Mostrando entradas con la etiqueta josé. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta josé. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de mayo de 2012

PEDROSO



Bueno amigos, un domingo máis saímos os OEA. Uns en carretera direción paxareiras e Adrián, Sergio, Necho, Kiko, José (non o noso José jaja) e eu en montaña. Chegamos as tetas  as 9:30, estabamos todos dispostos a sair, pero a onde tocaba? Adrián atento o calendario xa contestou rápido e veloz “O Pedroso!” jaja. Pois bueno alá imos, empezamos a subir polo camiño de Santiago, e chegando a aldeanova por un llano sinto unha lata caer o chan, que pasou? Adrián que iba ca mochila nunha man e o movil noutra “Y pasó lo inevitable” jeje Seguimos andando ata que nun dos cruces de carretera Kiko, o noso sherpa o domingo, nos manda por un camiño paralelo... Seguimos a Kiko, ata aquí ben, ata que vemos unha costiña pequena na que xa empeza a haber queixas por parte de Necho e Adrián, os tipos solo querían baixar... E empezamos a subir a un ritmo decente, encontramos zonas de subida rotas, con moita lama pero moi divertidas, polo menos para o meu gusto.
Ata que chegamos a un cruce onde a dereita había unha subida das que tiran dos co***ns.. Sergio e  eu a favor de tirar por aí, José imparcial, e o resto a favor de ir polo llano, pero como un Necho tira máis que Sergio e eu tivemos que ir polo llano jaja
Seguimos andando ata que ZAS! Non hai saída, volta cara atrás... collemos outro camiño e saímos a unha carretera, cruzamola e metemonos por outro camiño onde ZAS outra vez! Sen saida jaja Demos volta e de súpeto non sabemos se foi un intento de coller unha cachopa como rotonda, baixar da bici gastando o mínimo de enerxía ou o que fose, pero Adrián volveu a meterse un ostión criminal (e con Sergio delado para escarallarse) jajajaja Despois deste pequeno percance seguimos por carretera..
Aquí tiben eu un problemilla con Kiko, ibamos subindo, non o vin e pegueille co eixe da roda na perna, bo é que non foi nada... O sair da carretera enlazamos co camiño polo que vimos do Mercuto cara o Pedroso, o que pasa por diante da casa do tolo este, non saes?
Chegamos o Pedroso, merendamos, pero sen subir arriba!! E para sorpresa, non baixamos polo descenso.. para eso levei a Mondraker... (estaba a Scott sen pastillas, pero haise que queixar igual jaja), según Kiko “Non oh, baixamos por este camiño que colles outro alá que das a non sei onde que enlazas co camiño de Santiago..” Xa nos ves a todos con cara de Papanamericanos, pero aceptamos, baixamos e vamos dar a carretera asfaltada que sube o pedroso, Kiko e os seus camiños.. Pois nada aí Adrián e eu xa nos ensañamos polo descenso e o resto pola pista rápida. O chegar abaixo, abandónanos Kiko que marcha para a casa. Seguimos o camiño ata Bertamiráns con 2 percances. Un foi unha muller con dous cans que a pouco máis van os cans o carallo (ou nós), e despois uns alemáns, os que Sergio iba tan concentrao baixando que lle meteu un codazo a Alemana e alí quedaron maldecindo a Sergio no seu idioma, se tendes dudas co Alemán preguntadelle a Necho que creo que ten  un FP de tradución pola maneira de traducir jajaja

E nada, chegamos a Bertamiráns , pasamos pola casa do Presi polos botellíns e pa´casiña.
A ver os carreteros se fan a crónica que a dos 101 me parece que.. jojo

Abrasooos!

Carlos! (o de 17 anos jaja)

lunes, 2 de abril de 2012

2ª PARTE RUTA OEA 2012

Grado de satisfacción ca II RUTA OEA? 
Hola amigos e amigas OEA´S. Unha fin de semana mais os OEA´S tirámonos ó monte para seguir facendo reconocimiento do recorrido da nosa marcha o próximo 15 de abril.

