Moi boas chavalada!
Aquí o Pekeno vaivos redactar cunhas breves verbas como foi o noso día no II Duathlón Cross Maside.
Quedaramos as 8:15 diante da casa do Jory, Oscarito, Taboada mais un servidor. Facía un frío de c...llo, e a o pobre C15 quentaba de mais...jajaja. Arrancamos botar ese 10 euriños de gasoil, e a fuego pola autovía dirección Ourense Pontevedra...Segundo noticias do coche de diante por problemas cun radar...e veña a dar volta por Carcacía para voltar a enganchar a autovía que eu dudaba se estaba rematada...Logo dunha hora de camiño sen ningunha incidencia, chegamos a Maside e aparcamos os coches xa dandonos a ver. Aparece os Master Pro Suso e veña a falar de como era o percorrido e tal. Recollida de dorsais, montaxe de bicis e veña ao Box, a pasar a ITV e a miña pasouna coa dirección jodida perfectamente, todo ben arronvado e veña que temos 20 minutos para quentar! Comezamos a quentar e a estirar, pero co frío que facía (e uns ían en piel) calquera quentaba!!! Deixamos as cousas na C15 e cara a saída!!!
Parte I: Carreira a pé...
Dan a salida e todo dios a correr coma polos sen cabeza, os pros diante, Suso, Jory e Oscuriño pola metade e Taboada mais eu uns metros detrás. O circuito nin de coña era tan duro coma o de Beariz, pero a ritmo suave a min chegoume, a pata de pao a dar a vara e a agauntar. Vexo que Carlos medio se cae pa atrás do grupo porque lle doen os tendóns, e xuntos o que restaba, cruzamonos cos outros na segunda voltar para non velos ata o final... Duas voltas e carreira a pé rematada!
Parte II: Bici...
Chegamos case xuntos ao Box a facer a transición Carlos mais eu, pero el sale antes, porque? o puto casco novo que non me asentaba no meu cabezón. Arranco e veña para arriba, plato do medio, coronas do medio e acercome a Carlos, entrada no monte, e circuito moi moi moi chulo, con moitas curviñas, chanceiro e moi bo para rodar, salvo cando entrabas na herva! Tiña un par de baixadiñas pero nada dificil e podiase facer rapido, adianto a un par de personas pero sabía que era duro e que tiña que reservar forzas! Na 3ª volta adiantame o 1º...vaia fiera o tipo, que pouco mais era ca min,pero vaia pulmóns! E como non, eu para dar a nota, caio tontamente, pero nin se notou que logo montei na bici, para cando subo un repeitiño, perdo tracción (as cubertas meu!!!) e piñazo coa rodilla contra a potencia...nada veña a seguir! Sangre e algo inchada, pero por mis narices que acababa!!!Adianto a uns corredores mais e veña ao Box!
Parte III: Último sector:
En sí non era extremadamente dura a última parte, de feito era dar outra voltar ao circuíto ao sentido contrario, pero co que levabas enriba...buuf! Empecei a correr e parecía mais o Pato Lucas ca outra cousa! As pernas non tiñan gas...e subianseme os xemelgos, sufrín como un can para chegar, pero o sorriso cando cheguei onda a familia OEA non mo quitaba nadie!!!
Alí os estaban todos, uns a estirar e outros a roer. Cambiamonos rapidamente e agardamos pola entrega de trofeos onde chaman a Rodrigo, que non era eu, e mais a un tal Carlos Taboada García! Que logrou o 2º posto na categoría Junior! Fotos con campión e veña a montar nas carruaxes (C15 atravesada na carretera cortando o tráfico) a recoller as bicis e demais enseres do Box, despedida de Suso e a botar gasoil que pa casa a C15 de merda maravillosa non chegaba!
Un día moi bo para todos, bo tempo, soliño que quentaba un pouco, soplaba algo o aire, e uns 5º de temperatura; pero o mellor de todo foron as risas polo camiño e o trofeo de alevín!
Sen mais miramentos que estou en clase pandilla de becerros de amigos....Un saúdo
Pekeno
12 comentarios:
vale pequenoooo noraboa!!!! e noraboa a taboada tamen polo seu trofeo. moi ben todos,rematamos moi fácil, parecemos o Real Madrid do MTB. boa crónica, e vemonos nos montes. E COMENTADE HOSTIA :) xD
Gran día de DUCROSS si señor ;)
A verdade e que foron as risas. Primeiro xa collendo para Pontevedra en vez de para Ourense na entrada da autopista e ter que ir ata Padrón ajajjaja. Logo en Maside o du a verdade e que estivo moi moi chulo.
Personalmente moi contento coa miña parte de bike rematando de 17 ainda que a carreira..... pfff
En fin o importante e seguir sumando experiencias.
Un saúdo a tod@s
FDO: Jory
eu non quero mirar de que quedei...
Este Taboada ven dando guerra.
Bos resultados rapaces!!!
Agora a polo de Poio, que ese sí que ten tela.
felicidades a todos, a los novatos por acabar, al premiado, a los menos novatos que van casi sin entrenar,y al master 30 ... 3 de 3 Suso jeje ...
Un dia wapo, wapo con estes companeirazos. O duatlon de poio vai quedar para outro ano,porque o 26F toca CRITERIUM...ou non?
Un dia wapo, wapo con estes companeirazos. O duatlon de poio vai quedar para outro ano,porque o 26F toca CRITERIUM...ou non?
O duatlón unha pasada!! Pero as risas da c15 INTENTANDO adiantar... jajaja
Así non se pode se serios.. jeje
Pero contentísimo por acabar, que era o meu propósito ;)
Abrazacos!
muy bien a todos , sobre todo a los novatos por acabar que debe ser siempre el objetivo en todo, saludos
Moi ben chavalada, noraboa a todos; como ven esta canteira.
NORABOA CARLOS T!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
RECORDADE QUE ESTA SEMANA TEMOS A KDD O DOMINGO COA XENTE DO ULTREIA DE SANTIAGO ;)
FDO: JORY
Publicar un comentario