Mostrando entradas con la etiqueta KIKO;JOSE;ITO;2 CARLOS; MARCOS; ORBEA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta KIKO;JOSE;ITO;2 CARLOS; MARCOS; ORBEA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de enero de 2011

SANTIAGUIÑO/SINGLE

Mañá fría e con pouca afluencia de OEA´S na praza das tetas; a elite no duatlón de Beariz; F.T.P. en carretera; arrancamos 3 OEA´S (José + Kiko + Ito) máis os santiagueses (Carlos + Marcos) e os Bastabalenses (Carlos & O da Orbea (non me acordo do nome)); Despois dos tipicos vaciles pola bici naranxa prestada (que si era de Repsol, que onde tiña as bombonas de butano... )voltiña por cantarana para coller o paseo do rio bastante limpo por certo. Pedaleando ata chegar a subida do Santiaguiño na carretera que vai de Padrón a Rois. A subida un suplicio, moi desfeita pola acción da auga... xa o din os vellos non hai coma o viño que auga o único que fai e desfacer os camiños, que razón teñen.
Está claro que este tipo de subidas tan desfeitas non son o terreo idóneo para as bicis rixidas (que llo digan as miñas cachas). Avitullamento no merendeiro do Santiaguiño, cun soliño que se agradecía. Da gusto ver a xóvenes promesas como o Carlos de Bastavales a ilusión coa que toma as saídas. Esperemos vernos moitísimas máis veces.
Descenso ata Extramundi, esta baixada non deixa de impresionar a tod@s e volta para casa polo campo de golf de Rois. En Bastabales despedimos os dous rapaces e seguimos ata os Anxeles onde despedimos os Picheleiros (Carlos & Marcos). Lavado de burras na gasolineira e faltounos unhas tapiñas... pero polas presas... quedan anotadas para o próximo Domingo.
Particularmente para min foi un dos días que máis desfrutei da bici (supoño que tería algo que ver a situación... case un mes sen sair, pero desfrutei como un anano, si señor).
Sen máis e como din os xuveniles, saúdame sempre.