Como se pode adiviñar, refírome á fin da tempada de estrada.
Pobre de nós. O bo é, ao igual que pasa cos "sanfermines", que xa falta menos para a próxima.
A partir de agora principalmente MTB. Con iso recuperamos a José, Necho e Manuel.
Na última (por agora) saída de estrada, uns ata Fisterra con Oliveira, CC Ames, CC Botafumeiro, e outros, os máis, un anaco esta ruta e despois a non sei onde.
Reunímonos en Bertamiráns, sobre as nove. Que se no New York, que se en Don Budi, ao final na praza de sempre, papando frío, facéndolle compañía á muller de Rafa "o vasco" do Ames, que estaba a esperar a furgo de Oliveira para cargar as bolsas de deporte.
Estabamos Suso Beis, Kiko, Sergio, Ito, Andrés, Panchito, Jorge, Oscar, Juan, José e eu.
José de visita; ía en MTB, fiel aos seus principios.
Niso, chegou o pelotón, que saíra do Obradoiro. Angel Porto na cabeza, tirando, como sempre, e uns 50 detrás. Unímonos, á cola, tamén como sempre.
Subimos Urdilde e Martelo, suave. Cando estabamos a coroar, E. Mosquera, non Ezequiel, senón Enrique, é dicir, Kiko, disputou contra si mesmo unha imaxinaria meta voante, e loxicamente gañouna. E despois foise, sen máis; non sei que tiña cunha muller en Padrón.
Baixamos San Xusto. Sergio e eu freando, porque temos a teoría de que a velocidade máxima á que se pode ir en bicicleta, ao igual que á que se pode facer o outro, é 68, porque a 69 dás a volta.
Xa finalizando a circunvalación de Noia, nos adianta un coche da Garda Civil coa serea posta. Moitos pensaron que ía pararnos por exceder de non sei que número a partir do cal hai que pedir permiso, ou outro rolo. Nada diso, eran uns colegas; situaron o coche no cruce para que pasásemos sen problemas. Aos de diante, coa mosca detrás da orella, non se lles ocorreu outra cousa que parar, ata que alguén que estaba ao lado de Oscar dixo que tirasen para diante, que "acusatio non petita acusatio manifiesta", é dicir, que como permaneceramos parados lle iamos dar a idea de dicirnos algo.
Continuamos, uns a Fisterra, pola ponte, e outros, o groso dos OEAs, cara a Serra de Outes, ou o mundo de nunca xamais, sabe Deus.
Moi bo rolo; uns mellor e outros peor físicamente. A chegar a Muros paramos coa intención de tomar algo, pero niso Oliveira comentou que era bo que os que ían peor que seguisen, que os acompañaba el; os demais xa os collerían.
Non o dubidei un só instante, eu tamén seguiría, quedarse sería un suicidio. Duro ía a ser dar alcance ao primeiro grupo. A maioría pensou igual e continuamos uns 30.
Tiñamos razón, dos 20 que quedaron, cando nos neutralizaron, despois de Corcubión, como non, con Angel Porto tirando, só chegaron 6. Os outros foron quedando, esgotados, con cambras. En tan pouca distancia é moi duro recuperar os 20 minutos de vantaxe que lles levabamos.
Aproveito para render o meu particular homenaxe a Angel Porto, sempre sacrificado tirando do grupo e recuperando atrasados. O resto do noso club tamén axuda cando fai falta, pero el é unha xoia, con todo o mundo. Nesta saída non necesitei a súa axuda, pero noutras ocasións brindouma, como o outro día que fomos a subir Ézaro; á volta, nos últimos 10 quilómetros, esperoume e tirou de min (e tamén de Pequeno, aínda que el diga que me estaba a esperar).
Hoxe cheguei moi ben, co lóxico cansazo pero non esgotado e entre os 20 primeiros; supoño que algúns quedaron atrás polo sobreesforzo de neutralizarnos. Arriba estaban 2 ex OEAs, David e Fernando. Regresaron en bicicleta.
Antes, cando pasamos diante da casa dos pais de Ito acordeime do ben que nos trataron a última vez, da froita e bebidas que nos ofreceron e da caldeirada que non puido ser.
Falando de comida, durante a de Fisterra (manifestamente mellorable, sobre todo o peixe, que parecía en salgadura e o viño ribeiro branco, embotellado en Valladolid e ajerezado) falouse de organizar unha cea de nadal entre todos os clubs ciclistas de Santiago e bisbarra.
Esta crónica non a escribín eu, senón o siri do meu iphone. Seguindo os consellos que Andrés me deu o sábado no Américans, díxenlle: "escribe a crónica da xornada", e xa vedes.
Pretende estar á altura das demais, pero é difícil, especialmente do toque de humor de Oscar. Un xenio.
Falando do Americans, Juan, a hamburguesa e a pizza que levei estaban moi boas. Es un fenómeno. Niso e tamén na bici; ben, nesta cando te pos as pilas; as do cambio electrónico, claro.
Asinado: o siri do Iphone de Carlos Paz
Nota. Di Van Gaal, que non se admiten comentarios negativos, só positivos.
