Mostrando entradas con la etiqueta tapitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tapitas. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de enero de 2012

quitando a carbonilla por Ames

Ai se eu te Papo!... todo a mañan de Domingo con esa canción pegada por culpa de algún cantamañanas. as 9:45 arrancamos das tetiñas (nótase que faltaba dabiz). Animales: Juan, Andrés, Ito, Panchito, Carlos avogado, Pato, Kiko e Oscarito que escribe. Harry (suso), Carlos-T e Pekeno, en Beariz, esperamos crónica. O destino era Milladoiro e alrededores, pero había pereza de ir ata tan lexos para perdernos, e a mañan era fría e chuviosa.



Así que entre algunha que outra discusión típica, poñémonos dirección Marcha de Ames. Chuvia, frío, e máis frío. Empezamos quentando e falando. Sin moita novedad, solo destacar un grupo de gaseosa en cabeza con Juan, Kiko e Panchito dándolo todo desde o KM-0. Primeiras costas e xa entramos en calor. Todo bastante ciclable.

Seguimos rodando e xa nos desviamos do trazado preestablecido, un clásico-OEA. Evitamos o río, que non taba dia pa ir á troita. E nesto que Pato, que estaba probando a 29, que fixo as delicias de todos, cédella a Juan, que a proba no llano... e como iba... (non sei se eran as 3pulgadas de máis ou que Juan volve ás andadas...) O resto tratamos de seguilo... algunha que outra baixada, velocidad... e chegamos a tapia.

Reagrupamiento en Tapia, e aparecen un amplio grupo de mtbeteteros ou como carallo se diga, (non me acordo de que club eran, que alguén ilumine) e tras intento de fusión finalmente non hai pacto e cada un polo seu lado. Nos ó noso... Juan marcaba a ruta, que disque conocía moi ben aqueles... camiños. Despois de algún que outro rodeo, e de saludar a Sergio, aparecemos en Covas. Despois nin puta idea de por donde fomos, eu tampouco é que sexa un orientador nato jajaja, pero según os expertos, tabamos na falda do Mercuto.

De tanto que subimos, eu pensei que tabamos na cima, pero resulta que a duras penas conseguimos chegar a ameixenda... cando cae unha boa tromba de auga. Como auténticos gitanos, montamos un campamento ó lado dunha nave, e tomamoslle os tentenpiés. E claro, como suele pasar, enfriamos nós mais as cabezas: que si ó pedroso, que si ó instrumento, que si a coristanco... enfín, o mellor era ir tirando po Val e parar nalgunhas tabernas... jajaja.

Aquí colle as riendas o autónomo máis conocido da redonda: Panchito. E bueno, meteunos por unha merda de camiños, para qué engañarnos, unha PUTA merda de camiños... pero cando a cousa non prometia... aparece de la nada unha pedazo de baixada.... uffff e como baixamos! aquelo era un espectáculo. O mellor do día sin duda, queda gardada para proximas salidas. 

Xa sin adrenalina no corpo, e entre moitos cazadores que se viron toda a mañan, reagrupamos diante dunha antiga taberna, que conocían Pato e Panchito... pero daquelo solo quedaban dous vellos e moitas historias. Botamos unhas risas con eles, e entrounos ganas de taberna pero de verdad, así que... Alto do vento! como siempre, a toda hostia, como fan os OEAS pa volver pa casa.

Tapita e risas outra vez, con algo de frío eso si. Era a 1, así que pabaixo, que quedaba o xa archimítico descenso de aldea nova, que sempre promete. Deixannos kiko e carlos, que baixan por carretera. O resto agrupadiños polo monte e a todo meter. CANDO un pino caído cortanos o rollo. Paramos para sortealo... e... ATAQUE DE PATO! merda! a jodelo! e salimos todos, saldándose o ataque con algún que outro cuerpo viviente... e chegamos a aldea nova propiamente dito. Eu sei que baixo ben así que adianto a todos a toda hostia antes de meterme en monte cerrado.

Eu vou diante, e casi atropello a unha parella que iba paseando ós cans... e detrás viñan os miticos ito juan etc... e desto que chego abaixo ó cruce... e escoito berrar a todos... e eu pensando... qué pasaria!? nesto que vexo salir un can a toda hostia todo cruzado salindo da curva... Resulta que fixera o descenso con nos! e o carallo... E QUE ADIANTOU A ALGUN BAIXANDO jajajajaja Xa temos fichaje! (pekeno, xa non eres a mascota do club! xD) e despois de esperar a que viñeran os donos en vano, decidimos que a naturaleza seguira o seu transcurso (marchamos). Lavado de bikes nos ánxeles e para casa.



Boa ruta e moitas risas cos detalles como sempre, e entre a diversión, 40kms máis para as pernas, xa empezamos a desoxidar, xa empezamos a mallar... a ver si ahora arrancamos de verdad. Eso es todo amigos!

Oscarito!!

martes, 29 de noviembre de 2011

3 picos... doutra maneira (Mercuto)


Corcería!! como vai a semana? bueno, eu son estudiante, e teño tempo, así que vou a contar o acontecido o último Domingo, que non ten desperdicio... Como sempre, ás 9:30 nas Tetazas, rumbo ó Mercuto, que sempre da xogo, e creo que sobre uns 20 valientes.
Facía algo de frío, ceo totalmente despejado, e tras esperar polos últimos efectivos, poñemonos cas mans na masa (a das napolitanas e croissants que lle mandamos no NY jaja) bueno, ahora en serio, arrancamos por donde sempre. Marcaba Juan, era o seu territorio comanche, e o cabrón iba encargarse de levarnos coa lengua fora todo o camiño. Algún apretón gaseoso de Kiko pero rápidamente neutralizado polo pelotón, que teñía de color fresa os camiños rodadores da zona. Moi bonito si, pero cando me tou dando conta, xa tamos subindo ó SanMarcos...


