martes, 31 de julio de 2012

XC Sanxenxo

As 2:45 chego o Monte do Con, Sanxenxo (de onde saleu a Transgalaica), porque supostamente as 3 abrian as inscricións. Asique saco bici preparoa e dispoñome a dar unha volta o circuito... "Non creo que teña moita pendiente" pensei... que iluso son jaja o circuito empezaba llaneando, ata chegar a unha baixada de terra solta e moooita curva (como todalas baixadas) salimos desa baixada e collemos baixada-llaneo por pista ancha e de pronto empeza a picar algo para arriba, aquí empezaria a primeira subida, que non tiña moitas dificultades. Despois desa subida empezas a baixar de novo por outro camiño estreito de terra solta e con moitas curvas de dios.
O pasar un regato despois desta baixada empeza o tema.. as subidas empezan a picar para arriba ata o punto de chegar a unha parede con terra solta... intento subila e RAS patiname a roda pois nad empuxo 10 metros da biici e veña que queda circuito por ver, decir que o circuito tiña 7,4 km, que non é pouco..
Seguimos subindo ben, subida "normal" e volvemos a baixar por unha baixada igual que as anteriores. Salo a un camiño ancho e volvemos o mismo, subir cara arriba, cruzo carretera e a 50 metros outra parede con terra solta, ainda que esta era algo mais dura tiña mellor tración e polo tanto puiden subila. Seguimos andando, llaneando neste caso, e volve a picar un pouco cara arriba pero pronto amaina a cousa e ven unha baixada bastante rapida na que sales á carretera e chegas a meta.
Pois logo de dar a volta o circuito fun inscribirme e descansar que xa solo faltaba unha horiña..
Enchemos bidón, collemos vitaminas, limpamos gafas e poñemos guantes e GO!! Salimos a fuego como de costumbre, pero eu non me quento que o circuito é largo. Vanse collendo distancias, e situamonos. Voulle pasando a alguns Elite e Seniors rezagaos, e vanme pasando alguns dos Master-30, que como andan esos homes!! Por sorte terminei a carreira, xa eran horas !! jaja e en 3º lugar!! e moi contento cruzo a meta.
Decir que chegei e parecia un moro do polvillo jaja



E aqui chegamos a entrega de trofeos, porque tamen se acababa o Open Galego. En primeiro lugar, noraboa a Jory porque quedou 2º no Open!!!
Eu fun quedei 3º nesta proba e 5º no Open, que xa é bastante bo posto para o que fixen.. jaja
Un abrazo chavalada!

PD: A ver se se anima algén mais para o ano a competir que é unha experiencia boa ;)

lunes, 23 de julio de 2012

XII Triatlón cidade de Pontevedra.







PUM! pistoletazo de saída! como a vos, así me colleu a salida do tri de Pontevedra deste pasado Sábado. 14:50, sol de justicia, neopreno que me fai derretirme nos momentos previos á natación. Pero nun abrir e pechar de ollos, xa estábamos os valientes dirección á primeira boia. 

Máis que nadar, como sempre, a hostia limpia. Esta vez a premisa era clara: forzar e sair bastante adiante. Nos primeiros metros un rapaciño dos que nadan a dios, dame un codazo e quítame as gafas. Vai ser interesante. Rezágome un pouco e quedo en terra de nadie. Vamos! apreto e consigo chegar detrás do primeiro grupo, de 13º según os tempos.

Transición. Corro como un pato. Chego a bike e inicio rutina. Había decidido facer como en Poio e correr os 10 metros de transición coas zapas postas en vez de montalas a lo "pro". Error! había que correr máis de 100metros porque nos fixeron dar a volta toda por fora. Ala van as calas Keo po carallo e con elas uns valiosos segundos. Non me desespero porque sei que ahora empezaría o bo.

