucho xa se me marchara....e ostias, xa non tiña quen tirara por min..... Desde ese momento a carreira a non foi o mesmo, intentaba ir fuerte pero non había maneira, as referencias non as tiña e aínda que parezca mentira é jodido....Debo de decir que as pernas non as tiña ó 100%, non as notaba soltas de todo, pero bueno. A partir de aquí intentar disfrutar dos saltos do circuito, das voltas, da xente....Moi chulo todo. 
A carreira rematou cun bo 4º posto, que penso que non e mal resultado, seguimos ahí arriba entre os catro primeiros, e penso que este ano en Categoría Senior hai moito nivel, mais que anos anteriores. 

Que decir de Carlos T., pois que en categoría Junior anda ahí ahí, collendolle o aquel. A saída moi ben polo que me dixo e iba cun bo grupo pero logo, indo detrás do 3º, este non sei que lle fixo nunha das baixadas que o pobre de Taboada para esquivalo bourou contra un eucalipto e magullou un hombro e unha rodilla, tendo que abandonar por moito dolor, unha pena xa que posiblemente trouxera un trofeillo para a vitrina peeeeeeeroooo. 


E nada, ó final quedamos a ver a emocionante carreira de relevos que estivo moi animada sobre todo ó final e logo de recoller o petate tiramos millas para a casa. 

lunes, 14 de mayo de 2012

I RUTA BTT CARAMIÑA

Bueno bueno bueno chavalada... Jorge Perez chegou primeiro na I RUTA BTT CARAMIÑA, que organizou con éxito o grupo de amigos PC BAIKERS DO VILAR. Pero antes, volvamos ás 6:30 que é cando me sona a min (Oscarito) o despertador o Domingo.

Ainda non son persona, son zombi. Desayuno sobras da cena de onte (ainda estaban quentes, esto de levantarse ás 6 os domingos que mal se leva...) e vou sin ganas para o chiringuito da bici. Merda. roda de adiante que non me sellou o pinchazo, e quedei con Jory ás 7:00... paso de poñerme ahora de mecánico, metolle a roda vella que total para o que vou a andar hoxe... (levei as duas por si las moscas) 6:55...7...7:10...7:15... JORY! -ehhhqueee?...(voz sobao)- acórdaste que quedaramos hai 15 min?-MERDA-. Cagando hostias pa miña casa e montamos o equipo todo. C15 engalanada para a ocasión como de costumbre.

Entre risas e historias do pasado poñéndonos ó dia imos comentando qué tal será a ruta, ten boa pinta, moita repechada, ti vente conmigo que eu vou ir amodo... etc etc. Ainda chegamos con tempo e todo. Aparcamos delao do pavillón e imos polos dorsales e esas cousas típicas. Xa desde aquí moi boa labor da organización. Preparamos as bicis con algo máis de frío do que prometían os partes. Así que imos quentar... (tomando un café, que non lle deixei traer o rodillo a jory... así hoxe quentamos á miña maneira!!!). Alí xa empezaron as risas!



Dirixímonos cara a saída. Sacamos fotillo.(jajajaja)Uns 200 a ollo. Eu pese a que salo de domingo en domingo quería facer a larga, xa que así boto o veneno da semana toda para fóra. Jory que quere ir diante pa evitar embotellamientos. Sabia elecciíon. Salida sin percances, bo ritmo diante, aos 5km xa me dou conta de que Jory e a sua rigida levan moito ritmo para min. Entre eso e que caín tontamente, deixo que se escape e manteño ritmo normal. A ruta señalada moi ben, perfecta, un traballo moi moi moi bo. Pero eu que son medio envenenado, encabezando un grupo perseguidor, saltome un cruce e facemos algúns KM's de máis jajajajaja. algún picouse conmigo, pero esto é unha marcha, e pasan estas cousas, tampouco debimos perder moito máis de 10 min coa cabeza de carreira.



E van caendo Km's... a primeira parte moi rodadora... e con algunha repeitada. Facía calor. Moito. O primeiro avituallamento venme como auga de maio. Vou falando con uns, con outros, pasando a algún que mediu mal os primeiros km's... Decir outra vez que o recorrido tiña de todo, algunha trialera guapa, subidas de platillo, llaneo, subida... un mix de todo. Ata que tras coller unha baixada de asfalto me meto inocentemente ó monte... (aquí iban 40km's e xa estabamos estiradísimos, polo que me decía a xente iba entre os 10 primeiros) e claro... REPEITADA. MIMADRIÑA. ainda hoxe me explico como carallo co calor que facía e os km's que iban, a algún non lle deu unha volta nesa subida... vaia km's!!!



