Outra fin de semana mais, e xa van unhas cuantas, os Esfola Arrós volven á competición. Esta vez tocaba Gondomar. Circuito moi bonito, técnico, revirado, con saída en costa arriba....Tiña todos os ingredientes necesarios para ser un circuito duro, moii duro.
Arrancamos ca chaparrita OEA (c-15), Carlos T. mais eu, logo de meter todo o tinglado na furgalla. Carpa, neverita, mesa de playa....etc etc. Menudo lio dios. O camiño pola autopista como de costumbre, sen novidades. Unha vez chegamos ó circuito fomos para o padock, si si, tiñamos sitio reservado para aparcar e montar a nosa carpa. Moi ben este detalle. Quitamos de moqueta, rodillo, material auxiliar e ala, a comer¡¡ como reis ali. jejeje
Perfil de tres voltas ó circuito. |
Chegaba o momento de ir a ver o circuito, e as pequenas modificacións que tiña. Decir que estaba moi currado, pero tiña cada costiña....que lle tiraba do peito, pffff. Logo da volta de recoñecemento, chegaba o momento de prepararse de verdade. Monto rodillo e a pedalear para non perder calor no corpo, ainda que con 25º de temperatura.... pouco se perdía. O dito, pasaron 15 minutos e para a parrilla de saída. Alí esperamos 5 minutos máis, que si, xa sei que son 5 minutos e non parece nada pero fanse interminables....O caso e que desta vez puxéronnos bastante adiante e mezclados cos elite e buenno solo polo feito de estar ali metidos xa tiñamos que salir a fuego jejejeje. Salimos e bien¡¡ parece que imos ben posicionados, Magallanes escapase, normal, Nando, sale xenial e colocase diante miña e de Lucho Carretero. Intentamos seguir con bo ritmo para que Nando non se escape pero pff como vai. Lucho ponse diante miña e tira por min un pouco pero chegamos a unha trialera bastante inclinada na que él iba algo pasado e tivo que frenar para non caer, eu que iba a roda, tamén frenei e mesalín algo da trazada, e entre que volvo a coller a bici, monto e tal....Lucho xa se me marchara....e ostias, xa non tiña quen tirara por min..... Desde ese momento a carreira a non foi o mesmo, intentaba ir fuerte pero non había maneira, as referencias non as tiña e aínda que parezca mentira é jodido....Debo de decir que as pernas non as tiña ó 100%, non as notaba soltas de todo, pero bueno. A partir de aquí intentar disfrutar dos saltos do circuito, das voltas, da xente....Moi chulo todo.
A carreira rematou cun bo 4º posto, que penso que non e mal resultado, seguimos ahí arriba entre os catro primeiros, e penso que este ano en Categoría Senior hai moito nivel, mais que anos anteriores.
Que decir de Carlos T., pois que en categoría Junior anda ahí ahí, collendolle o aquel. A saída moi ben polo que me dixo e iba cun bo grupo pero logo, indo detrás do 3º, este non sei que lle fixo nunha das baixadas que o pobre de Taboada para esquivalo bourou contra un eucalipto e magullou un hombro e unha rodilla, tendo que abandonar por moito dolor, unha pena xa que posiblemente trouxera un trofeillo para a vitrina peeeeeeeroooo.
E nada, ó final quedamos a ver a emocionante carreira de relevos que estivo moi animada sobre todo ó final e logo de recoller o petate tiramos millas para a casa.
4 comentarios:
+1 no de non ter as pernas o 100%
Pero bueno, que decir do circuito, era to` pa` riba e to` pa` baixo, eso é a explicacion de Jory jajaja. Pero o circuito estaba moi chulo subida ancha o principio e despois estreitabase cuns repeitos fortes, e as baixadas reviradas con algun que outro saltiño!
En canto a miña caida, decir que iba polo 3º e que me pegou un frenazo sin ton nin son e claro por non darlle a él, boteime os eucaliptos... e nada seguin ata que tiven que parar polo dolor na rodilla, quedei cun mal sabor... pero son cousas do directo..
Abrazooos!
Pois para a próxima daslle a él en vez de ó eucalipto non? eu non sei... enjanchas nos Ultreias, en Kiko, nas competicións... empezo a pensar que eres un kamikaze!!! jajajajaj queva home, ánimo e a seguir luchando, que a min xa me papas sobrao eh! De jory non hai moito que comentar que non dixera xa, un crack! un abrazo!
Moi ben Jory a Seguir mellorando crack, Carlos ti teslle amor os eucalitos e o carallo jaja... Moi ben os dous e seguir asi! Saúdos!
Publicar un comentario