Saímos da praza das Tetas con idea de facer a segunda parte. Para eso dirixímonos rapidamente á parte baixa do Rubial. Comezamos ca subida larga da marcha, 5 km de ascensión que comezan aquí nestas duras rampas no medio dunha aldea que ese día nos recibirán cos brazos abertos. A subida ata o primeiro descanso é bastante esixente, debido ás pedras é o equilibrio que debemos manter en toda a subida pero que non é necesario botar pe a terra en ningún momento. O descanso está situado preto da primeira caseta.
Na foto da dereita vemos o final da ascensión nesta primeira parte. Logo continuaremos por unha vaguada do rubial ata case a cima. Se ides ó facebook podedes ver algún dos pasos que deberemos atravesar para seguir subindo. 

A subida é moi esixente pero a verdade e que tamén é moi bonita. É do estilo da do ano pasado pero pola outra cara do monte. 

Unha vez no alto do Rubial teremos o gran avituallamiento como ven sendo habitual nas edicións anteriores para dende aquí baixar ata Macedos TODO por trialeras, si si, TODO. Ciclables para o 95% da xente (baixounas Dabiz asique.....jejejejjej) e donde poderedes descargar toda a adrenalina que teñades. 

Na trialera de baixada todos chegamos cunha cara de satisfacción abaixo que non era normal ainda que Sergio tivera algún percance cas pedras. Está chulisima. Dende aquí Necho abandonou por golpe e Carlos D. como bo cuñao acompañouno xD o resto seguimos hacia as Torres de Altamira case como todolos anos. Nesta última parte da ruta cambian algúns tramos pero para mellor, conservando a zona rodadora e rápida do final e as trialeras, añadindo unha super revirada no medio. A ruta acaba como sempre na baixada do cementerio do 30 e pico % de pendiente donde estará a cámara grabando e quitando fotos. 
Panchito con cara de "non queda nada de subida ehhhh¡¡¡"


Resumindo, esta nova edición ten de todo e mais e espero que todo o mundo se acerque a comprobalo o 15 de abril. Seguiremos preparando o monte para que este perfecto e disfrutemos ó maximo¡¡¡ 

Un abrazo.

"El éxito es hijo seguro de la perseverancia y firmeza en el trabajo"  |||  JoRy ||||  Saúdos

lunes, 6 de febrero de 2012

ALTO DA PENA



Perfil da etapa 
Bueno amigos, vou sacar algo de tempo e facer a crónica de domingo. 9:30 tamos nas tetas... pero estamos poucos... faltaban os mais tardóns (pato, juan, etc...) dabiz, para variar, e Jory, que quedou durmíndoa... (aquí hai para todos! jajaja) Finalmente, e baixo amenaza de inminentes chuvias, arrancamos as 9:50.

Non arrancáramos e Pato erígese como lider natural da ruta, decidindo subir hasta Castrigo por monte para despois facer Rañalonga para ir a dar a Ons. Dabiz e Juan xa empezan a tensar a cousa. Non había moito tempo para as palabras... e orballaba todo o tempo, ainda que a temperatura era moi boa. Enganchamos o camiño como sempre cerca de Nijeria e veña, repeitazos ó lombo!

Xa quentamos todos, e sin darnos conta, xa estábamos visualizando o mítico Alto da Pena, donde a única vez que o Tour pasou por ai deu como ganador a Andrés... toda a presión era del. O alto ritmo xa estaba facendo mella nos escaladores máis esixentes. 

Máis chuvia, o que impedía que enredáramos todo o que se esperaba de un OEA, pero non se podía parar... Pero encaramos a subida final dos eolicos, xa non había amigos, nin risas... os máis veteranillos aplicaron a táctica de non esperar por todos para reagrupar e arrancaron sacándolle ventaxa ós claros favoritos jaja. Todos nos fundimos no que foi un final de etapa rápido... coronamos, e gardámonos do frío arrimadiños ó abrigo do valo. Falta José... cando se perde o sherpa quen vai a por el? ninguén, chámase por movil, que pa eso tan. E así chegou alá ós 10 min. (cousas de coller atallos).

Baixamos... e claro, co traballo feito, solo pode significar... tempo para facer parvadas! Juan caeu nunha trialera que case todos a fixemos andando. Destemplamos os discos baixando por unha carretera empinadísima, e pouco máis. Entre historias (ahora si) chegamos a Negreira.


