lunes, 24 de septiembre de 2012

II Marcha Cicloturista CC Botafumeiro: Monte Gaiás.

Tarde mal pero non arrastro. Ese podería ser o título alternativo desta aventura de mañán de domingo. 11 inscritos, e 2 rajados de última hora. A verdade e que a mañán non estaba para outra cousa que non fora quedar na cama descansando. Pero esa non é a filosofía OEA.



Cun temporal de 3 pares de co...ronas, estamos boa parte do comando OEA nas tetas esperando polo autónomo máis dicharachero da zona: Panchito-engaña-a-Diós. Quedou durmido e esperamos un bo anaco por el pero nada que unha subida a 150 pola autovía non solvente. Chegamos cando xa todos estaban arrancando de forma neutralizada para saír na praza do Obradoiro. Así que nada, reunímonos co resto da grupeta, e cada un polo seu lado e atallando por sitios recónditos chegamos a tempo.

"Pois non pinta tan mal, non chove" era a opinión popular. Uns 150-160 debíamos ser así a ollo. Poñemonos en marcha dirección Padrón e disfrutando do paseo por Santiago. Bo rollo e de historias. Non así para Angel-Joyero que foi tirando todo o tempo e papando un ventazo de frente incríble.

Durante toda a marcha a verdad e que ambiente moi globero, pero gustoume moito. Que si para a poñer chubasqueiro, ahora a mexar, ahora a coller auga... o bo e que o pelotón tampouco rodaba a altas velocidades co cal avanzábamos lento pero seguro: quedaba moito día ainda. No repeito da rotonda que vai para Dodro... sorpresa! Kiko animando/ríndose de nos. Nunca o tiven moi claro pero él estaba alí apoiándonos! 

Encaramos a subida do Treito. Mal pinta o tempo, pero co aire de cú faise moi fácil. Algúnha choiva intercalada refresca o puerto. Eu (oscarito), taboada e panchito, sabedores que ainda queda enfrentarse a SanXusto, imos gardando balas ("O que jarda sempre ten") mentres que Jory e Andrés protagonizan unha boa remontada. Pequeno, Ito, Pato e Carlos Abogado completan a comitiva OEA na ascensión.

Chegada ó pico Muralla e avituallámonos... e... CHAPARRÓN do siglo. Aquí a organización decide acortar a marcha e desviarnos a todos pola vertiente máis cómoda, sin baixar a Noia. (Decir que algún deu gracias al Señor e a todo o firmamento, porque iban máis que maduros jaja) Fomos escapando pouco a pouco da chuvia pero non do temporal que provocaba algunha que outra racha de vento moi peligrosa para os ciclistas.

Como sempre, o apunte globero para Carlos T, que pincharía chegando á rotonda de Martelo, e claro, os colegas de equipo Oscarito e Jory téñen que quedar cambiando a roda. Afurgalla de Oliveira queda con nós e unha vez reparada a avería, levaríanos en volandas e costa abaixo ata o pelotón. Velocidades de vértigo facendo un tras coche a 75km/h que lle deron un toque de adrenalina á mañan.

Por suerte reagrupámonos todos os OEAs para cruzar Bertamiráns xuntos e dar boa imaxe de Club. Saludando a propios y extraños, disfrutamos do momento. Pero pouco ía durar a alegría na casa do pobre, porque xa nos atopábamos subindo cara Santiago, eso si, ritmo moi tranquilo. Os máis desbocados xa empezamos a tomar posicións.

E chegamos á rotonda da Pontepedriña que daría comezo aos 3km de tramo libre que terían como colofón a subida ó Monte Gaiás. Collo a roda de Raña, non por nada, pero por decir que fun á roda dun dos grandes deste deporte. Cómo tira o cabrón. Rómpese o pelotón e eu quedo cos mellores. Tou nun bo vagón, penso. O repeito de Sar acaba por agrandar as distancias. Rodase realmente rápido. Na subida xa me desentendo de Raña mais dun grupo de 3-4 corredores que o persiguen. Manteño a miña posición chegando 5-6 á cidade da cultura. Por detrás chegan Taboada e Jory, que viñan a toda hostia remontando.

