martes, 30 de octubre de 2012

XXXV Carreira Pedestre Popular Santiago de Compostela

Pois alá fomos, uns cuantos inconscientes, a adentrarnos nunha disciplina que non é a reina para nós. Correr. E menos sin levar detrás a un policía ou ó dono dunha leira ca jalla na man porque lle movimos os marcos ou porque lle saltamos porriba do pastor eléctrico.

Os esfola-runners-OEA-PRO-TEAM eran: Suso Beis, Carlos Duro, Carlos Abogacía, Pekeno, Kiko, Ito, Manuel Vieites, Martín, e Oscarito que escribe. O Pelucas tamén andaba por alí, e moitos conocidos da zona. Tempo despejado que propiciaba un frio que rascaba máis da conta.

Quentamos un pouco... reunímonos, risas, cada cual cas pintas máis globeras (ou como carallo se chame globero no argot running). Que si o GPS colle señal, que si chegamos xustiños de tempo, que si tal que si cual...PUM! pistoletazo e alá salen todos os de adiante fora alma.

A miña idea era correr a un ritmo medio de 4:10-4:20, e como levaba ferramenta, podía ir mirando e así podía medirme mellor. A salida fatal, supermasificado. Correr de puntillas e frenando costa arriba pero bueno, es lo que hay. Coronamos moi lentos a primeira subida e xa hai claros grupos.

Eu-suso, Carlos por libre, Duro-pekeno-ito-manuel, e Kiko que xa sexa MTB, correr ou birras, sempre facendo a goma e indo a recalentóns jajaja. Ambientazo en todo momento. Xa vou collendo o ritmo intentando coller ós que van correndo á miña velocidade estimada. Suso que se vai quedando ata que no KM5 xa o perdo.

E tampouco vos quero aburrir. Zapatilla pa diante, regulando moito, nas costas subindo un pouco o pulso e cando se corona Vite leña pabaixo e todos os santos axudan. Eu aquí vinme un pouco abaixo porque eso de correr pabaixo non é o meu. Entrada en meta en 51min e contento porque corrin en 4:15. Por detrás o resto, suso, duro, manuel, pekeno, kiko, ito, abogado. Martín creo que me sacou 3 mins ou así, bueno, podedes consultar todos os RESULTADOS AQUI

Reunímonos todos no obradoiro e intercambiamos impresións, todos melloramos rexistros pasados e todos satisfeitos. Como guinda entrevistáronme de CorreoTv e salín pola noite na tele con cara de extasiao, pero foi simpático



Despois cañita vendo correr a Alonso, que ese si que fai rápido o KM e para casa. Así da gusto, unha horiña de sufrimiento e o resto disfrute. Pasamolo moi ben, ambientazo en todos lados e en especial na zona vella. Merece a pena correla ainda que sexa porque animen todo o que non animan cando son probas de bici. Eu ahora seguirei adestrando a correr que é parte fundamental do Tri.

Así que nada amigos, a seguir adestrando en todo o que se poida e a seguir mellorando para arrancar con forzas a tempada! vémonos!!!

Oscarito!!

5 comentarios:

Kiko dijo...

Boa crónica,tempo bo pero frío haberto ,o domingo en ames vemonos

Necho dijo...

Noraboa rapaces, deixando o pabillón ven alto nunha disciplina deportiva que non é a nosa.

JoRy dijo...

Boa representacion OEA en santiago nunha cita q se fai clasica para algins do club. Todos contentos cos resulyados e nunha boa moorning, mereceu a pena. Ahora queda a de Ames e a deixar o liston ben ben algo ehhhhhh

Abrazos, Jory

pachito dijo...

Oscurito, notase que tes unha carreira, "que bien hablas chico".
Asi me gusta que fagades de todo, algun dalle mellor a correr que a pedalear,je je. Eu d momento voume a dedicar a pedalear que (pa min) e menos aburrido.
O domingo vemonos para ir a serra de outes.
UN BICO NO PETEIRO

Vieites dijo...

Ola a todos, boa crónica e boa carreira. A verdade é que me pareceu moi amena, pensei que ía levar peor o feito de ser tanta xente.
Agora quédannos dúas carreiras para este mes, a de Bertamiráns e a de Negreira... espero que sigamos sendo tantos Esfola Arrós!!

Un saúdo a todos e ánimo aos que ides a Serra de Outes.