lunes, 21 de mayo de 2012

XC ARTEIXO


Bueno amigos, como sabedes o xoves Jory e eu fomos comepetir a Arteixo. A cousa empezou sobre a 1 do mediodía, vehiculo oficial OEA listo e arrancamos, eso si, botanto gasoil jaja
Bueno chegada a arteixo, subimos o monte e aparcamos.
Montamos as nosas monturas e alá imos botarlle un ollo o circuito. Primeira impresión, empezase nunha baixada bastante complicada e logo un repeitazo que non viña a nada e a seguir baixando. Logo desta baixada toda viña a subidiña, rotisima, chea de pedras grandisimas, para doble! Seguimos subindo ata unha subida algo mais rodadora e rápida que desencadenaba noutra baixada de lousas grandísimas cheas de  areilla que che poñia os pelos de punta. Logo desta baixada chegaba o fuerte un repeitazo duns 100 metros de morder manillar non, de morder o puente da horquilla, MIMA!!


Logo viña unha baixada mais rapida tipo llaneo e chegada a meta. Ainda non eran horas e quedaba moito, asique Jorge decideu deitarse un pouquiño na C15 que non lle chegou o sono da noite anterior jaja Pasado este tempo empezamos a quentar, as ansias por empezar xa se notaban... Preparados na liña de saída cando escoito dende adiante que me din “Taboada non caias!!!” jaja Vale consello escoitado e a concentrarse..
Piiiiiiiiiiiiiiiiiii sona o pitido e ala vamos! Merda non daba enganchado o pedal, pero cando enganchou veña a sprint! Chego a primeira baixada cos ultimos e cando empezamos a subir...Ostiá, estou 3º!! Pois nah, vamos a manternos aquí. Empezamos a subir o 1º a un ritmo alto, pero eu a roda do 2º que levaba un ritmo axeitado a min. Contra o final pasame un como unha bala, pero eu concentrado no de diante. Entramos na segunda baixada e logo no repeitazo grande... Eu pensando para min “ben ben seguimos a roda”. Acabamos o repeito e nese intre era o momento de deixalo alí, fagolle arrancada en llano con baixada despois, e empezo a separarme del, volvia a estar 3º. Pero cando me dispoño a coller unha das últimas curvas cara a meta sinto que o líquido do neumatico empeza a salir... Merda merda merda ahora nooon! Pero nada, desllantei e ensarillouseme todo na llanta... outra máis...

Chego a meta ca bici na man e gardoa na C15 e vou para o circuito animar a Jorge.
Poñome na primeira baixada, cando pasa a primeira vez ben, pero cando pasa a segunda... enganchoulle o acople nun pino e saleu lanzao por riba da bici, VAIA OSTIÓN! Pero Jory é Jory e levantouse como un fuego e veña outra vez. Decir que pese a que foi as ultimas voltas a nada do 3º non dou conseguido collelo pero nada, está fuerte e para a próxima papao!!
Bueno e así nos foi a nós en Arteixo !!
Abrazoo!

Carlos!

1 comentario:

osesfolaarros dijo...

Boa crónica juvenil. Decir que para min este circuito foi unha merda. por sitios molaba pero por outros....pfff non lle din collido o xeito, de todas formas, gran día de btt con caída incluida da que ainda me estou recuperando ;)

Ahora a polas transgalaicas que xa están ahi. Abrazoooo

FDO: Jory