Hola amigos e amigas dos OEA´S. Outra semana máis, outro fin de semana mais os compoñentes do club botámonos ó monte a dar pedales. Houbo dispersión de membros. Uns a Poio á carreira de Samieira puntuable para o Open galego de BTT, outros a Ponferrada ós 101 Peregrinos, e despois o domingo o resto á marcha btt de Lousame. Faremos un pequeno resumo da carreira de Poio e da marcha de Lousame.
XC POIO (28-4-12)
Sábado, 12 da mañán, equipo de competición OEA formado por Carlos T. e Jory preparado para arracar para Samieira, todo supervisada polo noso presidente, que nos axudou a ubicar a archiconocida CARPA OEA jeje co seu PHOTOCALL que papa solo. Listo todo o "merchandaising": carpa oea, photocall oea, cacharra oea, bandeira oea, toalla oea, imán oea, e furgalla oficial C-15 OEA.
Arrancamos cedo, para comer ala, montar todo o tinglado, ver o recorrido e facer todo con calma. Unha vez que chegamos alá, había sitio dabondo e comezamos a desenvalar todo. Montamos carpa e photocall, a verda e que da outra imaxe ehh, quitamos o rodillo, moqueta oea jejejje e ala, ahora a comer, detalle, mesita de playa, jajajja apuntado para a próxima, e bridas, e cuchillo.
Logo de comer decir que o tempo se nos botou un pouco encima...pero bueno, solventamos dito inconveniente de maneira eficaz cun bo quecemento, xa en rodillo. A comida xa baixara bastante ben e o corpo tiña ganas de tralla. O circuito de Samieira?, qué decir. É moi técnico e roto, subida larga e ancha de coller ritmo duro e logo a baixada con moita pedra, algunha suelta demais.
Tocaba o turno de ir para a parrila de saída e prepararse para dar un total de 5 voltas a un esixente circuito de 6 km. Taboada 4 voltas en categoría Junior, xa vos contará a súa experiencia nun comentario. O dito, saída conxunta de élite e senior, e claro coma foguetes para arriba. Decir que non me gusta nada esta saída conxunta, saímos detrás de todo e pasanme cousas como o que me pasou, que iba detrás de uns e soltaron unha pedra que con tan mala suerte doume no canto do freno de disco e abreumo un pouco e dobloumo, o que fixo que fora rozando toda a carreira, ainda que eu pensei que era un radio que me rompera... Pois eso, saída a fuego e como siempre eu que intento ir cara adiante, pero as saídas tan rápidas non son o meu e comeza a pasarme a xente. Quedo rezagado nas primeiras voltas ó 6º lugar. Sufríin bastante para intentar aguantar o ritmo dos da cabeza nas subidas. Viñeron as baixadas e ala imos, coma tolos. A primeira volta xa tiven un percance con Ruben (Verín) que querendo apartar botoume un pouco da trazada e fun contra un eucalipto, pero puiden seguir case sen problemas.
Logo nas seguintes voltas comecei a sentirme algo millor pero o ritmo diante era bastante fuerte, sobre todo nas subidas, ese ritmo fuerte subindo a min mátame, pero bueno intentaba aguantar e costa abaixo a dalo todo, literalmente, e claro pasa o que pasa, que no mismo punto que na anterior volta, e adiantando de novo a Ruben (Verín) salinme un pouco da trazada e do rápido que iba non puiden rectificar, resultado, caída wapa despois de petar contra unha cachopa....Ver video....
Tan pronto caín púxenme en pie e para diante outra vez, pero bueno xa non foi o mesmo, a rabia de caer puido conmigo e o dolor na perna e brazo esquerdo tamén. O resto da carreira foi intentar manter diferencias coa xente que me perseguía e asegurar o podium que me costou sudor e sangue. A última volta xa foi tamén bastante de manter e non caer e seguir o consello de Fátima, que me berrou por caer e se volvía a caer.....jejejjeje. Por eso que lle fixen caso.
Pola miña parte decir que o podium e a carreira foi moi bonita, ainda que moi moi dura, polo menos para mín. De sensacións iba ben pero de pernas...non tan ben e as caídas deixáronme tocado física e moralmente... Por eso que este 3º posto me sabe moi ben.
Carlos T. por fin remata unha carreira de XC, e personalmente sei o importante que é. Darlle ánimos para que siga aprendendo a correr, non solo e dar pedal, hai que ter moita cabeza e conocer e controlar moitas variables como recorrido, adversarios, bicicleta.... Fixo 6º e acabou moi contento, que é o que interesa.