Pero superado eso, chegábase o segundo avituallamento.Repoñemos forzas xa que quedaban sobre 15km para meta. A xente toda a marcha bourando que si o primeiro che leva non sei canto, que si van non sei cantos diante túa, etc etc. Igual un chisco máis de competitividad da que quixera para disfrutar ben a ruta, pero aquí cada un tomao como quere, podes ir a darlle lume porque é rodadora, ou podes disfrutar das vistas porque é preciosa. Eu neste último tramo optei por disfrutar, porque o vello da jadaña (calambres) amenazara con visitarme.


Nunca estivera por aquí, e deleiteime moitísimo coas vistas. Nos últimos Km's adiantanme 2 ou 3, e dinme que me acople, pero eu estaba alí para disfrutar e eso foi o que fixen. Chego a meta e xa vexo a jory con cara de... "quedei primeiro". Noraboa, o traballo ben feito ten os seus frutos. Admiro o que ta traballando este ano. E eu 11, contento porque para non coller moito a bici non me achiquei moito nesta esixente proba. Bo entreno. 

Duchita tranquila, damos un paseo e sentámonos a comer. Regalo unha camiseta conmemorativa. Alí tivemos compartindo impresións cos organizadores. Parece que a levaran organizando 10 anos. Moi ben! e chegou o momento! jory foi recoller o premio de primeiro clasificado! (sube fotos!!). A comida genial, nós os 2 papamos unha tortilla enteira jajaja.

O dia prestaba e fomos a tomar uns heladitos á zona do puerto de Camariñas, donde pudemos ver flora y fauna autóctona. despois arrancamos para a casa. Un dia que foi de menos a máis, organización 10, xente animando de 10, protección civil / locales / picoletos de 10, participantes de 10, e OEAS de 10. qué mais se pode pedir? que para o ano sexamos 10 oeas polo menos os que vaiamos alí. Un abrazo e vémonos nos montes!!!


-Oscarito!!

martes, 8 de mayo de 2012

PEDROSO



Bueno amigos, un domingo máis saímos os OEA. Uns en carretera direción paxareiras e Adrián, Sergio, Necho, Kiko, José (non o noso José jaja) e eu en montaña. Chegamos as tetas  as 9:30, estabamos todos dispostos a sair, pero a onde tocaba? Adrián atento o calendario xa contestou rápido e veloz “O Pedroso!” jaja. Pois bueno alá imos, empezamos a subir polo camiño de Santiago, e chegando a aldeanova por un llano sinto unha lata caer o chan, que pasou? Adrián que iba ca mochila nunha man e o movil noutra “Y pasó lo inevitable” jeje Seguimos andando ata que nun dos cruces de carretera Kiko, o noso sherpa o domingo, nos manda por un camiño paralelo... Seguimos a Kiko, ata aquí ben, ata que vemos unha costiña pequena na que xa empeza a haber queixas por parte de Necho e Adrián, os tipos solo querían baixar... E empezamos a subir a un ritmo decente, encontramos zonas de subida rotas, con moita lama pero moi divertidas, polo menos para o meu gusto.
Ata que chegamos a un cruce onde a dereita había unha subida das que tiran dos co***ns.. Sergio e  eu a favor de tirar por aí, José imparcial, e o resto a favor de ir polo llano, pero como un Necho tira máis que Sergio e eu tivemos que ir polo llano jaja
Seguimos andando ata que ZAS! Non hai saída, volta cara atrás... collemos outro camiño e saímos a unha carretera, cruzamola e metemonos por outro camiño onde ZAS outra vez! Sen saida jaja Demos volta e de súpeto non sabemos se foi un intento de coller unha cachopa como rotonda, baixar da bici gastando o mínimo de enerxía ou o que fose, pero Adrián volveu a meterse un ostión criminal (e con Sergio delado para escarallarse) jajajaja Despois deste pequeno percance seguimos por carretera..
Aquí tiben eu un problemilla con Kiko, ibamos subindo, non o vin e pegueille co eixe da roda na perna, bo é que non foi nada... O sair da carretera enlazamos co camiño polo que vimos do Mercuto cara o Pedroso, o que pasa por diante da casa do tolo este, non saes?
Chegamos o Pedroso, merendamos, pero sen subir arriba!! E para sorpresa, non baixamos polo descenso.. para eso levei a Mondraker... (estaba a Scott sen pastillas, pero haise que queixar igual jaja), según Kiko “Non oh, baixamos por este camiño que colles outro alá que das a non sei onde que enlazas co camiño de Santiago..” Xa nos ves a todos con cara de Papanamericanos, pero aceptamos, baixamos e vamos dar a carretera asfaltada que sube o pedroso, Kiko e os seus camiños.. Pois nada aí Adrián e eu xa nos ensañamos polo descenso e o resto pola pista rápida. O chegar abaixo, abandónanos Kiko que marcha para a casa. Seguimos o camiño ata Bertamiráns con 2 percances. Un foi unha muller con dous cans que a pouco máis van os cans o carallo (ou nós), e despois uns alemáns, os que Sergio iba tan concentrao baixando que lle meteu un codazo a Alemana e alí quedaron maldecindo a Sergio no seu idioma, se tendes dudas co Alemán preguntadelle a Necho que creo que ten  un FP de tradución pola maneira de traducir jajaja

E nada, chegamos a Bertamiráns , pasamos pola casa do Presi polos botellíns e pa´casiña.
A ver os carreteros se fan a crónica que a dos 101 me parece que.. jojo

Abrasooos!

