lunes, 2 de julio de 2012

FIN DE SEMANA OEA INTENSO

Hola chavalada¡¡¡

Qué¡, xa descansastes da crono, nocturna, partido de España....?? Vaia finde eh.... A verdade e que foi intenso intenso, e moi positivo. Vamos por partes xa que foron varias as citas dos OEA´S. 
  1. XC CASTRO BARBUDO (TARAGOÑA) Open Galego XC
  2. IV NOCTURNA OEA
  3. I CRONTRARRELOJ CASTROFEITO by Suso Beis.
XC CASTRO BARBUDO (TARAGOÑA) Open Galego XC

Pois a fin de semana comeza en terras do Barbanza, mais concretamente en Taragoña, mais concretamente no monte do Castro Barbudo. Era a primeira vez que se organizaba unha proba de rally neste circuito e quixeron facer un recorrido técnico técnico e..... conseguirono. Personalmente, algunhas das baixadas vinas demasiado perigosas, sobre todo a que baixaba dende o alto do monte unha vez que chegabas arriba de todo. Esas pedras con escalóns, esas baixadas sen apoyos, pffff. Pero bueno era o que había. A subida larga e tendida sen complicacións. 
Logo das voltas de recoñecemento, pasamos os momentos previos á competición. Bici ok, Taboada ok, eu ok, parrila das sardiñas e GOOOO¡¡ Vaia saída. a verdade e que sairon todos coma tiros e o meu non son as saídas tan fuertes....


As primeiras voltas foron algo complicadas debido á cantidade de xente que había polo trazado e que facían as voltas bastante pesadas. Pero pouco durou a festa xa que na segunda volta e nunha das zonas mais complicadas sufrín unha aparatosa caída ó bater coa rodilla esquerda contra unha pedra. Son desos golpes sen ferida pero que dan no oso e pfff alí quedei 5 minutos ou mais sen poder mover a perna. Gracias á xente que me axudou a moverme ;) En quente parecía que a dor pasara e volvín arrancar cunha rabia.....e case caio de novo. Por eso me dixen, calma, que hai que acaabar, as carreiras son moi longas..... O dito. Seguín correndo e co obxetivo de manter a 3ª posición que volvera a conseguir. Cada vez o circuito estaba algo mais traballado e xa se conocían mellor as baixadas pero ainda así.... 

Quero aproveitar dende aquí para mandarlle ánimos a Nando que nesta carreira sufriu unha caída moi moi aparatosa e tivo que ser trasladao ó hospital. Por suerte O CASCO fixo o seu traballo e agora esta na casa, eso sí, todo escarallao.... pero sen nada roto. USADE O CASCO SIEMPRE¡¡¡¡¡ 


Continuo, na última volta sentinme algo mais fuertes que nas anteriores e dixen, ala vou, a dalo todo, e con moita cabeza subin o ritmo nas subidas e controlei nas baixadas cando de supeto na ultima subida vexo ó que iba 2º clasificado, Borja de Castro Barbudo. A verdade e que se coñecía o circuito como a palma da súa man e vaia carreira que fixo, si señor¡¡¡ Noraboa. O dito, vino, e dixen a por él. Conseguin adiantalo e separarme de el o necesario para entrar na meta en 2ª posición e rematar enteiro de corpo e bike.


Por outra banda Carlos T desta vez non rompeu nada na bike BIEN¡¡¡¡ peroo as súas mans non aguantaron a presión e tivo que abandonar polo dolor que lle causou a opresión dos nervios da palma da man.... De todas formas, ánimo. Xa vos contará el que tal.

E como non darlle as gracias a SUSO BEIS por vir a vernos, sempre dá ánimos ver a xente do club animando...

 IV NOCTURNA OEA


Sábado 30 de Xuño, 21:30 horas, presumiase unha chegada por uns minutos tarde pola miña parte (Pekeno) xa concienciado do tipico vacile almendrao! sempre a esperar por ti ! Chego ao NY  e atopomo co Presi, a bici do presi e...Martín !!! Pensando que a xente non fora ben avisada revisamos mensaxería OEA e todo estaba ok, confirmado por Kiko que estaba a tomarlle unha coa familia e que non podía vir porque tiña que traballar ao dia seguinte. Chamada Jory para saber se viña e a Suso de que si queria que dera a volta que probablemente por falta de asistencia se cancelara a IV Nocturna OEA...ao final salimos o Presi, Jory, Oscarito (hai que mercarlle un reloxo), Suso Beis mais eu, Pekeno en direción ao monte OEA tamén coñecido como o Rubial ! A leria comentando os diferentes porque? da falta de asistencia, uns que si por pereza, outros que para descansar para a esixente crono do día seguinte....todo teorias. A todo esto, a rodilla de Jory era case tan grande como a súa cabeza...Imos pasar o detalle de que cazamos a varios OEAs de tapitas jajaja.