Íbamos tan sobraos, que hasta demos unha volta á pataca arriba para entrenar para o III criterium... e seguimos rodando, non daba tempo a nada! falamos de coronar o monte que se ve desde o SanMarcos, o que ta delao, xa me diredes vos o nome porque eu nin me acordo, tanto cambio de presión atmosférica de subir e baixar como fuegos núblame a mente. Dito e feito. Juan encabeza e aló imos. Unhas fotiños coas vistazas... qué vistas! e logo dunhas historias, seguimos. Ibamos ben de tempo! (lo nunca visto!!) pero non nos subestimedes amigos, somos OEAs, e xa teríamos tempo de liarnos. 


Roda que te roda sempre coa vista posta no Mercuto. Chegamos á entrada da carretera general moito antes do que eu creía, aquí xa ibamos un pouco máis de risas... gracias as clases prácticas cortesía de KIKO... 

Lección Nº1: cómo tirar abaixo un ecolito sin machada. Pois eso, non o vou a explicar porque é unha técnica ancestral e ainda non se sabe moi ben como se fai (ver video). Si amigos, tirou co eucalipto, pero tamen caeu el jajajaja quedou mazao como un pulpo pero levantouse como si nada e fardando... "xos teño tiraos mais jordos eh!" bueno, pois eso acompañado dun "non hai webos" fixeronnos chegar á...

Lección Nº2: cómo quedar colgando dun ecolipto. Pero non de calquer forma, senón colgarse e parecerse a unha mezcla entre un chourizo colgado na lareira e un muelle. Os máis xovenes do grupo tiveron tempo de aprender física aplicada.


Dios mio que risas foron... despois de poder respirar un pouco e de que Panchito escondera os cadáveres, seguimos enriva das bicis. E ahora as risas eran caras de "apuro" porque tocaba a primeira plancha tras pasar a aldea. Mais de un coma min botamos pe a terra e quedamos sin opcións o título de montaña. Subida e máis subida, corona Jory a bola do mundo e despois imos chegando o resto... bueno, o resto dos que non se perderon! jajaja alfonso-pekeno-carlosA-adrian pensaron que eran poucos Km's e metéronse a saber por qué pistas pa chegar á cima jajaja. 
Qué bonito! era cedo, bo día, todos sin averías, todos ibamos cumplindo e aguantando... Así que rumbo ó Pedroso... OLLO, RUMBO, non subir ó pedroso... jajaja o destino era baixar a figueiras por unhas pistas chulas chulísimas. Nunha paradiña destas, Pato, (tranquilos, non farei chistes jaja) arreglou o pinchazo que tivera na baixada do Mercuto. Ahora tocaban esos tramos de sube-baja pestosos que hai que enlace, suputamadre, agarra a roda! Aquí separámonos pero agrupámonos ante o desvío que levaría a bautizada como "baixada dos maricóns" xa que é unha baixada de collóns. Bien. salimos 20. chegamos 5. Jjajajaja o resto... enfin. A baixada chula, rápida, técnica, e de apretar o pedal todo o tempo. merece a pena facela máis veces.

Peeero por contra, ten moito cruce, e perdéronse moitos polo monte, maiormente casi no final, e pensaron que a ruta era pouco e decidiron tamén subir ó Pedroso... tan colgaos! ajajajaja Pois alí esperando por todo dios en Figueiras, unha chea de tempo. Alá nos iba a media con todos estos paróns! jajaja. ahora o tempo apretalle a máis de un, así que aqui abandonan Panchito, Kiko, Carlos Abogado, Carlitos... e bueno, despois cada un por donde lle saliu do carallo pa casa.

Peligro! na rotonda que vai pa Tapia xuntámonos uns poucos que quedamos para facer o descenso de AldeaNova, a miña especialidad e que nunca defrauda. Eso, que vos vou contar, que se non se che poñen de corbata nos saltos a toda hostia, e porque xa os levas na boca jajaja. Chego abaixo e espero polo resto... e estaban alí recollendo os cans uns cazadores (poli bueno e poli malo). Claro, chegamos ó cruce a fuego, e os cans volvense tolos, e os dueños, tamén. Alí nos discutiu que o monte non era noso e non sei qué mais parvadas sin sentido. Non era plan de pasar das palabras ós actos, eles tiñan cospetas e nos tiñamos multiherramientas. Tábamos jodidos. 

Despois de tanta discusión, e sobre 45km creo, entra a fame, así que NY, tapitas (moitas risas alí recordando historias), lavar a bici á gasolinera, chegar á casa, mirar o reloj. Ver que son as 15:04 no tiene precio, para todo lo demás O-E-Ás!


Oscarito!!

martes, 22 de noviembre de 2011

Antenas Scala, meee mueeeeroo!!!!

Hola nenas e chavalada varia!!! xa todo vai indo ó seu cauce, e tamos salindo bastantes os domingos a rodar as MTB, así que o que queira que se apunte, como veñen facendo moita xente ultimamente e tanto nos gusta. 


Domingo-20, hora H, alí tamos nas tetas-BarNewYork dous chavales do CostaVella (Darío e Nando) Luis Casal, e os OEAs: Jorge, Pato, Andrés, Carlitos, Juan, Kiko, José, Suso Beis, Carlos (avogado) e Oscarito que está al teclado. Bien, poñámonos en materia.

Destino: Antenas, un monte que sempre gusta, pero a intención era bordear algo o Rubial, pa facer mais atractiva a cousa. Rodamos polos llanos do Outeiro, para enlazar o camiño do río, e despois poñernos en materia atacando a ladeira do rubial. PERO ANTES! tivo que abandonarnos Pato por problemas técnicos do seu ferro da segunda guerra mundial do seu pepino de bike... jajajaj o últmo parte que temos do perito-Furelos é concluyente: "ajarrotou o cable do cambio". Quedei con el na cima das Antenas, que el xa iba por carretera, pero hasta hoxe non sei nada de pato. (si alguén lee o blog e tiña vez martes ou lunes para cortar o pelo, que me confirme si ta vivo, gracias)

Volvamos ós pedales: rodamos e rodamos a empezan a sobrar kg's de roupa... Ritmo alegre e sin pausas. Cada un vaino levando como pode. Hasta arriba. Pabaixo mandan cojones, así que cada un a pintar a mona arriesgando unha posible visita ó hospital e a darlo todo. Un pouco de subida outra vez para chegar o enclave (donde se fixo o segundo avituallamento na marcha OEA). De aí para abaixo outra vez a lo loco. Chegamos abaixo, e toca algo de asfalto para enlazar co principio do Col-du-Scala.