Carlos! (o de 17 anos jaja)

miércoles, 2 de mayo de 2012

XC POIO E MARCHA BTT LOUSAME

Hola amigos e amigas dos OEA´S. Outra semana máis, outro fin de semana mais os compoñentes do club botámonos ó monte a dar pedales. Houbo dispersión de membros. Uns a Poio á carreira de Samieira puntuable para o Open galego de BTT, outros a Ponferrada ós 101 Peregrinos, e despois o domingo o resto á marcha btt de Lousame. Faremos un pequeno resumo da carreira de Poio e da marcha de Lousame.

XC POIO (28-4-12)

Sábado, 12 da mañán, equipo de competición OEA formado por Carlos T. e Jory preparado para arracar para Samieira, todo supervisada polo noso presidente, que nos axudou a ubicar a archiconocida CARPA OEA jeje co seu PHOTOCALL que papa solo. Listo todo o "merchandaising": carpa oea, photocall oea, cacharra oea, bandeira oea, toalla oea, imán oea, e furgalla oficial C-15 OEA. 

Arrancamos cedo, para comer ala, montar todo o tinglado, ver o recorrido e facer todo con calma. Unha vez que chegamos alá, había sitio dabondo e comezamos a desenvalar todo. Montamos carpa e photocall, a verda e que da outra imaxe ehh, quitamos o rodillo, moqueta oea jejejje e ala, ahora a comer, detalle, mesita de playa, jajajja apuntado para a próxima, e bridas, e cuchillo. 

Logo de comer decir que o tempo se nos botou un pouco encima...pero bueno, solventamos dito inconveniente de maneira eficaz cun bo quecemento, xa en rodillo. A comida xa baixara bastante ben e o corpo tiña ganas de tralla. O circuito de Samieira?, qué decir. É moi técnico e roto, subida larga e ancha de coller ritmo duro e logo a baixada con moita pedra, algunha suelta demais. 

Tocaba o turno de ir para a parrila de saída e prepararse para dar un total de 5 voltas a un esixente circuito de 6 km. Taboada 4 voltas en categoría Junior, xa vos contará a súa experiencia nun comentario. O dito, saída conxunta de élite e senior, e claro coma foguetes para arriba. Decir que non me gusta nada esta saída conxunta, saímos detrás de todo e pasanme cousas como o que me pasou, que iba detrás de uns e soltaron unha pedra que con tan mala suerte doume no canto do freno de disco e abreumo un pouco e dobloumo, o que fixo que fora rozando toda a carreira, ainda que eu pensei que era un radio que me rompera... Pois eso, saída a fuego e como siempre eu que intento ir cara adiante, pero as saídas tan rápidas non son o meu e comeza a pasarme a xente. Quedo rezagado nas primeiras voltas ó 6º lugar. Sufríin bastante para intentar aguantar o ritmo dos da cabeza nas subidas. Viñeron as baixadas e ala imos, coma tolos. A primeira volta xa tiven un percance con Ruben (Verín) que querendo apartar botoume un pouco da trazada e fun contra un eucalipto, pero puiden seguir case sen problemas. 

Logo nas seguintes voltas comecei a sentirme algo millor pero o ritmo diante era bastante fuerte, sobre todo nas subidas, ese ritmo fuerte subindo a min mátame, pero bueno intentaba aguantar e costa abaixo a dalo todo, literalmente, e claro pasa o que pasa, que no mismo punto que na anterior volta, e adiantando de novo a Ruben (Verín) salinme un pouco da trazada e do rápido que iba non puiden rectificar, resultado, caída wapa despois de petar contra unha cachopa....Ver video....


Tan pronto caín púxenme en pie e para diante outra vez, pero bueno xa non foi o mesmo, a rabia de caer puido conmigo e o dolor na perna e brazo esquerdo tamén. O resto da carreira foi intentar manter diferencias coa xente que me perseguía e asegurar o podium que me costou sudor e sangue. A última volta xa foi tamén bastante de manter e non caer e seguir o consello de Fátima, que me berrou por caer e se volvía a caer.....jejejjeje. Por eso que lle fixen caso. 

Pola miña parte decir que o podium e a carreira foi moi bonita, ainda que moi moi dura, polo menos para mín. De sensacións iba ben pero de pernas...non tan ben e as caídas deixáronme tocado física e moralmente... Por eso que este 3º posto me sabe moi ben. 