Pasanme dous na transición. Vou de 15. Apreto en bici e vou pasando xente. Rodei en solitario en todos e cada un dos 10km mentras adianto oponenetes ata que cheguo á cabeza. Diviso ó trio que comanda e son 3 chavales a relevos. Non é a miña guerra si quero correr medianamente decente asi que os últimos metros afloxo. Vou 4º.

2ª transición. Baixada da bici a lo pro pero cas botas. Casi me escarallo ó pisar un paso de cebra. Ánimos de los presentes. Tanto ánimo que cometo a típica e xa comun globerada en min: pásome o meu box! "merda oscar" penso. Pero non é o momento de mariconadas, volta atrás. Adiántame un.

Deixo a bike. transición boa e salgo a correr os 2500 metros. O circuito era mitad picar para arriba, e mitad para abaixo. Non se cumplira o primeiro km pasame un tipo todo follao. As pernas non queren ir. Morro coa sede. dou pasitos en vez de zancadas.

Miro para atrás e véñenme unha jauría de xente. Merda outra vez. Puta transición. E ademáis que eu nunca suelo correr... joder que mal pinta esto. Pero non lle iba regalar nada a ninguén. Apreto, recupero o ritmo. Automotívome e xa estamos no giro intermedio. Dios que solazo ás 3 e media da tarde... Gestiono a distancia co grupo perseguidor. Ánimos da xente. Apreto. Máis ánimos. Entrada triunfal.

Tardei algúns momentos en que me empezara a traballar a cabeza. Sentome e descanso. ó final 6º da xeral e 2º da miña categoría (absoluta masculina). Espero con Popi, colega co que vin desde Santiago. El entra máis muerto e pola metade, de 30 creo. Debutaba e non o fixo nada mal. Ánimos das amigas Lucía e Sandra que me animaron durante todo o percorrido. Gracias.

Pasamos de lado dunha carpa de masaxes... e decimos "Porqué no?" e fixéronnos así por que si un masaje completo a 4 manos de todo o corpo durante media hora. qué mais se pode pedir? Bueno, as cervezas que lle metimos pola zona vella de Pontevedra e o paseito tampouco tiveron precio! Sábado redondo!

Conclusión: esto dos tri mola. ir a tope todo o tempo... en 3 deportes distintos... mola. A satisfacción de rematalo non ten precio!! E os ánimos da xente o ser proba clasificatoria para o camp. español e correr a misma proba que os grandes como os que van ós xogos de London, Saleta, etc. non ten prezo.

PD: ó dia seguinte papamos 115km en carretera cos OEAS. No momento parecíame unha boa idea o do masaje. Pero cagueime en todo pa dar acabado a ruta en carretera... suputamadre!

Un abrazo OEAS! Oscurito!

lunes, 16 de julio de 2012

II Triatlón Concello de Poio.

Pois alá fomos este pasado domingo Sergio mais eu (Oscurito) a Poio a estrenarnos nos "tri" este ano. Sergio fixera un hai anos e eu o de montaña de Esteiro o ano pasado. A experiencia na disciplina non ía ser o noso forte...

Quedamos ás 8 da mañan, e montamos todo no Sergi-Mobil. Comprobamos que estivese todo non fora ser e arrancamos para alá sin saber dónde era o sitio pero con tempo. Fomos de risas e intercambiando historias. Resulta que Sergio non nadaba desde había 5 anos, pero conserva as táboas de cando competía. Eu de nadar nadei de carallo este ano, pero tampouco se iba notar moito. O noso forte era a bici.

Metémoslle solo 1 redbull marca-blanca no coche, que creo que foi insuficiente (mínimo dous sempre). Localizamos fácil o sitio e aparcamos cerca. Recollemos o material e engalanamos as bikes. Un diaza perfecto ainda que a auga estaba a 18º.


Colocamos todo nos boxes e moitas dudas. "Xa nos imos vendo" enfúndome o neopreno patrocinado por Dabiz, e sergi que vai a pelo. Moi macho él. Xa estamos na salida preparados. Nervios. Son 300 metros pero vai haber hostias por un tubo.

