Este domingo 4 de novembro arrancamos direccion a Serra para facer a ruta BTT que nos tiñan preparada estos amigos, ainda que ter amigos para esto.... Jajaja. A expedición OEA formada por Pato, Joyero, Panchito e moi, Jory.
Como está aquí o lado, non tivemos que madrugar tanto e nun plis estabamos en Outes, non sen antes parar no ventos a tomarlle un cafeciño e algo de desayuno. Maña fría, pero non chovía asique dpm!
Chegamos e xa habia moito movemento. Entrega de dorsales (un pouco ruíns xD) pero sen atascos nen nada, perfecto. Chegaba o momento de coller as monturas e aquí aparece Pancho coa rígida do presidente, a Jhon Luck do 92¡
Arrancamos mais ou menos polo medio do pelotón, (como se notan algunhas baixas jaja) e a intención en todo momento era rodar os catro xuntos, xa sabedes, ,o mítico. Bueno non duramos nin 3 km e xa iban pato e o joyero diante e Panchito mais eu xuntos atrás. Menos mal que non me fixo falta porque me di o joyero, non leves bombín que xa o levo eu e como imos ir xuntos se che fai falta xa che axudo. Jajajaja menos mal que non fixo falta.
A ruta unha autentica pasada, camiños con algo de barro, subidas esixentes sobre todo a parte larga, vistas increibles, a xente super amable nos avituallamientos, as baixadas a pique con Panchito nas nosas rígidas moi divertidas jeje (vaia técnica o Panchito na Luck eh cuidao! Jeje.) os de adiante sei que Pato tivo algun que okutro problema ca cuberta que lle pinchou e lle botou unha man Eze, que tamen andaba por ali dando caña. Angel sen problemas na ruta ainda que como chegou moito antes que nos, papou un frio de c..... Ali esperando. E Panchito que sufriu mais do normal na rigida pola postura algo forzada e os km nas pernas, 54 en total de puro BTT que remataban cunhas subidiñas moi cabronas o final de todo.
Ducha en auga quente, pinchos o acabar, saudos a organización e todos contentos. MOI BOA RUTA! O recorrido xa digo que foi DURO pero precioso. Ahora xa nos empeza a tocar a nos....
Un saúdo
Jory (desde a miña cama)
6 comentarios:
Os da Pedestre de Ames que¿ como foi a cousa? Pronto fotos!
A crónica, se non hai inconvinte fagoa eu, e súboa a noite !!! Bicos OEAs
boa crónica! alégrome que haxa movemento en diversos frentes! a ver cómo lle foi os da popular de ames. Algúns iremoslle este finde a Negreira a romper as pernas.
Moi bo o detalle de pancho cunha bici de 20 anos, casi a misma edad do que foi enriva... jajajaj
gracias amigo oscarito polo piropo, pero xa teño 27 anos.jo jo
cuidao ca marchita da serra,pero bueno,toda a mala hostia que collias cando non parabas de subir, viase recompensada cas "tremendas" baixadas que tivemos que baixar, MARAVILLOSAS!!! en cales a john look comportouse como se fora miña, Jori mais eu tivemos un duelo de rigidas, tuvo interesante e pasamolo como0 enanos...
felicitar a organiacion polo recorrido, e dicir que as duas ultimas planchas no km 52 sobraban,perooo... TODO MOI RICO MOI ABUNDANTE.
PD: Oscar, gracias pola MAKINA
este finde deixocha na casa.
UN BIKO NO PETEIRO
Nas planchas esas do final Panchito non vía "polos fritos", senon que xa vía LOBOS jajajja
Pasámolo de marabilla. Ahora a esperar pola próxima ruta e a ver se temos xa o remolque con nós, que se está facendo de rogar.
Fdo: Jory
Boa crónica. Parece que a ruta foi moi chula.
Como vai o do remolque? Xa tedes algún buscado?
Publicar un comentario