Mostrando entradas con la etiqueta san marcoio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta san marcoio. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de marzo de 2011

II CRITERIUM OEA 2011

"Un gran domingo"


Bueno, alá vou ca segunda crónica da semana, esta vez toca falar do                                                     II CRITERIUM OEA MTE SAN MARCOS.

Mañá de carnaval, temperatura fenomenal, o sol brillaba e despois do pequeno desayunito no new york pouco a pouco foi aparecendo xente na plaza das tetas. E un invitado de honor, o noso veciño das cabras Anxo. Parlamos alí un pouco, quitamos unhas fotiños e arrancamos dirección ó San Marcos. Por monte claro está, collemos rumbo e no medio do camiño uníusenos a nosa compañeira Isa que alí nos estaba esperando. Xa todos xuntos proseguimos a nosa andaina entre risas ata chegar ó monte. 

Cal foi a nosa sorpresa que alí estaba a nosa nova socia do club jeje Alfonsa, que veu vestida para a ocasión. E ademais o presi. Todos xuntos fomos cara o punto de saída xusto no alto do monte. Como era de esperar, empezaron os problemas sobre como se debía facer o criterium, Pato por un lado o Presi polo outro.....vamos que alí todo dios bouramos e decidiuse dar 2 voltas neutralizadas, todos xuntos para ver o circuito, e rodar algo e despois na terceira saída lanzada xa. E así foi, na segunda volta todos iban collendo boas posicións e no paso por meta todos coma tolos jajaja.
 O tema era dar voltas ó circuito e o último en pasar de cada volta quedaba eliminado. As voltas iban pasando e ó principio xa se foron quedando Isa e José, os cales despois quitaron unhas fotos caralludas. En cabeza xa dende o principio Oscarito tomou a alternativa impoñendo un ritmo fuerte pero cómodo o cal tiven que acoplarme e rodar xuntos unhas 4 ou 5 voltas ata que xusto despois da baixada a slek salíaselle a cadea, contador esperou un pouco por el pero logo xa tirou...jajajaja (Cousas que pasan nenoo). 

Por detrás había tamén unha bonita batalla entre Andrés e Anxo, Ito, Pato...e un pouco mási adiante iban Suso e Carlos dandolo todo. As voltas pasaban e o calor apretaba, cada paso por meta xa se vía a mais xente na meta...quedaba menos pero bufff como lle chegaba. Xa nos últimos compases da carreira quedamos Suso, Carlos, Oscarito e eu dando voltas, o podium  de Carlos está moi traballado xa que foi constante e sen problema ningún en toda a carreira. Ó final a carreira íbase decidir entre Oscarito mais eu. Decir que Oscarito lle pegou duro todo o tempo pero igual se quentou ó principio e pagouno despois aparte tiña algún problema na rodilla e tal.

Finalmente o podium quedou da seguinta maneira: 3º Carlos / 2º Oscarito / 1º Jory
Andrés quitando a perna.....

Unha vez acabada a carreira veu o mellor, a comidiña de confraternización a base de pinchos de empanada e tortilla que estaban ben sabrosos por certo jajaja. Ca súa bebida, fora Isotónica, cervecita ou auga. 


E bueno decir que da gusto que cando se fala de facer un evento no club sempre se intente estar ahí. O criterium saleu perfecto, non abandonou ninguén penso e todo pedaleamos o que puidemos e eso era o importante, o que mais e o que menos pasouno de marabilla. 

Tamen aproveito para darlle a benvida a CARLOS T., ADRIÁN E A SERGIO que recientemente se fixeron soios OEA. (Non saben o que lles espera......jajajaja)

Un saúdo a tod@s¡¡¡

...jorge...