Mostrando entradas con la etiqueta II ruta OEA´S. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta II ruta OEA´S. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de abril de 2011

TEST MARCHA OEA 2011

quetal amigos, son oscarito e vou facer por primeira vez unha crónica que non sexa un coñazo pa leer... xDD


Quedamos ás 9:00 na carballeira pa facer a ruta da Marcha, e as 9:20 xa a estábamos facendo, o que queríamos era facer un bo simulacro para amarrar os últimos flecos sueltos. Qué decir da marcha que xa non se sepa... o principio bonito, moi chulo polo entorno, pero rápido se entra en materia, e mais de un bota o bazo nalgun dos repeitos de antes do primeiro avituallamento.

A todo esto, seríamos uns 30 entre a xente do club, e a xente que se nos foi unindo. Alguns con mellor tono físico que outros, pero todo dios sufrindo e notando dor nas pernas. Seguimos subindo... ata as primeiras trialeras... Qué gozada en seco! Sin enredar moito... encaramos a tan temida/amada subida. ta moi limpa en zonas puntuales gracias ó traballo de jory e outros currantes. Por alí tamen andaban o presi e Suso, en labores de apoyo logístico (e tamén meténdolle algunha birra... jajaja)

Fomos chegando pouco a pouco á cima, esta subida... pon a cada un no seu lugar! é ruín! jajaja Fernando ta moi ben, apretoume moito, e jory tamen ta como un toro. Do resto non sei como subirían pero a cara de algun coronando era un poema! Refresco, barrita, TRIALERA!!! o orgasmo que se sinte desde o avituallamento do alto do Rubial, ata macedos, solo é equiparable con... bueno, non é equiparable con nada... ahí queda eso.


Chegamos a Pedre, e encaramos monte mais rodador, así ata completar a segunda parte da ruta, outra chulada máis... e por non falar das trialeras finales, parece que as fixo Dios para disfrute de todos os amantes do MTB... quen esté en dudas de si vir ou non, estos camiños non deixarán indiferentes a ninguen!

Cumplimos o horario previsto, e tendo en conta que houbo bastante avería, está genial, si ven un dia así para a marcha, vai ser unha gozada, e senon, tamén! si e que cun trazado así, vai ser jodido que ninguen teña o seu momento de disfrute!

Un abrazo, e saludade siempreee!!!!

Oscarito --

miércoles, 6 de abril de 2011

ÚLTIMOS RETOQUES MARCHA OEA 2011

Bueno hoxe tócame escribir a min, vai ser a primeira vez e espero que non vos aburra este ladrillo jeje.

Un domingo máis saímos a recorrelos montes, pero este tiña un propósito, probala II marcha OEA. Saímos da praza sobre vinte persoas, e entramos o primeiro tramo de monte, non houbo dificultades ata que empezou a subida, que estaba toda chea de lama, era moi complicado subir.
Despois de subir ese cacho tocou baixar a fuego polas primeiras trialeras. Logo, o tramo que segue as trialeras é bastante rápido, xa que se llanea moito e tamén hai bastantes baixadas.
O acabar este último sector empezaba a subir, onde non paraba ata chegar a cima. Solo se pode dicir que este sector de subida tira do peito...jeje Na subida atopamos o presidente marcando o recorrido en moto, e máis adiante a Suso tamén en moto (que posteriormente Suso levaría a Adrián na moto xa que lle custaba moito subir, e o presi levou o Pekeno que levou un forte golpe no xeonllo). Cando chegamos arriba reagrupámonos e empezámolas trialeras cara Macedos, cada día que as fago impresiónanme máis, pero sempre con cabeza que nunca se sabe. Jeje
Chegamos a Macedos sen ningún percance, e aquí despedimos a Juan, Borja, Kiko, Suso, etc que xa baixaban, os demais seguimos para facer a segunda parte da marcha.
Saímos de Macedos e diriximos a Pedre onde nos adentramos o monte para chegar ata as Torres. Pero nesta parte percance ca montura de Ito, rotura de patilla (Ito onde hai ramallada hai que ir amodo jeje). Cando a estaban cambiando apareceu de novo Suso, que nos acompañou durante o traxecto que quedaba. Arranxada a patilla de Ito seguimos, pero uns kilometros máis adiante o grupo que ía máis rezagao, que eran José,Ito e os outros que non me acordo dos vosos nomes. Despois disto quedamos Andres, Pato, Adrian, Suso, o que escribe e dous acompañantes máis.
Por último, xa nas torres fixemolas trialeras, solo hai unha palabra para describilas, son IMPRESIONANTES!!!
Tamén hai que recoñecer o traballo dos que limparon que deixaron a ruta perfecta.
Espero que se vos fixese bo de ler. Jajaja