Pinchazo de Carlos-Avogado, pero subsanamolo e seguimos. Bo dia, bo tempo, imos ben de tempo, (ah! Kiko xa nos deixou porque tiña fame). Así que o resto a subir como quere. A chavalada do Costavella sale a bo ritmo, que tratan de seguir Suso e Juan. Atrás o resto de parloteo. Primeiro descansillo, e as diferencias agrándanse, pero os máis veteranos do lugar din que é mellor jardar pa cando veñan vacas-flacas. Pois a gardar e sen hostilidades. Enganchamos a pequena baixada para afrontar o último tramo. Juan e Suso medio esperan medio sucumben o noso "demoledor" ritmo. Aproveito para tensar o pelotón, e máis de un xa queda muerto ante tal alarde de Watios. A verdad e que non quixen apretar moito. As rodas non me agarraban e quedaba constantemente patinando cual moto de cross que non da dominado tanto cabalo xunto (tou sendo irónico eh jajaja) 

Subida, subida... miro cara atrás e teño a Jorge e Suso conmigo. Boa grupeta. Sufrimos pero chegamos xuntos ó archipestoso asfalto final. Seino de memoria, e rompo a Suso poñéndome de pe. Reacciona Jorge, e coronamos xuntos. Arriba os do Costavella sin despeinarse, pero bueno, bo entreno para todos, que ainda que nunca se queira, sempre se forza para entrenar ese puntiño de gas que caracteriza á raza OEA. Todos arriba, menos Furelos, cun pinchazo (despois de rirse minutos antes do sistema tubeless, que diske el non pinchaba con cámara... jajajajaja) e... Luis Casal, que se permitiu o lujo de facer un par de subidas e baixadas máis ó monte despois de perderse... manda carallo, menos mal que tíñamos contacto visual senon ainda o tamos buscando ahora no monte jjajaja. Baixamos por donde sempre, pero algún veterano que ten os webos pelaos de baixar por donde sempre, e non quero nombrar a ANDRÉS a ninguén, perdeuse no medio da baixada e foi salir media hora despois á general... jjajajaja.

Seguimos dándolle, seguimos polo Camiño para evitar o tráfico da general, e vaia susto levou algunha... tamen poñerse a mexar no medio do camiño... creo que a dia de hoxe encolleuselle tanto o asunto que non lle volveron as ganas de mexar ainda... jajajaja. E nada, Despois camiños ruteros e llanos por monte cerrao, moi chulos. E aquí destapouse o frasco das esencias e puxéronse as cartas sobre a mesa... corría o Km45, cando saliu José-Furellara para coller o pelotón e marcarse unhas series impresionantes, das que máis de algún quedou descolgado... e a min quedoume a lengua colgando!!! todo polos camiños da marcha femenina e sufrindo, chegamos a Berta, a tomarlle as tapitas pertinentes no NY e comentar as mellores xogadas da xornada.

Qué decir, bo dia, boa ruta, boa kilometrada, risas, historias, boa compaña e mtb. Non se me ocurre qué máis pedir. Bueno..., 1€ para unha funda para Pato... jajajaja (é coña eh, non me tomedes a mal as parvadas que escribo). Así que eso chavalada, a seguir pedaleando e a seguir salindo os findes! 

Un abrazoooo!!!!!!!!! meeee mueeerooooooooo

Oscarito!

miércoles, 6 de abril de 2011

ÚLTIMOS RETOQUES MARCHA OEA 2011

Bueno hoxe tócame escribir a min, vai ser a primeira vez e espero que non vos aburra este ladrillo jeje.

Un domingo máis saímos a recorrelos montes, pero este tiña un propósito, probala II marcha OEA. Saímos da praza sobre vinte persoas, e entramos o primeiro tramo de monte, non houbo dificultades ata que empezou a subida, que estaba toda chea de lama, era moi complicado subir.
Despois de subir ese cacho tocou baixar a fuego polas primeiras trialeras. Logo, o tramo que segue as trialeras é bastante rápido, xa que se llanea moito e tamén hai bastantes baixadas.
O acabar este último sector empezaba a subir, onde non paraba ata chegar a cima. Solo se pode dicir que este sector de subida tira do peito...jeje Na subida atopamos o presidente marcando o recorrido en moto, e máis adiante a Suso tamén en moto (que posteriormente Suso levaría a Adrián na moto xa que lle custaba moito subir, e o presi levou o Pekeno que levou un forte golpe no xeonllo). Cando chegamos arriba reagrupámonos e empezámolas trialeras cara Macedos, cada día que as fago impresiónanme máis, pero sempre con cabeza que nunca se sabe. Jeje
Chegamos a Macedos sen ningún percance, e aquí despedimos a Juan, Borja, Kiko, Suso, etc que xa baixaban, os demais seguimos para facer a segunda parte da marcha.
Saímos de Macedos e diriximos a Pedre onde nos adentramos o monte para chegar ata as Torres. Pero nesta parte percance ca montura de Ito, rotura de patilla (Ito onde hai ramallada hai que ir amodo jeje). Cando a estaban cambiando apareceu de novo Suso, que nos acompañou durante o traxecto que quedaba. Arranxada a patilla de Ito seguimos, pero uns kilometros máis adiante o grupo que ía máis rezagao, que eran José,Ito e os outros que non me acordo dos vosos nomes. Despois disto quedamos Andres, Pato, Adrian, Suso, o que escribe e dous acompañantes máis.
Por último, xa nas torres fixemolas trialeras, solo hai unha palabra para describilas, son IMPRESIONANTES!!!
Tamén hai que recoñecer o traballo dos que limparon que deixaron a ruta perfecta.
Espero que se vos fixese bo de ler. Jajaja

¡¡!!Un saudiño!!¡¡

*Carlooos*

lunes, 14 de marzo de 2011

I KDD FEMENINA OEA en BTT (GRACIAS¡¡¡)



