miércoles, 11 de julio de 2012

Un domingo ca Grupeta


Bueno chavales, o domingo levantamonos a duras penas. Miramos pola ventana... uuuyyyy ta a cousa fea, e máis para ir en carretera! Pero nada, vistome salo da casa e veña, primeiras gotas, dou volta collo chuvasqueiro e para Berta!!
Chego o Budi e están Oscarito, Panchito, Pato, Pekeno, Andres, Juan, Abogado e Ito. Ahora chegan os problemas, que se imos para o Este, Noreste, China... Pois nada, o final tiramos cara Vilagarcía. Pasamos por Padrón a fuego. Seguimos por Pontecesures e Valga, onde empeza o primeiro repechillo, empezamos a subir e empeza a emoción tamén, xa hai fugas! Jaja Escapome do peloton cun ritmo normaliño.

O instante escoito unha bicicleta detras miro e vexo a Panchito Anda a Dios jaja viña a miña caza o tipo! E hai lle metin dous piñóns mais e nada xa deixei desfeito o tipo e levome o maillot de montaña! Jaja
reagrupamonos e seguimolo camiño cara Cuntis, nun continuo sube-baixa, onde se produce outra escapada de Andres, Pato e Juan pero pronto os neutralizamos.


Parada técnica para que algúns collan auga, outros fagan as súas necesidades (mexar) e Andrés avisando a Carlitos de que imos cara Vilagarcía. Seguímos cara Vilagarcía e xa empezan a falar sobre o repeitazo chamado O Pousadoiro, xa estaba eu acojonao do tremendo repeitazo.. empezamos a subir e a min xa me entra o nervio e veña de pe, poñome en cabeza e escoito enfilar a miña roda a todo cristo por atrás jaja Pero as miñas ansias por manter o maillot da montaña eran grandes, e a xente empezouse a quedar... chego o último repeito, miro para atrás, e vexo a oscarito ca súa SPD-OEA TEAM e coronamos os dous xuntos!

Volvemonos a reagrupar e chegamos a Vilagarcía onde nos encontramos a Carlitos ca family. Despois de charlar un pouco volvemos a carretera, ou mais ben a terracita jaja Paramos a tomarlle unha, neste caso a primeira jajaja E aquí nos deixou o Pekeno que tiña que ir pa casa, e alá marchou.

Volvemos a sair, ahora enserio, direción Catoira para ir para a casa, e veña a relevos tirando a fuego sen novidade ata padrón onde algúns empezan a decir que si había que ir por urdilde pa pegar unha boa volta, pero nada tocou ir pola picaraña e para chegar os 100 km baixar por Ortoño, e como non, habialle que tomar a última antes de chegar a Berta. E aquí acabou o día con 113 km para min e un bo dia de bici cos OEA.

Un saúdo chavalada!! 

**Taboada**

3 comentarios:

Oscarito dijo...

Boa crónica neniño!!! O domingo tivo de puta madre. Tocaba mallar e o ritmo foi moi combativo con contínuos piques. Volver a relevos estivo moi ben.

Ahora este finde haberá outra vez división, uns á ruta da auga, outros á de Ezequiel e eu mais Sergio iremos ó triatlón de Poio. Sorte a todos

JoRy dijo...

Estos oea's que non paran!!! Asi me gusta!!!! Dandolle para carballo ehhhh. Pronto toca darlle e darlle. Os pikes sempre son pikes e sempre estaran ahii jejjee pero dan as risas jejejjeje

Abrazooooo e vemonos!!!

suso beis dijo...

A ver... Quen vai a betanzos este domingo??