O resto foron chegando non moi distanciados porque o sprint tampouco daba moito máis de si, pero foi bonito disputar a subida con auténticos animales das dúas rodas. O OEA-team demostrou que ten xente combativa e algunha que outra promesa.

Duchas en auga quente (bien!!) e ás 2 xa estábamos sentados e comendo, intercambiando historias e disfrutando da presencia de Ezequiel Mosquera, xa que a marcha homenaxeábao. Reparto de trofeos... e os OEA's que se fan co trofeo ó Club máis numeroso. Gran mañán para disfrutar de todo o que nos organizaron o Club Ciclista Botafumeiro e Oliveira, que son uns auténticos cracks e solventaron as poucas incidencias que houbo con éxito.



Eso es todo amigos! vémonos no monte (xa queda menos! así que ide engrasando as MTB) 
PD: vale, eu a miña ainda a teño co cuadro roto, pero si hai que andar coa BH, ándase!

Oscurito!!


martes, 11 de septiembre de 2012

Cuando la pendiente se hace más ardua...

Hola mis pequeños Drugos !!!! Como foi esta semana panda de lambóns ? Aquí La Pekeñada Toda (Pekeno para os non entendidos da jerga/argot) vouvos relatar o sufrimento dun domingo de verán.

Abrese o día 9 de setembro sobre a Mahía e por extensión, as zonas colindantes, parece unha mañan fresca nestas nas que te plantexas se poñer manguitos e camisola interior, ou ir en piel...e eu decido que un OEA ten que papar, e para papar hai que ir en piel. Xuntanza diante do Budi, contando coa partipación de Ito, Andrés, Avogacía, Sergi, Oscarito e un servidor; onde Oscarito lle amosa a un transeúnte cómo axustar un cambio traseiro dunha road bike, algúns preguntan que onde vai a promesa aquela chamada Taboada; oxe dispoñemos dúas fontes, sua nai que dixo que se quedara durmido porque estudou moito, e oficial que dí que tiña resaca e a colloada chea...en definitiva, arrancamos dirección Ames.
O terreno xa coñecido, non por ser duro en sí, senon pola súa pestosidadedesuputamadre que a fai dura de co...gomelos. Aquí escomeza o debate matutino das 9:25 de los desayunos de la 1, vai chover? cando choverá? dá o vento de cara? onde está o joyero para tirar? Xa pasado o terreno mais pestoso do día, cruzamos Portomouro, onde viamos polas cunetas e arrós xente que vai a procesión de Belem....e claro hai que preguntar e deso se encarga Andrés, pero non lle pregunta a unha vella cas tetas ata a cintura, senon a unha morena con todo no sitio...e vaia todo !!! Pedaso mulleresas hai por esa zona !!!



Parada técnica a por auga, e comezamos o segundo debate, que ocuparía o noso tema central do día, os Wattios. Oscarito aplica unha gran definición do concepto (el concepto és el concepto, y como tal debe ser tratado), Andrés e Ito unense a conversa. Sacamos en limpo que hai que entrenar para conseguir eses Wattios desexados e deixarse de mariconas, sendo esto unha gran mariconada ! jajaja. Así chegamos a Bembibre, e comeza o que Andrés denomina "falso chan", pero a nosa avogacía é sabia, e entende de leis, non físicas, pero leis ao fin do cabo ! E dí que eso era subida que se lle fai moito a ese ritmo machacador que impoñían Oscarito e Andrés, que sería continuado por min ata a chegada a rotonda onde cambiariamos de dirección...cara onde? Santa Comba !!! Agora tocaba o que decian era unha subida xeitosa, asique, man ao peto do maillot e temazo al cante para afrontar a subida ! Subida destas que parecían ser das que me gustan, polo tanto aumento un pouco o ritmo para probar aos meus rivais "cuando la pendiente se hace mas ardua", ritmo normaliño tampouco unha cousa doutro mundo uns 17-20 km/h, e solo me sigue o triatleta Oscurito, e penso, merda este papame ao sprint e subindo....que facer neste caso? A táctica Pekeno Nº5 coñecida como o floco de millo, quentate pouco a pouco ata que unha de duas, rebentes ou te queimes vivo, asique ritmo alto, agora 23km/h e vento de cara, Oscurito parece que quere relevar ata que o aire fai que o pense e se poña a roda todo o que quedaba, para a falta de 150metros lanzar un poderoso ataque ao cal fixen fronte como puiden sacando os Wattios de non sei onde para imporme e gañar as bonificacións jejeje. Despois baixada e llaneo rapido ata Santa Comba onde decidimos que parariamos na Pereira a tomalo café no Bar dun hostal e así fixemos. Media hora para limpar a mesa, outro tanto para pedir, outro tanto para a chegada da bebida, e uns 15 minutos para a tapa (empanada de mazá) que a algún lle pareceron anos da fame que tiña.