Cuando hablamos de organizar una kdd femenina para animar a las chicas a practicar este deporte, ni por asomo nos imaginábamos que iba a tener tanta aceptación y mucho menos contando que estamos en invierno y pronosticando lluvia.
Eran las nueve menos cuarto de la mañana cuando estábamos Suso y yo (Isa) colocando el último indicador de la kdd, cuando empiezan a llegar los primeros. Iban pasando los minutos y no me lo podía creer, estaban llegando todos los que se habían apuntado, incluidos Marta y Manuel de 11 y 8 años que serían la gran sorpresa del día.
Después de las presentaciones y los saludos, salimos destino Capilla Santa Minia, en esa subida se empezó a notar el nivel de cada participante, Nos reagrupamos al lado de la Capilla y salimos rumbo a Bertamiráns por algo de asfalto y un poquito de monte, empezamos con un ritmo muy suave ya que había chicas que casi era la primera vez que cogían la bici, y así, poco a poco cruzamos Sisalde y ahí empezaba lo bueno todo por senderos y pistas cómodas para rodar, y también fue donde Manuel con sus ocho añitos nos dejaba a todos boquiabiertos, con Kiko como acompañante nos dio una lección de que no se puede infravalorar a nadie, como andaba el chaval….un poco más adelante llegaba la subida que daría mucho que hablar y sudar, jejejeje..  la cual subió casi todo el mundo encima de la bici (algunos con un poquito de ayuda).
Todo estaba saliendo genial, Oscar (presi) y Jory delante, controlando los cruces, yo en la cabeza del pelotón rodeada de Carlos T, Adrián, Fernando y Roy pendientes de todo, cerrando el grupo, José, Carlos y Ángel, y los demás echando una mano en el pelotón. Mientras tanto  Suso con el coche de apoyo y de fotógrafo oficial OEA.
Después de  la subida llegamos al avituallamiento en el puente romano que une Teo y Brión, allí aprovechamos para sacar unas fotos preciosas y para hablar con las chicas, para comparar impresiones y oír sus opiniones.
Salimos de allí hacia la zona más bonita de toda la ruta, senderos entre mimosas, robledales y un camino precioso a lo largo del rio en el que había que sortear los árboles, pero que valió la pena. Este parte de la ruta tenía alguna bajada que sin ser técnica no es fácil para principiantes, pero aun así las chicas se portaron como auténticas heroínas.
Después de un pequeño cambio de última hora en la ruta cruzamos el paseo del Rio Pego y directos al pabellón,  en donde nos esperaban unos pinchos, la duchita y también hubo unas camisetas, que puso el concello de Brión.
Todos acabamos con un buen sabor de boca, ya que los caminos estaban fantásticos para rodar a pesar de lo que llovió el día anterior apenas había barro y hasta la lluvia nos dio una tregua para poder terminar la ruta.
Nuestro objetivo era reunir un grupillo de beteteras y acabamos siendo unas treinta chicas, objetivo cumplido y superado..
El reto era hacer una ruta en la que todas se sintieran cómodas y creo que lo hemos conseguido.
Gracias a mis compañeros del club, por cuidar tan bien a las chicas, que se fueron encantadas con vosotros y por esa mano en la espalda en las subidas.
Gracias al Comando Karacola que desde el principio estuvo apoyando esta kdd y con su simpatía nos alegraron la mañana, y  hasta nos amenizaban con canciones con letra personalizada, jejeje.   
Y qué decir de todas esas chicas que hicisteis tantos km, Laracha, Carballo, Ferrol, Ares, Mugardos, Villalva, Lugo, Fene, Cacheiras, O Pino, Padrón, Ames….
Muchísimas gracias por el madrugón, por los km, por vuestra simpatía, y por el buen rollito… 

lunes, 7 de marzo de 2011

XCO DE NIGRÁN

"Fin de semana competitivo para os esfola arrós"


XC MONTEFERRO (NIGRÁN)


Ola amig@s¡¡ como vai eso? estades xa mais descansados?? jeje. Empecemos polo principio da fin de semana logo. 

O sábado inagurábase o campionato galego de rally na localidade de Nigrán e ata alá se desplazaron dous OEA´S para iniciarse no mundo da competición...Era a primeira vez que íbamos a unha carreira deste tipo e bueno....andabamos algo perdidos. Para empezar moita carreira UCI e moito tal pero a entrega de dorsais.....deixou algo que desear (punto negativo) ainda que o ambiente que por alí había era o nunca visto por min polo menos. Na zona de boxes estaban tódolos equipos alí preparados cas súas carpas, bicicletas en rodillos, publicidade por todos lados.....jajaja que pasada....e nos bueno....non quixemos montar todo ese chiringuito......
O tema empezaba. Tarde mal e arrastro fomos a quentar algo e a ver o circuito, bueno parte. O pouco que vimos era chulisimo....todo por sendeiros, sen pedras, parecía asequible. Fomos hacia a meta e alí comezaron os nervios. Colocamonos por categorías, iban chamando por números e formamos a parrilla de salida. Primeiro saían os Master e logo Senior etc. Dabiz sale e un minuto despois eu. Decir que a subida era en costa arriba e todo dios xa co plato metido......eu flipando....jajjaja pero ala vamos¡¡ bocina e a pedalear. Por diante quedaban 4 voltas a un circuitazo de 5 km e pico que tiña de TODO. Partes moi técnicas entre raices en baixada, cortados de 50 cm, subidas case imposibles de pedra...pfff animaladas pero tamen sendeiros entre árboles, con peraltes....bueno unha pasada e sobre todo, xente animandooo que sempre se agradece. As primeiras voltas foron de toma de contacto e bienn sen imprevistos pola miña parte ainda que Dabiz si que tería un problema cas tremendas raices que había nunha baixada...e co golpe que levou tivo que abandonar. 
Pola miña parte eu seguiría adiante pero tamén, case no mesmo punto que Dabiz, eu fun contra un pino enorme de frente e ostiazo contra a potencia ca entreperna ainda que puiden continuar non sen antes comprobar que non tivera danos na montura. A medida que os minutos e as voltas pasaban sentíame máis cómodo e iba superando a algún àrticipante e algúns a min. A verdade e que este tipo de carreiras son outro nivel....hai xente que anda mooooito de dios....bufff que animalada.
O final da proba acercábase e o cansancio parecía que respetaba mentras algúns dos meus adversarios se quedaban tocados de tirósn e demais. Iso doume ánimos para facer un último esforzo e así foi. Os últimos 2 km fíxenos a muerte¡¡ Arriesgando mais do que debería penso....pero bueno o jolpe avisa jejeje.

