sábado, 15 de agosto de 2009

"ESTA É UNHA RUÍN RUTA"

OURENSE - SANTIAGO - BERTAMIRÁNS (Camiño de Santiago => Vía da plata)


Saímos en tren ás 6:45 da mañán dirección Ourense, non sen antes marearnos o revisor. "Metede as bicicletas aquí, non aquí non, mellor alá ó fondo, ah claro alá xa está todo ocupado, bueno ide e poñedeas no pasillo..." Conseguimos sair, 2 horas de tran e chegamos ó noso punto de saída.

Unha vez na estación de tren de Ourense comezaba a ruta ás 8:45 da mañan e dirixímonos ó punto donde está o camiño de Santiago, a ponte maior de Ourense con unhas bonitas vistas sobre as outras pontes. Atravesamola moi contentos pero pensando "mimahhh todo o que nos queda...e o termómetro ás 9:00 21 grados..."

"Ourense - Cea"

Saíndo de Ourense hai que pasar unhas cuantas calles e logo comezar a subir, subir e subir un tramo de 5 - 6 km todo por pistas de adoquín e area. A verda e que foi mellor subilo a estas horas, pola fresca. Os minutos pasaban pero seguiamos subindo ainda que a porcentaxe era mais suave, ainda que sempre picando para arriba. Chegamos a Cea bastante ben e xa lle metemos unha barrita e platano.




"Cea - Monasterio de Oseira"


Logo dun descanso en Cea arrancamos con dirección Monasterio de Oseira. O camiño xa se volvía bastante duro. O sol apretaba e a ruta parecía unha ruta por trialera da cantidade de pedras que había. Tivemos algunha confusión e ata unha señoriña que nos dixo: - "uuuuuuyyyy este camiño de santiago e mooooiiii ruín ehhh.....é unha ruín ruta....." E nos dicindo, -non será para tanto...
Logo duns km conseguimos chegar ó Monasterio, impresiona o grande que é. Alí comémoslle o bocadillo (eran as 12 e xa se sabe....) unha barrita tamén e descansamos un pouco.



"Monasterio de Oseira - Lalín"

Saimos de Oseira e xa empezaron os problemas. Señales por todos lados e nos que seguimos unha que indica cara unha costa arriba tremenda, subímola e non vemos ningunha máis arriba, demos volta, de novo no pueblo...preguntamoslle a unha señoriña a ver por onde era o camiño e xa nos indicou ben, non sen antes decirnos: - uuuuyyyy este é un ruín camiño ehhh....sorte por ahi arriba. Todo subida, as 12:30 do medio día e durante a subida a un dos puntos mais altos da ruta xa iamos dicindo -"Buffff non damos chegado a Lalín eh..." A ruta xa se facía dura dura con continuos descensos por pedras e subidas de trialeras. O calor apretaba tanto que Oscar decíame:
- Ei mira alá no alto do monte, aquelo é un cabalo no?
- Que va ohh, e o toro de osborne coño jajaja.
- Que dis, non lle ves o rabo e a cabeza asi mais cara arriba?
- Home......
Pasamos uns metros e vemos como todo eso que viamos era soamente o contorno de 2 arbores ó lonxe... Sen dubida o calor apretaba que viamos espejismos deses jajaja
Continuamos as flechas e chegamos á general de Ourense - Santiago. Cartel de Lalín 15km. Antes subir ata Castro Dozón co pico de san martiño de 818m. Pensamos que chegar a Lalóin sería cousa fácil pero nada de eso. Costounos moito.Desvío para un lado, desvio para outro, desvio provisional por obras do AVE...e nos reventados, literalmente. Demos un rodeo de case 1o km para chegar a Lalín e buscar onde comer algo e descansar mais.

"Lalín - Lalín (descanso para comer)"

Despois da comida fomos para o paseo fluvial e tiramonos na herba un pouco, logo cambiamos de ubicación e fomos un pouco mais adiante onde nos metemos no río para refrescarnos. Que ben se estaba¡ A sede apretaba e non tiñamos auga, solución? beber do río¡¡ Agarramonos ó dito de que "Agua corriente no mata a la gente" e metémoslle dous chopiños que souberon moi ben.