Entre palillo e palillo, historias da mili contadas polo avogado, acabouse a hora do refrixerio neste día que non daba aberto e refrescaba de narices. Voltamos a arrancar a ritmo del Novio de la muerte, cantado polo lexionario do equipo. A fuego agora para a casa, e dando unhas clases maxistrais de relevos de 10 segundos, aínda que hai que entrenalos mellor e fichar a unha persona que me tape algo o aire, porque co avogado diante non me tapa nada !!! Pero a parada anterior fixo "mella" nalgúns dos corredores, eu entre eles, xa que lle teño unha fobia ao llano flipante. Pero doume refeito e poñome a tirar igualmente, onde todos poñemos un ritmo xeneroso tanto no esforzo como no pedaleo jajaja. Pericadas aparte, Sergi e Carlos quedanse e agardamos por eles, xa case estamos chegando ao últimos sprint do día....as caras así o reflexaban, a tensión mascabase para saber quen se alzaría cos puntos da montaña, e de tanto pensar un fulminante ataque de Oscarito acaba por desgarrar o pelotón, solo Pekeno lle segue a roda, pero cede metros ante o Wattioman do día !!! E xa no cruce todos para Bertamiráns e eu para Bastavales. Aos da mahía salironlles 80 km. a min 97, nun día movido e duro, sobretodo para min, coa cadera renqueante, e man mazada xuntos con dous puntos nun dedo pero....non hai escusas!!!!

Para ganar hai que saber perder y sufrir...

Bicos OEA´s !

Pekeno

P.D. Deixo a foto de prueba para que vexades os caretos da peña...mencionar oscarito e a Sergi jejejeje




lunes, 3 de septiembre de 2012

Triatlón A Coruña, WildWolf Series.


Son dos que pensa que ademais de disfrutar dunha gran cita como era este triatlón olímpico WildWolf en Coruña, hai que disfrutar do camiño ata el, que foron estas últimas semanas de adestramento. Tanto eu, Oscarito, como Sergi pasámolo moi ben este verán indo aos triatlóns e este domingo ía ser o punto e a parte por un tempo. 

A saída estaba para as 8:15 da mañan en Coruña. Cerraban boxes ás 7:45 así que había que ir con tempo para aparcar, preparar todo o material etc. Traducido a cristiano: levantarse ás 5 da mañan e facer un bo desayuno. Entre saludos a conocidos e a oscuras, preparamos todo. Estaba ben organizado con moitos voluntarios. Era gracioso ver cómo os que taban no Playa Club seguían de cubateos mentres nós nos enfundábamos o neopreno. Sergi e eu miramos un para o outro como dous vellos ós que xa parece que esas cousas lle quedan atrás, pero a verdade e que de boa gana lle metíamos un Ron-cola a esas horas. 

Despóis entre que si ganas de mexar, que si sergio se olvida o gorro, que si eu perdo o DNI e aparece en información, preparamos todo bastante lixeiro e pouco tempo nos deu a quentar. 

Alí estábamos na liña de salida, 200 e pico valientes en pelotón coa vista posta mar adentro, na primera boya de giro. Póñome detrás de Sergio, que está en primeira línea. Hay fuertes corrientes pero non hai case olas. Arrancamos! 