20 comentarios:
Si señor avogado, ole ole y ole!
A min encantoume tamen o toque de humor que lle deches á crónica jeje Da gusto ver que novos cronistas aparecen e siguen dando vida a este club. A verdade e que a idea de ir ata Fisterra en bike non está mal pero como xa imos ir o 14 deste mes pois xa non imos en carretera.
A nosa volta tamén estivo moi ben. Subimos o porto de Valadares ata preto de Pino de Val e desde alí tiramos cara a Pereira, uns con mais forzas que outros, con Suso Beis e Oscarito tirando case todo o tempo jeje. Paramos a tomarlle uns callos na Pereira e despois para casa. Unha mañan moi bo para dar por finalizada a tempada de estrada dos OEAS que a partir do 14 de octubre volve para a praza das tetas ás 9:30 da maña!
Un saúdo a tod@s
P.D: xa envio esta semana a acta da reunión do sábado e os acordos que alí fixemos.
JAJAJAJA qué boa crónica si señor! escaralleime! O domingo foi unha moi boa mañan, como xa dixo jory nos de volta tamén o pasamos moi moi ben.
Ademáis, aprendín o de "acusatio non petita acusatio manifiesta", que nunca ven mal!
Outra cousa: gracias por aclararnos o de que Joyitas tivo que tirar polo pequeno... jajaja
Enga, ahora que se anime todo dios a participar no blog, que esto volta de novo ás andadas!
grazas Carlos po los elogio pero no e pa tanto, en realidad gustame botar unha man a quen o necesite , espero que viceversa,cando vaia eo mortiño por esas carreteras de dios.
Moi boa cronicas , tes algo de dotes de escritor parece , un domingo de bici xenial , moi boa compañia , e como xa se save o recorrido moi bonito, levei un bo requenton , intentando dar caza os que ivan por diante pero con gusto cando un esta de forma bastante ven , comida dellorable,cando fumos a pagar comenteille o do restaurante que para os OEA tiña de millorar . e asi mo plometeo , asi que nada dentro de duas semanas fisterra.
un saludiño
Pois eu a verdade e que o de " acusatio, etc, etc.."non lle prestei moita atencion, pero o da velocidade maxima moloume un cacho... Unha aperta.
Moitas gracias por alabar o noso "fast foot".aver se os calandrias estes lles da por pedir algo pa casa ja ja.e as pilas onte facianme falta 3 paks pa volver pa casa. Unha aperta.
Moitas gracias por alabar o noso "fast foot".aver se os calandrias estes lles da por pedir algo pa casa ja ja.e as pilas onte facianme falta 3 paks pa volver pa casa. Unha aperta.
muy bien avogao.vas a ser cronista oficial.lo de la velocidad max.toita la razon pa ti.y juan para hacerte falta tres packs de pilas ivas en la llama desde a banña a bertamirans,tu en vez de estar de vacaciones estubiste haciendo un entreno especifico desos wapos
Noraboa pola crónica,moita chula .un bautizo de cronista moí ,bo q decir teño q sa se sabe o q ten don de centésima ten labia,non me esperaba inhalar Miller en padrón se non q quedará xa niña pa ir Aló. Vemonos
Kiko, macho, tes que mirar o que escribes antes de enviar, porque esto non ten traza ningunha; que quere decir "inhalar Miller"?, e o resto, mais ou menos vaise descifrando...
Boa cronica, sr. Letrado. E unha pena q rematen os dias de carretera porque quere dicir q temos o inverno encima. A volta moi chula e esixente. A Juan imos ter q cobrarlle as cuñas publicicitarias e ainda por riba por duplicado. Saúdos
Crónica excelente Carlos. Os que non temos de carretera vamos a ter que animarnos para o ano...parece que se pode pasar tan ben ou, incluso,
mellor que no monte!!
Un saúdo a todos.
Boa crónica Carlos.Leendo isto as 00.50 horas sentinme como se fora no medio do pelotón baixando,o mellor dito pensando na velocidade tan erótica que fixestes, por agora todo positivo asi que seguir comentando que me rein un pouco. Saudos OEAS .
Boa crónica Carlos.Leendo isto as 00.50 horas sentinme como se fora no medio do pelotón baixando,o mellor dito pensando na velocidade tan erótica que fixestes, por agora todo positivo asi que seguir comentando que me rein un pouco. Saudos OEAS .
Protesto letrado !!! jajajaja
Eu iba jodido, e dous jodidos xuntos fan un gran jodido, por eso me unín a ti ! Moi boa crónica avogacía !
Recordade que a xente que queira ir a finisterre e que noon sexa do club ten que anotarse para poder mirar plazas de bus...
Abrazooo
Jory meu primo
este domingo saides en mtb??? as 9:30 na praza das tetas???
este domingo algunos vamos a la pedreste de brion, otros al dia de la bici en santiago con las familiar pero supongo saldra alguien . Proximo domingo a finisterre, animarse
eo salgo en mtb porque que a de carretera esta a pintar.¡¡¡ non me queda outra¡¡¡¡¡¡
Angel hai que correr !!!!
Publicar un comentario