martes, 8 de mayo de 2012

PEDROSO



Bueno amigos, un domingo máis saímos os OEA. Uns en carretera direción paxareiras e Adrián, Sergio, Necho, Kiko, José (non o noso José jaja) e eu en montaña. Chegamos as tetas  as 9:30, estabamos todos dispostos a sair, pero a onde tocaba? Adrián atento o calendario xa contestou rápido e veloz “O Pedroso!” jaja. Pois bueno alá imos, empezamos a subir polo camiño de Santiago, e chegando a aldeanova por un llano sinto unha lata caer o chan, que pasou? Adrián que iba ca mochila nunha man e o movil noutra “Y pasó lo inevitable” jeje Seguimos andando ata que nun dos cruces de carretera Kiko, o noso sherpa o domingo, nos manda por un camiño paralelo... Seguimos a Kiko, ata aquí ben, ata que vemos unha costiña pequena na que xa empeza a haber queixas por parte de Necho e Adrián, os tipos solo querían baixar... E empezamos a subir a un ritmo decente, encontramos zonas de subida rotas, con moita lama pero moi divertidas, polo menos para o meu gusto.
Ata que chegamos a un cruce onde a dereita había unha subida das que tiran dos co***ns.. Sergio e  eu a favor de tirar por aí, José imparcial, e o resto a favor de ir polo llano, pero como un Necho tira máis que Sergio e eu tivemos que ir polo llano jaja
Seguimos andando ata que ZAS! Non hai saída, volta cara atrás... collemos outro camiño e saímos a unha carretera, cruzamola e metemonos por outro camiño onde ZAS outra vez! Sen saida jaja Demos volta e de súpeto non sabemos se foi un intento de coller unha cachopa como rotonda, baixar da bici gastando o mínimo de enerxía ou o que fose, pero Adrián volveu a meterse un ostión criminal (e con Sergio delado para escarallarse) jajajaja Despois deste pequeno percance seguimos por carretera..
Aquí tiben eu un problemilla con Kiko, ibamos subindo, non o vin e pegueille co eixe da roda na perna, bo é que non foi nada... O sair da carretera enlazamos co camiño polo que vimos do Mercuto cara o Pedroso, o que pasa por diante da casa do tolo este, non saes?
Chegamos o Pedroso, merendamos, pero sen subir arriba!! E para sorpresa, non baixamos polo descenso.. para eso levei a Mondraker... (estaba a Scott sen pastillas, pero haise que queixar igual jaja), según Kiko “Non oh, baixamos por este camiño que colles outro alá que das a non sei onde que enlazas co camiño de Santiago..” Xa nos ves a todos con cara de Papanamericanos, pero aceptamos, baixamos e vamos dar a carretera asfaltada que sube o pedroso, Kiko e os seus camiños.. Pois nada aí Adrián e eu xa nos ensañamos polo descenso e o resto pola pista rápida. O chegar abaixo, abandónanos Kiko que marcha para a casa. Seguimos o camiño ata Bertamiráns con 2 percances. Un foi unha muller con dous cans que a pouco máis van os cans o carallo (ou nós), e despois uns alemáns, os que Sergio iba tan concentrao baixando que lle meteu un codazo a Alemana e alí quedaron maldecindo a Sergio no seu idioma, se tendes dudas co Alemán preguntadelle a Necho que creo que ten  un FP de tradución pola maneira de traducir jajaja

E nada, chegamos a Bertamiráns , pasamos pola casa do Presi polos botellíns e pa´casiña.
A ver os carreteros se fan a crónica que a dos 101 me parece que.. jojo

Abrasooos!

Carlos! (o de 17 anos jaja)

5 comentarios:

osesfolaarros dijo...

Bien Tabo bien.

Osea que como sempre aquí o Kiko meténdovos por camiños que nin p.i. jajajaja e sen saída... Si é que nunca aprenderedes a ir por camiños decentes home. jaja

Polo que vexo faltaban os pesos pesados das baixadas enton... a joderse, aparte levalle ti a contraria a Necho si... jejeje

Un abrazo chavales e recordade¡¡ Este finde temos rutas e carreira en Gondomar o sábado 12. Se queredes vir a vernos.... :)

FDO: Jory

Kiko dijo...

No estábamos perdidos ,son rutas antiguas ,camino de vuelta no era x ai

osesfolaarros dijo...

a crónica do fin de semna das paxareiras.....a ver se lle pasa o mismo que a dos peregrinos....xd Este finde hai carreira en GONDOMAR. Se queredes vir a vernos....xa sabedes ;)

Oscarito dijo...

moi boa crónica jorrión! pero hai que especificar máis os detalles das caídas, que son as que molan jajajaj! un abrazoooo

Carlos T dijo...

Dille a doble A como o viveu!! jaja
e o tipo levantouse rapido a ver se non o viramos pero... jajaja