Todo apuntaba a churros, pero tamos facendo entrenamientos de quema de grasas e os PRO non nos deixaron comer, esto de salir en ayunas... non é vida! E si non se come que se fai? pintase o indio... e Pato, o OEA que máis interactua ca fauna, amaestrou un can salvaje para convertilo no seu amigo (ver foto jaja)
Non podíamos enredar, seguía orballando un pouco, así que máis de lo mismo, a fuego polas baixadas e cun ritmo endiablado que como te descolgaras quedabas en gallumbos jeje. Pasamos por Pontemaceira, e de paso que Andrés tivo que darlle aire á merda super roda que ten, sacamos unhas fotiños para o recordo.


E ahora? pois nada, como fuegos a ritmo, mallando Km's... hasta que chegou unha subida de asfalto xa en Ames, que puxo a todo dios no seu sitio, e o acido láctico nas pernas jejej. Despois de queimar as últimas naves, ultimo descenso pola marcha de Ames, para acabar en Cobas (aquí xa cada un iba por donde podía, o destino era o NY) Despois llaneo a muerte e xaq chegamos! o final quedou bo dia...

Pois rematamos a mañan cunhas tapiñas e unhas risas, e coa sensación de facer 50km a bo ritmo e con bo rollo. Pero nada desto comparado coas idas de olla de Dabiz de facer 10km correndo máis acto seguido de chegar, profanando así o día do Señor. Hala amigos, a coidarse e seguir adestrando... que según fuentes oficiales cercanas ós OEAS o que menos entrena 5 días á semana... cuidao! jajaja

Oscarito!!

miércoles, 11 de enero de 2012

POLO RUBIAL EN BUSCA DE CAMIÑOS

Despois dun largo descanso de Navidad e de suspender as celebracions previstas para este dia, arrancamos puntuais camiño do Rubial un bo puñado de oeas, pois hai que ir pensando no novo recorrido da marcha OEA para 2012. Tamen se acercou Isa que nos acompañou un cacho e despois abandonounos para ir traballando para a kdd femenina que temos prevista.
Con ese animo e con ritmo tranquilo fomos acercandonos as sorpresas que nos tiña preparadas Jory, non vou dar moitos detalles por se se aproveita algo...pero resumindo foi subida e mais subida seguido de algunha subida, jajaja (debo estar moi mal de forma que non se me olvida o que pasamos). Unha vez que Jorge se cansou de coller camiños cara arriba empezaban as sorpresas agradables moita baixada con algunha nova trialera que non coñeciamos a maioria, (este Rubial por mais voltas que lle demos non deixa de sorprendernos). Baixamos ata a zona de Rois e de ahí fixemos a subida da primeira marcha hasta a primeira caseta.
Neste punto e despois de reagrupar o pelotón, vendo a hora que era, decidimos non coronar e baixar ata Macedos rodeando o monte.
Desde Macedos pouco mais uns baixamos por carretera para atallar e o resto con ganas de festa ainda subiron a Pedre para baixar por Boullon.
De ali cada con quen veu e ata domingo
En resumen corenta e pico de km., e moito en limpo para a marcha (polo menos para mi)

Coma sempre un placer, compañeiros

martes, 20 de septiembre de 2011

dous aventureiros
9:30 saimos JOSE mais eu ,q si aPADRON q si pala ,en fin tiramos sen rumbo pero con bo ritmo cara padron q si por aqui que por ala camiño do rio acbamos onde fan ,o santo arandel .Oye hoxe e a festa do cabalo bueno pois imos ,e facendo camiño pola zona de bastavales ,pasando pola iglesia ,rumbo rañalonga por aqui q hoxe non me apetece subir pois a min menos pero sa se sabe pa bixar primeiro toca subir unha vez ali toamamos un piscolabis ,decidido baixar polas torres 2ª parte da marcha cara bertamiráns ,sen antes facer parada pa que JOSE probara uns figos
saudiños
pd km 33 sen percances