Poñome detrás de sergio non vaia ser que na salida me caia enriva. Marea baixa e toca tirarse de cacholas. PUM! pistoletazo. unha maraña de 100 e pico tipos braceando para todos os laos. Aquí serviume mais o entreno de gym que de natación. Sergi na primeira boya encabeza a natación. Eu sobrevivindo na zona media. De volta había que escalar un muro de mejillóns. Moi enxebre o tema si señor. Eu salgo de 40 da auga e Sergi no grupo de cabeza. 

Transición de desastre. Hasta que parei non puiden desabrochar o neopreno. Non pasa nada, con calma e amodiño. Salida da bici costa arriba o cal dificultaba eso de deixar postas as zapas no pedales así que eu á antigua usanza. Xa estou na bici. Esto é o meu penso.

Así que eso fixen. Cabeza abaixo e a sufrir. Collo un bo grupo que iríamos dando relevos ata que os descolguei un pouco. eran duas voltas. Nunha parte do circuito vexo a Sergio co grupo de cabeza (uns rapaces que andaban a dios) tirando como un animal. Xa teño objetivo.



Ó final fixen o mellor tempo en bici do popular, con 35km/h de media. Estaba entre os 10 primeiros para salir a correr. Transición perfecta... (penso eu) O CASCO!!!! berrame a xente. Bueeeno carallo, salín a correr co casco, e non sabía se se podía ou non, así que retrocedo uns pasos e tíroo pa dentro do box. "Vaia puto globero" penso eu.

Diviso a Sergio sufrindo no repeito matador de 600m de carreira. Toca apretar o collón. Adíantoo e doulle ánimos. Pero correr non é o meu e sufrín moitísimo. Adiántame outro tipo e logro manter a posición.

Ó final entro 10º absoluto, 4º da categoría (Veterano) e Sergio 14º absoluto. Non está mal para ser o primeiro a verdad. Os OEAS voamos na bici e eso axudounos. Irónico canto menos e que entrene natación 2 días a semana e faga 40 puesto, corra un día a semana e faga 25º, e ande en bici cos oeas de domingo en domingo cada 15 días e faga 1º. Dá que pensar.

Á parte de estas cifras que solo sirven para cometir contra un mesmo, pasámolo moi de puta madre. Un ambientazo increíble, e vendo ós Pro como sufrían, esos si que andan! Unha mañan completita de todo, e coa xente animando en todo momento, é unha pasada. Ademáis parecíamos uns auténticos pros todos equipados.

A clasificación:


Como apunte final, decir que a xente flipou coas nosas bicis. Escoitamos unha conversación na que decían... "pero estas bicis? qué carallo son? specialized? no creo no?" - "que va, son s-works o no lo ves?" - "si, de carallo, s-works solo la mitad del cuadro para atrás, que el resto es de hierro". Ainda foron risas. Este sábado igual me animo a ir ó de Pontevedra, que xa lle estou collendo o gustillo a esto.

Un abrazo! Oscarito!!


miércoles, 11 de julio de 2012

Un domingo ca Grupeta


Bueno chavales, o domingo levantamonos a duras penas. Miramos pola ventana... uuuyyyy ta a cousa fea, e máis para ir en carretera! Pero nada, vistome salo da casa e veña, primeiras gotas, dou volta collo chuvasqueiro e para Berta!!
Chego o Budi e están Oscarito, Panchito, Pato, Pekeno, Andres, Juan, Abogado e Ito. Ahora chegan os problemas, que se imos para o Este, Noreste, China... Pois nada, o final tiramos cara Vilagarcía. Pasamos por Padrón a fuego. Seguimos por Pontecesures e Valga, onde empeza o primeiro repechillo, empezamos a subir e empeza a emoción tamén, xa hai fugas! Jaja Escapome do peloton cun ritmo normaliño.

