Bueno amigos, os OEA’s levan 4 anos tendo representación nas 12 horas de carballo. Cada ano imos a mellor (ou a peor, según se mire) e desplegamos máis infraestructura. Ó que íbamos: que o sábado ás 7:30 xa estaba a comitiva esfola preparada para partir, contando nas súas filas con 14 ilustres deportistas da redonda e 28 pernas que o ían dar todo.
Durante a semana fóronse elucubrando preguntas tales cómo: ¿Choverá moito o sábado?, ¿Cómo irán as novas 29 polo trazado?, ¿Revalidaremos alguén de nós o pódium de anos anteriores?, ¿Cómo será a nova montura de Pekeno-Saltón?, ¿haberá algún aplatanamiento como o ano pasado?... pronto o saberemos.
Duelo a cara de can |
Alá arribamos ás 8 e pouco da mañan coas furgallas como auténticos gitanos profesionales e entre todos montamos o noso particular despliegue ó carón do trazado. Éramos 250 corredores repartidos entre equipos de 1, 2, 3 e 4 miembros. Nós tíñamos varios equipos. O máis peleón (Jory-Oscarito-Angel-Taboada), o máis experimentado (Ito-Carlos-Andrés-Juan), o máis diesel (Manuel-Necho), o máis por libre (Suso-Pato) e o máis surrealista (Panchito-Pequeño).
Ás 10 da mañan, arranca a proba. Todos bastante ben colocados menos os almendraos de Juan e Cía, que saliron perdendo moito tempo, preludio dun viacrucis que se lles ía prolongar durante as restantes 11:55 horas.
Pasan as voltas, pasan as horas. Sabedores de que esto é unha carreira de fondo, tomámolo con calma. Descansar, falar cos veciños, animar ós que están correndo, armarlla ó speaker, beber bastante e botar risas. De momento en equipos de 4º imos en cabeza, con uns 5 mins de ventaxa.
Nunha das voltas chego pinchado pero en Cliclos Quientena rápido me subsanan o problema, así que nada do que preocuparse. Non así no caso de Carlitos, que estrenaría a 29 en competición de unha forma nada boa: rajou cubierta no punto máis afastado do trazado. Conclusión: 50 mins de volta, un hándicap demasiado pesado como para poder pensar en alcanzar pódium polo momento.
O circuito era rodador, pero alternando zonas técnicas con rápidas, e moi mallado, co cal se podía seguir a mesma trazada todas as voltas. O único e que ás veces atopábase algo de tráfico, e era unha faena tanto para os que íamos a muerte como para os que iban ó seu ritmo, pero contra eso non hai nada que facer. As voltas estaban entre 21-22 min.
A metade de carreira esta era a situación: Nós íbamos primeiros de equipos de 4 con 2 mins respecto do Trek Team. Os desafortunados iban perdidos na mitad baixa da taboa logo do pinchazo. Panchito fixo bo traballo tirando moitas voltas pola mañan. Manuel/Necho sin prisa pero sin pausa e Suso á sua bola, avituallándose como todo un pro.
Aproveitamos para comer entre volta e volta, a temperatura non era moi alta e por suerte non saltaba moito o termostato corporal. Gracias tamen ás chicas Susana e Patricia e compañía, que nos coidaron moi moi ben.
Chegou o relevo para Suso , chegou Pato, máis conocido como a gacela de brión. Pequeno tamén daba algún relevo xeitoso a Panchito. E Ito, que horas antes protagonizou a transición máis accidentada de todo o día (foi arrastro esfolando todo resto de vida humana), sería ahora o encargado de sufrir pinchazo durante a súa volta. Malas novas entón outra vez para o equipo “B” que estaba vislumbrando os puestos cabeceiros. Esto centra a atención competitiva no grupo formado por Jory-Oscarito-Tabo-Angel.
Seguindo os resultados en vivo da carreira, a falta de 5 horas para o final, o Trek Team íbanos a facer un marcaje moi duro. Nun par de relevos un pouco floxos do OEAs team cóllennos. Iban de volta rápida en volta rápida, pero nos non íbamos a vender tan fácilmente a nosa primeira plaza. Cada relevo era matador, unha agonía de 21 minutos que despois había que recuperar a duras penas. A media de 24km/h nun circuito con tanta zona lenta evidencia a exigencia á que fomos sometidos.
Como se pode ver nos tempos, íbamonos intercambiando o liderato da proba: 10 segundos eles, 20 nos, 15 eles… ata que chegamos aos relevos finales. Cada un sabía con quen lle tocaba bailar. Jory consigue chegar á transición en primeira posición, pero cando me cede o chip, no da quitado e parto con 15 seg de desventaxa co meu obxectivo. Este non iba ser o día que me rendira. Pese a que levábamos moitas voltas á roda un do outro, non flaqueábamos, e eu ata sabía donde o meu competidor iba mellor e peor, donde lle podía atacar e donde sabía que el me podía atacar. Así que a batalla era máis sicológica.
