Mostrando entradas con la etiqueta botafumeiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta botafumeiro. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de septiembre de 2012

II Marcha Cicloturista CC Botafumeiro: Monte Gaiás.

Tarde mal pero non arrastro. Ese podería ser o título alternativo desta aventura de mañán de domingo. 11 inscritos, e 2 rajados de última hora. A verdade e que a mañán non estaba para outra cousa que non fora quedar na cama descansando. Pero esa non é a filosofía OEA.



Cun temporal de 3 pares de co...ronas, estamos boa parte do comando OEA nas tetas esperando polo autónomo máis dicharachero da zona: Panchito-engaña-a-Diós. Quedou durmido e esperamos un bo anaco por el pero nada que unha subida a 150 pola autovía non solvente. Chegamos cando xa todos estaban arrancando de forma neutralizada para saír na praza do Obradoiro. Así que nada, reunímonos co resto da grupeta, e cada un polo seu lado e atallando por sitios recónditos chegamos a tempo.

"Pois non pinta tan mal, non chove" era a opinión popular. Uns 150-160 debíamos ser así a ollo. Poñemonos en marcha dirección Padrón e disfrutando do paseo por Santiago. Bo rollo e de historias. Non así para Angel-Joyero que foi tirando todo o tempo e papando un ventazo de frente incríble.

Durante toda a marcha a verdad e que ambiente moi globero, pero gustoume moito. Que si para a poñer chubasqueiro, ahora a mexar, ahora a coller auga... o bo e que o pelotón tampouco rodaba a altas velocidades co cal avanzábamos lento pero seguro: quedaba moito día ainda. No repeito da rotonda que vai para Dodro... sorpresa! Kiko animando/ríndose de nos. Nunca o tiven moi claro pero él estaba alí apoiándonos! 

Encaramos a subida do Treito. Mal pinta o tempo, pero co aire de cú faise moi fácil. Algúnha choiva intercalada refresca o puerto. Eu (oscarito), taboada e panchito, sabedores que ainda queda enfrentarse a SanXusto, imos gardando balas ("O que jarda sempre ten") mentres que Jory e Andrés protagonizan unha boa remontada. Pequeno, Ito, Pato e Carlos Abogado completan a comitiva OEA na ascensión.

Chegada ó pico Muralla e avituallámonos... e... CHAPARRÓN do siglo. Aquí a organización decide acortar a marcha e desviarnos a todos pola vertiente máis cómoda, sin baixar a Noia. (Decir que algún deu gracias al Señor e a todo o firmamento, porque iban máis que maduros jaja) Fomos escapando pouco a pouco da chuvia pero non do temporal que provocaba algunha que outra racha de vento moi peligrosa para os ciclistas.

Como sempre, o apunte globero para Carlos T, que pincharía chegando á rotonda de Martelo, e claro, os colegas de equipo Oscarito e Jory téñen que quedar cambiando a roda. Afurgalla de Oliveira queda con nós e unha vez reparada a avería, levaríanos en volandas e costa abaixo ata o pelotón. Velocidades de vértigo facendo un tras coche a 75km/h que lle deron un toque de adrenalina á mañan.

Por suerte reagrupámonos todos os OEAs para cruzar Bertamiráns xuntos e dar boa imaxe de Club. Saludando a propios y extraños, disfrutamos do momento. Pero pouco ía durar a alegría na casa do pobre, porque xa nos atopábamos subindo cara Santiago, eso si, ritmo moi tranquilo. Os máis desbocados xa empezamos a tomar posicións.

E chegamos á rotonda da Pontepedriña que daría comezo aos 3km de tramo libre que terían como colofón a subida ó Monte Gaiás. Collo a roda de Raña, non por nada, pero por decir que fun á roda dun dos grandes deste deporte. Cómo tira o cabrón. Rómpese o pelotón e eu quedo cos mellores. Tou nun bo vagón, penso. O repeito de Sar acaba por agrandar as distancias. Rodase realmente rápido. Na subida xa me desentendo de Raña mais dun grupo de 3-4 corredores que o persiguen. Manteño a miña posición chegando 5-6 á cidade da cultura. Por detrás chegan Taboada e Jory, que viñan a toda hostia remontando.

O resto foron chegando non moi distanciados porque o sprint tampouco daba moito máis de si, pero foi bonito disputar a subida con auténticos animales das dúas rodas. O OEA-team demostrou que ten xente combativa e algunha que outra promesa.

Duchas en auga quente (bien!!) e ás 2 xa estábamos sentados e comendo, intercambiando historias e disfrutando da presencia de Ezequiel Mosquera, xa que a marcha homenaxeábao. Reparto de trofeos... e os OEA's que se fan co trofeo ó Club máis numeroso. Gran mañán para disfrutar de todo o que nos organizaron o Club Ciclista Botafumeiro e Oliveira, que son uns auténticos cracks e solventaron as poucas incidencias que houbo con éxito.



Eso es todo amigos! vémonos no monte (xa queda menos! así que ide engrasando as MTB) 
PD: vale, eu a miña ainda a teño co cuadro roto, pero si hai que andar coa BH, ándase!

Oscurito!!