"Lalín - Ponte Ulla"

Despois do merecido descanso e con 80km no contakm saimos cara Santiago, eran as 17:30. O camiño xa era outra cousa, sombras, piso rodador, carballeiras que refrescaban, descensos bonitos e rápidos...parecia unha ruta completamente diferente á anterior de Ourense ata Lalín. Pasamos por lugares preciosos como a ponte romana de Taboada, cerca de Prado. Seguindo as flechas pasamos Silleda, Bandeira e logo dun descenso rápido e chulo por pistas chegamos a Ponte Ulla onde nos esperaba unha bonita e dura subida. Metemoslle unha barrita e arrancamos.

"Ponte Ulla - Pico Sacro"
Eran as 19:40 e comezamos a subida que era bastante dura pero o camiño era moi bo. Foi un trayecto curto pero duro. Seguimos e chegamos ó Pico sacro e aqui atopamonos con Ales un compañeiro noso que fora a ta o monte sacro. Continuou con nos os últimos km.


"Pico Sacro- Catedral de Santiago"


Estabamos a unha hora escasa de bicicleta ata santiago. Houbo algunha que outra subida curiosa como a de Santa Lucía e Sar pero por fin e despois de 131 km chegamos á CATEDRAL. Todo o esforzo valeu a pena e sólo quedaba chegar a Bertamiráns. Eran as 21:30¡¡

"Santiago - Bertamiráns"

Logo das fotos de rigor arrancamos cara Bertamiráns e decidimos ir polo camiño de fisterra aínda que pouco a pouco démonos conta de que sería imposible baixar de Villestro ata Bertamiráns polo monte porque xa era moi denoite e en Villestro collemos e baixamos cara a carretera general para facer o último cacho en carretera e poder chegar ó punto de chegada e decir ben alto: POBRA SUPERADA¡¡ e cun total de 144km según o contakm e 148 según o GPS.

CONCLUSIÓNS

Tramo Ourense - Lalín matador; tramo Lalín - Santiago encantador. Dificultade general alta tanto técnica como física, a nos chegounos ó peito de coño pero repetiriamos sen dudalo. é unha gran satisfacción poder contalo e animar a todo o mundo a facelo sexa por etapas ou dun tirón.


P.D: Gracias por ler todo esto...pero e que resumilo máis non sería o mesmo e para unha vez que se fai...


Un saúdo a todos os OEA´S e xente que siga e lea este blog

...jorge...


8 comentarios:

dabiz dijo...

neno felicidades por la ruta y por el relato, una gran hazaña contada de un modo muy ameno, a ver si para la proxima me puedo unir...

JoRy dijo...

seras bien recibido jeje las historias largas a ti también se te dan muy bien eh jajaja
un saludoo

martin rudiño dijo...

si señor, hay que ser dos esfolaarros ou estar moi tolo para facer esta ruta con estes calores que temos estes dias. noraboa por non solo dar chegado ben, senon por intentar chegar a bertamirans polo camiño.uffffffff

FPTRUEDAS dijo...

ahi jorge, ya pillaste la epidemis de escribir, y por encima relatos largos....mejor asi, de esta forma tenemos para un rato mas.
guapo, guapo sobre todo por hacer la primera parte, de esta forma es mas satisfactoria la segunda, toma "soplao" a la gallega

JoRy dijo...

y sin tanto avituallamiento jeje. la verdad es que una vez que te pones a escribir...pues escribir algo que entretenga...para que se disfrute mas.

ito dijo...

bravísimo chavales, a jorge por partida doble, xa que a parte de un grande deportista, saeunos un grande redactor... si señor. o día que volva sair eu... mellor será facer grupos e sair en tandas segundo as horas de entrenamento... Xente nova... leña verde...

JoRy dijo...

todo é fume...jajajja

carlos dijo...

MI ENHORABUENA a jorge. Hay tenemos una ruta para hacer todos un fin de semana. saludo a todos