O planeado era nadar sin agobiarme e sen pelexarme con ninguén, e, así foi. Disfrutei moito nadando mar adentro mentras o sol salía para facernos máis bonito o trámite. É moi dificil para min nadar e sacar a cabeza cada pouco para orientarme. Non así para Sergi, que saíu 10 da auga co grupo de cabeza. Un animal. Eu? 80, coma sempre. 



Salgo máis enteiro ca nunca da auga, así que ahora toca concentrarse na transición. Un pouco atípica pois había pouco sitio e era obligatorio meter neopreno gafas e gorro nunha bolsa que facilitaban. Un pouco un cristo, vamos. Transición de libro para montarme na bici como un jefazo. Non tan ben sergi, que sigue liándose con eso de subirse á bici e perde algún segundo valioso. 

Bueno, ahora, a mallar nos pedales. Circulo en solitario coa vista posta nun grupo que divisaba ó lonxe. Paso algún que outro que estaba pagando o esfuerzo de natación. Dios, qué vento! O circuito invitaba á velocidade e si quería ir cómodo debía alcanzar a grupos para non quedar tirado como o escombro. 

Apreto os dentes e cólloos. Miro a referencia de Sergi e van como a uns 5 minutos de nós. Non creo que os colla, esto non é como nos populares, aquí so hai unha categoría e estamos xunto cos pro que veñen facendo todo o circuito por España e moita cabra de contrareloj. Iba a ser complicado. 

Póñome a tirar do grupo máis do que me correspondería, e van caendo as voltas. Tamén caería Sergi, que pagou a exigencia de ir cos de adiante a relevos. Invitoo a que se una pero non da máis. Intento apretar a algún do grupo levantando o ritmo pero son poucos os que se descolgan, ainda que seguimos collendo xente. Neste punto decir que algún é un puto peligro. Cruzadas nas trazadas, codazos, piques por non dar relevos, meter a roda provocando afiladores... un cristo, supervivencia pura. 



Metínlle un gel desos do decartón que había comprado. Vaia merda, revolveuseme o estómago, e eso que xa os probada o día anterior por si las moscas. Pero conócese que fixo reacción química coa auga salada que previamente había tomado no mar. A sergi tamén lle sentaron bastante mal. Eu acabeino de escarallar meténdolle redbull marca Hacendado. Aprobeito pa decir que si vades a estas cousas, compredes material de primeira. O low-cost non é para competición. Así non se pode rendir! Jajaja 

Decir que en todo momento un ambientazo de la hostia. Pese a ser pouco máis das 9, aquelo estaba cheo de curiosos e acompañantes. Entre eles, dous grandes OEA’s e amigos, como son Manuel e Patricia, que animaban en cada paso e facían algunha fotiño. Gracias. 

Cando me despisto, xa van alá as 5 voltas para sumar os casi 40km. Pouco máis de unha hora nos levaría. Eu marquei media de 38km/h pero moi levadeira, é mais, preferíría facer 100 en bici que os 10 que me faltaban correndo. Marco o 20 mellor tempo e Sergi o 114. 

Outra vez outra transición boa e sin fallos. Espera... merda! Que teño o dorsal do revés! Bueno carallo, ahora vai así, que non estou como para pensar. Calzo as zapatillas... espera! Qué e esto? Quen cojones me encheu as zapatillas de papel de periódico!?!? MAMA! Mecáwen! Ala me ves a min a quitar o papel de periódico das zapas. Ahora toca correr. 



Circuito de 2.5km ó que habería que darlle 4 voltas. Aquí xa notamos máis de cerca os ánimos da xente que abarrotaba o paseo. Veña, a correr. As pernas respondenme ben, ritmo de 3:45-3:50min o km. Ata que chegados a volta 3, no repeito que tiña o trazado, fago PUM!. Dios, que baixon... pásame xente, non sei se realmente son os da distancia sprint que nos pillan, si son os que empezan a correr frescos e ainda lles levaba ventaxa, si non os pro que me están doblando... así é dificil fijar obxectivos e marcar un ritmo, somos 500 correndo. Empézome a rayar... será cousa de que non bebín bastante? Sería que non comín nada? Cada cruce con Sergi era bo, pois animábamonos un ó outro, como tamén nos animaría Manuel e Patricia. Tamén algún conocido nos ofrecería ánimos e aliento. 

