"con sentidiño¡¡¡"
A noite xa empezaba entre risas...e claro non podían ser outros que o dúo dinámico o que as armara...O tema foi o seguinte: ás 9 da noite quedáramos na casa para ultimar detalles. Oscarito con mais tempo montouse un bo tinglado. Luz de obra naranxa xiratoria na cabeza e neon na barra da bici...vaia pintas ajajja e ca batería da moto detrás. Eu para rematar o tema cun megáfono para tema sirena e tal....Pois nada, estábamos preparados e ala vamos directos cara Verde para coller toda a recta da carretera de Ortoño cara os taxis e de aí saír á praza das Tetas. No punto de inicio prendemos motores e alá imos, polo medio da carretera desde Angueira ca sirena a todo trapo e Oscarito ca luz prendida...todo iba perfecto ata que á altura dos taxis xa nos dan o alto os municipales....jajajaj. Nós flipando e o resto dos OEA´S partíndose o cu mentras a nos nos querían empapelar por ir armando escándalo ca sirena e tal....En fin non tiñan nada mellor que facer e era un novatillo con cara de flipao. O caso que tivemos que apagar o tinglado e ir para onde esta
Despois desta anécdota e das fotos pertinentes (Alfonso xa as subirás) saímos dirección
Reagrupamento na primeira caseta e directos para o cacho de asfalto. Entre risas e case caídas chegamos e alí decidimos baixar polas trialeras uns cuantos. A verdade e que arriesgamos pero como molaaa¡¡¡. Agora ben o altercado da noite onde desta vez Alfonso provou os toxos nunha saída de pista bastante aparatosa pero sen consecuencias graves. Chapa e pintura con toxos clavados polo corpo jeje . O resto para abaixo sen mais. Uns polas trialeras e outros polo asfalto, sen arriesgar demasiado.
Xa en macedos decidimos ir pola general ata o Abelleira. Que chulo ver a ringleira das bicis toda cas luces...en plena noite cerrada...que gozada....
O punto espectaculo démolo ca chegada en bloque ó Abelleira onde nos esperaban os ansiados pinchos. O convidado marchou pero o resto quedámonos e uníronse Ángel e o Pekeno.
Resumindo: foi unha noite memorable por todo. Por andar de noite na bici, unha gran experiencia que hai que repetir mais a miudo, polas risas entre nós, polos chistes, e sobre todo polas duas horas que botamos no Abelleira, eso si que une carallo¡¡¡ ejjeje Sen mais darvolas gracias por ser todos así e espero que sigamos formando esta gran familia.
ós que non puideron vir como Fernando, Xulio, David, Martín, Os Tojo, Alberto, Juan e Antonio pois decirvos que se vos botou de menos pero xa brindamos por vos¡¡¡
Un saúdo.
(E COMENTADE ALGO POR FAVOR QUE SEMPRE GUSTA VER COMENTARIOS ÁS PERSOAS QUE ESCRIBEN AS CRÓNICAS VALEEEE???? JEJEJE E SABEMOS QUE O BLOG O LEDES¡¡¡¡)
P.D: carlitos.....ajjajajaja.....débesnos unha....non digo mais.......






