Que
tal o finde chavalada? Saíchedes? (supoño que si.. jaja) Pois o Pekeno, Suso,
Cesar e eu fomos intentar o Du-cross de Beariz! Saímos cedo, as 7:40 recollemos
o Pekeno e puxemonos rumbo a Beariz, xa que hai unha boa tirada ata alá pero
entre chistes e anecdotas de rumanos, rusos e derivados que nos comentaba o
Pekeno fixose amena a viaxe.
Chegamos
alá con tempo, con demasiado, entonces que se fai nestos casos? CAFÉ. Alá demos
volta a buscar un bar.
Xa de volta no pabellon, fomos polos dorsales
e preparamola maquinaria. Pouco despois chegou Suso (como non, xa estaba
estirando jaja). Empezamos a correr para quentar, ainda que con frio e ca
chuvia eso era un congelador de tamaño industrial! E sen darnos de conta xa
estamos preparados para sair.
Saímos,
todos salen a un ritmo bastante alto, o Pekeno e eu quedamonos contra o fondo,
Suso e o seu compañeiro (Cesar) van tirando para adiante. Encontrome ben, o
Pekeno non tanto, tiña gripe e o tipo iba morrendo!
Encontrabame
bastante ben de forzas, e o Pekeno quedárase atrás antes de entrar a lameira
toda do monte. Eu iba ben de forzas e ánimos, pero o entrar no 1º sector de
monte, torzo o pé cunha pedra! Merda, merda, merda con ben que iba.. pero bueno
co tecnico e duro que era o tramo a pe non era moi dificil que algo así pase.
Intentei acabar e chegar a transición.
Cheguei, mirei para atrás, nin rastro do
Pekeno, decidín probar na bici haber se aguantaba o dolor. Empecei na bici,
parecía que o dolor non iba a mais e aguantábase. E que decir do circuito en
bici, baixadas con lama, moooita lama, e subidas largas e rodadoras.
Chegando
a subida larga o dolor empezou a aumentar, paraba sacaba a bota, calcetín,
facía de todo pero nada, acabei a 1ª volta e tiben que parar porque non
aguantaba o dolor, a 10-15 minutos chega o Pekeno moi mermado, para e di “Ata
aquí chegei”.
E
alí quedamos dous novatos, con cara de parvos, pero mais que nada con rabia por
non poder acabar.
Fomos
os 1ºs e a auga estaba fría asique para os últimos xa non quero pensar, ainda
que o compensou o chocolatiño quente que nos deron. Pouco despois (50 minutos
jaja) Chegou Suso a meta, todo sobrado, ainda que
non paraba de repetir “É dura eh, é dura” jajaja Despois de chegar Suso chegou
o seu compañeiro, Cesar.
Duchados
e limpos comemos algún cacho de empanadaca e para a casa! Jaja
Espero
que fose bo de leer! Andar con sentidiño! ¡ ! ¡ !
Un
saudiño, Carlos T.
18 comentarios:
GRANDE FENÓMENOS¡¡¡ PARA O PRÓXIMO ESPERAMOS ACUDOIR Á CITA MAIS OEA´S
POR OUTRA BANDA ANUNCIAR QUE O ÚLTIMO SÁBADO DE MES (EN PRINCIPIO), SOBRE AS 7 DA TARDE, TEREMOS UNHA REUNIÓN PARA TRATAR TEMAS DA MARCHA OEA 2012, KDD E ALGUNHA QUE OUTRA COUSIÑA.
ABRAZO¡¡¡ JORY
Que día tan malo, entre os nervios, os mocos e a febre xa non sabia como se corría jejeje pero bueno xa decía un señor da organización que se pasaran moito no sector de patear....menudos repeitazos suputamadre! Pero eu aprendin outra lección polo que a viaxe xa compensou! Saúdos!
Novatos! Non pasa nada! O seguinte vou eu e douvos consellos,(jaja) que o ano pasao acabei todos da metade padiante, e acabar xa vedes que é jodido. Que sepades que fochedes o menos tecnico. Xa veredes como o imos pasar para o mes, asi que a seguir entrenando e veredes como chegan as recompensas! Suso é un perro viejo e nunca falla neste tipo de citas. Animo a todos e moi boa cronica cadete!!!
Acabo de releer o meu comentario e doume conta de que algo flipao si que quedou... Jajaja pero bueno, o dito! O prox mais oeas!
moi ben rapaces; a seguir entrenando que os resultados non tardarán en chegar.
Gracias polos ánimos!
O próximo acabarase si ou si! Oscarito, eres ti moi pro non? jajaja
failla taboada! bueno, fai: http://es.wikipedia.org/wiki/Propiocepci%C3%B3n xD
Con calma, que é o primeiro! Para min este é o circuito máis feo, e a carreira a pe....uuff, vaia repeitos!!
Así que, animo e a disfrutar os que vos quedan. Como ben di Ito os resultados xa virán pouco a pouco.
moi ben rapaces o caso e participar
moi ben rapaces o caso e participar
Que baaah! jaja Nada, aora prepararse para o 5! ai a muerte muerte jaja é o de vigo non?
Moi ben rapazes, seguide entreando que po próximo xa o acabades, e un consello pos que vaides con febre; se queda na casa ou se toma un paracetamol que non vos van mandar mexar po doping e os mocos comense pa recuperas as sales do desgaste da competición.
P.D. o sabado 28 de xaneiro non estou asi que cambiades a data da reunión ou non podo asistir.
Un saúdo
IMPORTANTE; KEDADA ORGANIZADA EN CALO POLOS DO "MONTE BRAVO" DOMINGO 22 AS 9:30 XA SON 50 ASISTENTES, BEN ORGANIZADA, MOI BOA XENTE, O QUE MAIS LLE GUSTA E BAIXAR (E VAINAS HABER) VOS VEREDES,A RUTA ESTARA MARCADA E HABERA AVITUALLAMENTOS, NON PODEMOS FALTAR, ANIMO, ANIMO"
Iremos ata calo logo ;)
pois haberá que ir... e pa joder a panchito nas baixadas, tamén! xDD pero sobretodo polo temario-avituallamientos. un abrazo! acordádevos de tar puntuales oh... (son oscurito)
E será cuestión de irlle ata alá logo ;)
PD: OscUrito flipao jajaja
Oscurito rajado...xD
Espero que o de Vigo xa non é que sexa mais bonito, senon que faga menos frio, que non chova e que non haia 55 cm de follas molladas!saúdos e a Calo logo!
pequeno... todo excusas... xDD o 5 iremos unha boa recua de OEAS pa vigo, non foi o meu preferido o ano pasado pero... seguro que haberá moitas historias que é do que se trata :)
Publicar un comentario