O sol xa apretaba e víase xente moi enteira correndo, e moi pro. Ainda non sei como hai quen deu corrido os 10km en 32 minutos, é para quitarse o sombreiro. Pero a miña batalla por acabar o mellor posible mais a de Sergi era outra. Apretamos e rematamos. Eu fago o 97 mellor tempo (a ritmo de 4:10 o km), e Sergi o 157. Xa sabemos donde temos que mellorar. 



A entrada a meta foi unha gran sensación. Centenares de xente animando como se foses o primeiro, tiña todo o ambiente moi profesional. Eu parei o reloxo en 2 horas 13 minutos, e Sergi 6 mins máis tarde. Xa o habíamos feito! Estaba moi contento, eu fixen 54 e sergi 89, que para o nivel que había estaba moi ben. 

Intercambiamos opinións con uns e con outros, esta parte é a mellor dos tri, a de intercambiar batallitas. Mereceu a pena pagar un plus polo wildwolf... porque as azafaifas eran serviciales e estaban moi moi moi boas (según algún testimonio ajeno a min, que eu iba ciego e casi non vía) así que a tomarlle melón, isotónica e estirar un pouco. 

Apañamos as cousas mentres imos facendo valoracións do que fora esa mañan de domingo. Mereceu a pena entrenar, madrugar, sufrir, as ampollas dos pes cando como recompensa vives un día como este. Creo que nos está enganchando esto do tri. 
Gracias Manuel e Patricia por animarnos, gracias aos OEAs por ser bos compañeiros de entrenamientos e saídas, gracias a miña nai por lavarme a roupa e gracias aos que ledes esto de cando en vez por aguantar estas reflexións! 

Un abrazo e sede bos! 

Oscurito!

Papando o Ézaro un domingo calqueira !

Bos días as personas, e as que non son personas tamén ! Oxe tócame a min (Pekeno) redactar a ruta que fixemos onte domingo para subir o Ézaro, fin de etapa a semana anterior na Volta e España.

Pois ben, quedamos as 8:30 en b¡Bertamirans 7 intrépidos corredores OEA: Juán, Jory, Avogacía, Ito, Andrés (Carlos III que foi o que chupou o dia anterior), Joyero e mais un servidor. O día estaba claro, recén se facía de día e a temperatura era moi agradable. Montamos todo nos coches e furgallas e dirección Esteiro!

Chegada a Esteiro e o primeiro que se nota, é o aire....forte, que uns decían que no iba dar de cara, outros que polo cú, que non iamos cagar en todo á volta....En fin, preparamos caballo de combate, uns acicalándose e pelexándos coa súa superciclocomputadorachupiguay de Garmin, imos arrancando a contagotas, para xa no kilómetro 0,7 (para os que non teñen a ESO, aos 700 metros) un tal Angel, conocído polo nome da súa profesión, Joyero, ese que de neno acabou a Volta a pataca en triciclo atacando en repeitos pestosos, empezou a impoñer o seu ritmo de marcheta cando aínda solo eramos 3 ! Ao pouco dannos alcance o resto, non sen esforzo, e apreciase a falta de Juan, o porque? o tipo montou na bici, arrancou e quixo cambiar de coronas, e non iba o cambio, a razón, sen batería non hai paraíso, asique volta para a casa ... (espero non estiberas moi cabreado!). E nos ao noso, ritmo imposto por Angel para facernos entrar en calor ! A ritmo pestoso, por terreno pestoso de sube e baixa, e repeitos en plato así en frío xa... imos pasando aldeas costeiras e o caloriño empezar a aparecer. Pasan os km. a media entre 33 e 34 km/h, e siguen pasando os km. as vistas, un luxo, perto da aldea de nacemento de Ito, este fai un ataque en repeito para sacar uns metros e ir falar cos pais, pero non estaban asique quedaba pendiente para a volta. Máis para diante, primeiro incidente, leve, en repeito, plato, 3ª corona, e salta a cadena e o corredor a causa do latigazo golpease con forza a rodilla contra o manillar....e a quen lle pasa? ao burro de Pekeno coma sempre....e conon sabedes o moito que me doía e xuntaseme a dor de cadera, pero un OEA nunca abandona! Pero non ía ser o único que pasaría oxe, xa que 5 kilómetros máis para diante, alguen lle fai o afilador a Jory, e o pelotón revolvese, sen consecuencias, ata que Ito atropella a Carlos por mor dun coche que viña tocando o cara... Amañase o cambio e a darlle que xa case estamos !!!

