Despois de cosechar grandes posicións en Ponferrada e tamén unha caída, a semana pasou e onte tocaba dirixirse a Gondomar, á 4º carreira do compeonato galego de BTT.
Durante toda a semana a ferida doume moito a lata e non estaba recuperado ó 100% muscularmente falando pero bueno, fixemos de tripas corazón e alá fun. Salín con bastante tempo xa que quería ver o circuito que era moi técnico de Dios. Cheguei sen problema, todo moi señalizado. Xa había algo de xente por alí. Inscríbome e empezo a preparar todo. Bici, casco, guantes cedidos por Ito, zapatillas....bueno e o resto. Diríxome a probar o circuito. Era un recorrido curto, 4, 5 km mas menos: 1,5 km de subida cunha parte ancha e con pouca pendente e outra final que te reventaba vivo onde había que meter platillo. Logo empezaba a baixada. Carreiros moi estreitos, con saltos, con curvas cerradisimas, onde o mínimo erro te tiraba ó chan. Era un trazado no que se iba moi amodo baixando na súa maioría e sempre dando pedal, case non se descansaba....Sinceramente...non é o circuito que máis que gustou, a min gustanme máis os circuitos rápidos.
Unha vez que tiña o circuito recoñecido sigo quentando un pouco máis e xa empezo a notarme algo mal. Non estaba ó 100%, e sabíao, a ferida molestábame e a perna e a cabeza non me traballou como quixera. Preparados na parrilla das sardiñas, por diante 5 voltas e unha hora e media de sufrimento. Na miña categoría eramos uns cuantos e solo me preocupaba sumar os máximos puntos posibles. As voltas iban pasando e bueno....non estivo nada mal o tema. Non tiven sustos, sabía como estaba e sólo me carburaba o motor ó 70% asique....mellor non pasalo de rpm. E así foi.
Ó final a cousa non foi mal de todo e logrei cosechar outro 4º posto para o meu pequeno palmarés. Obxetivos cumplidos: non caer e sumar puntos.
Ahora solo queda recuperarse e esperemos estar a tope para a seguinte carreira. Ó finalizar a carreira houbo unha nova especialidade que se inaguraba en Gondomar: unha carreira a relevos. Estivo moi chula e con moita xente inscrita. Pena non poder participar, pero a perna non me iba e prefería darlle descanso aínda que me comentaran os compañeiros do Costa Vella se quería facer equipo con eles.
Pois eso foi todo desta vez. Non estivo mal de todo sabendo como se presentaba a priori a carreira.
Un saúdo a todos¡¡
3 comentarios:
Ole...! Fenomeno asta ca perna jodida jaja... A seguir asi... "E mexor" xD Un saudo a coidarse!
gracias adri. Xa me comentaron que vós moi ben ehh. A ver o resto da xente que fixo o fin de semana....jeje
por miña parte funme cos fotafumeiro en carretera, e fixemos 143 klm , unha mañan pasada por auga , que hay que acabar de preparar o soplao .
Jory estuveches genial , ainda estando cos problemas da perna !estas feito un maquina !
un saudo
Publicar un comentario