domingo, 1 de mayo de 2011

II MARCHA CONCELLO DE LOUSAME

Co equipo de élite nos 101 peregrinos (por certo xa estamos esperando a crónica) unha alta representación dos OEA´s nos animamos a acercarnos ata Lousame para partipar na súa marcha. Chegamos ali, por unha vez con tempo suficiente para recoller os dorsais e preparar as bicis con tranquilidade. A marcha empezaba por un pequeno circuito de descenso de bicicletas con moitos saltos e curvas peraltadas que serían unha gozada senón fora pola aglomeración lóxica do principio da marcha. Nun dos saltos fun victima do cachondeo do resto de oea´s o quedar atascado nun dos saltos e caer o no dar sacado o pedal, menudas risas se votaron...
Despois das fotos oficiales diante do concello e os consellos de como realizar a marcha empezaba realmente a marcha. Como é habitual os Oea´s quedamos todos na parte de atrás do pelotón (temos que pensar en cambiar este vicio). Fomos llaneando tranquilamente e falando ata chegar á primeira dificultade montañosa, donde empezamos a meter ritmo para ir adiantando o máximo posible de xente e asi evitar atascos. Pronto chegou a primeira das baixadas, bastante larga e muy rota e técnica. Desde aqui todo para arriba ata chegar o avituallamento cunha subida que recordaba bastante á nosa (polo menos para min) No avituallemento pequeno reagrupamento Oea´s e retirada de Dabiz con gastroenteritis ( e normal, non ta acostumbrado a estos esforzos o rapas, jaja... mellórate ). A partir de aqui empezaban os kilómetros máis duros aban pois eran moi rompepernas e as pernas empezaban a pagar os esforzos, e asi entre subidas e baixadiñas foron pasando os kilometros ata chegar a baixada final. Unha pasada de baixada primeiro moi aberta e rapida e por ultimo ratonera e moi estreita, impresionantes...
Como resumen direi que para min foi unha ruta bonita, bastante traballada e a que espero volver os próximos anos..

UN saudo

lunes, 7 de marzo de 2011

XCO DE NIGRÁN

"Fin de semana competitivo para os esfola arrós"


XC MONTEFERRO (NIGRÁN)


Ola amig@s¡¡ como vai eso? estades xa mais descansados?? jeje. Empecemos polo principio da fin de semana logo. 

O sábado inagurábase o campionato galego de rally na localidade de Nigrán e ata alá se desplazaron dous OEA´S para iniciarse no mundo da competición...Era a primeira vez que íbamos a unha carreira deste tipo e bueno....andabamos algo perdidos. Para empezar moita carreira UCI e moito tal pero a entrega de dorsais.....deixou algo que desear (punto negativo) ainda que o ambiente que por alí había era o nunca visto por min polo menos. Na zona de boxes estaban tódolos equipos alí preparados cas súas carpas, bicicletas en rodillos, publicidade por todos lados.....jajaja que pasada....e nos bueno....non quixemos montar todo ese chiringuito......
O tema empezaba. Tarde mal e arrastro fomos a quentar algo e a ver o circuito, bueno parte. O pouco que vimos era chulisimo....todo por sendeiros, sen pedras, parecía asequible. Fomos hacia a meta e alí comezaron os nervios. Colocamonos por categorías, iban chamando por números e formamos a parrilla de salida. Primeiro saían os Master e logo Senior etc. Dabiz sale e un minuto despois eu. Decir que a subida era en costa arriba e todo dios xa co plato metido......eu flipando....jajjaja pero ala vamos¡¡ bocina e a pedalear. Por diante quedaban 4 voltas a un circuitazo de 5 km e pico que tiña de TODO. Partes moi técnicas entre raices en baixada, cortados de 50 cm, subidas case imposibles de pedra...pfff animaladas pero tamen sendeiros entre árboles, con peraltes....bueno unha pasada e sobre todo, xente animandooo que sempre se agradece. As primeiras voltas foron de toma de contacto e bienn sen imprevistos pola miña parte ainda que Dabiz si que tería un problema cas tremendas raices que había nunha baixada...e co golpe que levou tivo que abandonar. 
Pola miña parte eu seguiría adiante pero tamén, case no mesmo punto que Dabiz, eu fun contra un pino enorme de frente e ostiazo contra a potencia ca entreperna ainda que puiden continuar non sen antes comprobar que non tivera danos na montura. A medida que os minutos e as voltas pasaban sentíame máis cómodo e iba superando a algún àrticipante e algúns a min. A verdade e que este tipo de carreiras son outro nivel....hai xente que anda mooooito de dios....bufff que animalada.
O final da proba acercábase e o cansancio parecía que respetaba mentras algúns dos meus adversarios se quedaban tocados de tirósn e demais. Iso doume ánimos para facer un último esforzo e así foi. Os últimos 2 km fíxenos a muerte¡¡ Arriesgando mais do que debería penso....pero bueno o jolpe avisa jejeje.