Encaramos a subir pola estrada ata Gundín onde chama Pato que seica nos colle no baixo do Rubial e que el sube directo ata Macedos. E así foi, empezamos a subir, a noite xa se botara enriba de nos e nesto a súa Presidencia pincha de diante (vaia asco de cubertas seica jejeje) e nesto, vemos unhas luce...moi raras nunha noite como aquela, Oscarito escondeuse detrás de Suso, pensando o peor, vemos aparecer eses cabalo de 29 que ten Pato !!!!. Subsanamos o problema do pinchazo e veña para arriba !!! O certo é que ese asfalto faise pestoso! Eu funme probando un pouco a ver como imos de forzas e se dou controlado a respiración. Pasado o peor e xa llaneando, escoito como se moven por detrás ! Non se sabe moi ben como, din que hai espíritos soltos que as noites de verán pasado o día de San Xoán, eses espítiros cébanse cos bos ciclistas coma min e claro...estes espíritos vagantes que son os cadáveres das 3 marchas OEA empuxáronme ao arró e arrastraronme a faciana polas pedras !!!! Esa é a versión oficial, aínda que a realidade foi que Pato e Suso viñan a por min, e por pintala mona Sprinto e miro para atrás a "ver" por onde veñen, e cando miro para diante...plas! ostiazo no arró (fixen honra ao nome co Club)! Levantome cagando leches, Suso así que alumea para min asustase...todo cortado por brazos, pernas e pola mira fermosa cara ! Unha lavada e como novo ! Risas dos presentes e para arriba a sacar as fotos oficiais !(Jory subeas). Todos a baixar polo monte, menos eu que por medo a matarme outra vez baixo polo asfalto. Deberono pasar moi ben porque cando baixaron, o Presi fai unha delicatesem de pasada polo exterior con cruzada incluída ! Baixada rápida polo asfalto ata o primeiro Bar aberto, onde eu me fun cambiar, unhas cocacolas e para a casiña, que hai que descansar que ao día seguinte tiñamos a I Crono Suso Beis, a cal vos relatará Oscarito !!!

Fdo. Pekeno


I CONTRARRELOJ CASTROFEITO

Bos medio-días a todos corzos! Recollo o testigo do meu compañeiro PekenoSaltón e vou intentar narrar a experiencia da 1ª Contrarreloj Castrofeito, que corría da man de Suso Beis.

Os invitados eran moitos, e fletamos diversas furgallas de autónomos para ir cara alá. Algún como Angel non se debía ver cheo que foi en bici ata alá pa ir quentando. Entre pitos e flautas, e aparcar e desmontar, e risas con uns risas con outros, vaisenos a cousa a casi as 11. O tempo era perfecto, nublado, así que a nadie lle iba a saltar o termostato polo clima.

Formamos pelotón do que falta Jory que por caer non estaba operativo, así que levou a furgalla de apoyo no que sería a volta de quecemento/recoñecemento do trazado argallado por Suso. Casi todos ibamos memorizando as pendientes, os cambios, o vento, etc. Eu disfrutei moito de rodar así casi 20 tipos con furgalla de apoyo detrás. Parecíamos un peloton UCI PRO-TOUR.

Un total de 18 km que ben se poden resumir en 4 sectores: o primeiro de llaneo picando para abaixo moi moi rápido, para coller un cruce que nos leva a unha zona de 2 repeitos de potencia cortos. A terceira parte ata chegar á subida un pouco rompepiernas e despois un colofón de 3km de subida tendida para acabar na rotonda.

Sin máis que comentar, porque cada un faríao ó seu ritmo dentro de estar mais ou menos entrenado. Eu non estaba moi entrenado a verdad, pero o trazado íbame moi ben a como son eu. O resto? mellor mirar os tempos:


Clasificación General: 1º M.Prado, 2º SusoBeis, 3º Oscarito,
Angel, J.Rouco, Mon, Sergio, Ito*, Panchito*, Pato, C.Taboada, Andrés, Carlitos*, Pekeno*, Carlos, M.Vilacoba, Su Presidencia.

Algunha que outra sorpresa tanto positiva como negativa que non vou entrar a valorar... jajaja eu vou falar por min e digo que me jode que se me escapara Suso por 14seg. Prado foi unha apisonadora sin rival, cun tempazo. Hai moita xente na zona media da táboa o cal indica que andamos todos moi parexos de nivel.