¡¡!!Un saudiño!!¡¡

*Carlooos*

viernes, 25 de marzo de 2011

lunes, 17 de enero de 2011

RUTA OEA 2011 (ÚLTIMOS COLETAZOS)

O prometido é deuda. Crónica de outro domingo mais nas rutas OEA. Tomando o cafe como marqueses esperamos ó grueso dos oea´s que pouco a pouco se iban acercando. Hoxe como novidade duas novas promesas do BTT que nos acompañaron a sufrir, caer, rir, pedalear e penso que pasalo ben. Xente noviña con ganas e sen medo... jejeje

Comezamos a ruta dirección alto do Rubial para facer a segunda parte da marcha de novo xa que realmente é unha pasada...e para atar un par de cabos. A subida amena, barullando, comentando xogadas e saludando á xente dos balcóns. Xa no monte os colores cambiaban. Desta vez alargamos un pouco a subida e fomos pola parte larga para facer algo mais de quilometraxe. Unha vez arriba....a baixar¡¡ A trialera nova cada vez da mais xogo e está algo menos dificil pero ainda así é moi técnica. Desta vez cobrouse a vida de Suso....jajaja que atrapou alí onde moitos outros atraparon, pero bueno sen consecuencias aparentes...

Unha vez todos agrupados tocaba merendola. Rapaces lempbrade o importante de sair con comida. Unha fruta (plátano), barritas energéticas e cousas do estilo. Imprescindible. Logo do parón continuamos dirección Macedos polas novas trialeras...pero aquí houbo un grupo de rezagados e coa mala suerte que se perderon.....Suso, Isa e Sergio faltaban e xa iban ala no fondo e nada, non deron volta e quedaron perdidos no monte despois de indicarlle catro cousas. O resto continuamos directos ás trampas onde Carlos, o rapaz novo tivo un pequeno apuro cun cortao jeje e lego Andrés cunha raposeira....Andrés a horquilla non traga todo eh....

Unha vez en Macedos quedaba a parte nova de Pedre e logo Rañalonga cos seus camiños ratoneros e preciosos con algo de auga...pero sólo unha pouca...Alí nos estretivemos un cacho vendo como un tras outro iba pasando polo charquiño, vaia risas....Dende aquí directos hacia Altamira e as ultimas baixadas para xa chegar a Brión e punto de final ó día de hoxe cunha tapitas na de Filiberto. Con mais risas.

En fin. Día agradable, ruta acabada e o próximo domingo algúns dos OEA´S irán a Beariz a competir no campionato galego de duathlon de Montaña. O resto sairá coma sempre.



Un saúdo a tod@s


PD: REUNIÓN XOVES ÁS 21:30 NO AMERICANS.

...jorge...


domingo, 9 de enero de 2011

RUTA OEA 2011 (RECORRIDO FINALIZADO)


Pois por fin¡¡¡ o recorrido da II MARCHA BTT OS ESFOLA ARRÓS - CONCELLO DE BRIÓN está perfilado. Aviso a navegantes.....ide entrenando....Non decimos mais...jejeje

O día amanecía cojonudo para a práctica da BTT e alí estabamos presentes uns cuantos. Andrés, Carlitos, José, Angel, Pato, eu, e dous amigos que so recordo o nome de un....Carlos creo.

Arrancamos dirección Bastavales para darlle o visto bo ó novo carreiro que descubrimos a semana pasada gracias a Tojo e que José xa tiña desbrozao....así da gusto coño¡¡ É un deses camiños con encanto, tanto encanto teñen que te fan ir ó chan xD pero sen consecuencias. Ademais outra cousa no pero auga.....bufff estaban os camiño cheos cheos. Algún ata se tirou a ela e todo....jajajajajjajaj


Logo de facer o primeiro tramo que tiñamos para hoxe diriximonos cara Pedre para poder perfilar o final da ruta pero vaia odisea chegar a ta alá....Chegados a un punto multiples camiños..., un deles cunha pendientaza criminal, claro está, non fomos por el...pero ó karma jodeunos é despois de dar voltas chegamos ó mesmo punto e o que é peor, xD tivemos que subir andando todo o camiño ata a cima do Rubial...José encantado e o resto.....bueno do resto mellor non falar....cada un levabamolo como podiamos e ca bici ó lombo pero ó final todos contentos cando chegamos á cima.

Unha vez arriba había fame e tamén ganas de fotos artisticas e bah alá nos puxemos a quitar fotitos ejjeje vaia risas co cortador de albondigas ajajajajjajajja. O caso e que ainda botamos alí un cacho xeitoso antes de afrontar a baixada do Rubial por onde iba a ruta OEA 2010 ata Macedos.

