lunes, 3 de septiembre de 2012

Triatlón A Coruña, WildWolf Series.


Son dos que pensa que ademais de disfrutar dunha gran cita como era este triatlón olímpico WildWolf en Coruña, hai que disfrutar do camiño ata el, que foron estas últimas semanas de adestramento. Tanto eu, Oscarito, como Sergi pasámolo moi ben este verán indo aos triatlóns e este domingo ía ser o punto e a parte por un tempo. 

A saída estaba para as 8:15 da mañan en Coruña. Cerraban boxes ás 7:45 así que había que ir con tempo para aparcar, preparar todo o material etc. Traducido a cristiano: levantarse ás 5 da mañan e facer un bo desayuno. Entre saludos a conocidos e a oscuras, preparamos todo. Estaba ben organizado con moitos voluntarios. Era gracioso ver cómo os que taban no Playa Club seguían de cubateos mentres nós nos enfundábamos o neopreno. Sergi e eu miramos un para o outro como dous vellos ós que xa parece que esas cousas lle quedan atrás, pero a verdade e que de boa gana lle metíamos un Ron-cola a esas horas. 

Despóis entre que si ganas de mexar, que si sergio se olvida o gorro, que si eu perdo o DNI e aparece en información, preparamos todo bastante lixeiro e pouco tempo nos deu a quentar. 

Alí estábamos na liña de salida, 200 e pico valientes en pelotón coa vista posta mar adentro, na primera boya de giro. Póñome detrás de Sergio, que está en primeira línea. Hay fuertes corrientes pero non hai case olas. Arrancamos! 

O planeado era nadar sin agobiarme e sen pelexarme con ninguén, e, así foi. Disfrutei moito nadando mar adentro mentras o sol salía para facernos máis bonito o trámite. É moi dificil para min nadar e sacar a cabeza cada pouco para orientarme. Non así para Sergi, que saíu 10 da auga co grupo de cabeza. Un animal. Eu? 80, coma sempre. 



Salgo máis enteiro ca nunca da auga, así que ahora toca concentrarse na transición. Un pouco atípica pois había pouco sitio e era obligatorio meter neopreno gafas e gorro nunha bolsa que facilitaban. Un pouco un cristo, vamos. Transición de libro para montarme na bici como un jefazo. Non tan ben sergi, que sigue liándose con eso de subirse á bici e perde algún segundo valioso. 

Bueno, ahora, a mallar nos pedales. Circulo en solitario coa vista posta nun grupo que divisaba ó lonxe. Paso algún que outro que estaba pagando o esfuerzo de natación. Dios, qué vento! O circuito invitaba á velocidade e si quería ir cómodo debía alcanzar a grupos para non quedar tirado como o escombro. 

Apreto os dentes e cólloos. Miro a referencia de Sergi e van como a uns 5 minutos de nós. Non creo que os colla, esto non é como nos populares, aquí so hai unha categoría e estamos xunto cos pro que veñen facendo todo o circuito por España e moita cabra de contrareloj. Iba a ser complicado. 

Póñome a tirar do grupo máis do que me correspondería, e van caendo as voltas. Tamén caería Sergi, que pagou a exigencia de ir cos de adiante a relevos. Invitoo a que se una pero non da máis. Intento apretar a algún do grupo levantando o ritmo pero son poucos os que se descolgan, ainda que seguimos collendo xente. Neste punto decir que algún é un puto peligro. Cruzadas nas trazadas, codazos, piques por non dar relevos, meter a roda provocando afiladores... un cristo, supervivencia pura. 



Metínlle un gel desos do decartón que había comprado. Vaia merda, revolveuseme o estómago, e eso que xa os probada o día anterior por si las moscas. Pero conócese que fixo reacción química coa auga salada que previamente había tomado no mar. A sergi tamén lle sentaron bastante mal. Eu acabeino de escarallar meténdolle redbull marca Hacendado. Aprobeito pa decir que si vades a estas cousas, compredes material de primeira. O low-cost non é para competición. Así non se pode rendir! Jajaja 

Decir que en todo momento un ambientazo de la hostia. Pese a ser pouco máis das 9, aquelo estaba cheo de curiosos e acompañantes. Entre eles, dous grandes OEA’s e amigos, como son Manuel e Patricia, que animaban en cada paso e facían algunha fotiño. Gracias. 

