lunes, 26 de octubre de 2009

OEA´s ... MAIS QUE UN CLUBE !!!!


Chegaba o esperado día no que catro intrépidos OEA´S (Rodrigo + Dabiz + Kiko + Ito) deixaban as súas bicicletas para correr a máis grande carreira popular do noso pais.Amañecía o día tristón con algo de néboa pero con unha temperatura agradable;
Recollín a David e logo a Roi e tiramos para Santiago, onde habíamos quedado con Kiko que ía coa familia. Palpábase un ambiente xenial por toda a cidade, dende o campus sur onde deixamos o coche ata a liña de saída na Avd de Xoán XXIII, moitos deportistas, novos, menos novos, maiores, mais maiores, en fin de todo. Pero non tódolos participantes levaban un PERSONAL TRAINER da talla do noso Dabiz; que nos ia informando dos pormenores deste tipo de eventos.
Unha vez na inmediacións da saída empezamos a quentar (seguindo as precisas indicacións do adestrador), de arriba para abaixo (pises de rigor) e máis quentamento, saúdos os coñecidos. Parada na porta da facultade de medicina para estirar ben as pernas, e con un par de berros contundentes...aparece KIKO, xa estábamos todos, e achegábase a hora da saída xa os nervios afloraban e volta o trote cara a saída.

Cando nos encontramos de fronte con OSCAR PEREIRO colocándose o dorsal, asaltámolo para quitar unha foto con el; e díxonos en primicia que está barallando incorporarse os OEA´S...

Chegaba o momento da saída e como non podía ser de outro xeito atrás de todo, arranca a marea humana entre gritos, aplausos e cánticos dos marines da escola naval de Marín. O empece en subida con moita xente, o chegar o alto de San Caetano primeiros gritos de ánimo da familia Mosquera (KiKo); baixada cara o Camiño Francés con un ritmo moi baixo (deste xeito Kiko non ía poder baixar dos 60 min.) pero pouco a pouco foise facendo a idea de ir en grupo con todos os OEA´S.



Segundo as indicacións do adestrador non sería conveniente subir o ritmo para chegar en boas condicións o final da proba. Cruzamos Os Basquiños e a Rúa de San Pedro sen dificultade, acercándonos a zona nova por chán as sensacións eran boas, pero aínda quedaba moita carreira.


O chegar a Plaza de Galicia sorpresa total: dous seguidores dos OEA´S (Carmen & Fernando) coas vestimentas do equipo, animando fixeron que os nosos ánimos se fosen arriba, chegando incluso a ir bromeando coa moto que levaba a cámara de televisión por Doutor Teixeiro.Despois da baixada da Rosa chegaba a subida de Santiago de Chile e Rosalía de Castro ata chegar a Avd. da Coruña ,onde os incondicionais (Carmen & Fernando) seguían animando, ia facendo mella nas forzas, hidratámonos un pouco na entrada do Campus (non se pode beber moito), e de novo repeito bastante forte ata chegar a baixada do Pombal.
Na baixada e posterior chan de Galeras daba suficiente tempo de ir preparándose para a subida de Vite, neste tramo o Pequeno Saltamontes tiña serios problemas cos calcetíns (seica lle doian), nova hidratación e de novo outros OEA´S animando, estes coa indumentaria de bicicleta (Andrés & Mesie Pato), dura moi dura a subida, de non ser pola axuda inestimable dos compañeiros outro galo cantaría, reagrupamento dos catro por San Roque, xa que o Roi quedárase un pouco retrasado, nos metros finais notábase o agotamento aínda que era en baixada ...
... A chegada espectacular, os catro xuntos no Obradoiro.
Unha pena o de Kiko, non poder batir a súa propia marca, encima aguantando os seus seguidores que lle protestaban polo tempo que estaba a facer. Un OEA´S de pura cepa, esperando os compañeiros e axudándoos nos peores momentos. Prometo volver outro ano, cuns kiliños de menos e algo máis de adestramento.
Ito







11 comentarios:

Pekeno Saltamontes dijo...

