lunes, 22 de octubre de 2012

ANTENAS SCALA OEA

Xa sei que o frío ainda non chegou de verdade pero.....miiimahh que friaco nas mans e no corpo. Os pelos das pernas depilados andaban furando nas pernas que metía medo. 

Primeira saída oficial OEA da tempada 12-13 (calendario oficial en breves), e como sempre, a praza das Tetiñas de Bertamiráns (AMES) volverá ser o punto de encontro e saída das nosas rutas. xunto co NEW YORK, no que moi amablemente nos sirven os desayunos para coller forzas ;) 

O tema hoxe presentabase ben; sol, algo de frío, bastantes OEA´s ainda que tamén se quedaron bastantes, e boas sensacións. Algunhas novedades: por un lado as BH´s de Oscarito e Jory, que volveron a sair a escena, un novo colega, Jesús, que espero que repita saída (comenta no blog ;) a ver que tal che foi) e por suposto, os novos xoguetes de Andrés e de Oscarito, os marabillosos POLAR RC3 GPS que os tiveron entretenidos toda a mañán. primeiro a ver se collían señal, logo a ver cantas pulsacións tes ti, a min dime que aprete, a min dime que.... etc etc. 

O tema, alá arrancamos dirección a Picaraña sempre por corredoiras e intentando entrar en calor xa que apretaba (5ºC) pero pouco a pouco entrabamos en calor. O ambiente coma sempre prestábase para charlar   e ir comentando xogadas. Rápido enfilamos o recorrido novo do AVE e velocidade de cruceiro, cos primeiros pikes da mañán. Ata aquí tooodo moi trankilo pero claro, MR PATO (que xa ten a rodilla bastante mellor) empezou a tirar de mapas antigos e ala nos meteu por uns camiños. PROBLEMA, o AVE non aparecía nos seus mapas pero na realidade si jajaa, solución subir un terraplén caralludo e logo volver baixalo, ainda que aquí veu a nota anecdótica do día, o exame sorpresa jajaja que moooi poucos pasaron. O exame en si era baixar un terraplén sin problema ningún e bueno....menuda desfeita na clase, pouca xente o aprobou, incluso os mais cabecillas da clase, tipo Joyero, naaada. imos ter que facer mais probas senon...
Kiko coma sempre dou unha volta para ir por libre e berrando berrando atopámonos, nunca falla o grito Kikuno. acto seguido veu a primeira avería da mañán, rotura de cadena da miña BH que non aguantou a presión e menudo ostiazo ca rodilla contra a potencia, aínda me doe.... por suerte arreglamos rápido e tiramos pola beira do tren cara o scala. Unha vez alí Jesús, o novo acompañante, viuse un pouco acojonado, por todo o que lle dixemos pero bah, xa se sabe como son estas cousas, exageras un pouquiño sempre. jejeje A subida sen problemas, controlando zonas de traballo co polar, controlando a kiko, e pouco mais, o ritmo normaliño. Eu por atrás acompañando a Jesús que conseguiu subir todo e coronar como dios manda. Arriba como manda a tradición, foto de rigor, e acto seguido, para abaixo, que xa tiñamos que ir de volta para a casiña.

Como vedes saímos uns cuantos OEA´S disfrutar da mañan, andrés, Sergio, Oscarito, Angel, Jory, Suso Beis, Jesús, Carlos D., Kiko, Pato e o que quita a foto, Manuel Vieites. 

