lunes, 3 de septiembre de 2012

Papando o Ézaro un domingo calqueira !

Bos días as personas, e as que non son personas tamén ! Oxe tócame a min (Pekeno) redactar a ruta que fixemos onte domingo para subir o Ézaro, fin de etapa a semana anterior na Volta e España.

Pois ben, quedamos as 8:30 en b¡Bertamirans 7 intrépidos corredores OEA: Juán, Jory, Avogacía, Ito, Andrés (Carlos III que foi o que chupou o dia anterior), Joyero e mais un servidor. O día estaba claro, recén se facía de día e a temperatura era moi agradable. Montamos todo nos coches e furgallas e dirección Esteiro!

Chegada a Esteiro e o primeiro que se nota, é o aire....forte, que uns decían que no iba dar de cara, outros que polo cú, que non iamos cagar en todo á volta....En fin, preparamos caballo de combate, uns acicalándose e pelexándos coa súa superciclocomputadorachupiguay de Garmin, imos arrancando a contagotas, para xa no kilómetro 0,7 (para os que non teñen a ESO, aos 700 metros) un tal Angel, conocído polo nome da súa profesión, Joyero, ese que de neno acabou a Volta a pataca en triciclo atacando en repeitos pestosos, empezou a impoñer o seu ritmo de marcheta cando aínda solo eramos 3 ! Ao pouco dannos alcance o resto, non sen esforzo, e apreciase a falta de Juan, o porque? o tipo montou na bici, arrancou e quixo cambiar de coronas, e non iba o cambio, a razón, sen batería non hai paraíso, asique volta para a casa ... (espero non estiberas moi cabreado!). E nos ao noso, ritmo imposto por Angel para facernos entrar en calor ! A ritmo pestoso, por terreno pestoso de sube e baixa, e repeitos en plato así en frío xa... imos pasando aldeas costeiras e o caloriño empezar a aparecer. Pasan os km. a media entre 33 e 34 km/h, e siguen pasando os km. as vistas, un luxo, perto da aldea de nacemento de Ito, este fai un ataque en repeito para sacar uns metros e ir falar cos pais, pero non estaban asique quedaba pendiente para a volta. Máis para diante, primeiro incidente, leve, en repeito, plato, 3ª corona, e salta a cadena e o corredor a causa do latigazo golpease con forza a rodilla contra o manillar....e a quen lle pasa? ao burro de Pekeno coma sempre....e conon sabedes o moito que me doía e xuntaseme a dor de cadera, pero un OEA nunca abandona! Pero non ía ser o único que pasaría oxe, xa que 5 kilómetros máis para diante, alguen lle fai o afilador a Jory, e o pelotón revolvese, sen consecuencias, ata que Ito atropella a Carlos por mor dun coche que viña tocando o cara... Amañase o cambio e a darlle que xa case estamos !!!

Chegada ao Pindo, e comezase a falar mais do tema central do día, seremos capaces de subilo sen botalo pé? Qué facer no tramo de cemento? Quén fará podium ? Moitos interrogantes que en nada terían resposta. Chegamos a zona de entrada ao mirador, pelotón encabezado por Angel, Pekenada e Jory por ese orden. Todos de pé para afrontar as primeiras rampas....e vaia rampas ! Imos subindo como podemos, eu vou na 3ª corona, e vexo como antes do tramo de cemento, Angel apartase e bota pé o chan. Eu sigo, concentrado na respiración e en acompasar as pedaladas (sí, eu concentrado en algo..) o pulso en 188 ppm, chego o tramo de cemento.....QUË DURO !!! Na vida subín cousa tan dura, a facer a serpe, de pé, cargando moito sobre os brazos que responden a perfección, as pernas facendo o que poden, sacando os wattios dos pelos do nariz para poder subir eso, pasame Jory, e acaba o cemento. Despois dese 30 % a cousa suaviza a un 17 % (de risas eh...), vou dun lado a outro, Jory colleme metros, e veña cara arriba, parece que o meu corpo dí basta, quedome unha fracción de segundo parado de pé, ata que nun arroute de coraxe, baixo unha perna con forza e sigo pedaleando. A cousa parece que suaviza algo mais e xa vou collendo ritmo, voume fixando onde estaba eu posto o día que pasou a volta, xa que dende ahí solo eran 250 m. pero xa vexo a Jory parado a beira da estrada e penso: xa acaba aquí? Pois sí, xa remataba o puertazo coas rampas mais duras que subín nunca ! Agora a inmortalizar o momento e agardar polo resto dos OEA´s ! Despois dun pouco chega Ito, Andrés, Joyero e xa ao final e cun grandes esforzo, culmina a Avogacía ! Sacamos as fotos no mirador e para abaixo ! Onde Andrés se queda sen frenos....jajaja vaia cara tiña o tipo ! Collemos auga e veña a darlle outra vez !






