sábado, 8 de diciembre de 2012

SANTIAGUIÑO INVERNAL

Outro domingo máis e, coma sempre, uns cantos OEAs saímos da Praza da Mahía, rumbo esta vez ao Santiaguiño tal e como marcaba o noso calendario.
Alí nos xuntamos: José, Andrés, Juan Americans, Pato, Taboada Pai, Carlos Avogado, Adrián, un amigo de Adrián, o Home de Negro e máis eu.
O día era moi frío, o termómetro non pasaba de 1ºC en Bertamiráns, así que, imaxinádevos á beira do río no camiño cara Padrón.
Como chovera moito os días anteriores, José, que era o que ía comandando a saída, decidíu ir a maioría do camiño por pistas e camiños en bo estado.
A verdade é que, o camiño de ida foi moi suave, todos falando do tempo, de roupa e dos compañeiros que normalmente non faian pero que, xustamente
este domingo decidiron quedar en casa, é dicir unha procesión de auténticas “Marujas”.
Así chegamos preto de Padrón, creo eu (pois non teño GPS nin real nin virtual), alí pasamos por un campo totalmente cuberto de cascas de mexillóns, ¡menudo cheirume!, a verdade non coñecía ise xeito de mellorar as propiedades da terra, pero alí estaban Andrés e Juan que me ilustraron (para quen lle interese, e non puidera oir as explicacións dos agrónomos do clube, aquí tedes este enlace que explica os beneficios da casca de mexillón).
A verdade é que pronto chegamos ao comezo da subida ao Santiaguiño, o primeiro tramo estaba moi mal, tanto que tivemos todos que botarnos a bici ás costas e subila a pé.
Subida Santiaguiño
Logo a subida facíase dura pero ciclable, aínda que algúns decimos botar pe a terra de vez en cando, por iso de coller algunha seta…
Xa arriba reagrupamento e oteada ao horizonte buscando montes coñecidos: que si Rubial, que si Pico Sacro, que si Pedroso, que si Everest… todos veían
algún monte coñecido.
Agora tocaba baixar, fíxome gracia ver como os compañeiros recordan as baixadas asociándoas con quen caeu nelas… esta recordábana ben.
A media baixada paramos no mirador a tomarlle algo, mirar a paisaxe e sacar unhas fotiños… algo rápido, que aínda que xa saíse o sol seguía a facer frío.
Mirador Santiaguiño
Unha vez rematado o avituallamento, rematamos a baixada e xa comezamos o camiño de volta, esta tamén a realizamos por pistas pero cruzando agora o campo de golf.
Alí puiden comprobar que, como di Oscarito, todos os xogadores de golf levan unha mochila cun pantalón de recambio (“Por si hacen un hoyo en uno”). O camiño do campo de golf tiña uns charcos enormes enormes, polo que aproveitamos, como non, para falar de botes, veleros, zodiaks, etc.. Juan, a voz experta nesta materia nos foi poñendo ao día en temas de nautica.
Xa todos tiñamos en mente chegar, a hora prevista eran as 13:00 pero aí apareceron as avarías do día, primerio á bici do home de negro se lle meteu o cambio nos radios e, logo, a José se lle pinchou a roda traseira… nada importante, pero bueno, isto fixo que chegásemos a iso das 13:30 á gasolinera, pero non sin antes pasalo súper ben polos camiños da beira do río.
E nada máis, lavado de bicis e cada un para a súa casa… Un domingo OEA moi moi tranquilo.
Saudiños a todos, e para os que non viñeron un poema de Rosalía, como non!!
Manuel V.

2 comentarios:

MotorShow dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Adrián Amor dijo...

Moi bo dia! e moi boa crónica Manuel e eu tampouco sabia o da casca do mexillón ata que juan e Pepe (pai de Taboada) mo explicaron co seu alto coñecemento de agricultura e me dixeron que tiña que ter mais cultura xeral jejeje... En resumen un dia moi bo de Btt cunha boa compaña pero con moito frio xD.
Saúdos a todos!
Coidarse!
Un abrázoo!