A carreira remata e eu tamen remato mallao. Recollo un detalle da organización, un auga e marcho para o coche. Alí xa estaba Dabiz, montamos bikes e imos ver ós outros animales; ós elites e sub 23 mais ós junior. Esto xa era outro nivel...cómo subían, cómo baixaban....e todo con bicicletas que calquera desexaría....jejejeje. Despois de flipar un pouco e ver a carreira viñémonos para casa. Eu ca sensación de facer un bo papel....pensando que dos 20 da categoría pois faría entre os 10 primeiros pero cal é a miña sorpresa cando estando xa na casa comendo unhas filloas ajajja me chega unha mensaxe ó movil comunicándome que finalizara 4º¡¡¡¡ jojojoj tiñades que ver a cara que me quedou jeje. A verdade e que me dou moito ánimo para seguir adestrando e a ver se algún día consigo facer podium....sería unha ilusión moi grande para min.....


lunes, 28 de febrero de 2011

Domingo perfecto


Hola amigas e amigos! quetal?! bueno, son oscarito e vou comentar un pouco o domingo-morning, que estivo moi ben!
Suso e Xulio facendo das súas

Como sempre, ás 9:30 nas tetas, e os mais madrugadores tomaronlle un cafecito no NuevaYork, mentres esperaban polo resto. E alí nos xuntamos: Jorge, Andres, Pato, Carlitos, Angel, José, Suso, Xulio, Ito, Alfonso, o amigo Javi eu (oscarito jaja). Poñemos rumbo ás Antenas, necesitabamos un dia de desconexión do trazado exigente da marcha e queríamos facer algo rodador. O dia perfecto, despejado e unha temperatura digna de primavera-verano. (bueno, despejado para algúns, para outros ainda tábamos en Chanteclair... jajaja) 

Ritmo de falar, de poñernos ó dia, de risas e de contos; lento pero seguro, os km's van caendo: bordeo do río, gaseoducto, cruce da picaraña... (suso ten un percance... os rieles do sillín salíronselle do armazón tras un rehusamiento da sua montura, pero non hai nada que unha brida non sulucione).

Seguimos adiante, cruzamos a via do tren, e aquí iba a surgir o lider natural da ruta: Pato! que quería subir un pouco (jajaja...) e ir polo alto do monte ata o Scala. Vaia subidita... sacounos o frío a mais de un. Seguimos perfilando por arriba, e metemonos nun camiño ratonero, e innovamos para ir dar ó alto de Lampai. Moi chula a saubida por monte, pero o ultimo repeito había que coronalo en asfalto... qué pestosidad! arriba estaban uns amigos, do Dream Team Bike, e logo de intercambiar anecdotas, fotos e barritas, procedemos ó descenso, descartando toda opcion de Scala, para facer unha segunda parte moi chula.
No alto cos amigos do dream team
Qué decir do descenso? pois que cada un a machete para abaixo como pudo, todos disfrutamos, pero os cortalumes fixeron sacar ó descender máis técnico que cada un leva dentro. Eu atrapei sin maior novedad, o resto non sei, algun tamen tería algo... jejeje. xa abaixo, na general, despois de unha segunda baixada tamen vertiginosa (como molan estas cousas eh! en seco apurase moito mais). Eu fago o flipado e acabo caendo, pero con moito estilo... qué risas! Aquí abandonanos Carlitos, ah! e suso non puido seguir por mor do sillín, unha lástima, outro dia será!

E bueno, decir que a segunda parte... unha auténtica gozada... descubrin camiños, e todos ciclables pero cerradiños, dos que nos gustan, sin moita pendiente pero que facia sacar o que levas dentro si lle apretabas un pouco! E tocamos parte da ruta femenina... DIOS! solo con ver esa parte do trazado... xa ten unha pinta insuperable, para iniciarse é o mellor: camiños cheos de natureza e sin exigencia física, e delao da casa! qué mais pedir??

E asi imos poñendo fin á rutilla do domingo, non sin antes pensar en que gastamos o euriño que queda? no lavado de bicis ou nunha cañita? pois cañita! volvemos ó NewYork a fichar e a decir que chegamos ben e rematamos a faena!
Andrés feliz

Hoxe vou estrenar sección nas miñas crónicas: ME GUSTA O NO ME GUSTA (jajajajaja)

Me gusta: Ver a Xulio facer o esforzo de baixar de santiago apurao de tempo para vir andar con nos. Ver a Alfonso poñerse cada vez mais en forma. E a Suso baixar tamen de stgo. Ver como cada vez somos mais xente. Ver o bo ambiente que hay no grupo nun dia de disfrute e gozamiento como estos.

No me gusta: O casco de Ito, temos que tirarllo á basura cando non mire... JAJAJAJA.

PD: saludademe siempre! ah, o viernes... pasade polo american's, que tedes unha volta paga, que o juvenil vaise facendo modesto... e xa van 24... xD


Mais fotos da ruta no noso FACEBOOK | Os Esfola Arrós Bike


Oscarito --

lunes, 17 de enero de 2011

RUTA OEA 2011 (ÚLTIMOS COLETAZOS)

O prometido é deuda. Crónica de outro domingo mais nas rutas OEA. Tomando o cafe como marqueses esperamos ó grueso dos oea´s que pouco a pouco se iban acercando. Hoxe como novidade duas novas promesas do BTT que nos acompañaron a sufrir, caer, rir, pedalear e penso que pasalo ben. Xente noviña con ganas e sen medo... jejeje

Comezamos a ruta dirección alto do Rubial para facer a segunda parte da marcha de novo xa que realmente é unha pasada...e para atar un par de cabos. A subida amena, barullando, comentando xogadas e saludando á xente dos balcóns. Xa no monte os colores cambiaban. Desta vez alargamos un pouco a subida e fomos pola parte larga para facer algo mais de quilometraxe. Unha vez arriba....a baixar¡¡ A trialera nova cada vez da mais xogo e está algo menos dificil pero ainda así é moi técnica. Desta vez cobrouse a vida de Suso....jajaja que atrapou alí onde moitos outros atraparon, pero bueno sen consecuencias aparentes...

