lunes, 20 de agosto de 2012

Triatlón Cidade de Ferrol

Buenor días chavalada! A ver se atendemos máis ó blog que ta abandonado perdido, moito debedes de tar adestrando... a ver si se nota o sábado!



Pois onte (Domingo) dous intrépidos OEA's (Sergi + Oscurito que escribe) xunto co peluquero máis coñecido do Pino, Cesar, fomos a Ferrol a competir un pouco neste triatlon.

Como non, na proba popular, en distancia mini-sprint porque nas outras non podemos (como me houbera gustado "competir" con JGNoya pero es lo que hai. Ás 7:45 veume buscar Sergi, e logo de preparar os bártulos poñemos rumbo cara Ferrol, non sen antes equivocarnos e parar nun mercadillo próximo porque Sergi "Ví una carpa azul y creí que era la mesa de inscripciones", pois non, era pa montar un puesto de bacalao.

Ó que ibamos, alí topamos con Cesar e aparcamos xuntos. Preparación de material (algo escasos de tempo). As dudas de neopreno si/no chegan ata o final. Rompenme tanto a cabeza que decido ir sin el. Hoxe ademáis decidín probar a deixar postas as botas nos pedales, pa facer as transicións like a pro. Dirixímonos para quentar á auga.

A verdade e que a mezcla de aceite/gasolina/auga de mar non era a ideal, pero mantíñase nunha boa temperatura. Alí estábamos, 107 valientes en fila mirando para a primera boya, e moitísimos máis espectadores animando. Arrancamos!

Houbo que correr 30 metros ata poder nadar, así que xa o fago mal e perdo moitos puestos, delao miña Sergi, e Cesar que decide tomalo con calma sale por atrás. Na primeira boya houbo de todo menos caricias. De ahí a segunda vou facendo máis eses ca unha miñoca borracha e perdo a estela de Sergi, que sale co grupo de cabeza. Eu na parte media sobrevivindo. Había que correr uns 400 metros ata a transición e salín medio aturdido.

Collo a bici e salto nela e engancho as botas como podo, pero gano bastante tempo. Ó contrario que Sergi, que saliu en dirección prohibida pola zona de transición e atropelou a todo canto neno atopou por diante jajajaja qué crack!. Bueno, xa tamos, outra vez toca remontar, penso. Así que velocidad de crucero e a mallar. na metade do circuito cruzome con Sergi que vai tirando do grupo de cabeza. Cawen! vai primeiro e eu aqui solo peleando contra o vento... pero rápido remonto postos ata alcanzar a dous tipos que van mallando moi ben e imos dando relevos. Fíxoseme corto pero remontei unhas 40 posicións, xa estaba casi diante de todo pero tocaba baixar da bike. De Sergi nin rastro ata a transición, que o vexo saír a correr. É o meu obxetivo.

Fago unha rapida transición e paso a un par de tipos correndo. Na segunda volta alcanzo a Sergio, que vai algo atascado, eu sentíame moi ben, a xente animaba e as sensacións eran boas. Ahora corríamos xuntos como os Bronwlee ata que consigo despegarme. Por momentos cruzámonos con Cesar que parecía levar un bo ritmo. Chego a meta 6 da general e 1º da categoría. Sergi 8 da general e Cesar 27, que para ser o seu primeiro tri non está nada mal.

O mellor foi vivir o ambiente que se mascaba alí, ó ir Noya sempre trae xente (como dirían os vellos) a verdade e que estas experiencias estanme gustando cada vez máis. Dentro de 2 semanas estaremos na distancia olímpica en Coruña, e a ver que pasa... será outro cantar.

PERO! Antes haberá que dalo todo nas 12 horas BTT de Carballo, prueba que se disputa este sábado e que iremos un bo feixe de OEAs! A seguir dándolle!

Oscarito! --

8 comentarios:

osesfolaarros dijo...

JAJAJJA puto sergi que sale en dirección contraria jajaja

Pouco a pouco parece que lle ides collendo o gustillo a esto do tri, a ver cando empezades a traer trofeillos que sempre dan imagen.

A ver que tal nos próximos¡¡ Nós tamen lle demos veneno por terras do Pino e vaia ruta pa petar¡¡ É ANDRES? jaja

FDO: Jory

PD: A crónica xa a prepara Carlos T.

osesfolaarros dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Carlos T dijo...

ainda me estou rindo co de sergio jajajajaja JUVENIL!!!!!!!!!!!!!! jajaja

Notase que estades en boa forma! Ahora a dalo todo en carballo chavales!!

suso beis dijo...

Noraboa a todos, os OEA'S top ten por suposto, pero en especial o meu peluquero e estilista personal, que tamen o fixo moi ben, a pesar de que a natacion non e o seu. Asi como Phelps e conocido por "el tiburon de baltimore", eu a este chamolle " o rodaballo da pontecarreira"...Eu vino entrenar varias veces na piscina, e vai tan sobrao que se para no medio do largo pa desempanar as jafas....un crack o tio!!!. Venga, unha aperta pa todos

Kiko dijo...

Noraboa os dos envidia
me dades

Oscarito dijo...

Ainda me estou escarallando do de "rodaballo da pontecarreira" jajajajaj xDDD

manuel dijo...

Sodes unhos Cracks,para a proximo vamos animar a ver se entrades en podio.Saudos

Vieites dijo...

Noraboa aos dous... a seguir así!!!