En Cat A Sub-35: Oscarito-Mon-Sergio
En Cat Máster: M.Prado-SusoBeis-Angel


E despois de intercambiar impresións, coller aire, e gardar as bicicletas... a encher o bandullo! Vaia picoteo que nos tiña reservado Suso, con boas vistas e un tempazo, así da gusto facer eventos!! Gracias ós de fóra por vir compartir a mañá, e gracias a SusoBeis por prepararnos algo tan tan chulo, que creo que que se vai convertir nunha fija no club.



Un saludo a todos e a darlle ó pedal!!! (Carballo se acerca...)

Oscarito! --

18 comentarios:

carlos dijo...

ENHORABUENA, primeiro a jorge por el 2ª puesto. Creo que le circuito era de aupa, asi que mas merito tiene, menuda temporada de estas haciendo. A SEGUIR ASI

Oscarito dijo...

Se queres vou correr por ti as probas que queden. Non garanto podiums nin caídas, pero algunhas risas si jajaja.

Se queredes eu fago a crónica de susobeis, pero ¿Quen fai a crónica da nocturna? Ito? Carlitos? Andrés? Joyero? Juan? etc? Ay no! que non viñestedes... jajajajaja

É coña, e por darlle un toque de humor. Hala, a seguir dándolle ó pedal e ó que se tercie! abrazos!

Boa cronica hory.

JoRy dijo...

Gracias chavales!! Claro que foi unha temporada boa e se todo vai ben esta semana irei o campionato galego de xc en maceda. Ainda que non sei.... A rodilla esta bastante tocada.

Ok. A cronica da nocturna a ver se se presta algun dos que foi. PEKENO????

Abrazooo

Pekeno Saltamontes dijo...

Crónica dunha caída anunciada ???! Veña que a fago eu !

suso beis dijo...

Eu quero dar a noraboa por ese 2° posto a jory, gran currante e sufridor, pero tamen a carlos,que a pesar de non acabar, (faltalle ese punto de sufrimento e fotaleza mental que seguro conseguira pronto) dou tres voltas o circuito, que eu fixen as zonas jodidas a pe e dou fe que ACOJONABAN. Eu creo que mais da metade da xente caeu agunha vez, eso non eran trialeras, eran acantilados!!! Da crono decir que quero facer de ese evento o mais esperado do ano, ainda que namais sea polos pinchos de despois, OSCARITO,CRONICA!!!

Pekeno Saltamontes dijo...

como mola a foto estilo "quinceañeras"

Kiko dijo...

Noraboa jory,pequeno e jory a recuperarse,boa crónica síntomas non poder asistir os eventos pero o chollo e o chollo

suso beis dijo...

Moi boa cronica pekeno. Mira ti que curioso, unha marcha que en principio non prometia nada,o final houbo caidas,amagos de caida,ataques wapos no puerto, alguns que baixaron a velocidades de vertigo, outros que baixaron por trialeras na compania dun porco teixo, pinchazos, piques nas baixadas por asfalto...faltounos atopar petroleo!!

JoRy dijo...

a ver esa crónica dA CRONO DE SUSO BEIS JEJEJE

FDO. jory

suso beis dijo...

Moi bien narrado amigo Oscarito, agora imaxino que quereras tomar cumprida venganza na cronoescalada, cousa que tentarei evitar por todolos medios, legais,(entrenando moito moitisimo) ou ilegais, (doparme ata as orellas). Por outra parte,alegrome que vos gustara o evento, para o ano tentaremos melloralo. UNHA APERTA

Pekeno Saltamontes dijo...

Suso, e como pensas melloralo ? Difícil, polo cal eu che dou a opinión de que unhas boas azafatas que estean na salida, estilo Moto GP cos seus paraugas e todo eso jejejeje

JoRy dijo...

Apoio a proposta do pekeno por unha cez ba vida jajajjaja. No en serio estivo way e eso que eu solo o vin desde o posto de comisario eh xdd

JoRy dijo...

Apoio a proposta do pekeno por unha cez ba vida jajajjaja. No en serio estivo way e eso que eu solo o vin desde o posto de comisario eh xdd

Pekeno Saltamontes dijo...

o día que deixe de pensar...jajaja creo que hai presentar a proposta ao Presi, que non creo que diga que non, e se hai que facer o casting, faise un esforzo para buscar chavalada jejeje :)

Oscarito dijo...

ah hostia!!! que se me olvidou! de quen é un bombín de carbono de carretera?? apareceu entre as miñas cousas na furgalla de panchito o dia da crono, si sabedes de quen é teñoo eu. abrazos

Pekeno Saltamontes dijo...

Meu...jajaja

JoRy dijo...

Vai haber cronica de domingo??? Abrazooos

Oscarito dijo...

quedou encarjao o "rapas" (taboada) a ver si fai hueco e redacta xD