O instante escoito unha bicicleta detras miro e vexo a Panchito Anda a Dios jaja viña a miña caza o tipo! E hai lle metin dous piñóns mais e nada xa deixei desfeito o tipo e levome o maillot de montaña! Jaja
reagrupamonos e seguimolo camiño cara Cuntis, nun continuo sube-baixa, onde se produce outra escapada de Andres, Pato e Juan pero pronto os neutralizamos.


Parada técnica para que algúns collan auga, outros fagan as súas necesidades (mexar) e Andrés avisando a Carlitos de que imos cara Vilagarcía. Seguímos cara Vilagarcía e xa empezan a falar sobre o repeitazo chamado O Pousadoiro, xa estaba eu acojonao do tremendo repeitazo.. empezamos a subir e a min xa me entra o nervio e veña de pe, poñome en cabeza e escoito enfilar a miña roda a todo cristo por atrás jaja Pero as miñas ansias por manter o maillot da montaña eran grandes, e a xente empezouse a quedar... chego o último repeito, miro para atrás, e vexo a oscarito ca súa SPD-OEA TEAM e coronamos os dous xuntos!

Volvemonos a reagrupar e chegamos a Vilagarcía onde nos encontramos a Carlitos ca family. Despois de charlar un pouco volvemos a carretera, ou mais ben a terracita jaja Paramos a tomarlle unha, neste caso a primeira jajaja E aquí nos deixou o Pekeno que tiña que ir pa casa, e alá marchou.

Volvemos a sair, ahora enserio, direción Catoira para ir para a casa, e veña a relevos tirando a fuego sen novidade ata padrón onde algúns empezan a decir que si había que ir por urdilde pa pegar unha boa volta, pero nada tocou ir pola picaraña e para chegar os 100 km baixar por Ortoño, e como non, habialle que tomar a última antes de chegar a Berta. E aquí acabou o día con 113 km para min e un bo dia de bici cos OEA.

Un saúdo chavalada!! 

**Taboada**

lunes, 2 de julio de 2012

FIN DE SEMANA OEA INTENSO

Hola chavalada¡¡¡

Qué¡, xa descansastes da crono, nocturna, partido de España....?? Vaia finde eh.... A verdade e que foi intenso intenso, e moi positivo. Vamos por partes xa que foron varias as citas dos OEA´S. 
  1. XC CASTRO BARBUDO (TARAGOÑA) Open Galego XC
  2. IV NOCTURNA OEA
  3. I CRONTRARRELOJ CASTROFEITO by Suso Beis.
XC CASTRO BARBUDO (TARAGOÑA) Open Galego XC

Pois a fin de semana comeza en terras do Barbanza, mais concretamente en Taragoña, mais concretamente no monte do Castro Barbudo. Era a primeira vez que se organizaba unha proba de rally neste circuito e quixeron facer un recorrido técnico técnico e..... conseguirono. Personalmente, algunhas das baixadas vinas demasiado perigosas, sobre todo a que baixaba dende o alto do monte unha vez que chegabas arriba de todo. Esas pedras con escalóns, esas baixadas sen apoyos, pffff. Pero bueno era o que había. A subida larga e tendida sen complicacións. 
Logo das voltas de recoñecemento, pasamos os momentos previos á competición. Bici ok, Taboada ok, eu ok, parrila das sardiñas e GOOOO¡¡ Vaia saída. a verdade e que sairon todos coma tiros e o meu non son as saídas tan fuertes....


As primeiras voltas foron algo complicadas debido á cantidade de xente que había polo trazado e que facían as voltas bastante pesadas. Pero pouco durou a festa xa que na segunda volta e nunha das zonas mais complicadas sufrín unha aparatosa caída ó bater coa rodilla esquerda contra unha pedra. Son desos golpes sen ferida pero que dan no oso e pfff alí quedei 5 minutos ou mais sen poder mover a perna. Gracias á xente que me axudou a moverme ;) En quente parecía que a dor pasara e volvín arrancar cunha rabia.....e case caio de novo. Por eso me dixen, calma, que hai que acaabar, as carreiras son moi longas..... O dito. Seguín correndo e co obxetivo de manter a 3ª posición que volvera a conseguir. Cada vez o circuito estaba algo mais traballado e xa se conocían mellor as baixadas pero ainda así.... 