Arrancamos cara Pedre e alí debemos ter un gafe ou algo porque bumbaaa Juan pinchao. Aire de aquí aire de ala...ahora para arriba...ahora para abaixo....risas por aquí....e a roda sen hinchar, menos mal que nunca te acostarás sin saber algo más e nahh alí lle metemos unha mecha e ala, como Dios. Está claro que É TODO FÍSICA xD

Logo do altercado seguimos por camiño de ruta e solo decir unha cousa....ó final da ruta moi moi moi wapo e non se fai extremadamente duro. É parecido ó do ano pasado. E con auga bastante asegurada e sensacións fuertes tamén....jijijij.

O día non estaba completo e pummmm rebenton da miña roda de atrás. O carallo e nunca visto é ver como se meteu un pao dentro da camara¡¡¡ cuidao ehh Hai testigos...E nada cambiamos e para casiña sen poder desfrutar das tapitas. Unha mañan perfecta que facia tempo non había. OEA´S salide na bikeee non sabedes o que vos perdedes¡¡¡¡¡




Un abrazo a tod@s.
Un saúdo

...jorge...

domingo, 2 de enero de 2011

PROBANDO RUTA OEA 2011

Primeira saída oficial dos OEA´S neste 2011. Faltaban algúns pero xuntámonos un bo grupiño. Na praza respirábase bo ambiente. Roupa nova para Suso y cia. Había moita carallada tamén comentando o que dera de si a entrada do ano....que sempre da xojo. jejejeje. Esperamos un pouko polo juvenil Oscarito que se quedou durmido e arrancamos que xa nos collería.

Hoxe non había discusión, o percorrido sería a primeira parte da ruta Oea 2011. A comisión de xuices do COI estába xa con papel e boli para apuntar detalles de todo....(xa falaremos dos xamóns eses...). Arrancamos direccion Os Anxeles e dende alí xa nos encamiñamos. Ata a igrexa de Batavales todo correcto. Jiji jaja, moi bonito, moi ben. Unha vez na igrexa xa cambian as caras...e os comentarios....jejejej. Xa empezaban a formarse grupetas e os cambios saltaban.


Seguimos subindo para poder encamiñaras primeiras baixadas...e os primeiros topetazos....
Primeiro un servidor que saltou por diante da bici....por ir demasiado amodo e despois Carlitos....SIIII, leedes ben, Carlos caeu, atrapouu jajajja pero está ben ehh que Andrés foi pronto a preocuparse por él. jajaja Seguimos baixando e había moitas papeletas para que foramos ó chan pero bueno ainda aguantamos. Desvío novo hacia o punto de encuentro numero 1. Un par de equilibrios, riachuelos, pedras, saltillos e ala. A comer algo. Alí vimos unha cousa que flipamos.....Desde cando os cans comen.......(mierda????) jajajajja

A verda é que nos flipamos....nunca tal viramos. Seino, é un pouco escatológico pero non se ve todolos días esto. xDDDD

A partir de aquí comeza a nova subida do Rubial. Diferente á do ano pasado pero mais divertida verdade???

Eso sí, algún que outro volveu atrapar por culpa de algunha pedriña que se puxo rebelde....o día estaba para eso, xa dixera Carlitos que iba traer o casco vello que tiña pensado caer hoxe...jejejjej e acertou.

Pero eso que de momento non hay día que non vaia alguén ó chan....miedo me da. Subimos en grupillos, cada un ó seu aire e con paciencia para chegar arriba e comentar a xogada e rajar un pouco de quen inventou de ir por ali.....xD As pedras quedaron xá marcadas coa cor OEA jejeje


Unha vez arriba uns tiraron por carretera para casa que era tarde e outros continuamos pola baixada da casa encantada. Cousa chula chicooooo, ainda que póñense de corbata de vez en cando sobre todo con algunha pedriña suelta...pero sen consecuencias. A casa encantada non defrauda. Pinchazo de Angel e 15 minutos de descanso. xD Logo seguimos e fixemos unha pekena variante na baixada para ir a dar directamente ás casas de Macedos e penso que vai ser o mais indicado....vendo o que se fixo de atrás.... Dende aquí para casiña que xa era tarde e a primeira parte da ruta queda bastante definida xa. E supoño que a xente quedou contenta co que lle tiñamos preparado....Ahora que fale o COI....jejejjeje

Está claro que a ruta vai a ser dura, xa o digo ahora, pero entrenando algo faise. Tamén o Soplao é duro mais se vai alá a proposito a facer a marcha xDDD O caso. Salud e suerte e a entrenar¡¡¡¡

Un abrazo a todos¡¡¡¡
...jorge....

P.D: fotazo