Carlos T. por fin remata unha carreira de XC, e personalmente sei o importante que é. Darlle ánimos para que siga aprendendo a correr, non solo e dar pedal, hai que ter moita cabeza e conocer e controlar moitas variables como recorrido, adversarios, bicicleta.... Fixo 6º e acabou moi contento, que é o que interesa. 


Darlle as gracias a Manuel, Patricia e fillos por vir a vernos e animarnos, sodes un apoio moi bo, e sempre da gusto escoitar ánimos dende a barrera... 



III MARCHA BTT LOUSAME (29-4-12) 


 
Logo da xornada de competición, tocaba vuelta a la calma e que mellor forma que facendo unha marcha de 40 km, con 1300 m de desnivel e un recorrido acojonante. 

Quedamos ás 08:15 para arracar, xa que era ahí ó lado. A todo esto, na furgalla de Panchito que VAI A DIOS¡¡¡

Asistentes: Necho, Sergio. Panchito, Carlos T., Adrián A., Manuel V e Jory. E Taboada´s father como asistencia jejejje


Recollida de dorsales como mandan los cánones e arrancamos. Como non podía ser de outra maneira e ven sendo un clásico, os OEA´S de últimos. Saída sen complicacións polo circuito de BMEQUIS que a mais de un xa se lle atragantou jajajajjajja. Polo resto sen complicacións e sen problemas, salvo algún atasco ó principio da ruta. Tramos moi chulos, recorrido traballado, marcado, ben sinalizado e os OEA´S que comezan a coller ritmos diferentes. Ata o primeiro avituallamiento non houbo moitos problemas salvo unha señal que estaba un pouco alta demais para a vista e nos colamos moitos en dirección contraria, menos mal que demos a volta e sen problemas. Logo da primeira parada con naranxas, chiculate, e demás bebidas, continuamos algo mais xuntos hacia o alto do primeiro monte onde estarían as subidas mais duras da ruta, con pendientes de ata un 22% que realmente se facían moi duras, pero ca fortaleza mental e física de un OEA, subiuse sen mais. Unha vez no alto e logo de meterlle ó corpo unha proba de todo o surtido de chocolatinas, cañas, futa, zumos etc que había por alí continuamos. 

Panchito en pleno vuelo
Segundo a organización dende este punto xa "ERA TODO PARA ABAIXO, SEN DAR PEDAL 16 KM" malditos ca...., jajjajajja habia bastante baixada e moi chulas por certo pero tamén subidas pestosas que se fixeron mais que amarradas a medida que o día se puxo gris e caeu unha granizada potente potente. O barro apareceu e claro....a chavalada non está preparada para conducir en barro. Resultado: Adrián A. ó suelo e o compañeiro Carlos T. idem, os dous por problemas de presións en neumáticos dianteiros jejeje


                                                                                                   

Jory no tramo espectáculo ca doble....
Todos os que fomos quedamos moi contentos co recorrido, e que chovera e granizara e estivera o terreno algo mais húmedo e resbaladizo non fixo máis que darlle un toque épico á ruta que xa de por si lle chegou en dureza.

A todos nos chegou ó peito, pero quedamos contentos co trato recibido.

Ó rematar a ruta, como siempre, lavado de bikes onde se quedaron bastante cortos co tema das mangueiras, recollida de material co tempo xa moi pestoso, ducha (auga fría jejeje), e intentar arrepañar algo dos pinchos que houbera xa que pouco vimos. Menos mal que había pan e ensaladilla por alí. e algún que outro helado. 

Xa para rematar había un sorteo e alí estábamos os OEA´S comentando a xogada entre todos cando de repente , e xa no último regalo a sortear, vemos que sale o dorsal 186, e quen era???? JORGE PÉREZ FERNÁNDEZ¡¡¡ jajajja Tocoume o regalo estrella de unha fin de semana para catro persoas nunha casa de turismo rural juju. Eu flipando alá fun co meu heladito darlle a man ó Excmo Sr. Alcalde de Lousame que me entregou o detalle. Logo de comentarios jocosos ó respecto, arrancamos para Bertamiráns ca idea de parar a tomarlle unha e o destino foi a nosa taberna, o NY, donde nos enchemos a tapitas e algun que outro a outra cousa jejejeje. Moi bo día señores¡¡¡ A próxima está á volta da esquina. 


E bueno esto foi todo esta fin de semana, valeu a pena. Por Ponferrada, sei que todo foi moi  moi ben, rematando todolos OEA´S asistentes e incluso Dabiz fixo podium na categoría de Duathlón¡¡¡, cun fantástico 1º posto ;) Pronto crónica.




Un abrazo a tod@s. 
Jory

P.D: comented