A carreira remata e eu tamen remato mallao. Recollo un detalle da organización, un auga e marcho para o coche. Alí xa estaba Dabiz, montamos bikes e imos ver ós outros animales; ós elites e sub 23 mais ós junior. Esto xa era outro nivel...cómo subían, cómo baixaban....e todo con bicicletas que calquera desexaría....jejejeje. Despois de flipar un pouco e ver a carreira viñémonos para casa. Eu ca sensación de facer un bo papel....pensando que dos 20 da categoría pois faría entre os 10 primeiros pero cal é a miña sorpresa cando estando xa na casa comendo unhas filloas ajajja me chega unha mensaxe ó movil comunicándome que finalizara 4º¡¡¡¡ jojojoj tiñades que ver a cara que me quedou jeje. A verdade e que me dou moito ánimo para seguir adestrando e a ver se algún día consigo facer podium....sería unha ilusión moi grande para min.....


lunes, 21 de febrero de 2011

PROBANDO A MARCHA OEA

A mañá empezaba chuviosa e con gran parte dos OEA´s competindo no Duatlon de Poio (pronto haberá cronica, supoño). Mentres os que aqui quedamos, decidimos facer o primeiro simulacro da marcha en pelotón, por ali apareceron Jose, Juan, Suso G, Andrés, e dous rapaces mais que se estan acostumbrando pouco a pouco a acompañarnos Sergio e Javier. Arrancamos e tivemos a "honra" de que o noso presidente Óscar nos salise ó paso na gasolinera para coñecer o recorrido da marcha.
Con ritmo lento e charlando fómonos adentrando no recorrido. Nada máis empezar xa nos demos conta de que o dia iba a ser moi duro pois o terreo estaba moi blando e enlamado. En canto os camiños empezaron a picar cara arriba (que é bastante pronto, por certo) a dureza acentuabase con camiños moi cheos de auga e por momentos impracticables. Asi pouco a pouco e sufrindo moito chegamos as primeiras baixadas do día con ganas de probar as trialeras que limparamos os días pasados. Decir que quedaron impresionantes con zonas rápidas, zonas máis tecnicas,... en fin unha gozada.
En plena baixada abandonounos Suso que rompeu o cambio con un pau (esperamos que chegases sen mais novidades). Os outros seis continuamos ata a zona donde estará situado o avituallamento e fixemos o propio antes de comenzar a subida larga da nosa marcha. O ascenso realizamolo nunhas condicioóns moi adversas pois pegaba moito o aire de e empezou a tronar. Toda unha odisea. Unha vez no alto e despois de reagrupsrnos tiramonos cara abaixo para seguir estreando as nosas baixadas e asi chegamos a Macedos, vendo que non daba tempo para nada máis, baixamos por carretera baixo unha gran choiva.De ali cada un para a súa casa a secarse e abrigarse ben.

Aproveito desde aqui para desexarlle unha pronta recuperación a Martín dos seus compañeiros OEA´s. Un abrazo.

UN SAÚDO

lunes, 14 de febrero de 2011

CONSEJOS PÁ LA JUVENTÚ



"Non saias que chove e vas coller unha pulmonía"


A mañá amanecía con moita choiva, café no New York (en coche para non mollarse) para comprobar a asistencia, aparece Kiko; logo as promesas do club (Carlos T. & Adrian); un pouco máis tarde José e por último Angel; Decidimos sair todos menos Andrés que volta para a casa. A altura do Abelleira avistamos a F.T.P. que viña con un pouco de retraso. Arrancamos con idea de facer parte da ruta deste ano. Puidemos comprobar o traballo de Obras Públicas que converten as trialeiras en autoestradas; Pero esta ruta é subir e subir. O estado do terreo ia facendo mella nas nosa forzas, un par de pinchazos, rotura de patilla de Angel e o tempo desapacible, fixeron que desemos volta na 1ª caseta do Rubial. Pero non sin antes ter tempo para rir un pouco co curso de natación de algún, comer algo e quentar as pernas en algunha subida.
A auga estaba boisima, o Carlos non quería sair dela.
Estes dous máquinas van dar moito que falar nos OEA´S se non tempo o tempo.