Apreto e colloo, intercambiamos relevos ata que chegando á meta lanzo ataque que permite arañar 10 segundiños nese relevo. Taboada tamén faría o propio, atacando ó final da sua volta e deixandolle a Jory a responsabilidad da última volta con luces (xa eran as 10). Como era de preveer, todo o tempo xuntos ata o último Km no que Jory, alentado polo resto de OEAs e xente presente no circuito, lanzaría un ataque mortal ante o que pouco puido facer o membro do Trek, alzándonos así coa victoria tras 33 sufridas voltas ó esixente trazado de Carballo.
Non deixa de ser irónico que despois de 43.200 segundos, todo se decidise por solo 3. Grandezas de este deporte, supoño.
De Jory non me impresionou “moito”, é un crack, todo sea dito. De min… bueno, xa sabedes que eu sempre ando por ahí sobrevivindo a todo tamén. Os que son para aplaudirlle e a Taboada, (tan novo e sin moita experiencia e xa sabendo competir a ese nivel de concentración, e de capacidad física) e a Angel (tantos anos e anos mallando nos pedales, e anda como un de 20, sin arrugarse e sin perder a roda de ninguén). Pensei que este equipo de chatarreros non iba ser capaz de ganarlle ó Trek-Team que nos doblegou o ano pasado pero os fichajes foron un gran acierto.
O resto tamén acabaron moi contentos e o que máis e o que menos disfrutou moito de exprimirse á sua maneira no circuito, pero non creo que ninguén fora coas pernas enteiras para casa. Ese é o espíritu OEA, dar o que cada un teña dentro. E o que teña pouco, pois disimular jejeje.
Recollemos, cenamos, intercambiamos opinións ó tempo que presenciamos a entrega de trofeos desde o noso puesto privilegiado. Subimos a polo noso recoñecemento e disfrutamos do momento. O equipo de Andrés e Cia fixeron o mismo, pero para subir a recoller un gel anti-rozaduras que lle tocou na entrega de premios… era o broche ó seu día cheo de aventuras.
Gracias á organización, gracias a Media Ducia, ó speaker, os participantes, a todos os nosos amigos do mtb e a todos os acompañantes que se deixaron ver por alí e que fixeron moito máis levadeira a proba deste ano. Día 10 para min e creo que para moitos.
Pero Os Esfolas somos especie en extinción e como era visto, parámoslle a tomar unha en Bembibre ca chavalada pa contar batallitas e comerlle a tapita… jejeje
Un abrazo a todos!! A seguir así que somos unha gran familia!
Enlace ó contavoltas (ahora a analizar telemetrías jeje): http://magmasports.es/fotos/1345926273_d7ll.pdf
Enlace á clasificación: http://magmasports.es/fotos/1345925880_I7Ca.pdf
Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2012/08/26/12-horas-btt-carballo-ganan-impulso/0003_201208C26C10992.htm
(Pronto fotos... de momento hai algunhas no FB dos OEAs)
Oscarito!!
17 comentarios:
GRANDE FREIRE GRANDE!!! Que ben redactas macho!
Lendo a crónica púxoseme a pel de galiña como se estibese vivindo o momento no que Jory lanzou o ataque!
Fooi un dia no que sufrimos moito de dios si, pero é o que ten a competición! Pero a vez que sufrido é divertido e emocionante!
Noraboa a todos polos postos, que mellores ou peores todos estivestes aí o pé do cañón!
E que decir de Jory, Freire e Ángel.. Pois qe son uns fenómenos! Aguantando 12 horas ca tensión de ter os rivais tan tan cerca ata o último sprint onde Jory rematou a cousa, pero todos tiñamos esa emoción e tensión no corpo. Para min, unha das finais mais emocionantes que vin, ainda que son xoven e poucas vin jajajaja
Un abrazo chavalada!!!!!
Gran cronica de oscar, como siempre. Dia expectacular el sabado, para recordar,casi todo el equipo, pena los que no vinieron, se nos escapo el premio al club mas numeroso, seguro que por poco, pero bueno. En cuanto a la competicion, expectacular todos, pero esta claro que el equipo de este año jory,oscar,angel y taboada lo bordaron, con final de infarto digno de las mejores carreras, menuda emocion teniamos todos, joder, pena que pasara tan rapido el momento. Parecia que ibamos todos en la bike con jory en esa salida de curva, todos expectantes,... impresionante . los cuatro muy bien, aguantando la presion, pero destacar a Angel que siendo mucho mas veterano que los otros 3 , aguanto la presion todo el dia. La verdad que el circuito a parte de poder ir fuerte, tenia su parte de tecnica que no todos prodiamos hacerlo asi de bien, por muy bien fisicamente que estuvieramos. El ambiente en el equipo en global fue estupendo, en general. Comida y bebida no falto y menudo despliegue mejorando lo del año anterior. A seguir así, que con esta gente joven y los valores que estan adquiriendo tenemos OEAS para rato.( el equipo B, hicimos lo que pudimos, pena de suerte. Otra vez sera)
Prefecta crónica que resume o acontecido o sábado en Carballo. Noraboa a todos e sobre todo os vencedores que deron unha lección do que é esforzarse por conseguir un triunfo dun equipo. Cada pedalada durante as 12 horas contou para poder conseguir unha victoria final tan axustada. Demostramos que non fai falla ter un gran equipo de estrelas para ganar senon constancia, traballo para o equipo.Grandes OEAS.