Quero aproveitar dende aquí para mandarlle ánimos a Nando que nesta carreira sufriu unha caída moi moi aparatosa e tivo que ser trasladao ó hospital. Por suerte O CASCO fixo o seu traballo e agora esta na casa, eso sí, todo escarallao.... pero sen nada roto. USADE O CASCO SIEMPRE¡¡¡¡¡ 


Continuo, na última volta sentinme algo mais fuertes que nas anteriores e dixen, ala vou, a dalo todo, e con moita cabeza subin o ritmo nas subidas e controlei nas baixadas cando de supeto na ultima subida vexo ó que iba 2º clasificado, Borja de Castro Barbudo. A verdade e que se coñecía o circuito como a palma da súa man e vaia carreira que fixo, si señor¡¡¡ Noraboa. O dito, vino, e dixen a por él. Conseguin adiantalo e separarme de el o necesario para entrar na meta en 2ª posición e rematar enteiro de corpo e bike.


Por outra banda Carlos T desta vez non rompeu nada na bike BIEN¡¡¡¡ peroo as súas mans non aguantaron a presión e tivo que abandonar polo dolor que lle causou a opresión dos nervios da palma da man.... De todas formas, ánimo. Xa vos contará el que tal.

E como non darlle as gracias a SUSO BEIS por vir a vernos, sempre dá ánimos ver a xente do club animando...

 IV NOCTURNA OEA


Sábado 30 de Xuño, 21:30 horas, presumiase unha chegada por uns minutos tarde pola miña parte (Pekeno) xa concienciado do tipico vacile almendrao! sempre a esperar por ti ! Chego ao NY  e atopomo co Presi, a bici do presi e...Martín !!! Pensando que a xente non fora ben avisada revisamos mensaxería OEA e todo estaba ok, confirmado por Kiko que estaba a tomarlle unha coa familia e que non podía vir porque tiña que traballar ao dia seguinte. Chamada Jory para saber se viña e a Suso de que si queria que dera a volta que probablemente por falta de asistencia se cancelara a IV Nocturna OEA...ao final salimos o Presi, Jory, Oscarito (hai que mercarlle un reloxo), Suso Beis mais eu, Pekeno en direción ao monte OEA tamén coñecido como o Rubial ! A leria comentando os diferentes porque? da falta de asistencia, uns que si por pereza, outros que para descansar para a esixente crono do día seguinte....todo teorias. A todo esto, a rodilla de Jory era case tan grande como a súa cabeza...Imos pasar o detalle de que cazamos a varios OEAs de tapitas jajaja.

Encaramos a subir pola estrada ata Gundín onde chama Pato que seica nos colle no baixo do Rubial e que el sube directo ata Macedos. E así foi, empezamos a subir, a noite xa se botara enriba de nos e nesto a súa Presidencia pincha de diante (vaia asco de cubertas seica jejeje) e nesto, vemos unhas luce...moi raras nunha noite como aquela, Oscarito escondeuse detrás de Suso, pensando o peor, vemos aparecer eses cabalo de 29 que ten Pato !!!!. Subsanamos o problema do pinchazo e veña para arriba !!! O certo é que ese asfalto faise pestoso! Eu funme probando un pouco a ver como imos de forzas e se dou controlado a respiración. Pasado o peor e xa llaneando, escoito como se moven por detrás ! Non se sabe moi ben como, din que hai espíritos soltos que as noites de verán pasado o día de San Xoán, eses espítiros cébanse cos bos ciclistas coma min e claro...estes espíritos vagantes que son os cadáveres das 3 marchas OEA empuxáronme ao arró e arrastraronme a faciana polas pedras !!!! Esa é a versión oficial, aínda que a realidade foi que Pato e Suso viñan a por min, e por pintala mona Sprinto e miro para atrás a "ver" por onde veñen, e cando miro para diante...plas! ostiazo no arró (fixen honra ao nome co Club)! Levantome cagando leches, Suso así que alumea para min asustase...todo cortado por brazos, pernas e pola mira fermosa cara ! Unha lavada e como novo ! Risas dos presentes e para arriba a sacar as fotos oficiais !(Jory subeas). Todos a baixar polo monte, menos eu que por medo a matarme outra vez baixo polo asfalto. Deberono pasar moi ben porque cando baixaron, o Presi fai unha delicatesem de pasada polo exterior con cruzada incluída ! Baixada rápida polo asfalto ata o primeiro Bar aberto, onde eu me fun cambiar, unhas cocacolas e para a casiña, que hai que descansar que ao día seguinte tiñamos a I Crono Suso Beis, a cal vos relatará Oscarito !!!

