lunes, 24 de septiembre de 2012

II Marcha Cicloturista CC Botafumeiro: Monte Gaiás.

Tarde mal pero non arrastro. Ese podería ser o título alternativo desta aventura de mañán de domingo. 11 inscritos, e 2 rajados de última hora. A verdade e que a mañán non estaba para outra cousa que non fora quedar na cama descansando. Pero esa non é a filosofía OEA.



Cun temporal de 3 pares de co...ronas, estamos boa parte do comando OEA nas tetas esperando polo autónomo máis dicharachero da zona: Panchito-engaña-a-Diós. Quedou durmido e esperamos un bo anaco por el pero nada que unha subida a 150 pola autovía non solvente. Chegamos cando xa todos estaban arrancando de forma neutralizada para saír na praza do Obradoiro. Así que nada, reunímonos co resto da grupeta, e cada un polo seu lado e atallando por sitios recónditos chegamos a tempo.

"Pois non pinta tan mal, non chove" era a opinión popular. Uns 150-160 debíamos ser así a ollo. Poñemonos en marcha dirección Padrón e disfrutando do paseo por Santiago. Bo rollo e de historias. Non así para Angel-Joyero que foi tirando todo o tempo e papando un ventazo de frente incríble.

Durante toda a marcha a verdad e que ambiente moi globero, pero gustoume moito. Que si para a poñer chubasqueiro, ahora a mexar, ahora a coller auga... o bo e que o pelotón tampouco rodaba a altas velocidades co cal avanzábamos lento pero seguro: quedaba moito día ainda. No repeito da rotonda que vai para Dodro... sorpresa! Kiko animando/ríndose de nos. Nunca o tiven moi claro pero él estaba alí apoiándonos! 

Encaramos a subida do Treito. Mal pinta o tempo, pero co aire de cú faise moi fácil. Algúnha choiva intercalada refresca o puerto. Eu (oscarito), taboada e panchito, sabedores que ainda queda enfrentarse a SanXusto, imos gardando balas ("O que jarda sempre ten") mentres que Jory e Andrés protagonizan unha boa remontada. Pequeno, Ito, Pato e Carlos Abogado completan a comitiva OEA na ascensión.

Chegada ó pico Muralla e avituallámonos... e... CHAPARRÓN do siglo. Aquí a organización decide acortar a marcha e desviarnos a todos pola vertiente máis cómoda, sin baixar a Noia. (Decir que algún deu gracias al Señor e a todo o firmamento, porque iban máis que maduros jaja) Fomos escapando pouco a pouco da chuvia pero non do temporal que provocaba algunha que outra racha de vento moi peligrosa para os ciclistas.

Como sempre, o apunte globero para Carlos T, que pincharía chegando á rotonda de Martelo, e claro, os colegas de equipo Oscarito e Jory téñen que quedar cambiando a roda. Afurgalla de Oliveira queda con nós e unha vez reparada a avería, levaríanos en volandas e costa abaixo ata o pelotón. Velocidades de vértigo facendo un tras coche a 75km/h que lle deron un toque de adrenalina á mañan.

Por suerte reagrupámonos todos os OEAs para cruzar Bertamiráns xuntos e dar boa imaxe de Club. Saludando a propios y extraños, disfrutamos do momento. Pero pouco ía durar a alegría na casa do pobre, porque xa nos atopábamos subindo cara Santiago, eso si, ritmo moi tranquilo. Os máis desbocados xa empezamos a tomar posicións.

E chegamos á rotonda da Pontepedriña que daría comezo aos 3km de tramo libre que terían como colofón a subida ó Monte Gaiás. Collo a roda de Raña, non por nada, pero por decir que fun á roda dun dos grandes deste deporte. Cómo tira o cabrón. Rómpese o pelotón e eu quedo cos mellores. Tou nun bo vagón, penso. O repeito de Sar acaba por agrandar as distancias. Rodase realmente rápido. Na subida xa me desentendo de Raña mais dun grupo de 3-4 corredores que o persiguen. Manteño a miña posición chegando 5-6 á cidade da cultura. Por detrás chegan Taboada e Jory, que viñan a toda hostia remontando.

O resto foron chegando non moi distanciados porque o sprint tampouco daba moito máis de si, pero foi bonito disputar a subida con auténticos animales das dúas rodas. O OEA-team demostrou que ten xente combativa e algunha que outra promesa.

Duchas en auga quente (bien!!) e ás 2 xa estábamos sentados e comendo, intercambiando historias e disfrutando da presencia de Ezequiel Mosquera, xa que a marcha homenaxeábao. Reparto de trofeos... e os OEA's que se fan co trofeo ó Club máis numeroso. Gran mañán para disfrutar de todo o que nos organizaron o Club Ciclista Botafumeiro e Oliveira, que son uns auténticos cracks e solventaron as poucas incidencias que houbo con éxito.



Eso es todo amigos! vémonos no monte (xa queda menos! así que ide engrasando as MTB) 
PD: vale, eu a miña ainda a teño co cuadro roto, pero si hai que andar coa BH, ándase!