Agora estaría moi ben poder decir que volvimos como fuegos para Esteiro, pero sería unha verdade a medias, xa que eu ao enfriar, a rodilla iba cascada, e a Carlos notabaselle mamadillo, pero o resto como fuegos. Eu son o primeiro en quedarme, pero sigo ao meu ritmo, e engacho para logo descolgarme outra vez. Cada pedalada era un suplicio, pero iba conseguilo. Paramos na casa dos pais de Ito para facer o habituallamiento sólido e líquido e botar unhas risas....+(Maruxa, nai de Ito)Toma neniño e sécate que estás sudando moito ! - (Joyero) Deixe señora que total ao arrancar xa empezo outra vez a sudar ! jajaja que risas! Voltamos a arrancar, Jory, Andrés e Ito como cohetes, eu mais rezagado con Carlos que iba baleiro de todo e Angel comandando o grupo, e rodando para voltar ata Esteiro e ir a tomarlle unha a Bertamiráns a comentar o día e ver o bonito perfil da ruta !
En definitiva, un día moi chulo, cunha ruta de case 100 km., toda pola costa, cunha subida esixente para as pernas e a cabeza, recomendada a calquera, e cun clima que acompañou en todo momento, cun sol radiante e un calor ao final xa atufante !!!

Esperamos a crónica dos Triatlétas eses que tamén subiran o Ézaro con anterioridade.

Saúdos,

PEKENO



8 comentarios:

JoRy dijo...

Moi boa cronica pekeno!!! A verdade e que a subida e dura dura dura e mais indo atrancado de desarrollos. Con outros desarrollos subiriase moito mais fácil, eso seguro. Pero bueno o caso e tar ali.
A ruta xa empezou con risas e choros ó ver que Juan non collera a bateria da bicicleta jajajjaja tanta tecnologia xa se sabe..... Xa iremos outro dia pero desde bertamirans, pa darlle un toque mais épico!!

Pola noite subo unhas cuantas fotos que teño e fago a cronica da Ruta a Vimianzo.... Que tamen ten cousiñas xD

Parece que foi un finde intenso intenso para os OEA's

Fdo: Jory

Oscarito dijo...

únome ó sentir xeralizado de que é unha subida esixente. Subíchedela toda de pe? parar pa descansar non vale pequeno!!! jajaja

A verdade e que ten un tramo moi jodido, e eso que nos cando a subiramos tában asfaltándoa e o asfalto era un suplicio.

Alégrome de que a acábarades todos como puiderades, que o caso era facela, e nada, ahora mentres o tempo siga permitindo, haberá que lle saír en carretera!

Un abrazo Oeas

Pekeno Saltamontes dijo...

Freire !! Que carallo iba parar se botaba o pé e caía de costas jajajajajaja fixen tanta forza cqs pernas que pensei que rebentaban as veas das pernas ! Vaia paredes, como lle dixen a miña avoa, avoa eso era como intentar subir un edificio pola fachada coa bici jajajajajaja

Espero vos gustase a crónica !!! Bicooos

Andrés dijo...

Boa cronica, si señor...Menuda animalada de rampas. Personalmente pasei o cemento sen parar e cando xa pensaba que estaba todo feito outra rampaza, que indo vacio como iba fixome botar pe o chan para coller aire e rematar a subida co corazón na boca
Boa experiencia e outro reto superado na mellor compaña

FPTRUEDAS dijo...

muy bueno, si señor, las rampas manda caral.. y como pasaba en el Angliru, las siguienes no son coña, pero lo suficiente para descansar, y el tener un domingo como el de ayer ayuda a disfrutarlo, Juan para otro dia sera, seguro que recordando este episodio, subes como fuego

angel dijo...

Boa cronica pequeno , paseino xenial o domingo , pena do de Juan outro dia sera ,a subia mortal creo que estirei a cadena unos 10 cms da forza que hubo que facer , con un par de paradiñas posto que iva reventado , a culpa e miña por vir tirando con un rizmo rapidillo e cheguei un pouco atufado pero bueno chegar arriba cheguei que e o importande , como di Andres outro reto conseguido .

Oscarito dijo...

ATUFADO! jajajaja xa teño nova palabra no diccionario joyerístico de términos ciclistas... xD

Carlos T dijo...

Bien pekenada!! Boa crónica !!!
Pois eso, eu unha pena nn ir porque tiña ganas de subilo, pero nn se puido, noutra ocasión, pero así xa vou preparado po duro que é! Jaja
Abrazooos!