Unha vez todos agrupados tocaba merendola. Rapaces lempbrade o importante de sair con comida. Unha fruta (plátano), barritas energéticas e cousas do estilo. Imprescindible. Logo do parón continuamos dirección Macedos polas novas trialeras...pero aquí houbo un grupo de rezagados e coa mala suerte que se perderon.....Suso, Isa e Sergio faltaban e xa iban ala no fondo e nada, non deron volta e quedaron perdidos no monte despois de indicarlle catro cousas. O resto continuamos directos ás trampas onde Carlos, o rapaz novo tivo un pequeno apuro cun cortao jeje e lego Andrés cunha raposeira....Andrés a horquilla non traga todo eh....

Unha vez en Macedos quedaba a parte nova de Pedre e logo Rañalonga cos seus camiños ratoneros e preciosos con algo de auga...pero sólo unha pouca...Alí nos estretivemos un cacho vendo como un tras outro iba pasando polo charquiño, vaia risas....Dende aquí directos hacia Altamira e as ultimas baixadas para xa chegar a Brión e punto de final ó día de hoxe cunha tapitas na de Filiberto. Con mais risas.

En fin. Día agradable, ruta acabada e o próximo domingo algúns dos OEA´S irán a Beariz a competir no campionato galego de duathlon de Montaña. O resto sairá coma sempre.



Un saúdo a tod@s


PD: REUNIÓN XOVES ÁS 21:30 NO AMERICANS.

...jorge...


lunes, 1 de noviembre de 2010

33ª PEDESTRE DE SANTIAGO, reto conseguido

Outro ano máis, outra vez que tocaba cumplir cos patrocinadores, e correr unha clásica a pé. E que mellor oportunidad que a Pedestre de Santiago... uns máis adestrados, outros menos, pero todos a rematamos dignamente. Unha semana antes tamen foi a de Ames, a que acudiron Alberto, Kiko, Martín e Oscarito, así que parece que Os Esfola-runners están pegando máis forte que nunca...

Quedaramos no Alba para o desayunito pertinente ás 8:30-8:45, e alí fomos chegando todos, uns máis perjudicados pola noite que outros, Dabiz e Oscarito tiveran que ir a cumplir con outro tipo de patrocinios a noite anterior a Ordes e casi non lles deu tempo nin a vestirse para ir correr. E unha vez comidos, arrancamos a cuadrilla OEA: Andrés, Carlos, Angel, Isa, Fernando, Ito, Kiko, Dabiz, Alberto, Martín e Oscarito que escribe.

Aparcamiento no Campus sur, por donde pasaría o trazado, non fora ser e tiveramos que retirarnos algúns... jejeje MENOS CUARTO! dios, que non chegamos! vamos correndo, bueno, trotando... ata Xoan-23, e alí nos topamos con Suso, que chegou in-extremis, e Carlos, que chegou xa co pistoletazo. Foto de rigor, risas e arrancamos (arrancamos... por decir algo, tardamos 5 minutos en pasar polo arco, xa se sabe, os OEAS tardamos en quentar os aceites).


E nada, imos correndo, o ambiente moi chulo pese a chuvia e pese a ir na cola do pelotón, que fomos cerrando varios minutos, pero cos ánimos da xente fomos animandonos pouco a pouco e cando nos quixemos dar conta xa tabamos llaneando e chegando a fontiñas. Que si mira para esa, que si ahora te mojo, jiji-jaja foron caendo os KM's, e xa tabamos subindo Rosalía de Castro para encarar o Campus, máis subida, baixada, e Galeras... vaia costaza! subimos, baixamos, Auditorio... e Vite... jeje, alguns picamonos pa darlle algo de vidilla á subida, e para acelerar o corazón, pero todos a subimos sin parar, xa arriba fomos reagrupandonos un pouco para encarar o final da carreira xuntos.

Ah! que se me olvidaba! No campus estaban os Esfolas Pato e Suso-G, cubrindo a noticia e animando, moitas gracias por vir a vernos, sempre axuda! xa mostraredes ese material para ilustrar a noticia!

Foi o mellor, todos armando jaleo, risas dos que animaban, moitisima xente polas calles, unha experiencia chula dificil de sentir no ciclismo por desgracia... e claro, entramos na meta xuntos, tempo de... 1 hora e 12 min, pero hai que lle descontar o que tardamos en arrancar e as paradas técnicas, que foron moitas jajajaja. Pero o tempo é o de menos, o bonito foi vivir este dia diferente. Cruzamos meta, bebemos, recollemos medallas, máis fotos, intercambiamos opinións e quedamos en ir para o NewYork a seguir comentando, que tabamos mollados coma pitiños. Seguimos alí de carallada e demos por concluída a mañan cas suas pertinentes tapitas! como no!

Temos que repetir para o ano, sin duda! Pato, ou quen tivera camara, a ver si podedes subir a algun lado as fotos ou pasalas, que Isa e Suso pasaronme un pen pero solo ten videos e para subir a este servidor é un cristo.

Un abrazo Oea's! (saludame siempre!)






--- Oscarito

domingo, 17 de octubre de 2010

BUSCANDO CAMIÑOS RUTA OEA 2011

"Buscando, buscando..."

O día comezaba frío na praza das Tetas pero alí estabamos os e as OEA´S preparados para buscar algúns camiños para a marcha OEA 2011. Despedimos a Ito que marchaba en carretera e nos collemos rumbo Pedregal para tirar por Brión momento no que nos alcanzaba Fernando.

A idea era clara e xa dende agora vos adiantamos que este ano o G.P. de Rañalonga estará presente na marcha. José era o noso Sherpa e unha vez lle dixemos a onde queríamos ir ala fomos, directos. Algúns camiños xa os conociamos pero outros non e hai que decir que estaban moi chulos, e como principio da ruta perfectos, pero bueno ainda queda moito.