Darlle as gracias a Manuel, Patricia e fillos por vir a vernos e animarnos, sodes un apoio moi bo, e sempre da gusto escoitar ánimos dende a barrera...
III MARCHA BTT LOUSAME (29-4-12)
Logo da xornada de competición, tocaba vuelta a la calma e que mellor forma que facendo unha marcha de 40 km, con 1300 m de desnivel e un recorrido acojonante.
Quedamos ás 08:15 para arracar, xa que era ahí ó lado. A todo esto, na furgalla de Panchito que VAI A DIOS¡¡¡
Asistentes: Necho, Sergio. Panchito, Carlos T., Adrián A., Manuel V e Jory. E Taboada´s father como asistencia jejejje

Recollida de dorsales como mandan los cánones e arrancamos. Como non podía ser de outra maneira e ven sendo un clásico, os OEA´S de últimos. Saída sen complicacións polo circuito de BMEQUIS que a mais de un xa se lle atragantou jajajajjajja. Polo resto sen complicacións e sen problemas, salvo algún atasco ó principio da ruta. Tramos moi chulos, recorrido traballado, marcado, ben sinalizado e os OEA´S que comezan a coller ritmos diferentes. Ata o primeiro avituallamiento non houbo moitos problemas salvo unha señal que estaba un pouco alta demais para a vista e nos colamos moitos en dirección contraria, menos mal que demos a volta e sen problemas. Logo da primeira parada con naranxas, chiculate, e demás bebidas, continuamos algo mais xuntos hacia o alto do primeiro monte onde estarían as subidas mais duras da ruta, con pendientes de ata un 22% que realmente se facían moi duras, pero ca fortaleza mental e física de un OEA, subiuse sen mais. Unha vez no alto e logo de meterlle ó corpo unha proba de todo o surtido de chocolatinas, cañas, futa, zumos etc que había por alí continuamos.
 |
Panchito en pleno vuelo |
Segundo a organización dende este punto xa "ERA TODO PARA ABAIXO, SEN DAR PEDAL 16 KM" malditos ca...., jajjajajja habia bastante baixada e moi chulas por certo pero tamén subidas pestosas que se fixeron mais que amarradas a medida que o día se puxo gris e caeu unha granizada potente potente. O barro apareceu e claro....a chavalada non está preparada para conducir en barro. Resultado: Adrián A. ó suelo e o compañeiro Carlos T. idem, os dous por problemas de presións en neumáticos dianteiros jejeje
 |
Jory no tramo espectáculo ca doble.... |
Todos os que fomos quedamos moi contentos co recorrido, e que chovera e granizara e estivera o terreno algo mais húmedo e resbaladizo non fixo máis que darlle un toque épico á ruta que xa de por si lle chegou en dureza.
A todos nos chegou ó peito, pero quedamos contentos co trato recibido.
Ó rematar a ruta, como siempre, lavado de bikes onde se quedaron bastante cortos co tema das mangueiras, recollida de material co tempo xa moi pestoso, ducha (auga fría jejeje), e intentar arrepañar algo dos pinchos que houbera xa que pouco vimos. Menos mal que había pan e ensaladilla por alí. e algún que outro helado.
Xa para rematar había un sorteo e alí estábamos os OEA´S comentando a xogada entre todos cando de repente , e xa no último regalo a sortear, vemos que sale o dorsal 186, e quen era???? JORGE PÉREZ FERNÁNDEZ¡¡¡ jajajja Tocoume o regalo estrella de unha fin de semana para catro persoas nunha casa de turismo rural juju. Eu flipando alá fun co meu heladito darlle a man ó Excmo Sr. Alcalde de Lousame que me entregou o detalle. Logo de comentarios jocosos ó respecto, arrancamos para Bertamiráns ca idea de parar a tomarlle unha e o destino foi a nosa taberna, o NY, donde nos enchemos a tapitas e algun que outro a outra cousa jejejeje. Moi bo día señores¡¡¡ A próxima está á volta da esquina.
E bueno esto foi todo esta fin de semana, valeu a pena. Por Ponferrada, sei que todo foi moi moi ben, rematando todolos OEA´S asistentes e incluso Dabiz fixo podium na categoría de Duathlón¡¡¡, cun fantástico 1º posto ;) Pronto crónica.
Un abrazo a tod@s.
Jory
P.D: comented