Que pena que me descolgase por momentos.Decirvos que me queixaba con propiedade xa que me sairan dous bochons, unha en cada pe e sangrei e forcei a zancada para q non me doese ao pisar.Pero eso non excusa para o meu mal estado de forma
Ainda asi o pasei moi ben coa vosa compaña e penso repetir coa mellor compaña: VOS!
apertas!

Jorge dijo...

ii señor¡¡ a miña sincera noraboa a todos pero maís os que normalmente non van a este tipo de probas jeje

quen me dera vervos dios mio....jeje alegrome moito.

xa vos contarei eu como nos foi por cambre....MIÑA NAI¡¡ non digo mais

manuel dijo...

Sodes uns CRAKKSSSS.Os Oeas teñen que facer de todo,para que a vida non sea tan aburrida paseino moi ben cando vos vin pola costa de vite,sufrindo coma campeons. E o mellor de todo, o rato agadavel nunha terraza do Obradoiro co grupo dos OEAS.E ti Jorge xa contaras a tua aventura en Cambre un saudo.

fptruedas dijo...

unos fenomenos, unos autenticos fenomenos, y ahora que, arrancasteis no lo dejeis, ehhhhhhhhhhhhhhh P.S & Ito, aunque sea un dia a la semana y asi el proximo año, bajais de los 60 y dejais a Kiko feliz.
estoy de acuerdo con Pato, gran momento de clarita

carlos dijo...

ver para creer, me voy unos dias y al volver me encuentro a un ito atleta participando en una clasica de la zona.
felicidades a todos, que no falte nunca el humor

alfonso dijo...

noraboa pola vosa participación na edicción do 2009 da popular pedreste de santiago, pero po 2010 non so ai que facer santiago se non Ames e Brión que non se diga que os OEA son so de pedales senon que somos uns completos ACTIONMAN coma eses monecos que ten aqui o Anxo. Saudos a todos e se me recupero pronto pa voltar a disfutar da vosa compaña

Jorge dijo...

estoy teniendo bastantes problemas de tiempo pero intentare colgar la crónica del domingo lo antes posible, no penseis que me olvido. sufrir sufrimos.

Otra cosa mariposa. Este domingo volvemos al rubial para continuar con los caminos de la marcha no??? a ver si dejamos preparada la subida hasta el rubial ya...

enga un saludo

otra cosa sería el criterium...ajjajaj

dabiz dijo...

olas a todos
la carrera de este pasado domingo fue de las mejores que he corrido, gran compañia; querer es poder amigo Ito,
gran compañerismo; Kiko sacrificando su honor por ayudar al debil
gran leccion de humildad; PS, ya sabes ... a entrenar
el apoyo y los animos inesperados de Fernando, Carmen, Andres y Pato ... como dice el anuncio; no tienen precio, os voy a llevar a todas las carreras jaja
y si habia ganas de correr tambien hubo ganas de terracita & cervezas ... lo que bien empieza, bien acaba.

dabiz dijo...

por cierto señor Carlos: bienvenido, espero haya disfrutado de su viaje ...
.. el domingo estoy de guardia asi que pensare en el Rubial desde el laboratorio jeje...

dabiz dijo...

dando una vuelta por la red he encontrado dos fotos mas de los cuatro jinites del apocalipsis, asi que las he subido al blog, mirad la cara de esfuerzo y como se nos notaban los kilometros en las piernas ...bestial, inhumano ... solo para atletas altamente preparados jaja

dabiz dijo...

otra cosa mas, los tiempos que salen en el correo gallego son los tiempos brutos, si los de los brutos tambien, el tiempo neto se mira en championchip aunque ya os digo que fue de 01h12min, asi de guays ... con calma para no salir movidos en las fotos jaja