Cando me despisto, xa van alá as 5 voltas para sumar os casi 40km. Pouco máis de unha hora nos levaría. Eu marquei media de 38km/h pero moi levadeira, é mais, preferíría facer 100 en bici que os 10 que me faltaban correndo. Marco o 20 mellor tempo e Sergi o 114. 

Outra vez outra transición boa e sin fallos. Espera... merda! Que teño o dorsal do revés! Bueno carallo, ahora vai así, que non estou como para pensar. Calzo as zapatillas... espera! Qué e esto? Quen cojones me encheu as zapatillas de papel de periódico!?!? MAMA! Mecáwen! Ala me ves a min a quitar o papel de periódico das zapas. Ahora toca correr. 



Circuito de 2.5km ó que habería que darlle 4 voltas. Aquí xa notamos máis de cerca os ánimos da xente que abarrotaba o paseo. Veña, a correr. As pernas respondenme ben, ritmo de 3:45-3:50min o km. Ata que chegados a volta 3, no repeito que tiña o trazado, fago PUM!. Dios, que baixon... pásame xente, non sei se realmente son os da distancia sprint que nos pillan, si son os que empezan a correr frescos e ainda lles levaba ventaxa, si non os pro que me están doblando... así é dificil fijar obxectivos e marcar un ritmo, somos 500 correndo. Empézome a rayar... será cousa de que non bebín bastante? Sería que non comín nada? Cada cruce con Sergi era bo, pois animábamonos un ó outro, como tamén nos animaría Manuel e Patricia. Tamén algún conocido nos ofrecería ánimos e aliento. 

O sol xa apretaba e víase xente moi enteira correndo, e moi pro. Ainda non sei como hai quen deu corrido os 10km en 32 minutos, é para quitarse o sombreiro. Pero a miña batalla por acabar o mellor posible mais a de Sergi era outra. Apretamos e rematamos. Eu fago o 97 mellor tempo (a ritmo de 4:10 o km), e Sergi o 157. Xa sabemos donde temos que mellorar. 



A entrada a meta foi unha gran sensación. Centenares de xente animando como se foses o primeiro, tiña todo o ambiente moi profesional. Eu parei o reloxo en 2 horas 13 minutos, e Sergi 6 mins máis tarde. Xa o habíamos feito! Estaba moi contento, eu fixen 54 e sergi 89, que para o nivel que había estaba moi ben. 

Intercambiamos opinións con uns e con outros, esta parte é a mellor dos tri, a de intercambiar batallitas. Mereceu a pena pagar un plus polo wildwolf... porque as azafaifas eran serviciales e estaban moi moi moi boas (según algún testimonio ajeno a min, que eu iba ciego e casi non vía) así que a tomarlle melón, isotónica e estirar un pouco. 

Apañamos as cousas mentres imos facendo valoracións do que fora esa mañan de domingo. Mereceu a pena entrenar, madrugar, sufrir, as ampollas dos pes cando como recompensa vives un día como este. Creo que nos está enganchando esto do tri. 
Gracias Manuel e Patricia por animarnos, gracias aos OEAs por ser bos compañeiros de entrenamientos e saídas, gracias a miña nai por lavarme a roupa e gracias aos que ledes esto de cando en vez por aguantar estas reflexións! 

Un abrazo e sede bos! 

Oscurito!

4 comentarios:

Fernando parra torreira dijo...

muchas felicidades a los 2, la verdad que para mi sois unos valientes, solo de pensar que despues de la bici tengo que correr 10 km glubbbbb, mejor con los del PlayaClub con material isotonico... bueno el año que viene mas y mejor, saludos

Kiko dijo...

Noraboa x rematar aldea una campeons.

JoRy dijo...

Kiko, sigo sen entender os teus comentarios macho!! Jajaja
Polo resto, chavales noraboa!! A competicion e jodida, sufrida pero que coño, tamen da recompensas emocionales que xa pagan a pena¡ Tedes que seguir dandolle duro e disfrutar do deporte que e a droga mais saudable que hai!

A ver se imos ter que crear seccion de tri nos Oea's jjajaj

Que risas co do Periodicoo, tal cual escena de Pedro Picapiedra jajjaa

Un abrazo nenos!!!

Pekeno Saltamontes dijo...

Que raro Sergi non atropellara a nadie nin cousas raras jajajaja
Noraboa maquinas !!!!