A baixada fixémola cara a parte de Lampai, para desde aquí tirar cara a parte da Picarañña. Enganchando montes e camiños. A baixada como sempre moi divertida e con algún que outro pique, ainda que coas rígidas que levábamos Oscarito mais eu pfff era algo complicado coller bo ritmo sen arriesgar. Todos abaixa decidimos seguir por sendeiros ata a Picaraña. Decir que Jesús xa iba algo muerto pero coma un compeón aguantou. Unha vez na Picaraña decidimos tirar polo camiño de Santiago cara Osebe e Milladoiro polo camiño de Santiago. Eso sí, na feira de Francos, no san martiño, uns tiraron directos para Milladoiro e outros para Osebe polo camiño. Xa estabamos a rematar o día. Pasando por firminstáns os mais muertos tiraron por carretera para Bertamiráns e o resto (Joyero, Pato e o que escribe) tiramos gasoducto abaixo para darlle un apretón ó corpo e deixar de lado tanto asfalto, e menudo apretón eh jajja démoslle de lo lindo ¡¡ molou. Xa en Bertamiráns cada un para o seu lado e tomámoslle unha no Americans mentras reflexionabamos a quen íamos a votar. Pola tarde a votar e tan contentos con este domingo que que queredes que vos diga, a mín xa me apetecía¡¡ 

Un abrazo OEA´S 
JORY

12 comentarios:

Oscarito dijo...

gran crónica! a verdade e que sempre son risas cando saímos en monte! dan moito xogo jejejeje

E ahora cos polar... mima! Dixenlle mentres tabamos no Americans que fora preparándome a comida na casa e cando cheguei alá taba. Joder. E ata papo máis con el. Todo vantaxas. xD

E o calendario a piques de saír do forno, este 2012-2013 deparanos moooitas boas mañans de domingo!

Unha aperta OEAS! ah, e ide decindo quen vai a popular do domingo! Eu vou!

Vieites dijo...

Moi boa crónica!!! Sen dúbida unha mañá moi completa.

Eu para o fin de semana próximo irei á Pedestre de Santiago. A ver cantos somos!!

ito dijo...

non esctibades tanto oh... que se me fan os dentes largos..

angel dijo...

Moi boa mañan de bici e coma sempre unha moi boa cronica

Pekeno Saltamontes dijo...

que grandes sodes amigos !!! entroume como diria o joyero " que envidia mais asquerosa me dás" !

eu vou a pedestre claro !!! a ver se non chove/fai un frio de carallo !

pachito dijo...

DA GUSTO LEERVOS, EU TIVEN QUE IR POR CARRETERA POR CAUSAS DE FORZA MAIOR
BICOS E ABRAZOS

pachito dijo...

por certo, xa non ta o tempo para sair pola mañan por carretera, mi madriña que frio facia, inda por riba en negreira habia unha niebla que metia medo, pero bueno, na pereira xa entrei en calor. fun algo desganao porque faltabame a lucha cos carneiriños de sempre, GRANDES andaadios.
PA SEMANA XA ESCORNEO CON TODOS,
OUTRO ABRAZO!!!!

suso beis dijo...

"Ese jory como mola, se merece una ola, eeeeeeh!".Bueno eu teno que reconocer que despois de tanto tempo sin andar na bici de montana, perdin un pouco desa tecnica tan depurada que me fixo famoso a tempada pasada e que era a envidia de todolos bikers da zona.( Moito me justa decir chorradas).
Por outra parte eu este domingo vou a pedestre de santiago, facerlle de lebre a oscarito, a ver se o home baixa dos 50'.
UNHA APERTA

Jesús Matos dijo...

Bo relato, si señor. Agradecementos a todos pola acollida, polos ánimos en todo momento e sobre todo ó acompañamento de Jory na subida que, de non ser por él tería botado o pe o chan moito antes de tempo. Nin que dicir ten que o pasei xenial (despois no sofá tamén disfrutei moito, jajaja) e por suposto que vou repetir. O fin de semana próximo toca a marcha da Groba na Guardia, e o seguinte celebracións familiares pero ó outro espero vervos de novo.
Moitas gracias e saudos

osesfolaarros dijo...

Así si que da gusto escribir, e pedalear, cando a xente responde! Ains Suso, tesnos que dar mais clses desas que dis ti a ver se aprendemos algo jajajajjaa ;)

Panchito, o final vas ter morriña con nos eh jejej ABRAZOO

JORY

Kiko dijo...

q decir q non te dito ,compaña boa bos ,camiños en resumen,mañá moi agradable

osesfolaarros dijo...

Chavales repasade correo electronico. Tema bolso ;)

O 4 novembro serra de outes, quen se anima¿

Fdo: Jory