Chegada ao Pindo, e comezase a falar mais do tema central do día, seremos capaces de subilo sen botalo pé? Qué facer no tramo de cemento? Quén fará podium ? Moitos interrogantes que en nada terían resposta. Chegamos a zona de entrada ao mirador, pelotón encabezado por Angel, Pekenada e Jory por ese orden. Todos de pé para afrontar as primeiras rampas....e vaia rampas ! Imos subindo como podemos, eu vou na 3ª corona, e vexo como antes do tramo de cemento, Angel apartase e bota pé o chan. Eu sigo, concentrado na respiración e en acompasar as pedaladas (sí, eu concentrado en algo..) o pulso en 188 ppm, chego o tramo de cemento.....QUË DURO !!! Na vida subín cousa tan dura, a facer a serpe, de pé, cargando moito sobre os brazos que responden a perfección, as pernas facendo o que poden, sacando os wattios dos pelos do nariz para poder subir eso, pasame Jory, e acaba o cemento. Despois dese 30 % a cousa suaviza a un 17 % (de risas eh...), vou dun lado a outro, Jory colleme metros, e veña cara arriba, parece que o meu corpo dí basta, quedome unha fracción de segundo parado de pé, ata que nun arroute de coraxe, baixo unha perna con forza e sigo pedaleando. A cousa parece que suaviza algo mais e xa vou collendo ritmo, voume fixando onde estaba eu posto o día que pasou a volta, xa que dende ahí solo eran 250 m. pero xa vexo a Jory parado a beira da estrada e penso: xa acaba aquí? Pois sí, xa remataba o puertazo coas rampas mais duras que subín nunca ! Agora a inmortalizar o momento e agardar polo resto dos OEA´s ! Despois dun pouco chega Ito, Andrés, Joyero e xa ao final e cun grandes esforzo, culmina a Avogacía ! Sacamos as fotos no mirador e para abaixo ! Onde Andrés se queda sen frenos....jajaja vaia cara tiña o tipo ! Collemos auga e veña a darlle outra vez !






Agora estaría moi ben poder decir que volvimos como fuegos para Esteiro, pero sería unha verdade a medias, xa que eu ao enfriar, a rodilla iba cascada, e a Carlos notabaselle mamadillo, pero o resto como fuegos. Eu son o primeiro en quedarme, pero sigo ao meu ritmo, e engacho para logo descolgarme outra vez. Cada pedalada era un suplicio, pero iba conseguilo. Paramos na casa dos pais de Ito para facer o habituallamiento sólido e líquido e botar unhas risas....+(Maruxa, nai de Ito)Toma neniño e sécate que estás sudando moito ! - (Joyero) Deixe señora que total ao arrancar xa empezo outra vez a sudar ! jajaja que risas! Voltamos a arrancar, Jory, Andrés e Ito como cohetes, eu mais rezagado con Carlos que iba baleiro de todo e Angel comandando o grupo, e rodando para voltar ata Esteiro e ir a tomarlle unha a Bertamiráns a comentar o día e ver o bonito perfil da ruta !
En definitiva, un día moi chulo, cunha ruta de case 100 km., toda pola costa, cunha subida esixente para as pernas e a cabeza, recomendada a calquera, e cun clima que acompañou en todo momento, cun sol radiante e un calor ao final xa atufante !!!

Esperamos a crónica dos Triatlétas eses que tamén subiran o Ézaro con anterioridade.

Saúdos,

PEKENO