Cómo non, hoxe que empezaba a tempada de caza...., xa nos atopamos con uns que nos dixeron:
-uuuyyyyy por aquí tedes perigo ehhh..... (é o que nos queda....)

Logo continuamos e xa estabamos en Pedre. (Aquí abandonounos Andrés que iba probar o ferrari do seu fillo...) Dende alí xa levábamos un bo sabor de boca pero claro...despois de ver as pedras que están no Rubial dixemos...e porqué non subimos ata alí para buscar algún camiño...?? e nada ala fomos. Aproveitamos para tomar algún piscolabis e xa directamente baixamos de novo cara Macedos e enganchar cos camiños da autovía que están realmen
te chulos e onde a nosa OEA Isiña...tivo un pequeno contratempo pero que se quedou en nada. Continuamos e xa tiramos directamente para a de Pepe King a ver se había algo de xamón...jeje e como sempre, non defraudou.

Descansados e refrixerados, arrancamos para casiña non sen antes pasar algúns OEA´S pola praza de Chavían a ver o Ferrari que trae toliñas ás nenas jejeje. Vaia piloto está feito este Andrés JR (todo genética ajaja). Alí o deixamos e nos tamén marchamos para casa cun bo sabor de boca e cos deberes ben feitos. Seguiremos buscando. Este ano a marcha intentaremos que non deixe indiferente a ninguén...e bueno...eso é todo. 1 saúdo a tod@s.

...jorge...

viernes, 15 de octubre de 2010

II EXTREM OEA

Con algo de retraso vai esta crónica... así que bueno, intentarei contar como nos foi os OEA's nunha nova argallada... desta vez tocaba facer a Extrem OEA, os 9 picos, o desafío era grande...

Como habíamos acordado, alí tabamos nas tetas, ás 7:30, mais ou menos puntuales casi todos, e tomandolle o chocolatito que trouxo Ito e as galletitas que trouxeron Jory e algun máis. Despois de risas e unha vez aberto algo o día tiramos para o primeiro pico (Altamira) os seguintes valientes (perdón si me olvido de alguen eh!): Oscar presi, Alfono, Ito, Carlos, Andres (que se uniría mais tarde no Rubial), Jorge, Kiko, Suso, Pato, Fernando, José, Ángel, Suso (hay que buscarche un nome, pero mellor pono ti, eu non apurei a pensar un e cando me din conta cascáronme "Oscarito"...) e Oscarito que escribe. Mención especial para Xulio, que se presentou alí para o desayuno e despedirnos, pois taba lesionado, esperamos verte pronto socio! E moita mais mención para Isa, que nos veu a cargar cos bártulos, e nos foi a levar a comida, e tivo ahi para o que fixera falta durante todo o percorrido... Moitas gracias! E os que faltaban... dou fé de que era por causa mayor, o dia era bo e o bo ambiente animou a todo o mundo que pudo... para os que non puderon, tranquilos que para o ano tocará outra!
Coronamos Altamira sen mayor percance... bueno, algun estomacal que me amargou todo o dia e non disfrutei como me gustaría... Pero cando nos quixemos dar conta, xa tabamos subindo o Rubial... bien bien, imos sin presion, a pasar o dia en familia e con moitas risas. Coronamos Rubial... boa hora... toca descenso... qué gozada! había tempo que non se facía esa vertiente e fixo as delicias de todos... e veña, encamiñámonos para o que penso que é o mais duro... a Muralla... camiños bastante rotos, pero jiji jajá (como diría carlitos) e xa tabamos no alto na pista rodadora, intercambiando historias. Decir que os menos asíduos as voltas dos domingos, cumplian con creces, nunca ninguen se quedou atrás e todo o mundo se forzaba hasta donde quería.

Alí pois o debate que levábamos t
endo todo o ano... que si coronamos ou non... pois mellor tiramos para abaixo para ganar tempo e ir con calma, que ainda non tiñamos moi claro por donde ir para o S
antiaguiño. Baixada chula tamen... inventamos un pouco pero bueno, cumplimos o objetivo de encarrilar o Santiaguiño. Coronamos, e baixada mítica, esa si que foi a muerte, "Que enfría a comidaaaaa!!!" E despois de estirar as pernas, comimos á sombriña... cómo prestou! Alí despediríanse O presi e Alfonso, e tamen nos despediu Kiko no Rubial, que taba ainda desoxidandose... jejeje

Cerca de unha horiña alí parados, de cachondeo e bromas como se costumbre, que ben se taba de sobremesa e caña con café que trouxo Isa, todo un detalle! O peor tocaba ahora... arrancar con un sol de justi
cia para a archi-mítica-clásica subida ás Antenas do Scala... Dios!!! que sufrimiento subir a calquer ritmo a esa hora... Decir que Andrés tiña problemas ca roda de atrás... "tira con eso!" e por H's ou por B's todos nos estiramos bastante na subida. Salientar a pedazo subida que se marcou Ito alias Perk, gracias a que lle fixen de gregario ata o asfalto, donde se marcou un do sprint jajajaja.
Disfrutamos das vistas, e poñemos rumbo á Picaraña, da man de J.Furelos e facendo unha baixadiña que nos levaría ó asfalto para finalmente coronar outro pico... Quedaba pouco para rematala, e ainda tiñamos 4 horas, podía ser posible... bueno, xa nos imos vendo! Tiramos rumbo Santiago polo Camiño, ata chegar a Vidán, donde lle metimos uns heladitos e xa nos apalancamos un pouco. A xente xa taba algo cascada, algúns baixaron para berta, e 3 animales: José, Jorge e Angel quixeron coronar tamen o Pedroso, e lográrono.

E bueno, eso é case todo amigos, un dia dos que dan gusto, facendo algo diferente e xuntandonos todos, que eso é realmente o máis importante. Para o ano intentaremos entre todos facela mais contra Maio por ejemplo, donde temos todos mais ben de forma e iremos a por esos ansiados 9 picos! (e cena para celebralo, claro... jajaja)

Pasaron mais cousas, pero non me acordo de moitas... ide comentando, que esto ta algo apagao chavales! veña, que xa é domingo e toca outra! Un abrazoooo!!!

