Bueno
chavales, o domingo levantamonos a duras penas. Miramos pola
ventana... uuuyyyy ta a cousa fea, e máis para ir en carretera! Pero
nada, vistome salo da casa e veña, primeiras gotas, dou volta collo
chuvasqueiro e para Berta!!
Chego
o Budi e están Oscarito, Panchito, Pato, Pekeno, Andres, Juan,
Abogado e Ito. Ahora chegan os problemas, que se imos para o Este,
Noreste, China... Pois nada, o final tiramos cara Vilagarcía.
Pasamos por Padrón a fuego. Seguimos por Pontecesures e Valga, onde
empeza o primeiro repechillo, empezamos a subir e empeza a emoción
tamén, xa hai fugas! Jaja Escapome do peloton cun ritmo normaliño.
O
instante escoito unha bicicleta detras miro e vexo a Panchito Anda a
Dios jaja viña a miña caza o tipo! E hai lle metin dous piñóns
mais e nada xa deixei desfeito o tipo e levome o maillot de montaña!
Jaja
reagrupamonos
e seguimolo camiño cara Cuntis, nun continuo sube-baixa, onde se
produce outra escapada de Andres, Pato e Juan pero pronto os
neutralizamos.
Parada
técnica para que algúns collan auga, outros fagan as súas
necesidades (mexar) e Andrés avisando a Carlitos de que imos cara
Vilagarcía. Seguímos cara Vilagarcía e xa empezan a falar sobre o
repeitazo chamado O Pousadoiro, xa estaba eu acojonao do tremendo
repeitazo.. empezamos a subir e a min xa me entra o nervio e veña de
pe, poñome en cabeza e escoito enfilar a miña roda a todo cristo
por atrás jaja Pero as miñas ansias por manter o maillot da
montaña eran grandes, e a xente empezouse a quedar... chego o último
repeito, miro para atrás, e vexo a oscarito ca súa SPD-OEA TEAM e
coronamos os dous xuntos!
Volvemos
a sair, ahora enserio, direción Catoira para ir para a casa, e veña
a relevos tirando a fuego sen novidade ata padrón onde algúns
empezan a decir que si había que ir por urdilde pa pegar unha boa
volta, pero nada tocou ir pola picaraña e para chegar os 100 km
baixar por Ortoño, e como non, habialle que tomar a última antes de
chegar a Berta. E aquí acabou o día con 113 km para min e un bo dia
de bici cos OEA.
Un
saúdo chavalada!!
**Taboada**
3 comentarios:
Boa crónica neniño!!! O domingo tivo de puta madre. Tocaba mallar e o ritmo foi moi combativo con contínuos piques. Volver a relevos estivo moi ben.
Ahora este finde haberá outra vez división, uns á ruta da auga, outros á de Ezequiel e eu mais Sergio iremos ó triatlón de Poio. Sorte a todos
Estos oea's que non paran!!! Asi me gusta!!!! Dandolle para carballo ehhhh. Pronto toca darlle e darlle. Os pikes sempre son pikes e sempre estaran ahii jejjee pero dan as risas jejejjeje
Abrazooooo e vemonos!!!
A ver... Quen vai a betanzos este domingo??
Publicar un comentario