Felicidades chavales, en especial a oscarillo pola sua cronica(a miña noraboa),fixestes unha boa carreira e un gran esforzo por parte de todos vos. Os meus parabens a todos.
Felicidades
"Cuando el esfuerzo es útil siempre vale la pena"
Penso que xa facía falta un día destos para a familia OEA. Non fomos todos os que somos pero si a gran maioría, e que gran ambiente. Non faltou de nada. Vaia cara lles quedou os da organización cando chegamos cas furgonas ó estilo caravana da PANORAMA. jajajja Chiringuito con duas carpas, nevera que daba a vida, conexión a internet en directo para analizar ós nosos rivales, comida para un regimiento, visitas de familiares con galletitas, pastelitos, etc mmmmmmmm que rico
Como OEA´S que somos démolo todo, cada un no seu equipo e co seu compañeiro. NECHO/MANUEL o tema era acumular km´s e moi ben¡¡ PATO/SUSO BEIS o tema era currar un pola mañan e outro pola tarde. PANCHITO/PEKENO o tema era que pekeno fixera algunhas voltas e panchito non rebentara. ITO/ANDRÉS/CARLITOS/JUAN o tema era estar ahí arriba peroo....moita averia impediuno (ainda así acabarón en diploma olimpico jeje). OSCARITO/TABOADA/ANGEL/JORY o tema era facer podium e GANAMOS¡¡¡¡ que emocionante dios, hai que felicitar a cada un dos integrantes deste equipo que o demos todo todo e mais, e a última volta pfff eses ánimos na última curva deronme forzas para lanzar o ataque da miña vida....Implresionante chavales. SOMOS UNHA FAMILIA¡¡¡ e temos xente para que esto continue e continue. Esperando a próxima
FDO: JORY (un placer ser OEA)
Ola a todos, o proximo sabado 1/09/2012 e a 9ª marcha btt de Vimianzo. Me chamaron esta maña decindo que aun non estabamos inscritos na sua marcha e que lles gustaria contar coa participación do noso clube, porque nos querian facer unha homenaxe conmemorativa, polo que maña 28/09/2012 e o ultimo dia de inscrición, se algún esta interesaqdo en participar nesta marcha que se poña en contacto conmigo ou con Jory.
Saúdos
Peluco
INFO SOBRE VIMIANZO:
http://www.vimianzo.es/media/documentos/btt2012WEB.pdf
IREMOS:
1. ALFONSO
2.JORY
3. ...
Pois eu quedei hasta o carallo de andar na bicicleta, ( teno o cu rojo e pelao coma o dun mandril) asi que esta semana vouna dedicar a facer p----s, e a intentar matar unhas toupas que me estan escarallando o "xardin". Bueno, un pouco mais en serio, decir que me sinto orgulloso de formar parte dos OEAS, xa que a parte de cobrar moi ben, sodes todos moi agradables e pasamolo chupi...gracias, unha aperta. PD: A palabra e puzles, para os mal pensados
Gran día alá en Carballo ! O día acompañou aínda que as prometía negras. Circuíto que non me gustaba un carallo ó principio sacando esa baixada enlazada ! Pero o que máis molou era o ambiente que tiñamos todos, pasara quén pasara sempre se lle metía en gran berro de ánimo ! Dá gusto un día así coa familia OEA vivindo grandes momentos e moitas risas !!! Noraboa a todos, pero sobre todo a Panchito, xa que terme de compañeiro é un suplicio !!! Ah ! eu tamén vou a Vimianzo !
Abrazoo !!!
1.Alfonso
2.Jory
3.Pekeno
4...
Jory apuntame para Vimianzo.
por outra parte paseino de 10 en Carballo aunque por veces iva un pouco pasado de pulsacion , por lo tema de que no nos joderan os de treek, un abrazo familia OEA
Para Vimianzo:
1.- Jory
2.- Alfonso
3.- Pekeno
4.- Angel
5.- Taboada
6.-....
Para Vimianzo:
1.- Jory
2.- Alfonso
3.- Pekeno
4.- Angel
5.- Taboada
6.-....
noraboa amigos.
eu o final non puiden ir.
cando intentei apuntarme pa facer o que pudera en solitario resulta que xa tiñan todas as prazas cubertas.
cousas que pasan.
a seguir asi maquinas.
Moi boa crónica dun día inolvidable!!!
Ao final non poderei ir a Vimianzo... espero que o pasedes moi ben.
Un saúdo a todos e moita crema antirozaduras!!
felicidades chavales, muy buena por parte de todos, ya soy unos clasicos y siempre en la brecha, MUY GRANDES
Para Vimianzo:
1.- Jory
2.- Alfonso
3.- Pekeno
4.- Angel
5.- Taboada
6.- Panchito
7.- Juan
8.- Kiko
Estos están anotados. ABrazos a tod@s
FDO: Jory
Publicar un comentario