Oscarito ---

lunes, 4 de octubre de 2010

RUBIAL CON ALERTA LARANXA, MÁIS RUBIAL QUE NUNCA

¿Quén dixo medo?

Domingo 3 de octubre de 2010...temporal con alerta laranxa...marchas suspendidas...extrem suspendida...moita chuvia...moito vento...e que??? ahí estabamos os tolos, os que non teñen nada mellor que facer e ahí estan preparados para rodar cunhas condicións....¿excitantes?

Na praza das tetas non se esperaba a moita xente e efectivamente só aparecemos Angel, Ito, José, Oscarito e o que escribe. José non debía ter confianza en que saire xent
e e pasou por ai no coche vigilar e mira ti...levou unha sorpresa
. Saímos ás 10 case, dirección Rubial, e na cabeza xa estaba debuxada a ruta, ibamos subir por una parte que nunca foramos e que antes probara eu con Alberto, que a verdade se las trae pero esta moi chula.

Cómo chovia miña nai, todo parecía un río, que ben se pedaleaba, daba gusto eh, por fin auga nos camiños para poder desfrutar do monte como dios manda. Chegamos á zona do avituallamiento liquido e collemos á dereita para logo subir, subir, romper cadena...subir subir....e cunhas pendientes aceptables, ademais dunhas chicanes subindo que fan divertido o trazado. Todo picando para arriba e con aire de Sur...como petaba dios mio....case subimos sen pedalear xa que o vento de Sur axudaba bastante.....

A subida foi moi entretenida e gustoulle a todo o mundo...a ver que di o resto. Subimos e subimos e chegamos á caseta e ali xa nos puxemos a comer o avituallamiente. Que ben esta a caseta nestos casos....

Aqui foi donde nos botamos unha boas risas entre todos e vendo a nova indumentaria otoño inverno dos OEA by José: para dias de chuvia nos que non se sabe si se acabará nunha poza nadando e polo frio que poda pasar a cabeza....o gorro de natación jajajaja e para casos extremos de chuvia como hoxe as gafas de soldador jeje que ca sua protección lateral ahi non entra nada de auga. E bueno as risas aseguradas¡¡ O caso, a él vaille ben e eso e o que conta.

Baixamos para Macedos e vaia odisea...co aire que facia e a chuvia era case imposible manterse en equilibrio pero chegamos todos ben abaixo. Decidimos que iriamos á de Pepe Rey a tomarlle as tapitas pero non sen antes disfrutar dos camiños de Rañalonga e da súa baixada. Logo as tapitas entraron na terraza e finalmente cada un para a súa casiña.

Personalmente decir que nunca saín cun día tan tan malo de tanta chuvia e aire pero paseino coma un neno, e o que ten non ter sentido....pero bueno sei que non son o único. GRAN DÍA OEA¡


RECORDADE:

  1. O martes 5 ás 22:00 horas reunión sobre a marcha OEA 2011. Puntualidade e asistencia por favor. É importante
  2. A EXTREM OEA traslada a fecha ó 10-10-10. É un número bonito asique a ver se hai suerte e conseguimos facer algo. Mais info nos enlaces da esquerda da páxina.

Sen mais un saúdo

...jorge...

lunes, 6 de septiembre de 2010

PEDROSO

"empezando o camiño dunha nova aventura..."


Domingo 5 de setembro de 2010. Un novo mes empeza e con él, a nova tempada de btt dos OEA. Coma sempre o lugar de saída é a praza das tetas, onde xa había caras coñecidas e tamén caras novas. Por alí estaban José, xa mais recuperado da espalda, Alberto, Oscarito, Andrés, Carlos, Juan, Jorge, unha cabra (Anxo) e un de Oliveira que perdona pero non me sei o teu nome de momento...
Charlamos un pouco, antes de sair, con Fernando e puxemos rumbo ó Pedroso. Xa se botaban de menos estas saídas en familia...mira que se está agusto pedaleando e falando tranquilamente...Rodeamos Cobas para chegar ó Lombao e de aquí subir ó Alto do Vento por carretera por unha pequena confusión na cabeza de carreira jeje. Enganchamos co camiño de Santiago e tiramos por el ata Villestro donde variamos un pouco o recorrido e subimos por un lugar novo....onde o noso compañeiro do Oliveira rompeu a patilla da súa bicicleta. Rapidamente nos puxemos mans á obra, bueno José, e eu axudaba ainda que se rían de min....(verda Carlos? cabrón....jeje). Como non tiña patilla de repuesto arrancou con piñón fijo para casa. Espero que chegaras ben compañeiro....escribe algo polo blog se podes.

Continuamos e chegamos a Figueiras para entrar xa no monte do Pedroso. Subida tranquila ata case o final onde se apurou un pouco e un servidor comezou a sacar alguns videos e fotos para facer mais completiñas as crónicas...(aínda me queda algo que perfeccionar...).
No alto do Pedroso encontrámonos co noso OEA descender todo empaquetado...daba gusto velo. Tiramonos monte abaixo para o merendero onde tomamos un tentenpie e de paso esperabamos polo noso presidente que minutos mais tarde chegaba co seu retoño na parte de atras todo preparado, que ben estaba.

Merendamos e sacamos uns cuantos videos e fotos vendo os saltos que facía o noso descender cuasi-profesional que disfrutaba coma un neno.

Logo dun bo anaco alí despedimonos e continuamos para Bertamiráns todo pola beira do Sarela, polo seu paseo. Camiño de Fisterra e para casa ata o Alto do Vento onde tomaríamos unha tapiña desas que tanto nos gustan.
Descenso de Aldea Nova coma siempre impresionante e gozando coma nenos.

Pola miña parte nada mais, decir que o pasei coma un neno ainda que saíra de reenganche despois dunha longa noite de festa pero ás veces hai que sacrificarse un pouco e disfrutar que a vida son dous días.

Esperando que o resto dos compoñentes do club se vaian unindo pouco a pouco continuaremos saíndo todolos domingos do lugar de costume e recordade que o venres 10 de setembre temos a reunión ordinaria do club.

un saúdo

...jorge...