Fdo. Pekeno


I CONTRARRELOJ CASTROFEITO

Bos medio-días a todos corzos! Recollo o testigo do meu compañeiro PekenoSaltón e vou intentar narrar a experiencia da 1ª Contrarreloj Castrofeito, que corría da man de Suso Beis.

Os invitados eran moitos, e fletamos diversas furgallas de autónomos para ir cara alá. Algún como Angel non se debía ver cheo que foi en bici ata alá pa ir quentando. Entre pitos e flautas, e aparcar e desmontar, e risas con uns risas con outros, vaisenos a cousa a casi as 11. O tempo era perfecto, nublado, así que a nadie lle iba a saltar o termostato polo clima.

Formamos pelotón do que falta Jory que por caer non estaba operativo, así que levou a furgalla de apoyo no que sería a volta de quecemento/recoñecemento do trazado argallado por Suso. Casi todos ibamos memorizando as pendientes, os cambios, o vento, etc. Eu disfrutei moito de rodar así casi 20 tipos con furgalla de apoyo detrás. Parecíamos un peloton UCI PRO-TOUR.

Un total de 18 km que ben se poden resumir en 4 sectores: o primeiro de llaneo picando para abaixo moi moi rápido, para coller un cruce que nos leva a unha zona de 2 repeitos de potencia cortos. A terceira parte ata chegar á subida un pouco rompepiernas e despois un colofón de 3km de subida tendida para acabar na rotonda.

Sin máis que comentar, porque cada un faríao ó seu ritmo dentro de estar mais ou menos entrenado. Eu non estaba moi entrenado a verdad, pero o trazado íbame moi ben a como son eu. O resto? mellor mirar os tempos:


Clasificación General: 1º M.Prado, 2º SusoBeis, 3º Oscarito,
Angel, J.Rouco, Mon, Sergio, Ito*, Panchito*, Pato, C.Taboada, Andrés, Carlitos*, Pekeno*, Carlos, M.Vilacoba, Su Presidencia.

Algunha que outra sorpresa tanto positiva como negativa que non vou entrar a valorar... jajaja eu vou falar por min e digo que me jode que se me escapara Suso por 14seg. Prado foi unha apisonadora sin rival, cun tempazo. Hai moita xente na zona media da táboa o cal indica que andamos todos moi parexos de nivel.

En Cat A Sub-35: Oscarito-Mon-Sergio
En Cat Máster: M.Prado-SusoBeis-Angel


E despois de intercambiar impresións, coller aire, e gardar as bicicletas... a encher o bandullo! Vaia picoteo que nos tiña reservado Suso, con boas vistas e un tempazo, así da gusto facer eventos!! Gracias ós de fóra por vir compartir a mañá, e gracias a SusoBeis por prepararnos algo tan tan chulo, que creo que que se vai convertir nunha fija no club.



Un saludo a todos e a darlle ó pedal!!! (Carballo se acerca...)

Oscarito! --