Qué¡, xa descansastes da crono, nocturna, partido de España....?? Vaia finde eh.... A verdade e que foi intenso intenso, e moi positivo. Vamos por partes xa que foron varias as citas dos OEA´S.
- XC CASTRO BARBUDO (TARAGOÑA) Open Galego XC
- IV NOCTURNA OEA
- I CRONTRARRELOJ CASTROFEITO by Suso Beis.
XC CASTRO BARBUDO (TARAGOÑA) Open Galego XC
Pois a fin de semana comeza en terras do Barbanza, mais concretamente en Taragoña, mais concretamente no monte do Castro Barbudo. Era a primeira vez que se organizaba unha proba de rally neste circuito e quixeron facer un recorrido técnico técnico e..... conseguirono. Personalmente, algunhas das baixadas vinas demasiado perigosas, sobre todo a que baixaba dende o alto do monte unha vez que chegabas arriba de todo. Esas pedras con escalóns, esas baixadas sen apoyos, pffff. Pero bueno era o que había. A subida larga e tendida sen complicacións.
As primeiras voltas foron algo complicadas debido á cantidade de xente que había polo trazado e que facían as voltas bastante pesadas. Pero pouco durou a festa xa que na segunda volta e nunha das zonas mais complicadas sufrín unha aparatosa caída ó bater coa rodilla esquerda contra unha pedra. Son desos golpes sen ferida pero que dan no oso e pfff alí quedei 5 minutos ou mais sen poder mover a perna. Gracias á xente que me axudou a moverme ;) En quente parecía que a dor pasara e volvín arrancar cunha rabia.....e case caio de novo. Por eso me dixen, calma, que hai que acaabar, as carreiras son moi longas..... O dito. Seguín correndo e co obxetivo de manter a 3ª posición que volvera a conseguir. Cada vez o circuito estaba algo mais traballado e xa se conocían mellor as baixadas pero ainda así....
Quero aproveitar dende aquí para mandarlle ánimos a Nando que nesta carreira sufriu unha caída moi moi aparatosa e tivo que ser trasladao ó hospital. Por suerte O CASCO fixo o seu traballo e agora esta na casa, eso sí, todo escarallao.... pero sen nada roto. USADE O CASCO SIEMPRE¡¡¡¡¡
Continuo, na última volta sentinme algo mais fuertes que nas anteriores e dixen, ala vou, a dalo todo, e con moita cabeza subin o ritmo nas subidas e controlei nas baixadas cando de supeto na ultima subida vexo ó que iba 2º clasificado, Borja de Castro Barbudo. A verdade e que se coñecía o circuito como a palma da súa man e vaia carreira que fixo, si señor¡¡¡ Noraboa. O dito, vino, e dixen a por él. Conseguin adiantalo e separarme de el o necesario para entrar na meta en 2ª posición e rematar enteiro de corpo e bike.
E como non darlle as gracias a SUSO BEIS por vir a vernos, sempre dá ánimos ver a xente do club animando...
Fdo. Pekeno
I CONTRARRELOJ CASTROFEITO
Bos medio-días a todos corzos! Recollo o testigo do meu compañeiro PekenoSaltón e vou intentar narrar a experiencia da 1ª Contrarreloj Castrofeito, que corría da man de Suso Beis.
Os invitados eran moitos, e fletamos diversas furgallas de autónomos para ir cara alá. Algún como Angel non se debía ver cheo que foi en bici ata alá pa ir quentando. Entre pitos e flautas, e aparcar e desmontar, e risas con uns risas con outros, vaisenos a cousa a casi as 11. O tempo era perfecto, nublado, así que a nadie lle iba a saltar o termostato polo clima.
Formamos pelotón do que falta Jory que por caer non estaba operativo, así que levou a furgalla de apoyo no que sería a volta de quecemento/recoñecemento do trazado argallado por Suso. Casi todos ibamos memorizando as pendientes, os cambios, o vento, etc. Eu disfrutei moito de rodar así casi 20 tipos con furgalla de apoyo detrás. Parecíamos un peloton UCI PRO-TOUR.
Un total de 18 km que ben se poden resumir en 4 sectores: o primeiro de llaneo picando para abaixo moi moi rápido, para coller un cruce que nos leva a unha zona de 2 repeitos de potencia cortos. A terceira parte ata chegar á subida un pouco rompepiernas e despois un colofón de 3km de subida tendida para acabar na rotonda.
Sin máis que comentar, porque cada un faríao ó seu ritmo dentro de estar mais ou menos entrenado. Eu non estaba moi entrenado a verdad, pero o trazado íbame moi ben a como son eu. O resto? mellor mirar os tempos:
Clasificación General: 1º M.Prado, 2º SusoBeis, 3º Oscarito,
Angel, J.Rouco, Mon, Sergio, Ito*, Panchito*, Pato, C.Taboada, Andrés, Carlitos*, Pekeno*, Carlos, M.Vilacoba, Su Presidencia.
Algunha que outra sorpresa tanto positiva como negativa que non vou entrar a valorar... jajaja eu vou falar por min e digo que me jode que se me escapara Suso por 14seg. Prado foi unha apisonadora sin rival, cun tempazo. Hai moita xente na zona media da táboa o cal indica que andamos todos moi parexos de nivel.
En Cat A Sub-35: Oscarito-Mon-Sergio
En Cat Máster: M.Prado-SusoBeis-Angel
E despois de intercambiar impresións, coller aire, e gardar as bicicletas... a encher o bandullo! Vaia picoteo que nos tiña reservado Suso, con boas vistas e un tempazo, así da gusto facer eventos!! Gracias ós de fóra por vir compartir a mañá, e gracias a SusoBeis por prepararnos algo tan tan chulo, que creo que que se vai convertir nunha fija no club.
Un saludo a todos e a darlle ó pedal!!! (Carballo se acerca...)
Oscarito! --