Mostrando entradas con la etiqueta rapa das bestas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rapa das bestas. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de septiembre de 2010

IX MARCHA RAPA DAS BESTAS


Salúdame siempre!!


Bueno… había que empezar a tempada de marchas 2010 e qué mellor forma que facéndolle unha típica da zona para os Esfolas, na súa vertiente máis longa, a de 75km.

E non sei se sería a emoción do momento, ou as ganas de facer mtb, ou o que fora, pero ás 8 quedamos Jorge, Angel, Juan, Andrés, Ito, Panchito (Cabras) e Oscarito que escribe, e xa as 8:40 estábamos na Estrada.


Dorsais sin cola, boa organización nese sentido, cachiño de rosca, últimos detalles á bici, e ás 9:15 xa tabamos pola salida pintando o indio. Ah! Tamen viñeron por momentos con nós algunha xente da zona da que non sei o nome, (que alguén me ilumine)

A saída estaba programada para as 9:30, e xa levábamos esperando un cachiño pola emoción, pero entre unha cousa e outra ó monte entramos ás 10 e pico. Moi mal. Esa media horiña sempre ven ben para a xente que ten mais prisa. Pero ese non é o caso dos Esfolas, (jeje) e claro, sempre salimos cerrando o pelotón (temos que mirar esa tradición… xa o falamos, pero xa se sabe jajaja) Bueno, o recorrido unha pasada, camiños cerradiños, as costas nunca duraban máis de un par de km’s, e algo de sube y baja, todo tipo de terrenos, completa ante todo. Fixemos dous grupitos de fatigas e así mallando km’s ata o primeiro avituallamento. Km 29, e era a 1 menos algo… jajaja vaia marcha! Eso si, temos que decir que ata ahí… fixeramos moita subida de dios (e a que quedaba…)

Moito cachondeo na parada técnica… risas con Panchito, e moita recreación e comilona, para salir con forza e ganas. Cerrando o grupo: Jorge, Andrés, Ito e Oscarito; e por diante Juan, Angel e Panchito, que se iban disputando as metas volantes e o mallot do mais combativo da xornada. Iban a chegar estos grupos ata o final. E bueno… que pasou nesos 45Km que faltan polo medio? Pois sabendo quen eran os presentes… un pouco de todo. Sufrir cas subidas… joder, qué repeitazos macho! Algun amago de caída… baixadas chulas, formacións de carrera con Jorge de gregario, perdémonos 2kms, fixemos a ruta larga ainda que taba cerrada, algún sufrimiento contra o final… de todo un pouco. Ah, e vaia vento facía!! Como se rodaba bastante polo alto dos montes, chupábase moito aire, que sensación máis rara! Eso si… un calorazo a eso das 2-3 da tarde… ufffff día de verán!!

Rodando rodando, chegamos ata o último avituallamento sólido. Quedaba moi pouco e ninguén atendendoo, pequeno fallo… ou grande, según o cascado que fora un. Parada de 10 minutiños, e salimos… mais repeitos, vistas chulas… pero repeitazos! Dios, que pestoso!! Ritmillo tranquilo nos 4 fantásticos… (que cada un imagine quen é cada personaje jajaja) e así coronamos o último monte… e esperábamos unha boa baixada á vista do perfil… pero bueno, non foi para tanto, llanear e picar pabaixo, algunha zona moi moi chula, pero sempre se nos facía corta, e tamén bastante asfalto, por desgracia houbo bastante nas baixadas da ruta… parece que non se baixou todo o que se subiu. E sin darnos conta xa tabamos na meta… bueno… para non darnos conta eran as 4 pasadas da tarde… mima, vaia vacacións de ruta! Pero había que tomala así, que 75km sen entrenar non se fan así como así. O grupo de cabeza quitounos bastante, todo sea dito, bo traballo da veteranía si señor.

E moi ben ata chegar á meta, ainda que xa non había ninguén recibindo á xente… (normal). Jodidos pero contentos de acabar a ruta larga, poñemos as bicis nos coches, e... imos para as duchas… porque lavado de bicis non houbo…! E claro, se chegas tarde, é normal atopar auga fría… pero joder, tiñan unha mangueira conectada a unha villa para ducharse!!! Entre surrealismos e risas duchámonos como pudemos, e fomos recoller os agasallos. Non tiñan as tallas que reservamos por internet… fallo! Tivemos que levar a puta L… como a odio!! Pero ser foi un bo detalle o do polo! Para comer tivemos que esperar de pé a que alguns terminaran de roer os 2 ósos que lles puxeran… Fallo! (tamen se reservaba por inet a plaza na churrascada, e preguntáron pola mañan quén ía quedar a comer) Bueno, un bo cacho esperando, e despois de tratar co camarero, conseguimos roer algo… o que pudemos… pero estaba algo mal organizado o tema da comida penso eu, esto é opinion personal eh! E nada, compartimos impresions e arrancamos para a casa, parando en Puentevea para meterlle uns heladiños e uns cafeses, que sempre entran que nindiós, sobretodo despois do esfuerzo.


Conclusión, ruta chula, chulísima, quen non a fixera recoméndolla, pero algo entrenado, porque é bastante exigente para o corpo. Pero algo empañada pola organización en algúns aspectos que tampouco merece moito a pena comentar, a todos se nos pasan detalliños, o caso é pulilos. Respondimos como exigía o guión, e disfrutamos de un gran día de puto mtb, en todos os sentidos: respetaron as caídas, a mecánica e o corpo! Todos tiñamos ganas de andar e andibemos. Moi grata compaña de Panchito. Ah, ide adestrando para a Xtrem!



Datos anecdóticos:

Km’s día: 72.78 km

Tempo: 5 horas 20 min

Vel media: 13.63 km/h

Vel máx: 71.3 km/h

Desnivel acumulado: 1873m


Calificación:

Recorrido: 8 sobre 10
Avituallamientos: 6
Señalización: 9
Baixadas: 6
Organización: 3
Media: 6.4 uiiii casi notable!



Oscarito ---