Oscurito!!


13 comentarios:

Carlos T dijo...

Como sempre cronicaza!!!!
Bueno, e que decir do domingo? Pois que aparte de ser a minha primeira marcha en carretera, foi unha boa experiencia rodar delado de grandes figuras do ciclismo galego!
E de min que decir, dei todo o que tinha no tramo libre, e quedei no medio de dous grandes OEA's, Freire e Jory. E como nn fixemolos tres top-10 jajaja
En resumidas contaas un moi bo domingo ca grupeta OEA !!!

PD: Lapierre vai no carallo!!! jajaja

Abrazooooos!

Kiko dijo...

Parece q corrín con vos lendo,a crónica,o malo o tempo ,eu tiña pensado ,saír. en mtb ,a pasar x rañalonga pola festa do cabalo.maís cando vin o día ,decidín ir ata padrón pasando x vexo q vai de camiño .e darvos uns ánimos sa q aí q telos. Para saír co día q estaba .vEmonos

suso beis dijo...

Cando un se deita as 3 e media da manan con 4 gins no peito, pon o despertador para as 7:45, se asoma a la ventana, ve o dia que esta de auga e vento e volve pa cama, eso non e ser rajado, senon actuar con coherencia. Se alguen non se rajou nunca,(perdon, actuou con coherencia) que tire e primeira pedra. UNHA APERTA

Oscarito dijo...

eso é! suso beis dando a cara! jajaja qué mais da home... o que pasa e que así vas ter jodido paparme, e sábelo... ahora que me tiñas a tiro... jejejeje veña, vémonos!

Pekeno Saltamontes dijo...

Puto Freire, mira que eres batallitas !!! A marcha supoño que estaría caralluda, sen auga e vento, sobre todo o vento, que aumentou a pestosidade do terreno. Decir que eu agradecín moito que se acurtara a marcha como auga de....xa sabedes, aína que había quen tiña peor cara ca min !!! E no tramo libre, subín como puiden pero é a primeira vez que adianto máis do que me adiantan !!!

Abrazooos e bicos !

Oscarito dijo...

Xa aviso con tempo para que despóis non me digades que non adestráchedes. DOMINGO 7 PEDESTRE DE BRIÓN. Inscripciones aquí: http://www.cronotec.es/inscripcion.php?id=105

e toda a info do percorrido aquí:http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com.es/

Tanto eu como Manuel Vieites alí taremos. Animádevos que son 8km

osesfolaarros dijo...

buena Oscarillo¡¡

Pola miña parte pois nah...decir que a marcha tomeina como un domingo de grupeta cos oea´s, estaba para eso e non para andar de fuguillas, que a temporada xa vai no carallo. jeje que bueno ver a KIKO alí dandolo todo animando, AGRADECESE¡¡, a subida ó muralla estuvo wapa wapa e moi rápida. Andrés foi o meu compañeiro de subida e conseguimos desbancar a grandes figuras do pelotón OEA que non fixeron unha boa táctica... jeje salvo Panchito que o cabrón atacou xusto antes da baixada jeje, parecía que conocía a subida e todo jeje. A verdade e que facía moito aire de dios que de vez en cando che pegaba un meneo mellor que a Paris de Noia pero bueno, doulle un toque.

Tema correr, decir que me vou animar pero empezo en Octubre asique nah, a esta primeira non irei eh....

ESTE SÁBADO POLA TARDE REUNIÓN OEA INICIO TEMPORADA. ABRAZOS

osesfolaarros dijo...

FDO: JORY

PD: PENSADE TODO O QUE QUEIRADES DECIR NA REUNIÓN, ALÍ TRATAREMOS TODOS OS TEMAS CANDENTES DA ACTUALIDADE.
ABRAZO

Andrés dijo...

Boa cronica. A verdad e non sei como me atrevín a sair este domingo coa previsión q habia do tempo, pero sempre pensas " non ha de ser pa tanto"... Pois foi, menudo día de temporal. Polo resto moi ben, ritmo mais q tranquilo, algunha estirada sobre todo nos tramos libres e moita charla e risas entre os oeas.

angel dijo...

Hola familia OEA gracias por asistir a marcha do botafumeiro , porque con este temporar , o mas sensato seria quedar na cama , pero xa se save o espirito de este gran grupo, por outra parte este domingo dia 29 Oli e cc ames organizan a salida de finisterre por carretera, si alguien se amina na pagina de Oliveira se pode inscribir , por miña parte vou a ir asi que animadevos que sera un gran dia de bici e compañerismo.

suso beis dijo...

Ainda que me pillas bastante verde, e as posibilidades de paparte son minimas ou nulas, seguramente vaia, ainda que namais sea pa que non me chames "rajado",( odio esa palabra) e bueno, unha vez postos, se te podo papar...pois papote. UNHA APERTA.

Kiko dijo...

O día será tamén o día da bici en santiago,apertas

sergi dijo...

es pa registrarme nada mas pero buena cronica